Botellón

Botellón ou botellada é un termo que describe o costume estendido en España desde finais do século XX, sobre todo entre os mozos, de reunirse en grupos relativamente numerosos e na vía pública para consumir alcohol principalmente.

2007 08 07 Gorlizko hondartza litroka
Botellón, ou reunión con bebidas, nunha praia
Botellos de cervexa
Botellos baleiros de cervexas tras a noite de algueirada

Costumes

Esta actividade realízase, entre outros, en lugares públicos como parques ou zonas abertas da vía pública. Nalgunhas cidades, onde o botellón se centralizou nalgún punto en concreto, chéganse a reunir miles de persoas cada fin de semana.

Polémica

As principais críticas cara ao fenómeno do botellón proceden das autoridades e, principalmente, dos veciños. As queixas céntranse no ruído que se produce ata altas horas da madrugada e a sucidade xerada tras a festa. Así mesmo, rexistráronse actos de vandalismo, rotura de mobiliario urbano e pelexas.

O botellón en Galicia

Nas cidades galegas hai certas zonas preferidas para facer botellón. Estás zonas, ás veces coñecidas como botellódromos, son:

  • A Coruña: Xardíns de Méndez Núñez.
  • Ourense: A Alameda.
  • Pontedeume: Praza das Virtudes.
  • Pontevedra: Actualmente, e co consentimento da Corporación Municipal, o Recinto Feiral, debido á prohibición por parte do Concello da práctica do botellón no Campiño de Santa María e na Praza da Pedreira, emprazamentos onde ata o verán do ano 2008 se practicaba o dito fenómeno.
  • Santiago de Compostela: A Alameda.
  • Vigo: Praza da Estrela (lugar coñecido coma "O nadador").
  • Lugo: Parque Rosalía De Castro
A Coruña

A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia e bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.850 habitantes (2018); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².

A Coruña é sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, da Delegación do Goberno en Galicia, da Real Academia Galega, do Arquivo do Reino de Galicia e da Forza Loxística Operativa. Dende 1563 foi sede da Real Audiencia de Galicia (permanentemente dende 1612) e foi capital de Rexión Militar ata a súa desaparición en 2002.A cidade érguese sobre un promontorio na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O centro da zona urbana espállase sobre unha península unida a terra firme por un estreito istmo, no que presenta dúas fachadas marítimas distintas: a portuaria (cara á ría da Coruña), de augas tranquilas, e outra de mar aberto, cara á enseada do Orzán, onde se atopan as praias urbanas de Riazor e o Orzán.

Unha das características máis notables que identifican A Coruña constitúena as múltiples e variadas galerías ou miradoiros que presentan nas súas fachadas numerosas casas do século XIX, que deron á Coruña o sobrenome de Cidade de Cristal, sen esquecer as súas numerosas praias, así como o contorno rural, que ofrece múltiples posibilidades de lecer.

Drinkin'Tinto

Drinkin'tinto é o nome dun grupo musical galego, orixinario de Teo. Tocan música rock.

Naceu nos invernos de 1996 e 1997, e durou até o 2004, cando se ausentaron dous membros, aínda que se teñen reunido posteriormente, como no seu décimo primeiro aniversario, en marzo de 2008.

Mar de cuernos

Mar de cuernos é o segundo álbum de estudio do grupo de heavy metal valenciano Gigatrón, publicado no 2005.

Monumento a Emilia Pardo Bazán

O monumento á Condesa de Pardo Bazán é un conxunto escultórico feito polo artista Lorenzo Coullaut Valera por encargo do concello coruñés na memoria da escritora Emilia Pardo Bazán. Atópase nos Xardíns de Méndez Núñez, frecuente lugar de paseo dos coruñeses.

Pontevedra

Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.