Borneiro, Cabana de Bergantiños

San Xoán de Borneiro é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o Instituto Nacional de Estadística no 2018 tiña 332 habitantes (163 homes e 169 mulleres), 138 menos que no padrón municipal de 2004 cando tiña 470 habitantes (242 homes e 228 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación. En 1999 tiña 514 habitantes.

Coordenadas: 43°11′23″N 8°57′10″O / 43.18972, -8.95278

Borneiro
Borneiro, Cabana de Bergantiños
Igrexa parroquial.
ConcelloCabana de Bergantiños
Poboación332 (163 homes e 169 mulleres) hab. (2018)
Entidades de poboación8

Xeografía

Borneiro é atravesado polo rego dos Muíños, que desemboca no río Anllóns na parroquia de Canduas sendo antigamente aproveitado o seu curso por numerosos muíños que lle deron o nome, e dos que hoxe en día aínda se conservan algúns e restos de outros.

Patrimonio

Na parroquia sitúase o dolmen de Dombate (monumento megalítico) e o castro de Borneiro (poboado castrexo).

A capela das Virtudes e do Carme, é un templo do século XVI. Atópase no lugar de Briño, nunha carballeira centenaria.

O cruceiro da carballeira de Briño, a carón da capela anteriormente mencionada, está datado como un dos cruceiros galegos máis antigos, sendo construído segundo a inscrición en 1622. No pedestal ten a inscrición Se retocó, trasladó y pintó siendo cura párroco Francisco Lema Martínez natural de esta parroquia. Año 1899, o que testemuña o costume de mover e policromar os cruceiros.

Festas

Nesta parroquia celebrase a romaría do Carme do Briño o 18 de xullo e os 24 de xuño réndeselle honor o santo patrón que é San Xoán.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Borneiro, Cabana de Bergantiños.
Dolmen de dombate 1

Dolmen de Dombate.

Castro de Borneiro2

Castro de Borneiro.

Capela de Briño, Borneiro, Cabana de Bergantiños

Capela das Virtudes e do Carme.

Capela de Briño, Borneiro, Cabana de Bergantiños2

Fachada da capela das Virtudes e do Carme.

Lugares e parroquias

Parroquias de Cabana de Bergantiños

Véxase tamén

Outros artigos

A Fontefría, Borneiro, Cabana de Bergantiños

A Fontefría é un lugar da parroquia de Borneiro no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 39 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 21 eran homes e 18 mulleres.

A Gándara, Borneiro, Cabana de Bergantiños

A Gándara é un lugar da parroquia de Borneiro no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 40 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Naciona de Estatística dos cales 21 eran homes e 19 mulleres.

A Regueira, Borneiro, Cabana de Bergantiños

A Regueira é un lugar da parroquia de Borneiro no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños.

Arte de Galicia

A arte de Galicia tivo unha evolución paralela á do resto da arte europea, seguindo de formas diversas as múltiples tendencias que se teñen producido no contexto da historia da arte occidental. A historia da arte galega mostra as manifestacións culturais e artísticas ao longo do tempo dende os primeiros asentamentos humanos até a actualidade. Dende o paleolítico á cultura contemporánea, a arte feita en Galicia ten certas características propias, alimentada polas correntes traídas por outros pobos. A arte sempre foi un dos principais medios de expresión do ser humano, a través da cal expresa as súas ideas e sentimentos, o xeito de relacionarse co mundo. A súa función pode variar dende a máis práctica ata a máis ornamental, pode ter contido relixioso ou simplemente estético, pode ser duradeira ou efémera.

Ao longo da historia, Galicia acolleu diversas culturas e civilizacións, que achegaron o seu concepto de arte e deixaron o seu legado. Cada período histórico tivo unhas características concretas e definibles, comúns a outras rexións e culturas, ou ben únicas e diferenciadas, que foron evolucionando co devir dos séculos.

A arte galega é froito da diversa amálgama social e cultural achegada polos diversos pobos que habitaron o seu territorio: os primeiros poboadores prehistóricos deron paso á cultura castrexa xurdida na idade dos metais, estes convivirían máis tarde cos colonizadores romanos procedentes do Mediterráneo, que converterían a Gallaecia nun territorio máis do seu imperio; tras a caída deste, en Galicia os suevos fundaron o primeiro reino medieval europeo, que despois caeu baixo a dominación do reino visigodo. Na Idade Media, durante a invasión islámica da península ibérica (que apenas deixou pegada no territorio galego), xorde a cultura galego-portuguesa como entidade propia e definida, cunha lingua propia herdeira do latín e a consolidación do Reino de Galicia. Foi esta unha época de esplendor da arte galega, sendo o románico un período moi frutífero para o desenvolvemento artístico do territorio. Durante a Idade Moderna, baixo o poder da coroa española e a sucesión de crises económicas e culturais, a arte entra en certa decadencia, polo que o renacemento non é un período destacable na historia da arte galega. Todo o contrario sucede co barroco, que tivo en Compostela un desenvolvemento orixinal e xenuíno. Dende o século XIX, coa revitalización cultural que supuxo o Rexurdimento, Galicia é influída polos movementos artísticos e culturais que marcaron Europa, como o modernismo. Finalmente, xa no século XX houbo unha xeración de artistas que crean unha escola galega que conecta coas correntes internacionais, con nomes como os de Francisco Asorey, Carlos Maside, Luís Seoane, Maruxa Mallo ou Isaac Díaz Pardo.

Borneiro, Borneiro, Cabana de Bergantiños

Borneiro é un lugar da parroquia de Borneiro no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 24 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 10 eran homes e 14 mulleres.

Neste lugar atopase a igrexa parroquial de Borneiro.

Castro de Borneiro

O castro de Borneiro ou da Cibdá é un castro galaico datado a finais da Idade de Bronce, pertencente á coñecida como Cultura castrexa, tamén coñecido como. Sitúase na parroquia de Borneiro (Cabana de Bergantiños), a 500 metros da estrada LC-430 de Ponteceso a Baio. A poucos quilómetros está o famoso dolmen de Dombate. O poboado castrexo ten sido obxecto de escavacións arqueolóxicas e traballos de consolidación que permiten a súa visita. Foi catalogado como Ben de Interese Cultural en 2011

Costa da Morte

A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron en Cabo Vilán.Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.Os actuais proxectos gobernamentais,das agrupacións locais e europeos adoitan incluír dentro da Costa da Morte as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra e parte de Xallas ,Muros e A Coruña ; incluíndo os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Arteixo,Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.Agás as vilas costeiras, o litoral e o espazo marítimo están catalogados como espazos naturais LIC e ZEC por ser unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, un refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís e polas peculiaridades xeolóxicas da costa.

Diego de Muros II

Diego de Muros, nado en Muros e finado en Las Palmas de Gran Canaria en 1506, foi un relixioso galego. É coñecido como Diego de Muros II para distinguilo de dous familiares seus do mesmo nome.

Dombate, Borneiro, Cabana de Bergantiños

Dombate é un lugar da parroquia de Borneiro no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 35 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 18 eran homes e 17 mulleres.

Neste lugar atopase o Dolmen de Dombate

Galería de imaxes de Borneiro, Cabana de Bergantiños

San Xoán de Borneiro é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Cabana de Bergantiños.

Galería de imaxes de Cabana de Bergantiños

Galería de imaxes do concello de Cabana de Bergantiños na provincia da Coruña.

O Briño, Borneiro, Cabana de Bergantiños

O Briño é un lugar da parroquia de Borneiro no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 66 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 31 eran homes e 35 mulleres.

Neste lugar atopase a capela das Virtudes e do Carme que data do século XVI xunto a unha carballeira centenaria que é onde se fai a festa do Carme do Briño o 18 de xullo ademais xunto á capela atópase un cruceiro, que, segundo a inscrición, data do ano 1622.

Sauna castrexa

A sauna castrexa (ou monumento con forno) é unha construción megalítica propia da cultura castrexa (territorio da antiga Gallaecia: Galicia, occidente de Asturias e Norte de Portugal) que consistía nunha sauna de uso ritual (rituais do baño de vapor).

Nun principio pensouse que a orixe destas saunas galaicas era romana, porén hoxe sábese que xa existían nos castros varios séculos antes. Comezan a construírse a fins do século V a.C. ou comezos do século IV a.C.. Algunhas saunas continuaron a ser empregadas en tempos romanos, polo que sufriron reformas e engadidos na súa estrutura para se adaptaren a novos usos termais. Son edificios rectangulares diferentes ás outras construcións dos castros, cunha gran pedra decorada no medio do edificio (pedra formosa) que facía de separación e cun buraco na parte baixa coma porta de acceso á cámara da terma e evitaba a perda do vapor e da calor.Téñense identificado oito saunas castrexas en Asturias e Galicia, existen ademais outros casos de discutible identificación.

Xa Estrabón falaba deste costume dos galaicos:

“Disque algúns dos pobos das marxes do río Douro viven á maneira dos Laconio (Esparta). Úntanse con óleo dúas veces (por día) en lugares especiais e toman baños de vapor, feito con pedras aquecidas no lume e (despois) báñanse en auga fría.”

Vilaseco, Borneiro, Cabana de Bergantiños

Vilaseco é un lugar da parroquia de Borneiro no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 116 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 56 eran homes e 60 mulleres.

Vista Alegre, Borneiro, Cabana de Bergantiños

Vista Alegre é un lugar da parroquia de Borneiro no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 12 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 6 eran homes e 6 mulleres.

Xosé Luís Otero Cebral

Xosé Luís Otero Cebral, nado en Vilouriz (Toques) o 28 de xaneiro de 1957, é un escritor e etnógrafo galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.