Boqueixón

Boqueixón é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Santiago.

Coordenadas: 42°49′31″N 08°24′57″O / 42.82528, -8.41583

Boqueixón
Escudo de Boqueixón
Concello de Boqueixón
Casa do Concello
Situacion Boqueixón
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Santiago
Poboación4.215 hab. (2018)
Área73,2 km²
Densidade57,58 hab./km²
Entidades de poboación14 parroquias
Capital do concelloO Forte
Política (2019[2])
AlcaldeManuel Fernández Munín (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 7

Outros: VB 4
Eleccións municipais en Boqueixón
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes91,51%
Na rede
www.boqueixon.com

Demografía

Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 4.342 habitantes (4.462 no 2009, 4.437 no 2007, 4.406 no 2006, 4.378 no 2005, 4.337 no 2004, 4.263 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boqueixonés[5].

Censo total 2014 4.342 habitantes
Menores de 15 anos 532 (12.25 %)
Entre 15 e 64 anos 2.799 (64.46 %)
Maiores de 65 anos 1.011 (23.28 %)
Evolución da poboación de Boqueixón   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.232 4.432 5.062 5.511 4.337 4.417 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello de Boqueixón ten 73,2 km², e está situado na vertente dereita do río Ulla, nun sector do curso medio. Limita ao norte con Santiago de Compostela, ao leste co Pino, Touro e Vila de Cruces, ao sur con Silleda e A Estrada e ao oeste con Vedra. Forma parte do espazo morfolóxico estendido entre a Dorsal galega cara ao océano Atlántico, coa forma dun peniplano arrasado que descende suavemente de altitude.

Ten unha topografía suave, agás na zona oeste, onde ten formas máis abruptas e empinadas. Neste sector está o monte Castelo (498 m), e no sur está o Pico Sacro (534 m). As menores altitudes están na zona sueste, na parroquia de Ponte Ledesma, a 60 m.

Historia

O Concello de Boqueixón foi creado en 1836. En 1820 propúxose integrar as parroquias do actual concello no partido xudicial de Santa María a Maior e Real de Sar, e á súa vez distribuídas entre os concellos de Sar, Vilar, Santa Cruz de Rivadulla, Vedra e Touro. Porén, a proposta foi desestimada en 1821, suprimíndose o Partido e o Concello de Sar. Este último foi substituído polo de Santa Eulalia de Vigo, que agrupou a maioría das parroquias do Boqueixón actual xunto co de Vilar. Esta organización só durou ata 1823.

En 1836 a Deputación Provincial da Coruña propuxo a división municipal para o Partido Xudicial de Santiago, figurando o concello de Boqueixón con quince parroquias (as catorce actuais máis Marrozos, que se uniu en pouco tempo ao desaparecido concello de Conxo).

Festas e celebracións

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Boqueixón.
Casa Boqueixón Galicia

Casa particular

Nosa señora de Lourdes Boqueixón Galicia

Igrexa de Nosa Señora de Lourdes

Pico Sacro Galicia 002

Pico Sacro

Lestedo-Boqueixon Galicia 05

Cruceiro

Lugares de Boqueixón

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Boqueixón vexa: Lugares de Boqueixón.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados das eleccións municipais de 2019
  3. Concello de Boqueixón na FEGAMP
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 43. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Granxa, Boqueixón

San Lourenzo da Granxa é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 117 habitantes (69 homes e 48 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 132 habitantes.

Nesta parroquia esta situado o pico Sacro.

Boqueixón, Boqueixón

San Vicente de Boqueixón é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 296 habitantes (138 homes e 158 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 287 habitantes.

Castelo do Pico Sacro

O Castelo do Pico Sacro foi construído na Alta Idade Media no cumio do Pico Sacro, substituíndo unha pequena capela próxima ó mosteiro de San Sebastián. No século XV a fortaleza foi destruída durante as revoltas irmandiñas, e foi posteriormente reconstruída polo arcebispo Alonso de Fonseca para defenderse da casa de Altamira afincada na torre de Cira. Só se conservan restos da planta e do alxibe.

Codeso, Boqueixón

Santaia de Codeso é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 353 habitantes (175 homes e 178 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 322 habitantes.

O topónimo fai referencia ao codeso, un tipo de arbusto.

Nesta parroquia naceu e foi soterrado o político Xosé Antón Orza (1941–2012).

Comarca de Santiago

A comarca de Santiago é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santiago de Compostela. A esta comarca pertencen os concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra.

Donas, Boqueixón

San Pedro de Donas é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 16 habitantes (6 homes e 10 mulleres), nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 22 habitantes.

Gastrar, Boqueixón

Santa Mariña de Gastrar é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE) en 2013 tiña 112 habitantes (52 homes e 60 mulleres), 18 menos ca en 1999. Ten seis entidades de poboación.

Lamas, Boqueixón

Santa María de Lamas é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 299 habitantes (148 homes e 151 mulleres) distribuídos en 42 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 85 habitantes.

Ledesma, Boqueixón

San Salvador de Ledesma é unha parroquia do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 282 habitantes (132 homes e 150 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación.

É un lugar de especial encanto pola presenza dun río Ulla que, nesta parroquia, se divide en múltiplos brazos formando vizosos illotes de doado acceso. Visita recomendable para fuxir da aceleración urbana (a 25 minutos de Santiago).

A ponte medieval (máis que romana) que lle dá nome ó lugar de Ponteledesma (ou A Ponte) está pechada ao tráfico rodado (agás motos) dende comezos do 2001 mediante uns fitos de pedra.

Lestedo, Boqueixón

Santa María de Lestedo é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 955 habitantes (475 homes e 480 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación.

Loureda, Boqueixón

San Pedro de Loureda é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 226 habitantes (122 homes e 104 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 254 habitantes.

O Pino

O Pino é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa. Limita ao norte con Frades e Oroso, ao sur con Touro e Boqueixón, ao leste con Arzúa e ao oeste con Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2015 tiña 4706 habitantes.

Oural, Boqueixón

Santa María de Oural é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 435 habitantes (218 homes e 217 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 646 habitantes.

Pico Sacro

O Pico Sacro, coñecido na antigüidade como monte Ilicino, está situado no concello de Boqueixón, na parroquia da Granxa. Nel érguese unha ermida, unha cova con varias entradas e un vértice xeodésico.

Pousada, Boqueixón

San Lourenzo de Pousada é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 223 habitantes (107 homes e 116 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 56 habitantes.

Sergude, Boqueixón

San Breixo de Sergude é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 816 habitantes (399 homes e 417 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 923 habitantes.

Sucira, Boqueixón

Santa Mariña de Sucira é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 90 habitantes (38 homes e 52 mulleres) distribuídos nunha entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 110 habitantes.

O topónimo fai referencia á parroquia veciña de Cira (concello de Silleda), a través da expresión latina SUB CIRA ("por debaixo de Cira"), en alusión á súa posición menos elevada.

Vigo, Boqueixón

Santa Baia de Vigo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 150 habitantes (76 homes e 74 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 189 habitantes.

Vila de Cruces

Vila de Cruces é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Limita cos concellos de Boqueixón, Touro, Arzúa e Santiso (da provincia da Coruña), e Silleda, Agolada e Lalín (provincia de Pontevedra).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.