Bonaire

A illa de Bonaire, municipio especial dos Países Baixos que abrangue a illa homónima e a deshabitada de Klein, constitúe un territorio de ultramar da Unión Europea. Está situada no sur do mar Caribe, fronte á costa occidental de Venezuela, e forma parte do grupo de illas de Sotavento das Antillas Menores, xunto coas illas de Aruba e Curaçao.

Con 288 km² de superficie, é a segunda illa en tamaño das Antillas Neerlandesas, logo de Curaçao. A súa capital é Kralendijk, situada na costa centroccidental da illa.

A súa poboación é duns 10.635 habitantes (ano 2005). A maior parte dos seus habitantes son mulatos, produto da mestizaxe, entre europeos e africanos. Con todo, podemos observar que unha importante parte da súa poboación ten variadas orixes, entre as que debemos destacar os Países Baixos, República Dominicana, Venezuela, Colombia, Suriname e os Estados Unidos, entre outros países.

Bonaire
Boneiru
Bandeira de
Escudo de
BandeiraEscudo
Bonaire in its region
Himno: ''"Tera di Solo y suave biento"''
Capital
 • Poboación
Kralendijk
17 408
Linguas oficiaisNeerlandés,
 • CooficiaisPapiamento[1]
Forma de gobernoMonarquía parlamentaria
Xefe de Estado

Gobernador

Primeiro Ministro
Guillerme Alexandre

Frits Goedgedrag

Etienne Ys
Nación constituíntedos Países Baixos
 • Total288 km²
 • Total19.549[2] (febreiro 2019) hab.
 • Densidade67 hab./km²
PIB (nominal)
MoedaDólar estadounidense
XentilicioBonairense
Fuso horarioUTC -4
 • Horario de veránNon aplica
Prefixo telefónico+599-7
Prefixo radiofónicon/d
Código ISOn/d

Historia

Bonaire foi descuberta polos españois en 1499, nunha expedición dirixida por Alonso de Ojeda e Américo Vespucio.

Esta pequena illa chamouse primeiro Illa de Brasil. Os indios caiquetio e os arauacos, que habitaban a illa cando esta foi descuberta, foron descritos polos españois como homes que vivían na Idade de Pedra e refuxiábanse en miserables chozas de adobe.

Como parte da colonización española, os indios foron escravizados e enviados, en 1515, ás minas de cobre da illa de A Española.

Os restos da poboación indíxena de Bonaire poden observarse nalgúns dos actuais habitantes da illa. De feito a maioría da poboación é mulata, con minorías de europeos (descendentes dos holandeses) e africanos (descendentes dos escravos).

Os holandeses compraron Curaçao aos portugueses en 1634, pois necesitaban encarecidamente unha base naval na súa guerra contra os españois. Bonaire e a veciña Aruba caeron en mans dos holandeses no ano 1636 e convertéronse nunha colonia holandesa.

A Compañía Holandesa das Indias Occidentais comezou en 1639 a produción de sal, a cal é hoxe en día unha parte moi importante da economía da illa, xunto co turismo subacuático.

En 1800, e durante algúns anos, a illa foi controlada por piratas franceses e ingleses. Os holandeses non recuperaron o control ata o ano 1816.

As Antillas Neerlandesas, incluíndo Bonaire, convertéronse en Territorio autónomo dos Países Baixos en 1954, no momento en que este país garantiulles economicamente o desenvolvemento dos seus propios recursos con subvencións.

Bonaire pasou a ser, en xaneiro de 1986, un territorio do Reino dos Países Baixos, que agora se compón dos Países Baixos, as Antillas Neerlandesas (Bonaire, Curaçao, Saba, San Eustatius e San Marteen) e Aruba.

Este feito permite que o desenvolvemento do turismo e dos outros recursos económicos quede en mans das Antillas Neerlandesas, mentres que a defensa e asuntos exteriores son responsabilidade dos Países Baixos.

Xeografia

Bonaire island
Vista de satélite

O seu clima é do tipo semiárido tropical. Ao norte da illa preséntanse elevacións montañosas, cuxa maior altitude é o monte Brandaris, de 240 m.

A illa está percorridas por carreiros e camiños. No seu interior áchanse lagos de augas salgadas. Un dos máis atractivos é o Lago Goto, habitados por uns 20.000 flamengos.

O sur é chan. E tamén dentro da illa pódese apreciar a flora e a fauna protexida, no Parque Nacional de 55 km² creado en 1969, e onde se detectaron máis de 195 especies de aves.

Ao oeste de Bonaire, moi próxima á costa, está a pequena illa de Klein Bonaire, deshabitada e rodeada de praias, covas, refuxio dunha colonia de tartarugas e arrecifes de coral nun mar acougado, pois a costa oeste está protexida dos ventos.

Natureza

SW Bonaire
Praia de Bonaire

A maior beleza áchase na vida subacuática, na que o mergullador atopa unha variedade de flora e fauna que semella unha paisaxe de coral. Hai unha perfecta visibilidade de 30 metros nas transparentes augas baixo a superficie.

O pobo aborixe que a habitaba, os arauacos, chamárona Bojnay ("Terras baixas"). Tamén estaba poboada por grupos de indios Caiquetios.

O patrimonio subacuático está permanentemente controlado polo Bonaire Marine Park. En Bonaire hai regulamentacións que protexen toda a vida do seu Parque Mariño nas proximidades da costa, os seus arrecifes de corais e as especies que viven alí, meros, peixes trompeta, peixe anxo, barracudas, ourizo ermitán etc. A pesca está permitida fóra da zona costeira.

Os deportes máis practicados son o mergullo, o windsurf e a pesca.

Os 287,5 km² desta illa están rodeados por un arrecife ao que se chega moi fácil mergullando desde a beira. Os sitios para mergullo (hai 60 na illa principal e outros 26 máis na próxima Klein Bonaire) están marcados por rocas pintadas de amarelo brillante situadas ao carón do camiño. Levan nomes como 1.000 Steps (Mil Pasos), Alice in Wonderland (Alicia no país das marabillas), Country Garden (País Xardín) e Sweet Dreams (Doces Soños). Hai máis de 30 anos, Bonaire converteuse na primeira illa do Caribe en prohibir a pesca con arpón, e pouco tempo máis tarde proscribiu sacar os corais das súas augas. O Bonaire Marine Park, un parque establecido en 1979, protexe todas as augas da illa.

Ligazóns externas

  1. Papiamentu can be used in relations with the government
    "Invoeringswet openbare lichamen Bonaire, Sint Eustatius en Saba" (en Dutch). wetten.nl. Consultado o 14 de outubro de 2012.
  2. Aantal inwoners van Caribisch Nederland Centraal Bureau voor de Statistiek (CBS), geraadpleegd op 3 februari 2019
Aeroporto de Toronto-Pearson

O aeroporto internacional de Toronto Pearson (IATA: YYZ, ICAO: CYYZ), chamado oficialmente aeroporto internacional Lester B. Pearson, é un aeroporto que serve á cidade canadense de Toronto, en Ontario, ademais de servir tamén á súa área metropolitana e á Golden Horseshoe, unha aglomeración urbana de 9,2 millóns de persoas. O aeroporto atópase a 22,5 km ao noroeste do centro de Toronto, estando case todas as súas instalacións na citi adxacente de Mississauga, estendéndose unha pequena parte cara Etobicoke, o distrito máis occidental de Toronto. O aeroporto foi bautizado na honra do nativo de Toronto Lester Bowles Pearson, Premio Nobel da Paz e 14º Primeiro Ministro do Canadá.

O aeroporto de Pearson é o máis grande e concorrido do Canadá. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións 44 335 198 pasaxeiros en 456 536 operacións, facéndoo o 32º aeroporto máis concorrido do mundo en tráfico de pasaxeiros, o 22º en pasaxeiros internacionais e o 15º en número de operacións. Pearson é tamén o segundo aeroporto con máis pasaxeiros internacionais de toda Norteamérica, despois do Aeroporto Internacional John F. Kennedy de Nova York.Pearson é o principal centro de conexións para Air Canada. Tamén é un centro de conexións para a aeroliña de pasaxeiros WestJet e a de carga FedEx Express, e serve como base operativa para Air Transat e Sunwing Airlines. O aeroporto Pearson está operado pola Greater Toronto Airports Authority (GTAA) que forma parte do Sistema Nacional de Transportes do Canadá.

Varias aeroliñas operan unha extensa rede de voos domésticos sen escalas dende Pearson cara todas as principais cidades de todas as provincias do Canadá. No ano 2017 operaban en Pearson máis de 75 aeroliñas, cuns 1 100 saídas diarias a máis de 180 destinos de todos os continentes.

Aeroporto de Ámsterdam-Schiphol

O aeroporto de Ámsterdam-Shiphol (IATA: AMS, ICAO: EHAM), en neerlandés Luchthaven Schiphol e en inglés Amsterdam Airport Schiphol (pronuncia [ˈsxɪpɦɔl]) é o maior aeroporto de Holanda e o quinto da Unión Europea por número de viaxeiros, 54 millóns en 2014. Shiphol está situado a 15 km de Ámsterdam e comunicado coa cidade por autoestrada (E19), trens rexionais (baixo o aeroporto está a estación de tren con ligazón coa estación de Amsterdam Centraal), autobuses e taxis. Ten vos directos dende o Aeroporto da Lavacolla.

Schiphol é centro de conexión para KLM e a súa afiliada rexional KLM Cityhopper, ademais de para Corendon Dutch Airlines, Martinair, Transavia e TUI fly Netherlands. O aeroporto tamén serve como centro de conexións europeo para Delta Air Lines e como base para easyJet, Small Planet Airlines e Vueling.

América do Sur

América do Sur ( pronunciación ), tamén chamada Suramérica ( pronunciación ), anteriormente coñecida simplemente como América (1507-1538), é o subcontinente austral de América. Está atravesada pola liña ecuatorial no seu extremo norte, quedando así a maior parte do seu territorio comprendida dentro do hemisferio sur. Está situada entre o océano Atlántico e o océano Pacífico, que delimitan os extremos leste e oeste respectivamente, mentres que o mar Caribe delimita polo norte e o océano Antártico o seu extremo sur. Ocupa unha superficie de 17,8 millóns de km², o que representa un 42% do continente americano e un 12% das terras emerxidas, e está habitada polo 6% da poboación mundial.Inclúe hoxe en día doce países: Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Ecuador, Güiana, Paraguai, Perú, Suriname, Uruguai e Venezuela, aínda que hai libros que inclúen á nación caribeña de Trinidad e Tobago por atoparse sobre a plataforma continental de Venezuela. Os países que bordean o mar Caribe —Colombia, Venezuela, Güiana, Suriname e Trinidad e Tobago e tamén a Güiana Francesa, que é un departamento de ultramar de Francia, e Aruba, Curaçao e o estado de Bonaire pertencentes ao Reino dos Países Baixos— coñécense en conxunto como o Caribe suramericano, mentres que Arxentina, Chile, Uruguai e o sur de Brasil, forman o Cono Sur, unha rexión do subcontinente que se caracteriza polos máis altos estándares de calidade de vida e desenvolvemento en relación ao resto de Latinoamérica. Colombia e Venezuela, ademais de estaren na rexión Caribe, pertencen tamén xunto a Bolivia, Ecuador e Perú á zona andina e aos países da conca do Amazonas.

Desde o século XVI ata principios do século XIX a maior parte de América do Sur estaba dividida en colonias gobernadas, maioritariamente, por España e Portugal, seguidas por unha colonia do Reino Unido, unha de Francia e outra dos Países Baixos que se foron convertendo en repúblicas, coa excepción da Güiana Francesa convertida en Departamento de Ultramar francés (Rexión Ultraperiférica europea) e as illas Malvinas e illas veciñas. Aínda que o límite actual de América do Sur con América Central se sitúa nunha liña imaxinaria na selva do Darién, foi a partir da construción da Canle de Panamá que se comeza a asociar este país con América Central en medios anglosaxóns. Finalmente no ano 1955, Panamá pasa a formar parte de América Central xeograficamente, pero mantén lazos históricos e culturais con América do Sur.

Antillas Menores

As Antillas Menores ou Pequenas Antillas é o grupo de illas no Mar Caribe formado polas Antillas de menor tamaño, que forman un arco insular ao sueste das Antillas Maiores ou Grandes Antillas, que vai desde o leste de Porto Rico ata a costa occidental de Venezuela.

Está constituído polas illas de Trinidad, Tobago (ambas as dúas situadas sobre a plataforma continental de Sudamérica), Barbados e dous grupos de illas, coñecidos como:

Illas de BarloventoIntegrado por Granada, San Vicente e as Granadinas, Santa Lucía, Martinica, Dominica, Marie-Galante, La Désirade, Les Saintes, Guadalupe, Montserrat, Barbuda, Antiga, Saint Kitts e Nevis, San Eustaquio, Saba, San Martiño, Anguila, Redonda, e as illas Virxes.

Illas de SotaventoIntegrado polas illas de Aruba, Curaçao, Bonaire, Arquipélago de Las Aves, Arquipélago Os Roques, A Orchila, La Tortuga, Illa de San Pedro de Coche, Cubagua e Illa de Margarita, situadas fronte ás costas de Venezuela e sobre a plataforma continental suramericana.

Antillas Neerlandesas

As Antillas Neerlandesas (AA.NN.) (en neerlandés Nederlandse Antillen, en Papiamento: Antia Hulandes), tamén coñecidas como as Antillas Holandesas, foi un estado autónomo no Caribe dentro do Reino dos Países Baixos. Aínda que foi disolto, todas as súas illas constituíntes permanecen como parte do reino baixo un estatuto xurídico diferente. O término aínda se utiliza para referirse a estas illas do Caribe neerlandés.

As Antillas Neerlandesas consisten en dous grupos de illas distintos. En primeiro lugar, as "Illas de Barlovento" ou "illas ABC", Aruba, Bonaire e Curaçao, atópanse no sur do Mar Caribe, xusto á beira da costa de Venezuela. En segundo lugar, as de "Sotavento" ou "Illas SSS", Sint Maarten, Saba e San Eustaquio, forman parte das Antillas Menores; están aproximadamente a 800 – 900 km ao nordeste das Illas de ABC. Os holandeses colonizaron as diversas illas no século XVII e uníronas como as Antillas Neerlandesas en 1954.

As Antillas Neerlandesas foron disoltas o 10 de outubro de 2010. Curaçao e Sint Maarten convertéronse en países constituíntes dos Países Baixos xunto a Aruba, que se convertera nun país constituínte distinto en 1986; mentres que Bonaire, San Eustaquio e Saba (as "Illas BES") se converteron en municipios especiais dentro da normativa dos Países Baixos.

Bandeira das Antillas Neerlandesas

A bandeira das Antillas Neerlandesas consiste nun pano branco, cunha franxa vertical vermella no medio da bandeira, e cruzando sobre esta unha franxa horizontal azul da mesma anchura, tamén centrada. No centro da banda azul, aparecen cinco estrelas de cinco puntas, dispostas en forma oval. Estas cinco estrelas representan as cinco illas de Bonaire, Curaçao, Saba, San Eustaquio, e San Martiño.

Basse-Terre

Basse-Terre é unha comuna francesa, capital administrativa do departamento de Guadalupe.

Caribe (rexión)

O Caribe refírese ao grupo de illas e estados insulares no mar Caribe, tamén chamados de Antillas ou Indias Occidentais, nome orixinado pola crenza inicial de que o continente americano fose na verdade a India.

O Caribe está localizado na súa propia placa tectónica - a Placa caribeña, que abrangue tamén a parte sur da América Central. Na fronteira desta placa coa Placa suramericana, ao leste, xunta do océano Atlántico, existe unha zona de subdución volcanicamente activa, que orixinou as Pequenas Antillas.

Cidade de Panamá

A cidade de Panamá (en español Panamá) é a capital administrativa e gobernativa do estado centroamericano de Panamá e a cidade máis importante do país, cunha poboación de máis de 800.000 habitantes, o que representa máis dun cuarto da poboación total de Panamá.

Está situada no sur do territorio, na provincia de Panamá, sobre a costa do Océano Pacífico e na entrada leste do Canal de Panamá. É o centro cultural, político e turístico da nación, e desde un punto de vista económico é, realmente, unha cidade de categoría mundial, pois é seguramente a capital financeira de Latinoamérica. Historicamente é tamén unha das máis antigas do continente de fundación europea, pois foi levantada en 1519.

Curaçao

Curaçao (Curaçao en neerlandés, Kòrsou en papiamento) é unha illa no sur do Mar Caribe, a uns 50 km da costa occidental de Venezuela, que forma parte do Caribe Neerlandés. O País de Curaçao papiamento: Pais Kòrsou), que inclúe a illa principal e a pequena illa deshabitada de Klein Curaçao ("Pequeno Curaçao"), é un país do Reino dos Países Baixos. Ten unha poboación de máis de 150.000 habitantes nun área de 444 km² a súa capital é Willemstad.

Antes do 10 de outubro de 2010, cando se disolveron as Antillas Neerlandesas, Curaçao administrouse como o territorio insular de Curaçao (holandés: Eilandgebied Curaçao, papiamento: teritorio Insular dei Kòrsou), un dos cinco territorios insulares das antigas Antillas Holandesas.

Illas de Sotavento

As illas de Sotavento son un grupo de illas situadas ao nordés do Mar Caribe atópase no oeste do Océano Atlántico. Empezando polas Illas Virxes ao leste de Porto Rico, esténdense ao sueste ata a Guadalupe e as súas dependencias. En inglés, o termo Illas Leeward refírese ás illas do norte da cadea Antillas Menores. A parte máis ao sur desta cadea, a partir de Dominica, chámanse Illas de Barlovento. Dominica foi orixinalmente considerada como parte das Illas Leeward, pero foi transferida das Illas de sotavento británicas ás Illas de barlovento británicas en 1940.

Kingston

Kingston é a capital de Xamaica. Está situada no sueste o país, as beiras do mar Caribe. A súa poboación en 2004 estimábase que andaba arredor dos 660.000 habitantes.

Klein Bonaire

Klein Bonaire (en neerlandés "Pequena Bonaire") é un pequeno illote deshabitado fronte á costa occidental da illa caribeña de Bonaire.

Lingua castelá

O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.

Mar Caribe

O mar Caribe é un mar tropical situado entre as costas orientais de América central e as setentrionais de América do Sur. Tamén é chamado mar das Antillas por seren estas illas os seus límites polo norte (Grandes Antillas) e polo leste (Pequenas Antillas de Barlovento). Ao noroeste comunica co golfo de México a través da canle do Iucatán, e co Océano Atlántico polas numerosas canles que se abren entre a grilanda que forman as Antillas. Ten unha área aproximada de 2 754 000 km² e alberga máis de 7 000 illas, illotes e arrecifes, moitos dos cales son moi pequenos e están deshabitados, que conforman a chamada rexión do Caribe. As illas cobren aproximadamente 235 688 km²; sendo Cuba a máis grande de todas.O seu fondo elévase na parte media formando un gran relevo desde as costas de Honduras e Nicaragua ata a illa de Xamaica. As maiores profundidades acádanse ao NO deste promontorio submarino, sendo o punto máis profundo a fosa das Illas Caimán, entre Cuba e Xamaica, con 7 686 metros de profundidade. O resto do mar Caribe ten unha profundidade máis uniforme que raramente supera os 5 500 metros. A profundidade media é de 2 200 metros.Tódolos países da zona -especialmente os das illas- son coñecidos como Caribe. Os principais países e territorios caribeños son:

En América Central: México (península do Iucatán), Belize, Guatemala, Honduras, Costa Rica e Panamá.

En América do Sur: Colombia (Rexión Caribe) e Venezuela.

Grandes Antillas: Cuba, Xamaica, Haití e a República Dominicana na illa da Española e Porto Rico.

Pequenas Antillas: Illas Virxes, divididas en británicas e estadounidenses, Antiga e Barbuda, Saint Kitts e Nevis, Guadalupe (departamento francés de ultramar), Dominica, Martinica (departamento francés de ultramar), Santa Lucía, Barbados, San Vicente e as Granadinas, Granada, Trinidad e Tobago, e as holandesas de Aruba, Curaçao e Bonaire (as dúas últimas forman parte das Antillas Neerlandesas).

Moeda

Unha moeda é un ben económico que ten tres funcións: é un instrumento de unidade de conta, é un instrumento de troco e é un instrumento de reserva de valor. A moeda particular dun país denomínase divisa.

Papiamento

Papiamento ou Papiamentu é unha lingua crioula e é a principal lingua falada nas illas caribeñas de Aruba, Curaçao e Bonaire.

O papiamento orixinouse do pidgin portugués coñecido como Guene, falado polos escravos africanos traídos polos holandeses para o traballo na cana de azucre. Despois da toma de Cabo Verde por Portugal e a devolución de Nova Holanda á xurisdición portuguesa, algúns xudeus sefarditas portugueses de Cabo Verde e case todos os do nordeste brasileiro foron para as antillas holandesas, levando consigo o portugués. A lingua xudeu-portuguesa mesturarase co Guene dos escravos africanos, dando orixe á primeira forma do papiamento, no século XVIII. Coa administración do imperio colonial holandés nas illas, a influencia holandesa lega moitas palabras do seu idioma ao papiamento. No final do século XIX a influencia do español ocorre co contacto cos países veciños, especialmente Venezuela.

O nome procede da palabra papiá, que significa 'conversar', derivada orixinalmente da palabra portuguesa papear. Orixínase igualmente deste verbo coloquial o nome do crioulo de base lusófona de Malaca, o papiá kristáng. O verbo papiá aínda existe no crioulo caboverdiano, e significa falar.

Xa existen xornais en papiamento e dicionarios bilingües. Algúns intelectuais portugueses e brasileiros interésanse pola creación dunha rede de investigadores de crioulo que enlace os interesados nestas manifestacións lingüísticas mestizas, incluíndo o papiamento.

Países Baixos

Os Países Baixos (en neerlandés: Nederland) é un dos países constituíntes do Reino dos Países Baixos que abrangue a súa parte europea e os municipios especiais de Bonaire, Saba e San Eustaquio. Localizado no noroeste de Europa, limita ó norte e ó oeste co mar do Norte, ó leste con Alemaña e ó sur con Bélxica. Aínda que Holanda é en orixe o nome de dúas das súas provincias, Holanda Setentrional e Holanda Meridional, nalgunhas linguas como é o caso do galego pasou a ser a forma usual de se referir a todo o país, en holandés pola contra Holland só se usa para se referir a esas dúas provincias.

O país é un dos máis densamente poboados do mundo, e tamén está entre os de altitude media máis baixa (un cuarto do seu territorio está baixo o nivel do mar, a quen foi gañado mediante a construción de diques). Os neerlandeses son coñecidos polos seus diques, os seus tulipáns, os seus muíños e a súa tolerancia social. As políticas liberais que rexen a súa actuación son frecuentemente mencionadas e usadas como exemplos nos demais países.

Politicamente o reino dos Países Baixos é unha monarquía constitucional e membro da Unión Europea. Ámsterdan é a capital constitucional e onde está a residencia oficial da raíña. A se do goberno e a residencia habitual da raíña, as embaixadas e o Tribunal Internacional de Xustiza teñen a súa sede na Haia.

San Eustaquio

San Eustaquio (en neerlandés Sint Eustatius) tamén coñecido localmente como Statia (/ˈsteɪʃə/), é unha illa das Antillas Holandesas que forma parte do arquipélago das Illas de Barlovento, que á súa vez forman parte das Antillas Menores, ten 21 km² e unha poboación de 2498 habitantes para 2004, a capital rexional é Oranjestad.

É un municipio especial (oficialmente " organismo público) dos países Países Baixos.A illa atópase na parte norte das Illas de Sotavento nas Indias Occidentais, ao sueste das Illas Virxes. Sint Eustatius atópase inmediatamente ao noroeste de Saint Kitts e ao sueste de Saba.

En 2015, a poboación estimábase oficialmente en 3.877 habitantes. O idioma oficial é o holandés, pero o inglés é a "lingua da vida cotiá" na illa a educación é só en inglés. Tamén se fala de xeito informal un idioma local crioulo. Os viaxeiros por vía aérea chegan a través do F. D. Roosevelt Airport.

Anteriormente formou parte das Antillas Neerlandesas, Sint Eustatius converteuse nun municipio especial dentro dos Países Baixos o 10 de outubro de 2010.O nome da illa, "Sint Eustatius", é o nome holandés para San Eustaquio (tamén ortográfico Eustaquio ou Eustathius), un lendario mártir cristián, coñecido en galego como San Eustaquio' e en portugués como Santo Eustáquio ou Santo Eustácio.

Países
Territorios dependentes
Países
Territorios dependentes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.