Botos, Lalín

San Xoán de Botos é unha parroquia do concello de Lalín. En 2018 tiña 524 habitantes (296 homes e 296 mulleres), 132 menos ca en 1999. Ten 15 entidades de poboación.

Coordenadas: 42°38′43″N 08°08′38″O / 42.64528, -8.14389

Botos
Igrexa de San Xoán de Botos, portada
Igrexa de San Xoán de Botos.
ConcelloLalín
Área5,8 km²
Poboación592 hab. (2011)
Densidade102,07 hab./km²
Entidades de poboación15
Igresiadebotos
Igrexa parroquial.

Xeografía

Pola parroquia atravesa a liña de ferrocarril A Coruña-Madrid e nela esta situada a estación de Lalín. Tamén a atravesa a Autoestrada Central Galega e a liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia.

Na parroquia esta o polígono industrial de Botos.

Patrimonio

Botos conserva dous pequenos castros, a cada lado do río Deza. O castro de Sestelo está composto por un recinto circular con un amplo sistema de defensas exteriores no sector setentrional. A coroa ten unha lonxitude de 75 m no interior e 110 m no exterior, no eixo norte-sur. Sese teñen en conta tamén as defensas externas, a lonxitude total do castro neste eixo é de 250 m. No eixo leste-oeste, a lonxitude no interior da coroa é de 55 m e no exterior 90 m. O recinto principal está rodeado por un terraplén cunha altura de 6 m a 7 m no sector oeste da coroa. Cara ao leste e sur, o terraplén ten continuidade coa caída natural do terreo. Presenta parapeto nos sectores suroeste, oeste e norte que acada unha altura máxima de 3 m no sector noroeste. No interior da coroa hai unha zona máis elevada no sector meridional con caída duns 5 m cara ao nordés. Nesta zona remata o parapeto e está o acceso a través dunha rampla en curva.[1]

Na igrexa parroquial consérvanse a portada modificada e a pía bautismal do románico. Ten dous retablos nos laterais do século XVIII e unha imaxe da Virxe, que aparece co Neno Xesús nos brazos.

Preto da igrexa parroquial hai un cruceiro destacable.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Botos, Lalín.
Edificio da Estación de Botos, Lalín

Edificio da Estación.

Cruceiro en Botos, Botos, Lalín

Cruceiro en Botos, Botos.

Centro social de Botos, Lalín

Centro social de Botos.

Lalín, 03-04

Viaduto da Liña de Alta Velocidade Olmedo-Galicia ao seu paso por Botos.

Botos

Vista parcial da aldea do Reguengo.

RiodoReguengo

Tosta do río do Reguengo.

Parroquia de Botos
Centro Social

Centro social da parroquia de Botos.

Monolito

Monólito de recoñecemento ao artista da parroquia Willy.

Lugares e parroquias

Parroquias de Lalín

Notas

  1. Ficha arqueolóxica do castro de Botos-Sestelo.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Bouza, Botos, Lalín

A Bouza é un lugar da parroquia de Botos, no concello dezao de Lalín. Segundo o IGE, a súa poboación no ano 2011 era de 15 persoas (6 homes e 9 mulleres).

A Estación, Botos, Lalín

A Estación é un lugar da parroquia de Botos, no concello dezao de Lalín. Segundo o IGE, a súa poboación no ano 2011 era de 7 persoas (4 homes e 3 mulleres).

A Ribeira, Botos, Lalín

A Ribeira é un lugar da parroquia de Botos, no concello dezao de Lalín. Segundo o IGE, a súa poboación no ano 2011 era de 21 persoas (10 homes e 11 mulleres).

Ateán, Botos, Lalín

Ateán é un lugar da parroquia de Botos, no concello de Lalín situado na comarca do Deza. A súa poboación no ano 2018 era de 24 persoas (15 homes e 9 mulleres).

Barreiro, Botos, Lalín

Barreiro é un lugar da parroquia de Botos, no concello dezao de Lalín. Segundo o IGE, a súa poboación no ano 2011 era de 24 persoas (14 homes e 10 mulleres).

Baxán, Botos, Lalín

Baxán é un lugar da parroquia de Botos, no concello dezao de Lalín. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2011 era de 58 persoas (25 homes e 33 mulleres).

Botos, Botos, Lalín

Botos é un lugar da parroquia de Botos, no concello dezao de Lalín. Segundo o IGE, a súa poboación no ano 2011 era de 31 persoas (14 homes e 17 mulleres).

Estación de Lalín

Lalín é unha estación de tren de Adif situada no lugar da Estación, na parroquia de Botos, nas proximidades da vila de Lalín, provincia de Pontevedra. Conta con servizos de media distancia operados por Renfe.

Fontao, Botos, Lalín

Fontao é un lugar da parroquia de Botos, no concello dezao de Lalín. Segundo o IGE, a súa poboación no ano 2011 era de 29 persoas (15 homes e 14 mulleres).

Galería de imaxes de Botos, Lalín

San Xoán de Botos é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín.

Galería de imaxes de estacións de tren en Galicia

Galería de imaxes de estacións de tren en Galicia.

Manuel González Rodríguez

Manuel González Rodríguez, nado en Botos (Lalín) en 1903 e finado en Madrid en 1974, foi un mestre, xornalista e político galego.

O Porto, Botos, Lalín

O Porto é un lugar da parroquia de Botos, no concello dezao de Lalín. Segundo o IGE, a súa poboación no ano 2011 era de 34 persoas (19 homes e 15 mulleres).

Padrón, Botos, Lalín

Padrón é un lugar da parroquia de Botos, no concello dezao de Lalín. Segundo o IGE, a súa poboación no ano 2011 era de 79 persoas (38 homes e 41 mulleres).

Reguengo, Botos, Lalín

Reguengo é un lugar da parroquia de Botos, no concello dezao de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 121 habitantes (59 homes e 62 mulleres).

Sestelo, Botos, Lalín

Sestelo é un lugar da parroquia de Botos, no concello dezao de Lalín. Segundo o IGE, a súa poboación no ano 2011 era de 61 persoas (33 homes e 28 mulleres).

Somoza, Botos, Lalín

Somoza é un lugar da parroquia de Botos, no concello dezao de Lalín. Segundo o IGE, a súa poboación no ano 2011 era de 44 persoas (22 homes e 22 mulleres).

Vilamaior, Botos, Lalín

Vilamaior é un lugar da parroquia de Botos, no concello dezao de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 19 habitantes (nove homes e dez mulleres).

Vilar, Botos, Lalín

Vilar é un lugar da parroquia de Botos, no concello dezao de Lalín. Segundo o IGE, a súa poboación no ano 2011 era de 16 persoas (9 homes e 7 mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.