Borela, Cerdedo-Cotobade

San Martiño de Borela é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE no 2007 tiña 381 habitantes (190 homes e 191 mulleres), un menos ca en 2006. Dos seus 11 lugares, 9 están habitados.

Coordenadas: 42°26′30″N 08°31′07″O / 42.44167, -8.51861

Borela
Borela2
Igrexa Parroquial de San Martiño de Borela.
ConcelloCerdedo-Cotobade
Área11,2 km²
Poboación381 hab. (2016)
Densidade34,02 hab./km²
Entidades de poboación11

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Borela, Cerdedo-Cotobade.
Ponte do sobre o Almofrei, Borela, Cotobade

Ponte sobre o río Almofrei.

PonteBorela2

Ponte medieval (S. XV) de arco oxival sobre o río Almofrei.

Lugares e parroquias

Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Véxase tamén

Outros artigos

A Aldea de Abaixo, Borela, Cerdedo-Cotobade

A Aldea de Abaixo é un lugar da parroquia de Borela, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 9 habitantes (4 homes e 5 mulleres), catro menos ca en 2006.

Neste lugar atópase un cruceiro cun pedestal triangular, o único destas características do concello. Este cruceiro conta tamén cun peto de ánimas.

A Brea, Borela, Cerdedo-Cotobade

A Brea é un lugar da parroquia de Borela, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.

Segundo o IGE do 2016 tiña 11 habitantes (5 homes e 6 mulleres), 8 menos que no 2006.

O topónimo posiblemente proveña do latín vereda, facendo referencia a un antigo camiño.

A Cavada, Borela, Cerdedo-Cotobade

A Cavada é un lugar da parroquia de Borela, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.

Segundo o IGE do 2016 tiña 12 habitantes (7 homes e 5 mulleres), o mesmo número que no 2006.

O topónimo fai referencia a unha cavada ou foxo existente no lugar.

A Costa, Borela, Cerdedo-Cotobade

A Costa é un lugar da parroquia de Borela, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 14 habitantes (4 homes e 10 mulleres), dous menos ca en 2006.

Ó igual que outros lugares co mesmo topónimo, debe o seu topónimo a estar situado ó pé dun outeiro.

A Graña, Borela, Cerdedo-Cotobade

A Graña é un lugar da parroquia de Borela, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2007 tiña 64 habitantes (34 homes e 30 mulleres), dez máis que no 2006.

O topónimo, ó igual que noutros lugares co nome da Graña, posiblemente fai mención a unha antiga explotación gandeira ou agrícola dependente do próximo mosteiro de Tenorio e rexida por un monxe labrego ou mestre.

A Ponte Borela, Borela, Cerdedo-Cotobade

A Ponte Borela é un lugar da parroquia de Borela, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 35 habitantes (18 homes e 17 mulleres), 5 máis ca en 2006.

Neste lugar atópase a capela da nosa Señora de Lourdes, moi preto da ponte medieval sobre o río Almofrei que dá nome ó lugar. A capela é de planta rectangular e cuberta a dúas augas, cunha porta de arco de medio punto. A ponte, do século XV, é dun van de arco oxival, de 8,15 metros de luz. Tamén hai un cruceiro de 1843.

A Senra, Borela, Cerdedo-Cotobade

A Senra é un lugar da parroquia de Borela, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.

Segundo o IGE do 2007 tiña 81 habitantes (44 homes e 37 mulleres), 6 máis que no 2006.

Neste lugar atópase o cruceiro da Senra, construído en 1979 por Daniel de Tomeza.

O topónimo fai referencia a unha senra ou seara, un campo labrado á parte, xeralmente con cereais.

Adolfo Morgade Pazos

Adolfo Morgade Pazos, nado en Pontevedra e finado en Vigo o 15 de setembro de 1936, foi un médico e político galego.

Galería de imaxes de Cerdedo-Cotobade

Galería de imaxes do concello Cerdedo-Cotobade na provincia de Pontevedra.

O Picoto de Abaixo, Borela, Cerdedo-Cotobade

O Picoto de Abaixo é un lugar da parroquia de Borela, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2007 tiña 29 habitantes (16 homes e 13 mulleres), tres máis ca en 2006.

Neste lugar atópase o cruceiro de Picouto.

Debe o seu topónimo a que o lugar está situado ó pé dun cumio alto (pico outo), o monte Meán (434 metros).

Pazos, Borela, Cerdedo-Cotobade

Pazos é un lugar da parroquia de Borela, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 120 habitantes (56 homes e 67 mulleres), 17 menos ca en 2006. É o lugar máis poboado da parroquia.

Neste lugar atópase unha capela adicada a San Roque, e dous petos de ánimas, o de Portapedra e o de Pazos de Borela.

O topónimo fai referencia á existencia de varios pazos ou casas grandes existentes na zona, ó igual que o próximo lugar de Pazos na parroquia de Carballedo.

Ponte

Neste artigo fálase da construción. Para outros significados, véxase Ponte (homónimos).

Unha ponte ( pronunciación ) é unha construción, normalmente artificial, que se precisa para salvar un accidente xeográfico, por exemplo un río ou un canón. Permiten, polo tanto, o paso sobre o obstáculo natural ou artificial, de persoas, automóbiles, trens, canalizacións ou condutos de auga (acuedutos).

O seu proxecto e o seu cálculo pertencen á enxeñaría, sendo numerosos os tipos de deseño que se aplicaron ao longo da historia, influídos polos materiais dispoñíbeis, as técnicas desenvolvidas e as consideracións económicas, entre outros factores.

Cando é construída sobre un curso de auga, o taboleiro é frecuentemente situado á altura calculada de xeito que posibilite o paso de embarcacións con seguridade baixo a súa estrutura. Cando é construída sobre un medio seco acostúmase chamar viaduto.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.