Bolsa de estudos

Unha bolsa de estudos é unha achega económica que se concede a aqueles estudantes ou investigadores co fin de levar a cabo os seus estudos ou investigacións.

As achegas económicas poden provenir de organismos oficiais (en España, bolsa de estudos MEC do Ministerio de Educación e Cultura, bolsas de estudos das administracións autonómicas etc.) ou de organismos privados, xa sexan bancos e caixas de aforro, fundacións, empresas etc.

As bolsas de estudos poden ser xerais, para realizar os estudos ordinarios, ou poden pertencer a programas específicos, para intercambios no estranxeiro, ou entre distintas universidades dentro dun mesmo país, como as bolsas de estudos séneca para financiar a mobilidade de estudantes dentro do programa SICUE ou entre diversos países europeos (as chamadas Erasmus, ou do resto do mundo, por exemplo), para prácticas en empresa etc.

As bolsas de estudos para prácticas proliferaron nos últimos anos, en gran medida substituíndo outro tipo de contratos que requirirían mellores condicións de traballo e maiores soldos, xurdindo así a figura do becario.

O obxectivo destas principalmente é o de dar a oportunidade a un alumno ou grupo de alumnos que non teñen a posibilidade de financiar os seus estudos e que aquel que lle outorga a bolsa de estudos considera que ten capacidades destacadas e que non debería perder a oportunidade de formarse.

Clasebeca
Graduación, bolsas de estudos.
Bolsa de estudos Guggenheim

A Bolsas de estudos Guggenheim (en inglés: Guggenheim Fellowship) é un subsidio outorgado pola John Simon Guggenheim Memorial Foundation dende 1925 a profesionais avanzados en tódolos campos do saber (ciencias naturais, ciencias sociais, humanidades e artes), excepto as artes escénicas. A fundación foi creada polo empresario, político e filántropo estadounidense Simon Guggenheim e a súa muller, Olga Hirsh, en memoria do seu fillo John, que faleceu en 1922 debido a unha mastoiditis.

As bolsas outórganse en dous concursos anuais:

un aberto aos cidadáns e residentes permanentes dos Estados Unidos de América e Canadá;

e outro aberto aos cidadáns e residentes permanentes de América Latina e o Caribe.

David Morris Lee

David Morris Lee, nado o 20 de xaneiro de 1931, é un físico ao que lle outorgaron un Nobel de Física en 1996 polas súas investigacións do helio-3.

Frederick Reines

Frederick Reines, nado en Nova Jersey o 16 de marzo de 1918 e finado o 26 de agosto de 1998, foi un físico estadounidense.

Gary Oldman

Gary Leonard Oldman, nado en Londres o 21 de marzo de 1958, é un actor inglés. Estudou arte dramática en Rose Bruford College cunha bolsa de estudos, licenciouse en 1979, co Greenwich Young People's Theatre representou varias obras, recibindo varios premios como mellor actor revelación. En 1982 fixo a súa primeira aparición no cine en Remembrance e o seu primeiro papel como protagonista foi en 1986 en Sid and Nancy (1986). Coñecido pola mestría en interpretar caracteres excéntricos e pola súa facilidade para os acentos.

Ivar Giaever

Ivar Giaver, en noruegués escrito como Ivar Giæver, nado en Bergen o 5 de abril de 1929, é un físico estadounidense, de orixe norueguesa, galardoado en 1973 co Premio Nobel de Física.

Jack Steinberger

Jack Steinberger, nado como Hans Jakob Steinberger en Bad Kissingen o 25 de maio de 1921, é un físico estadounidense de orixe alemá.

Kenneth G. Wilson

Kenneth Geddes Wilson, nado en Waltham, Massachusetts o 8 de xuño de 1936 e finado o 15 de xuño de 2013 en Saco, Maine, foi un físico estadounidense.

Kip Thorne

Kip S. Thorne, nado en Logan (Utah) o 1 de xuño de 1940, é un físico estadounidense.

Leon Cooper

Leon Neil Cooper, nado en Nova York o 28 de febreiro de 1930, é un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1972.

Martin Perl

Martin Lewis Perl, nado o 24 de xuño de 1927 en Nova York e falecido o 30 de setembro de 2014, é un físico estadounidense, gañador en 1995 do Premio Nobel de Física polo descubrimento do tauón.

Melvin Schwartz

Melvin Schwartz, nado en Nova York o 2 de novembro de 1932 e finado en Twin Falls o 28 de agosto de 2006, foi un físico estadounidense.

Northern Exposure

Northern Exposure foi unha serie de televisión norteamericana que emitiu a CBS entre 1990 e 1995, cun total de 110 episodios. A serie estaba ambientada nun pequeno e remoto lugar de Alasca chamado Cicely e comeza cando chega Joel Fleischman (Rob Morrow), un xudeu de Nova York, que fixo a carreira de medicina grazas a unha bolsa de estudos do estado de Alasca e segundo as condicións da bolsa está obrigado a exercer durante catro anos en Alasca.

En España a serie emitiuna a segunda canle de TVE co título de Doctor en Alaska, en castelán.

Rainer Weiss

Rainer Weiss, nado en Berlín o 29 de setembro de 1932, é un físico estadounidense de orixe alemá.

Richard E. Taylor

Richard Edward Taylor, nado o 2 de novembro de 1929 en Medicine Hat, Alberta, é un físico americano-canadense.

Robert Coleman Richardson

Robert Coleman Richardson, nado o 26 de xuño de 1937 en Washington D.C., é un físico estadounidense laureado co Premio Nobel de Física.

Robert Hofstadter

Robert Hofstadter, nado en Nova York o 5 de febreiro de 1915 e finado en Palo Alto (California) o 17 de novembro de 1990, foi un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1961.

Robert Woodrow Wilson

Robert Woodrow Wilson, nado en Houston (Texas) o 10 de xaneiro de 1936, é un físico e astrónomo estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física en 1978.

Steven Chu

Steven Chu, nado o 28 de febreiro de 1948 en St. Louis (Missouri), é un científico estadounidense.

William Alfred Fowler

William Alfred "Willie" Fowler, nado en Pittsburgh, EUA o 9 de agosto de 1911, finado en Pasadena o 14 de marzo de 1995, foi un físico estadounidense galardoado co Premio Nobel de Física en 1983.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.