Bombo

O bombo é un instrumento musical membranófono da familia dos tambores de gran tamaño, con son baixo, tanto definido como sen definir. Do bombo existen varios tamaños e empréganse en distintos xéneros musicais. Existen versións para orquestra, bombo de pedais e bombos para bandas. O bombo procede do Medio Este e é descendente directo do davul.

Uso

Procesión con bombos en Zaragoza
O bombo é común en precisións relixiosas, onde marcan o ritmo do paso.

Emprégase en bandas de música, marchas militares, bandas de gaitas e durante procesións relixiosas. Como parte da batería úsase no jazz, no rock, no pop e noutros estilos da música popular. Tamén está presente nas orquestras onde se introduciu durante o século XVIII influenciado polo bombo turco da música xenízara, sobre todo en óperas que precisaban de atmosferas orientais. Gradualmente o instrumento foise desenvolvendo ata o bombo orquestral tal e como o coñecemos.

A súa función principal é marcar e manter o tempo, salvo na música orquestral onde ten maior variedade de usos. Tánxese cun varios tipos de mazos, de distintas densidades, tamaños e formas. Pódese tocar tamén coa man ou con mazos accionados polo pe. As técnicas inclúen repeticións, golpes e redobres.

O bombo na batería

Simon Phillips on drums
Batería con dobre bombo.

Tócase empregando un mazo accionado polo pe, normalmente co dereito. Ten un tamaño de 20-22 polgadas de diámetro, inda que os tamaños dispoñibles oscilan entre os 16 e 28 polgadas. Ten un fondo de 14 a 22 polgadas, sendo 16 ou 18 polgadas o tamaño normal. En ocasións a parte frontal posúe un buraco que permite escapar o aire, provocando sons menos sostidos. Ademais, permite atenuar o son colocando coxíns, mantas ou atenuadores profesionais no interior en contacto coa zona onde se bate, sen ter que retirar o parche frontal. Tamén facilita a introdución de micrófonos dentro para amplificalo. Algunhas baterías posúen dous bombos ou dos pedais para un bombo, o que permite dar mais golpes en menos tempo.

Liña de baixos

A liña de baixos é un conxunto instrumental consistente en varios bombos de distinto tamaño afinados de xeito gradual. Cada bombo toca unha nota distinta, dando a liña de baixos un carácter particular. Intérpretes experimentados poden executar arranxos complexos engadindo elementos melódicos a unha sección de percusión. A liña de baixos é característico en bandas marciais e outro tipo bandas.

Bombo na música tradicional galega

O bombo dentro da cultura musical galega ten unha caixa de entre 50 e 80 centímetros de diámetro e un fondo de de 25 ou 30 centímetros. Carecen de bordóns e poden incluír uns pratiños na parte superior. Tócase cunha soa maza e úsanse para manter o ritmo en formacións como cuartetos de gaitas, grupos de gaitas e requintas ou en charangas, onde se tocan sempre cuns pratiños.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Andorra, Teruel

Andorra é un concello da provincia de Teruel, na comunidade de Aragón (España). É a capital da comarca de Andorra-Sierra de Arcos. Ten unha poboación de 8.290 habitantes (2008).

Avelino Cachafeiro

Avelino Cachafeiro Bugallo, O Gaiteiro de Soutelo, nado en Soutelo de Montes o 26 de maio de 1899 e finado o 13 de abril de 1972, foi un gaiteiro galego.

Batería (instrumento musical)

En música unha batería é un conxunto de instrumentos musicais de percusión, formado por unha serie de tambores e pratos (ou címbalos), que se conforman nunha estrutura estandarizada.

Existen diferentes combinacións para formar unha batería, dependendo máis que nada do estilo musical á que se vai encamiñar. A configuración que actualmente se estila é: unha caixa, un bombo, uns cantos tom-toms (sobre tres ou catro), un hi-hat, uns cantos pratos (os máis habituais son crash, ride e splash) e outros instrumentos de percusión como caixas chinesas ou *cencerros. Con todo, a combinación dos instrumentos e a súa distribución é unha elección persoal de cada músico e pode cambiar moito dunha batería a outra.

Todos os instrumentos execútaos un só intérprete. Este instrumento, xunto co baixo, conforma a base rítmica da música popular contemporánea.

Tamén se lle chama así ós músicos que tocan este instrumento.

Chacarera

A chacarera é unha danza e música populares da provincia arxentina de Santiago del Estero. Execútase tradicionalmente con guitarra, bombo e violín, aínda que admite outras formacións instrumentais variadas. Pode haber chacareras cantadas. Son tan tradicionais tanto as cantadas en lingua castelá como en quechua santiagueño, e tamén hai versións bilingües, ou só instrumentais. Báilase en parella.

Copa do Rei de fútbol 2011/12

A Copa do Rei de fútbol 2011–12 foi a 109ª edición do torneo. Disputouse entre o 31 de agosto de 2011 e o 25 de maio de 2012, contando coa participación de 83 equipos de Primeira, Segunda, Segunda B e Terceira División, excepto os equipos filiais doutros clubs aínda que xoguen en devanditas categorías. Resultou campión o FC Barcelona (por 26ª vez) tras derrotar ao Athletic Club no estadio Vicente Calderón de Madrid.

Copa do Rei de fútbol 2013/14

A Copa do Rei 2013–14 foi a 111ª edición da Copa do Rei en España. O campión obtivo unha praza na fase de grupos da UEFA Europa League 2014–15. O campión do título foi o Real Madrid.

Death-doom

O death-doom (ou death/doom) é un estilo que combina os tempos lentos e a atmosfera pesimista do doom metal coas voces guturais profundas e a batería de dobre bombo do death metal. Influenciado na súa maioría polos primeiros traballos de Hellhammer/Celtic Frost, o estilo xurdíu a finais dos anos 1980 e gañou certa popularidade durante a década dos anos 1990. Os pioneiros deste xénero foron grupos como Winter, Disembowelment, Paradise Lost, Autopsy, Anathema e My Dying Bride.

Distrito Luweero

Luweero District (tamén Luwero) é un distrito da Rexión Central de Uganda. O nome do distrito provén da súa poboación principal, Luweero. Segundo o censo do ano 2002, a súa poboación estimábase en 336.600 habitantes. A agricultura é o principal sustento económico do lugar.

Limita co Distrito Nakasongola polo norte, co Distrito Kayunga polo leste, co Distrito Mukono polo sueste, co Distrito Wakiso polo sur e co Distrito Nakaseke polo oeste.

A zona coñecida como o tritángulo de Luwero foi escena da insurxencia do Exército de Resistencia Nacional, que deu na guerra civil ugandesa baixo o goberno de Milton Obote, que deixou miles de mortos na primeira metade da década 1980.

No 2005, o Condado Nakaseke separouse do Distrito Luweero para formar o Distrito Nakaseke.

O distrito subdivídese nos seguintes concellos:

Bombo

Luweero

Wobulenzi

Festival de Eurovisión 2010

O LV Festival de Eurovisión celebrouse entre o 25 e o 29 de maio. Estas datas foron escollidas para non coincidir coa final da UEFA Champions League, que tivo lugar o sábado 22 de maio. O festival celebrouse en Oslo, capital de Noruega, logo de que outras cidades por exemplo Bergen (sede en 1986), Lillehammer, sede do Festival de Eurovisión Infantil 2004, Hamar, Trondheim, Stavanger e Tromsø, quixesen adxudicarse a opción de ser sedes. O lugar onde se realizou foi o Fornebu Area situado a 15 minutos de Oslo. O festival realizárono os noruegueses tras gañaren o Festival da Canción de Eurovisión 2009 con Alexander Rybak e a súa canción Fairytale con 387 puntos. As televisións de Austria, Mónaco, Italia e Luxemburgo confirmaron que non ían participar no certame. Con todo, agardouse o debut de Liechtenstein para a edición de 2010. Na rolda de prensa o 13 de maio de 2009, a UER confirmou que países como Kazajstán, Palestina ou Qatar non participarían no futuro no festival por non formaren parte da Zona Europea de Radiodifusión. Con todo, esta información é debatida debido a que a televisión palestina PRTV foi admitida na UER.

Festival de Eurovisión 2011

O Festival da Canción de Eurovisión 2011 celebrouse os días 10, 12 e 14 de maio en Alemaña, trala vitoria en 2010 de Lena Meyer-Landrut co tema Satellite, o cal obtivo un total de 246 puntos.

Nesta edición, a canción Running scared, de Acerbaixán, interpretada polo dúo Ell & Nikki, foi a gañadora con 221 puntos, seguida de Italia con 189 puntos e Suecia con 185 puntos.

Foi a primeira vez que Alemaña organizou o festival como un país unificado, e a terceira ocasión na que a ARD/NDR se ocupou da súa realización. En anteriores edicións, Frankfurt (1957) e Múnic (1983) acolleron edicións do Festival sendo ambas cidades da República Federal Alemá. Tamén foi a primeira vez que o Festival se celebrou nun país do denominado Big Four (Alemaña, España, Francia e Reino Unido, que son os máximos contribuíntes do festival a nivel económico) desde a creación do grupo no ano 2000.Despois de anos sen participar, Italia, membro do extinto Big Five, volveu ao festival tras 13 anos sen concorrer, quedando en segunda posición. Xunto a Italia, Austria, Hungría e San Marino volveron formar parte do Festival de Eurovisión.

España foi representada no festival pola cantante galega Lucía Pérez, que acabou en 23ª posición, con 50 puntos.

Festival de Eurovisión 2014

O LIX Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar os días 6, 8 e 10 de maio de 2014 no B&W Hallerne, na cidade de Copenhaguen, Dinamarca trala vitoria deste país na edición do 2013 coa canción "Only teardrops" de Emmelie de Forest. O festival celebrouse no B&W Hallerne, un vello estaleiro que foi reconvertido en sala de concertos, situado na illa de Refshaleøen.

37 países participaron no evento como representantes de cadeas de televisión nacionais pertencentes a Unión Europea de Radiodifusión. Bulgaria, Chipre, Croacia e Serbia anunciaron a súa retirada temporal a partir desta edición. Ademais, a Polonia e Portugal volveron á competición tras un hiato. O lema do festival foi "Join Us" (Únete a nós en galego). Finalmente alzouse coa vitoria a canción Rise like a phoenix da austríaca Conchita Wurst.

Un acontecemento importante desta edición foi a asistencia da familia real dinamarquesa durante as semifinais e a final do sábado, asistindo en calidade de invitados. Entre os asistentes estiveron o príncipe herdeiro á coroa Federico de Dinamarca e a princesa María, ambos en compañía dos seus fillos.

Festival de Eurovisión 2018

O LXIII Festival da Canción de Eurovisión celebrouse na capital lusa, Lisboa, os días 8, 10 e 12 de maio de 2018. O certame foi albergado no Altice Arena, tras a vitoria de Portugal na edición anterior. Tanto as semifinais coma a final foron presentadas por Filomena Cautela, Sílvia Alberto, Daniela Ruah and Catarina Furtado.

Corenta e tres países participaron na competición, igualando o récord do Festival de Eurovisión 2008 e Festival de Eurovisión 2011. Rusia regresou ao festival trala súa ausencia na edición anterior, e por primeira vez desde o 2011 ningún país deixou o concurso.

Esta edición estivo marcada polo feito de que tanto Acerbaixán, Romanía e Rusia non se clasificaron para a final por primeira vez desde a introdución das semifinais no Festival de Eurovisión 2004. Por outra banda, ningún país da zona do Cáucaso logrou tampouco clasificarse para a final, o que non ocorría desde o Festival de Eurovisión 2005.

O país gañador do Festival de Eurovisión 2018 foi Israel coa canción "Toy", interpretada por Netta. Esta foi a cuarta vitoria de Israel no concurso, sendo as anteriores nos anos Festival de Eurovisión 1978, Festival de Eurovisión 1979 e Festival de Eurovisión 1998. Nesta edición tanto Chipre como a República Checa recibiron as súas mellores puntuacións desde o seus respectivos debuts, obtendo a 2ª e 6ª praza respectivamente, mentres que Portugal, o país anfitrión, quedou último.

Instrumento musical

Un instrumento musical é un xerador de son que serve para levar á práctica ideas musicais. A súa forma de execución está vencellada ao corpo humano, ben sexa por medio do sopro ou do movemento dos seus membros.

John Bonham

John Henry 'Bonzo' Bonham, foi o batería do grupo de hard rock Led Zeppelin.

Ata o día de hoxe é considerado un dos mellores baterías de rock da historia, xa que cambiou o enfoque que se tiña cara ao instrumento. John creou un estilo cunha pegada máis dura e con menos adornos, moito máis afastado do jazz e do blues (estilos predominantes nos baterías de rock/pop da época), cambiando revolucionariamente o mundo musical, influíndo a todas as xeracións posteriores de baterías de rock, incluíndo ao heavy metal.

Malvela

Malvela é un grupo de folk galego, creado en Sanguiñeda (Mos).

Está integrado por 13 cantadeiras (Matilde, Silvina, Fita, Clara, Carmiña, Señora Carmen (falecida), Lina, Maruxa, Dina, Aurita, Teresa, Merche e Adela), acompañadas por 6 músicos: Gustavo Domínguez (acordeón), Raquel Domínguez (gaita), Pablo Ces (bombo), Anxo Pardo (tamboril), Abilio Santos (cavaquiño) e Ana Senlle (dirección vocal).

Unha versión da popular canción "O pirimpimpín" foi utilizada como cabeceira da serie Padre Casares, emitida pola TVG.

Muchachito Bombo Infierno

Muchachito Bombo Infierno é un grupo musical español de rumba, funk, swing e rock and roll. Foi formado en 2005 en Barcelona e está liderado por Jairo Perera "Muchachito".

Mundial de Fútbol de 1954

O mundial de fútbol celebrado en Suíza en 1954, que tivo lugar entre os días 16 de xuño e 4 de xullo, foi o primeiro mundial onde se transmitiron partidos por televisión. A selección de fútbol de Hungría era o equipo favorito, tras catro anos sen coñecer a derrota. Tralos primeiros partidos onde golearon a Corea do Sur por 9 a 0 e a Alemaña do Oeste por 8 a 3, dábase por feito que os maxiares ían levar o trofeo sen moito esforzo. As súas estrelas eran Puskas, Kocsis, Czibor e Hideguti. Incomprensiblemente na final perderon contra Alemaña do Oeste por 3 a 2, despois de ir gañando por 2 a 0 no descanso. Entre as razóns desta derrota hai unha que destaca: Puskas xogou este encontro co nocello mancado. Aínda así marcou un gol que sería anulado por un dubidoso fóra de xogo. Aínda que non hai probas, foi moi comentada a esaxerada forma física coa que os xermanos xogaron este encontro, erguendo sospeitas de dopaxe. É curioso que despois do encontro varios xogadores foran enviados a casas de repouso para repoñerse do esforzo. O máximo anotador foi o húngaro Kocsis con 11 tantos.

Mundial de Fútbol de 1978

A Copa Mundial da FIFA 1978 foi a edición número once do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo, organizado por Arxentina, disputouse no mes de xuño de 1978, entre os días 1 e 25. A campioa foi a selección anfitrioa, que bateu por 1 a 3 aos Países Baixos na final, conseguindo así o seu primeiro título.

Música folk

A música folk é un termo de orixe anglosaxoa empregado xeralmente para referirse á "música folclórica" moderna. Nalgúns contextos, por influencia do sentido en lingua inglesa da "folk music", o seu significado esténdese a toda a música folclórica, tanto á tradicional como á máis moderna baseada naquela.

Os artistas de folk poden empregar temas musicais folclóricos xa existentes facéndolles un arranxo musical ou ben tomar simplemente o estilo e crear os seus propios temas orixinais. É tamén característico da música folk empregar instrumentos típicos de cada rexión, como pode ser a zampoña e a quena en varios países de América do Sur, o bombo legüero na Arxentina, o birimbao en Brasil, o banjo, o violín ou a harmónica en Estados Unidos, o violín, a marimba en Guatemala, bodhrán e o tin whistle en Irlanda, a gaita en Escocia, Galicia ou Asturias, o acordeón en Francia, Italia, Panamá ou a música litoraleña arxentina, a dulzaina e a dulzaina en Valencia e Cataluña, a trikitixa no País Vasco, a arpa paraguaia en Paraguai etc.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.