Borsch

O borsch (coñecido tamén como borshtch ou borshch, en ruso e ucraíno: борщ, /Borʃ/ ; en polaco: barszcz; en lituano: barščiai; en romanés: borș; en alemán: borschtsch) é unha sopa de verduras que inclúe xeralmente remolacha, que lle dá unha cor rubia intensa característica, e é tradicional en diversos países do Leste europeo como Ucraína, Polonia, Rusia, Romanía, entre outros.[1][2]

Borscht with cream
Borsch servido con nata aceda.
SopaLetoa
Borsch de remolacha de horta frío letón

O borsch consómese masivamente en Ucraína, de onde se admite que é orixinario, pero debe entenderse que este prato constitúe parte da herdanza culinaria de moitos dos países do Leste de Europa e Europa Central. Foi levada a Europa Occidental e a América principalmente por inmigrantes xudeus fuxidos da persecución nestas rexións; en yiddish, lingua falada por moitos destes inmigrantes, o prato chámase borsht (בורשט).

A sopa é normalmente preparada con remolacha, que lle dá unha forte coloración vermella. Outros ingredientes que se acostuman empregar son repolo, cenoria, cogombro, pataca, cebola, tomate, cogomelo e carne, as veces feixón.

O prato acostuma ser servido con nata (crema de leite) e patacas cocidas, ou kascha, unha papa de trigo sarraceno.

Borscht
Borsch con patacas, col e remolacha.
BORSHCH
Українский борщ. Borsch ucraíno.

Variantes do borscht

Existen dúas principais variantes deste prato, que se lle chaman xeralmente como borscht frío e quente. Ámbalas dúas variantes teñen remolacha, mais sérvense e prepáranse de forma diferente.

Borsch quente

O borscht quente é o máis popular e é a sopa que contén unha maior cantidade de ingredientes opcionais. Dependendo da gastronomía pode incluír diferentes verduras (fabas, col, cenoria, cogombro, patacas, cebolas, ou tomates), cogomelos e carnes (polo, porco ou tenreira). Neste caso é máis similar a un cocido, ou ao caldo galego, que a unha sopa e acostúmase comer só con pan.

Borsch frío

O borsch frío adoita comerse en diversas culturas, como en Lituania, onde é moi común esta modalidade. É a miúdo servido como unha sopa doce, que consiste en rodelas de remolacha cociñadas en caldo, opcionalmente con zume de limón, cebola picada e algo de azucre. Sérvese o caldo cos pedazos de remolacha, a miúdo con algunha pataca cocida e algo de crema aceda que pon un contraste coa dozura da sopa. A crema aceda non se mestura coa sopa, sérvese no prato para que sexa degustado mentres se toma a sopa coa culler.

Existen diversos outras variedades de borsch frío. Unha delas é feita co kvass, bebida típica rusa feita a partir da fermentación do pan; outra mestura leite xeado ou iogur e tomates en rodelas.

A base do borsch frecuentemente é feita con caldo de carne, aínda que esta práctica non sexa observada nos períodos da coresma por certas comunidades cristiás. Debido ás leis do kashrut, as receitas de orixe xudaicas non mesturan produtos derivados do leite con carne.

Notas

  1. "Dicionário de culinária".[Ligazón morta]
  2. http://www.arrakis.es/~urteaga/ucrsopbor.html

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alismatales

Alismatales é unha orde de plantas utilizada nas clasificacións modernas como o sistema de clasificación APG III de 2009 e o APW, modificado no APG IV (2016), sistemas nos cales está situado nas monocotiledóneas. Comprende 13 familias e uns 165 xéneros amplamente distribuídos. A maioría das familias están compostas por plantas herbáceas non suculentas. As flores están normalmente agrupadas en inflorescencias e as sementes maduras carecen de endosperma. Entre as Alismatales encóntranse moitas familias propias de hábitats acuáticos, e tamén todas as anxiospermas mariñas.

O grupo está dividido nun número considerable de familias pequenas, en parte porque as adaptacións asociadas ao hábitat acuático son tan salientables que as flores e inflorescencias destas familias en particular son moi diferentes entre si.

Tradicionalmente, a orde Alismatales quedaba restrinxida a tres familias soamente (Alismataceae, Butomaceae e Limnocharitaceae), as demais familias eran asignadas a diferentes ordes. Este agrupamento produciu grupos polifiléticos, polo que nos sistemas de clasificación actuais agregouse o resto das familias a esta orde (ver taxobox). En particular, as aráceas consideráronse recentemente un grupo irmán do resto das Alismatales (ás veces eran incluídas na súa propia orde Arales) e hoxe en día están incluídas nesta orde, o que as converteu na familia máis importante da orde, con preto de 4 000 especies distribuídas nuns 100 xéneros. O resto das familias da orde comprende en total unhas 500 especies.

Arabidopsis thaliana

Arabidopsis thaliana é unha pequena planta do grupo das anxiospermas brasicácea nativa de Europa e Asia. É unha planta anual de inverno cun ciclo de vida relativamene curto, que é un organismo modelo moi utilizado nos estudos da bioloxía e xenética das plantas. Para ser un eucariota pluricelular complexo, Arabidopsis thaliana ten un xenoma relativamente pequeno de aproximadamente 135 megapares de bases (Mbp). Pensouse durante moito tempo que tiña o xenoma máis pequeno de todas as plantas con flores, pero en realidade o menor xenoma coñecido entre as plantas con flores é o das plantas do xénero Genlisea, da orde Lamiales, no que a especie de planta carnívora Genlisea margaretae ten un xenoma de só 63,4 Mbp. Arabidopsis thaliana foi a primeira planta da que se secuenciou o xenoma, e é moi utilizada para comprender a bioloxía molecular de moitos trazos das plantas, como o desenvolvemento das flores e o fototropismo.

Asparagales

Asparagales é unha orde de plantas anxiospermas utilizada en sistemas de clasificación modernos como o sistema de clasificación APG III do ano 2009 e o APWeb, que comprende polo menos a familia Asparagaceae. Asparagales é unha orden que se recoñeceu moi recentemente nos sistemas de clasificación e moitas das súas familias pertencían á antiga orde Liliales. Liliales fora unha orde moi ampla na cal se situaban todas as monocotiledóneas de tépalos vistosos e sen amidón no endosperma, que fora difícil de dividir en familias porque os seus caracteres morfolóxicos non aparecían en padróns que delimitasen claramente grupos. Co tempo empezouse a recoñecer a orde Asparagales, especialmente cando as análises moleculares de ADN indicaron que Liliales debía ser dividida polo menos en Liliales, Asparagales e Dioscoreales. Asparagales é unha orde bastante grande, consta de 14 familias e unhas 26 000 especies. Aínda que a orde está claramente circunscrita baseándose nas análises de secuencias de ADN pero é dificultosa de definir morfoloxicamente, xa que é un dos grupos de monocotiledóneas estruturalmente máis diverso. Así, a orde inclúe desde plantas herbáceas de non máis de 15 cm ata algunhas especies de Agave que superan os 10 m de altura. Nestes sentido, a súa separación da orde Liliales é particularmente problemática.

Unha das características que definen esta orde, e posible apomorfía (ademais dos datos moleculares), é a presenza de fitomelanina, un pigmento escuro presente nas cubertas das sementes. As fitomelaninas encóntranse na maioría das familias de Asparagales, pero perdéronse aparentemente nalgúns taxons, e o exemplo máis salientable nese aspecto é Orchidaceae.

A maioría das especies de Asparagales son plantas herbáceas perennes, aínda que hai algúns exemplos de plantas gabeadoras (certas especies de Asparagus, subfamilia Asparagoideae) e leñosas (algúns Aloe, subfamilia Asphodeloideae). Case todas as especies desta orde producen unha roseta apertada de follas na base das plantas (son "plantas en roseta"), outras levan esa mesma disposición de follas no extremo dun tronco (Yucca), e nuns poucos casos as follas aparecen ao longo do talo. As flores frecuentemente están no extremo do talo.

Dentro das monocotiledóneas e desde o punto de vista económico, a orde Asparagales é a segunda en importancia despois da orde Poales (a cal comprende os pastos e os cereais). A orde contén moitas especies de importancia hortícola (cebola, allo, espárrago, porro), en floricultura (Freesia, gladíolo, iris, moitas orquídeas), xardinería (Hemerocallis, Convallaria, Agapanthus) e especias (vainilla).

Desde o punto de vista da súa taxonomía, Asparagales é unha orde suxerida por Huber (1977), logo adoptado por Dahlgren et al. (1985), e reafianzada en 1998 polo Grupo de Filoxenia das Anxiospermas (en inglés orixinal, "Angiosperm Phylogeny Group", siglas APG), retomado no 2003 polo APG II, e en 2009 polo APG III), e tamén polo APWeb (2001 ata agora). Porén, as delimitacións das familias de Asparagales sufriron unha serie de mudanzas en anos recentes, e aínda se necesitan máis estudos para que se estabilice a súa circunscrición e as súas relacións.

Cociña vexetariana

A gastronomía vexetariana é aquela que utiliza ingredientes que cumpren os criterios vexetarianos, excluíndo a carne e os produtos derivados de tecido animal. Para o ovolactovexetarianismo (o tipo máis común de vexetarianismo de Occidente) están permitidos os ovos e os produtos lácteos, tales como o leite e o queixo. As formas máis estritas de vexetarianismo son o veganismo e o fruxivorismo, que exclúen todos os produtos animais, incluíndo os produtos lácteos e o mel, e mesmo algúns azucres refinados que se filtran e branquean con carbón de óso.

Os alimentos vexetarianos poden clasificarse en varios tipos:

Os tradicionais que sempre foron vexetarianos: cereais, froitas, verduras, froitos secos etcétera;

Produtos de soia, incluíndo o tofu e o tempeh, que son fontes comúns de proteína;

Proteína vexetal texturizada, feita de fariña vexetal desgraxada, incluída a miúdo en receitas de chili e hamburguesa en lugar da carne picada;

Sucedáneos de carne, que imitan o sabor, textura e aparencia da carne e se empregan con frecuencia en receitas que tradicionalmente conteñen carne;

Sucedáneos de ovo e lácteos, empregados para facer cremas, batidos e tortillas.

Eurocopa de Fútbol Francia 2016 - Grupo B

O Grupo B da UEFA Euro 2016, organizada por Francia, estivo composto por catro equipos que se enfrontaron entre si nun total de seis encontros. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos, Gales e Inglaterra, así como Eslovaquia como un dos mellores terceiros, clasificáronse á seguinte fase. Quedou eliminada no último posto Rusia.

Eurocopa de Fútbol Francia 2016 - Grupo E

O Grupo E da UEFA Euro 2016, organizada por Francia, estivo composto por catro equipos que se enfrontaron entre si nun total de seis encontros. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos, Italia e Bélxica, así como Irlanda como un dos mellores terceiros, clasificáronse á seguinte fase. Quedou eliminada no último posto Suecia.

Eurocopa sub-21 de 2011

A Eurocopa sub-21 de 2011 foi a 18ª edición do torneo. Disputouse do 11 ao 25 de xuño de 2011 en Dinamarca. No mesmo participaron seleccións con xogadores menores de 21 anos. O torneo tamén foi clasificatorio para a especialidade de Fútbol nos Xogos Olímpicos de Londres 2012.

Só xogadores nacidos a partir do 1 de xaneiro de 1988 foron elegibles para o torneo, tendo en conta que a clasificación comezou en 2009.

Fixación do carbono C4

A fixación do carbono C4 é un dos tres procesos bioquímicos, xunto coa fixación C3 e a CAM, que se utilizan para fixar o carbono na fotosíntese. Denomínase así porque o primeiro produto estable da fixación do carbono é un composto de catro carbonos (C4). Tecnicamente a fotosíntese CAM ten tamén unha fixación C4, xa que nela se orixina tamén unha primeira molécula de C4, pero esta fotosíntese presenta bastantes diferenzas con respecto ás plantas C4 propiamente ditas, das que tratará este artigo. A fixación C4 dáse nun conxunto minoritario de plantas, xa que a gran maioría teñen unha fixación C3 (orixinan unha primeira molécula de tres carbonos); as plantas CAM son un grupo aínda máis reducido.

A fixación C4 é unha elaboración da máis común fixación C3 e crese que evolucionou máis recentemente. As C4 e as CAM evitan a tendencia que ten o encima RuBisCO (que realiza a fixación) de fixar oxíxeno en lugar de dióxido de carbono (o cal supón un desperdicio de enerxía) nun proceso chamado fotorrespiración. A RuBisCO funciona máis eficientemente nun ambiente rico en CO2 e baixo en O2. Esta maior eficiencia conséguese creando un ambiente máis axeitado para o funcionamento deste encima transportando o CO2 formando parte do malato ou aspartato desde as células do mesófilo ás células da vaíña vascular. Nestas células da vaíña vascular, a RuBisCO está illada do oxíxeno amosférico e saturada de CO2, o cal se libera nesas células por descarboxilación do malato. As plantas C4 usan a PEP carboxilase para capturar máis CO2 nas células do mesófilo. Este encima cataliza que o fosfoenolpiruvato (PEP) (3 carbonos) se una ao CO2 converténdose en oxalacetato (4 carbonos). Despois, o oxalacetato orixina malato (de 4 carbonos). O malato entra nas células da vaíña vascular e libera o CO2 dentro da vaíña vascular para que a RuBisCO funcione máis eficientemente. Porén, estes pasos adicionais necesitan máis enerxía en forma de ATP, pero evitan o fenómeno malgastador de enerxía da fotorrespiración. Debido a isto, as plantas C4 poden fixar máis eficientemente o carbono en condicións de seca, alta temperatura, e limitacións do nitróxeno ou CO2, comparada coa vía C3 máis común, que é máis eficiente nas outras condicións.

Liga de Campións da UEFA 2016-17

A Liga de Campións da UEFA 2016–17 foi a 62.ª edición da Liga de Campións da UEFA, a máxima competición europea de fútbol a nivel de clubs organizada pola UEFA.

A final xogouse no Millennium Stadium de Cardiff, Gales.

Mundial de Fútbol de 2014 - Fase final

A fase final da Copa do Mundo de Fútbol de 2014 celebrada no Brasil enfrontou aos campións e subacampións dos diferentes grupos da primeira fase. Así pois, dous equipos de cada grupo, dun total de dezaseis, enfrontáronse nunha primeira rolda a partido único, pasando os vencedores do mesmo aos cuartos de final. Despois de eliminatorias sucesivas xogouse a final cos dous equipos que pasaron todas as roldas: Alemaña e Arxentina, gañando o título de campión finalmente a selección xermana. Houbo tamén un partido para decidir o terceiro posto entre os eliminados nas semifinais, o Brasil e os Países Baixos, gañando o equipo neerlandés por 3-0. Todos horarios amosados corresponden á hora de Brasilia (UTC-3).

Mundial de Fútbol de 2014 - Grupo D

O Grupo D da Copa do Mundo de Fútbol de 2014, realizada no Brasil, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Uruguai, Costa Rica, Inglaterra e Italia. Ao termo dos enfrontamento, Costa Rica, a priori a selección máis feble do grupo, acabaría invicta no primeiro lugar con sete puntos, acompañandoa á seguinte fase a selección do Uruguai con 4. Igualada a puntos, máis con peor diferenza de goles, quedaría Italia, que sería eliminada xunto con Inglaterra, que tan só somou un punto.

Na última clasificación Mundial da FIFA antes do Mundial, que viu a luz o 5 de xuño de 2014, Uruguai ocupaba o sétimo posto, Italia o noveno, Inglaterra o décimo e Costa Rica o lugar número vinte e oito. A media do grupo corresponde ao lugar número catorce, sendo con exclusión da selección con peor coeficiente, Costa Rica, a clasificación media de nove.

Mundial de Fútbol de 2014 - Grupo H

O Grupo H da Copa do Mundo de Fútbol de 2014, realizada no Brasil, estivo composto por catro equipos que se enfrontaron entre si nun total de seis encontros: Bélxica, Alxeria, Rusia e os Corea do Sur. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos, Bélxica, invicta con 9 puntos, e Alxeria, que con 4 puntos pasa de rolda por vez primeira, clasificaronse á seguinte fase. Quedarían eliminadas Rusia, con 2 puntos, e Corea do Sur, con 1 punto.

Na última clasificación Mundial da FIFA antes do Mundial, que viu a luz o 5 de xuño de 2014, Bélxica ocupaba o décimo primeiro posto, Rusia o décimo noveno, Alxeria lugar número vinte e dous e Corea do Sur o cincuenta e sete. A media do grupo corresponde ao lugar número vinte e sete, sendo con exclusión da selección con peor coeficiente, Corea do Sur, a clasificación media de dezasete.

Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo E

O Grupo E da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Brasil, Suíza, Costa Rica e Serbia. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.

Pierogi

Os pierogi (outras posíbeis denominacións: perogi, perogy, piroghi, ou pyrohy), en Rusia coñecido coma pirozhkí ou varéniki, é un dos pratos máis típicos da Europa do leste (principalmente da cociña polonesa, ucraína e rusa. Pierogi é a denominación en plural deste prato (en polaco pieróg). A verba provén da forma do eslavo arcaico "pir" (festividade).

Consiste en pasta rechea de diferentes tipos e variedades de vexetais (posúe algunha similitude cos ravioli).

Plantago

As chantaxes son plantas do xénero Plantago, un xénero de plantas con flores pertencente á familia Plantaginaceae e composto de arredor de 200 especies. A maioría son plantas herbáceas, aínda que hai arbustos que acadan os 60 cm de altura. As follas son sésiles (sentadas), e polo tanto o seu pecíolo é un pseudopecíolo. Teñen 3 ou 5 veas paralelas. As follas son largas ou estreitas, segundo a especie. A inflorescencia son os talos típicos con 5-40 cm de altura, coas flores miudiñas e moi numerosas que son polinizadas polo vento.

Potemkin (acoirazado)

O Potemkin (en ruso: Князь Потёмкин-Таврический Kniaz Potemkin Tavricheskii, «Príncipe Potiomkin de Táurica») foi un acoirazado pre-dreadnought ruso que se construíu para a Frota do Mar Negro da Armada Imperial rusa. O buque fíxose famoso polo motín dos seus mariñeiros contra os oficiais en xuño de 1905, durante a Revolución Rusa de 1905. Tempo despois este motín considerouse un primeiro paso cara á Revolución Rusa de 1917 e converteuse nun símbolo revolucionario grazas á película muda O acoirazado Potemkin, dirixida por Sergei Eisenstein en 1925.

Despois de que os amotinados buscasen refuxio no porto romanés de Constanza, a armada rusa recuperou o buque e renomeouno Panteleimón. En 1909 o acoirazado afundiu accidentalmente un submarino ruso e en 1911 encalou e resultou gravemente danado. Iniciada a Primeira Guerra Mundial, a finais de 1914 o Panteleimón participou na batalla do cabo Sarych contra buques de guerra do Imperio otomán. A principios de 1915 bombardeou en varias ocasións fortificacións no Bósforo e nunha delas foi atacado polo cruceiro de batalla turco Yavuz Sultán Selim, aínda que o Panteleimón e outros acoirazados rusos que o acompañaban conseguiron poñelo en fuga antes de que causase danos. O antigo Potemkin quedou obsoleto trala entrada en servizo de novos acoirazados tipo dreadnought a finais de 1915 e en 1918 foi posto na reserva e estacionado en Sebastopol.

O Panteleimón foi capturado cando os alemáns tomaron Sebastopol en maio de 1918 e entregado aos Aliados tralo armisticio, en novembro dese mesmo ano. As súas máquinas foron destruídas en 1919 polos británicos cando se retiraban de Sebastopol, co que querían impedir que os bolxeviques usasen o acoirazado na súa guerra contra os rusos brancos. O buque foi abandonado cando estes últimos evacuaron Crimea en 1920, e finalmente foi desmantelado polos soviéticos en 1923.

Saxifragales

Saxifragales é unha orde de plantas de flores. Os seus parentes máis achegados son un gran grupo de eudicotiledóneas: as rósidas (rosidae) pola definición de dada no sistema de clasificación de II de APG. Algúns autores definen as rósidas coma un grupo maior que incluiría as Saxifragales como o seu maior grupo basal. Saxifragales é un dos oito grupos que compoñen o núcleo das eudicotiledóneas. Os outros son Gunnerales, Dilleniaceae, rosidae, Santalales, Berberidopsidales, Caryophyllales, e astéridas.Saxifragales ter un rexistro fósil extenso. Os membros existentes hoxe en día son aparentemente restos dunha orde outrora diversa e moi común e espallada.A orde Saxifragales, coma a entendemos hoxe en día, baséase nos resultados de estudos filoxenéticos molecurares de secuencias de ADN. Non se basea, logo, en ningún dos sistemas de clasificación baseados na morfoloxía vexetal. O grupo precisaría dun estudo de comparativa anatómica, especialmente pola recente expansión da familia Peridiscaceae para incluír Medusandra, un xéneroque antes de 2009 normalmente non se incluía en Saxifragales.A orde divídese en grupos suprafamiliares como se amosa na árbore filoxenética a seguir. Estes grupos son informais e non se entende que teñan ningún rango taxonómico particular.

Smetana (lácteo)

Smetana é un produto lácteo moi típico nas cociñas da Europa Central e Oriental.

É unha variedade de nata agria moi semellante á crème fraîche da que se distingue pola textura e o sabor. Este alimento recibe nomes semellantes en varias linguas eslavas como a rusa, a ucranína сметана, polonesa śmietana, checa (za)kysaná smetana (smetana é en checo máis ben crema de leite, tamén chamada de sladká smetana (doce)), ou eslovaca smotana. Por estar achegado tamén existe un termo semellante, "smântână", na lingua romanesa.

Xenoma

Na moderna bioloxía molecular e na xenética, dáse o nome de xenoma, ou ADN nuclear, ao conxunto completo de toda a información hereditaria dun organismo ou especie con todos os seus xenes e outros elementos non codificantes.

Normalmente está codificado no ADN, pero en certos tipos de virus no ARN.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.