Bovedilla

Unha bovedilla[1] é un elemento construtivo feito de formigón ou outro material colocado entre dúas viguetas para formar unha laxe. Esta forma de construción é con diferenza a máis común en Galiza para vivenda, polo seu custo e facilidade de construción.

Utilizase tamén para cubrir o espazo entre dúas vigas reducindo así o peso dos forxados. Entresolos.

Laxe con viguetas e bovedillas
Lámina con viguetas e bovedillas

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bovedilla.
Altar

Para consultar información sobre a constelación, véxase Ara

Para o artigo sobre o lugar, véxase Altar, San Cosme de Barreiros, Barreiros

Un altar (do latín altar, derivado de altum) é un montículo, pedra ou construción consagrado ao culto ou á devoción. O altar era, na Antigüidade, ben un lugar elevado (na súa orixe simples montículos de terra ou pedras), ou unha táboa colocada sobre unhas gradas, no que se depositaban algunhas ofrendas e/ou se celebraban os sacrificios (cruentos ou non), á divindade.

Cerámica

A cerámica é a arte que fabrica obxectos como olas, xerras, tellas etc. en terracota que sufriron unha transformación fisicoquímica irreversible no curso dunha cocción a temperaturas máis ou menos elevadas (de 700 °C a 1100 °C) despois de lles dar a forma mediante un moldeado. Na historia da humanidade é a primeira arte do lume e atópase antes da metalurxia e do vidro. A palabra abarca tanto a tecnoloxía como os obxectos feitos con ela. Certos tipos de cerámicas son representativas dunha época e dunha cultura.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.