Bolivia

Bolivia (en quechua: Bulibiya Suyu, aimará: Bulibiya, Buliwya; guaraní: Volívia) é un país da América do Sur, limitado a norte e leste polo Brasil, ao sur polo Paraguai e Arxentina, e a oeste polo Chile e Perú. Comprende parte importante tanto da cordilleira dos Andes e o seu Altiplano como da selva amazónica e do Gran Chaco. É, canda Paraguai, un dos dous países de Sudamérica sen litoral marítimo. É tamén o oitavo máis extenso no continente americano e o vixésimo sétimo a nivel mundial. A súa capital oficial e xudicial é a cidade de Sucre, mentres que a capital gobernamental (dos poderes executivo e lexislativo) é A Paz.

Coordenadas: 16°42′43″S 64°39′58″O / -16.712, -64.666

Estado Plurinacional de Bolivia
Estado Plurinacional de Bolivia
Bulibiya Mama llaqta
Wuliwya Suyu
Tetã Volívia
Bandeira de Bolivia
Escudo de Bolivia
BandeiraEscudo
Bolivia (orthographic projection)
Lema: «¡La unión es la fuerza!»
Capital
 • Poboación
Sucre
Cidade máis poboadaSanta Cruz de la Sierra
Linguas oficiaisEspañol, quechua, aimará, guaraní e outras 33 linguas
Forma de gobernoRepública presidencialista
Presidente
Vicepresidente
Evo Morales Ayma
Álvaro García Linera
 • Comezada
 • Declarada
16 de xullo de 1809
6 de agosto de 1825
SuperficiePosto 27º
 • Total1 098 581 km²
 • % auga1,4%
Fronteiras6 743 km
Costasnon ten km
PoboaciónPosto 87º
 • Total (2008)10 027 644 hab.
 • Densidade8,76 hab./km²
PIB (nominal)Posto 103º
 • Total (2008)16 699 millóns USD
 • per cápita1 665 USD
PIB (PPA)Posto 88º
 • Total (2008)42 121 millóns USD
 • per cápita4 200 USD
MoedaBoliviano (Bs., BOB)
IDH (2005)0,723 (111º) – medio
XentilicioBoliviano, -a
Fuso horarioUTC-4
 • Horario de veránUTC-4
Dominio de Internet.bo
Prefixo telefónico+591
Prefixo radiofónicoCPA-CPZ
Código ISO068 / BOL / BO
Membro de: ONU, OEA, UNASUR, CAN, Mercosur, ALADI, ALBA, OMC, FLAR, SELA, TCP, G20, CIN, OEI, IUCN, Unión Latina, MPNA, Grupo de Río.

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Bolivia.

Na parte occidental do país está a Cordilleira dos Andes, na cal están a montaña máis alta do país, o pico Nevado Sajama co seus 6.542 m; o lago Titicaca, o máis alto lago do mundo; e o Salar de Uyuni, no departamento de Potosí, unha grande extensión cuberta por sal que foi no pasado o fondo dun grande lago que se secou por evaporación. O centro do país é un planalto, o "Altiplano", onde vive a maioría dos bolivianos. O leste do país está constituído por terras baixas, e cuberto pola foresta húmida da Amazonia. O lago Titicaca sitúase na fronteira entre a Bolivia e Perú. No occidente atópase o Salar de Uyuni, a maior planicie de sal do mundo.

O país actualmente non ten litoral, despois de o perder nunha guerra con Chile, a Guerra do Pacífico, que ocorreu do ano 1879 ao ano 1884.

As cidades principais son A Paz, Sucre, Santa Cruz de la Sierra e Cochabamba.

Subdivisións

Artigo principal: Subdivisións da Bolivia.

Bolivia está dividida en 9 departamentos:

División política
Departamento Poboación Supeficie (km²) Densidade (*) Capital (Hab.)
Departamentos de Bolivia
República de Bolivia 9 627 269 1 098 581 8,8 Sucre
Bandeira do Departamento del Beni Beni 414.758 213.564 1,9 Trinidad (86.385)
Bandeira Chuquisaca 611.660 51.524 11,9 Sucre (247.259)
Bandeira do Departamento de Cochabamba Cochabamba 1 709 806 55.631 22,7 Cochabamba (586.813)
Bandeira do Departamento de La Paz La Paz 2 872 793 133.985 19,9 A Paz (835.000)
Bandeira de Oruro Oruro 437.131 53.558 8,2 Oruro (216.620)
Bandeira do Departamento de Pando Pando 69.541 63.827 1,1 Cobija (32.217)
Flag of Potosí.svgPotosí 772.578 118.218 6,5 Potosí (149.246)
Bandera de Santa Cruz Santa Cruz 2 367 440 370.621 6,6 Santa Cruz de la Sierra (1 397 000)
Bandera del Departamento de Tarija Tarija 471.563 37.623 12,5 Tarija (170.906)
(*)= Todos os datos de poboación son proxecciones do INE para 2006 [1]. A densidade departamental está calculada coa proxección da poboación de 2006.

Outras cidades importantes son: La Paz: El Alto 827.000, Cochabamba: Quillacollo 90.000 Sacaba 127.000, Tarija: Yacuiba 90.000, Santa Cruz: Montero 90.000, Beni: Riberalta 78.000.

Cada departamento está subdividido en provincias, que son responsábeis dalgúns asuntos locais.

Historia

Artigo principal: Historia de Bolivia.

En Bolivia desenvolvéronse grandes civilizacións, das que a máis importante foi a civilización de Tiahuanaco. Tornouse parte do imperio Inca no século XV.

Cando os españois chegaron no século XVI, Bolivia, rica en depósitos de prata, foi incorporada no virreino do Pelo, e máis tarde no de La Plata.

A loita pola independencia comezou en 1809, mais permaneceu como parte da España ata 1825, cando foi liberada por Simón Bolívar, a quen o país debe o seu nome. Despois dunha breve unión con Perú, Bolivia tornouse totalmente independente. Nos anos seguintes, Bolivia perdeu parte do seu territorio debido a vendas e á guerra.

Bolivia enfronta problemas culturais e raciais, e sufriu ao longo dos anos múltiples revolucións e golpes militares. En 1980, a democracia foi restaurada despois da destitución dunha xunta militar.

Política

Artigo principal: Política de Bolivia.

A constitución da Bolivia de 1967, revisada en 1994, prevé un sistema equilibrado entre os poderes executivo, lexislativo e xudicial. O tradicionalmente forte poder executivo, non obstante, tende a deixar na sombra o Congreso, cuxo papel está en xeral limitado a debater e aprobar lexislación orixinaria do executivo. A través de revisións na constitución feitas en 1994, e de leis subsequentes, o goberno iniciou reformas que teñen potencial para ser profundas nos sistema e procesos xudiciais.

Os nove departamentos da Bolivia recibiron maior autonomía pola lei de Descentralización Administrativa de 1995, aínda que os principais dirixentes departamentais continúen a ser nomeados polo goberno central. As cidades e vilas bolivianas son gobernadas polos presidentes de cámara e consellos directamente elixidos.

Foron realizadas eleccións municipais o 5 de decembro de 2004, que elixiron os consellos para mandatos de 5 anos. A Lei de Participación Popular de abril de 1994, que distribúe unha porción significativa das finanzas nacionais polas autarquías, para o seu uso discrecional, permitiu que comunidades anteriormente relegadas obtivesen grandes melloras nas súas infraestruturas e servizos.

Partidos políticos

Partidos políticos
Nome Siglas Fundador
Acción Democrática Nacionalista ADN Hugo Banzer Suárez
Izquierda Unida IU -
Movimiento al Socialismo MAS Evo Morales
Movimiento Bolivia Libre MBL -
Movimiento de Izquierda Revolucionaria MIR Jaime Paz Zamora
Movimiento Nacionalista Revolucionario MNR Víctor Paz Estenssoro
Nueva Fuerza Republicana NFR Manfred Reyes Villa
Partido Socialista de Bolivia PS Marcelo Quiroga Santa Cruz
Poder Democrático Social PODEMOS Jorge Quiroga Ramírez
Movimiento SIn Miedo MSM Juan Del Granado Cosio
Falange Socialista Boliviana FSB Oscar Unzaga de la Vega

Economía

Artigo principal: Economía de Bolivia.

Bolivia, hai moito un dos máis pobres e menos desenvolvidos países da América Latina, fixo progresos considerábeis no sentido do desenvolvemento dunha economía de mercado. Durante a presidencia do presidente Gonzalo Sánchez de Lozada (1993-97) Bolivia asinou un tratado de comercio libre con México, tornouse membro asociado do Mercado Común do Cono Sur (Mercosul) e procedeu á privatización da liña aérea estatal, da compañía de teléfonos, dos ferrocarrís, da compañía eléctrica e da compañía petrolífera.

O crecemento económico aminorou en 1999, en parte debido a políticas orzamentais restritivas que limitaron os fondos necesarios para programas de loita contra a pobreza, e ás consecuencias da crise financeira asiática. No ano 2000, serios disturbios públicos en abril e en setembro/outubro baixaron o crecemento a un 2,5%. O PIB boliviano non creceu en 2001 debido ao abrandamento global e á vagarosa actividade doméstica.

Véxase tamén

Ligazóns externas

.bo

.bo é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Bolivia, que é xestionado pola Axencia para o Desenvolvemento da Sociedade da Información.

6 de agosto

O 6 de agosto é o 218º día do ano do calendario gregoriano e o 219º nos anos bisestos. Quedan 147 días para finalizar o ano.

A Paz

A Paz, en español La Paz, e en aimará Chuquiago Marka ou Chuqiyapu) é a capital administrativa de Bolivia. É tamén a capital do departamento de La Paz. A cidade está a unha altura de 3 660 metros sobre o nivel do mar, e forma xunto coa cidade d' El Alto (4 000 metros sobre o nivel do mar) o núcleo urbano máis poboado de Bolivia. A súa poboación estimada é 1 613 000 habitantes.

Foi fundada polo capitán español, Alonso de Mendoza o 20 de outubro de 1548. O seu nome completo é Nuestra Señora de La Paz, e conmemora a restauración da paz após a guerra civil que seguiu á insurrección de Gonzalo Pizarro, durante a primeira fase da colonización española.

Na actualidade, La Paz non é a cidade máis próspera e dinámica na Bolivia. Nas últimas décadas, a cidade de Santa Cruz de la Sierra, está crecendo desordenadamente pero constantemente.

Acre, Brasil

O Acre é un estado brasileiro situado no suroeste da Rexión Norte. Ten como límites: Amazonas (N); Rondônia (E); Bolivia (SE); e Perú (S e O). Ocupa unha área de 153.149 Km². A capital é Río Branco e as cidades máis populosas son: Río Branco, Cruzeiro do Sul, Tarauacá, Sena Madureira e Brasiléia.

Un planalto con altitude media de 200 m domina grande parte do Acre. Os seus ríos máis importantes son Juruá, Tarauacá, Muru, Embirá e Xapuri.

O ambientalista e líder sindicalista Chico Mendes, asasinado en 1988, e a ambientalista e política brasileira Marina Silva son orixinarios deste estado.

América

América ( pronunciación ), as Américas, ou o Novo Mundo é unha división do mundo que se estende no Hemisferio Occidental desde o océano Ártico polo norte até case o océano Antártico polo sur, e está entre o océano Pacífico ao oeste, e o océano Atlántico ao leste. Está formado por dous subcontinentes (América do Norte e América do Sur), unidos por un estreito istmo. O seu nome deriva do explorador europeo Américo Vespucio.

É frecuente a sinécdoque de referirse con este nome aos Estados Unidos de América.

América Latina

América Latina ou Latinoamérica, entidade territorial e sociocultural diferente a Hispanoamérica e Iberoamérica, constituída polo conxunto de países de América que foron antigas colonias de países europeos onde se fala as linguas romances, é dicir derivadas do Latín, correspondentes ás actuais España, Portugal e Francia. O xentilicio que normalmente se emprega é latinoamericano.

O termo Latinoamérica foi introducido por primeira vez polo Imperio Francés de Napoleón III, durante a súa invasión de México, como forma de incluír a Francia entre os países con influencia en América e case exclusivamente coa fin de excluír ós anglosaxóns.

Nestes países obsérvanse moitas similitudes debido á súa longa historia en común por ser territorios coloniais de España e Portugal e, en menor medida, de Francia. Entre eles obsérvanse tamén variacións lingüísticas, étnicas, sociais, políticas, económicas e climáticas.

América do Sur

América do Sur ( pronunciación ), tamén chamada Suramérica ( pronunciación ), anteriormente coñecida simplemente como América (1507-1538), é o subcontinente austral de América. Está atravesada pola liña ecuatorial no seu extremo norte, quedando así a maior parte do seu territorio comprendida dentro do hemisferio sur. Está situada entre o océano Atlántico e o océano Pacífico, que delimitan os extremos leste e oeste respectivamente, mentres que o mar Caribe delimita polo norte e o océano Antártico o seu extremo sur. Ocupa unha superficie de 17,8 millóns de km², o que representa un 42% do continente americano e un 12% das terras emerxidas, e está habitada polo 6% da poboación mundial.Inclúe hoxe en día doce países: Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Ecuador, Güiana, Paraguai, Perú, Suriname, Uruguai e Venezuela, aínda que hai libros que inclúen á nación caribeña de Trinidad e Tobago por atoparse sobre a plataforma continental de Venezuela. Os países que bordean o mar Caribe —Colombia, Venezuela, Güiana, Suriname e Trinidad e Tobago e tamén a Güiana Francesa, que é un departamento de ultramar de Francia, e Aruba, Curaçao e o estado de Bonaire pertencentes ao Reino dos Países Baixos— coñécense en conxunto como o Caribe suramericano, mentres que Arxentina, Chile, Uruguai e o sur de Brasil, forman o Cono Sur, unha rexión do subcontinente que se caracteriza polos máis altos estándares de calidade de vida e desenvolvemento en relación ao resto de Latinoamérica. Colombia e Venezuela, ademais de estaren na rexión Caribe, pertencen tamén xunto a Bolivia, Ecuador e Perú á zona andina e aos países da conca do Amazonas.

Desde o século XVI ata principios do século XIX a maior parte de América do Sur estaba dividida en colonias gobernadas, maioritariamente, por España e Portugal, seguidas por unha colonia do Reino Unido, unha de Francia e outra dos Países Baixos que se foron convertendo en repúblicas, coa excepción da Güiana Francesa convertida en Departamento de Ultramar francés (Rexión Ultraperiférica europea) e as illas Malvinas e illas veciñas. Aínda que o límite actual de América do Sur con América Central se sitúa nunha liña imaxinaria na selva do Darién, foi a partir da construción da Canle de Panamá que se comeza a asociar este país con América Central en medios anglosaxóns. Finalmente no ano 1955, Panamá pasa a formar parte de América Central xeograficamente, pero mantén lazos históricos e culturais con América do Sur.

Andes

Os Andes (quechua: Antis, "rexión dos antis") é unha cordilleira montañosa de América do Sur. O seu percorrido é de norte a sur pola costa occidental do continente, dende Venezuela ata a Patagonia, pasando por Colombia, Ecuador, Perú, Bolivia, Chile e Arxentina. Ten unha lonxitude de máis de 7500 km, unha anchura que oscila entre uns 180 km ata 700 km e a súa altitude media situase o redor dos 4000 metros. O seu punto máis elevado é o pico Aconcagua con 6.959 metros.

Na súa parte meridional unidade e é fronteira natural entre Chile e Arxentina. Na parte central divídese en dous cordóns, Cordilleira Occidental e Cordilleira Oriental, formando entre os dous cordóns unha meseta de grande altitude, chamada Altiplano. Esta separación continua ata Colombia onde antes de chegar ó Mar Caribe divídese en tres cordóns.

Bandeira de Bolivia

A bandeira de Bolivia foi adoptada o 31 de outubro de 1851 durante o goberno de Manuel Isidoro Belzu. O Decreto Supremo do 14 de xulio de 1888 regulamenta e uniforma o uso do escudo e da bandeira nacional, dispoñéndoo no artigo 5º.

Cantón

Un cantón é unha división administrativa empregada polos estados de moi diverso xeito. Así, na Bolivia refírese a grandes parroquias e en Suíza, os cantóns son os estados que conforman a confederación.

Charango

O charango é un instrumento musical propio das rexións altiplánicas da cordilleira dos Andes en América do Sur. Posúe cinco pares de cordas aínda que hai variacións con menos ou máis cordas pero polo xeral en cinco ordes ou xogos. O charango ten unha traxectoria centenaria en Bolivia, e tamén ten importante presenza na música do Perú, Arxentina, Chile e Ecuador.

Chourizo

O chourizo é un embutido típico da Península Ibérica e Latinoamérica, unha especie de salchicha curada (ben ó aire, ben afumada) e que está elaborada basicamente de carne do porco picada e adobada con especias.

Cueca

A cueca é un xénero musical e a súa danza, que consiste nun baile de parella solta, no que se representa o asedio amoroso dunha muller por parte dun home. Os bailaríns, que levan un pano na man dereita, trazan figuras circulares, con voltas e medias voltas, interrompidas por diversos floreos. Trátase da danza nacional oficial de Chile, bailada no oeste de América do Sur, dende Bolivia, como danza típica, até a Arxentina e Colombia, tendo distintas variedades segundo as rexións e as épocas.

Lingua castelá

O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.

Linguas quechuas

O quechua, tamén coñecido como runa simi ("lingua da xente"), é unha familia de linguas que teñen unha orixe común, o protoquechua, que se falou nun territorio dos Andes próximo da costa do Perú. Ten o rango de lingua oficial no Perú, Ecuador e Bolivia; conta tamén cuns centos de falantes en Colombia e na Arxentina. En total hai dez millóns de falantes.

Mato Groso

Mato Groso é un estado brasileiro localizado ó oeste da rexión Centro-Oeste. Ten como límites o Amazonas e Pará ao norte; Tocantins e Goiás ao leste; ao sur Mato Groso do Sur; e o estado de Rondonia e Bolivia ao oeste. Ocupa unha superficie de 906.806,9 km². A súa capital é Cuiabá. As principais cidades són: Cuiabá, Varzea Grande, Juína, Rondonópolis, Sinop, Barra do Garças e Alta Floresta.

Paraguai

Paraguai (en guaraní: Paraguái), oficialmente a República de Paraguai (en castelán: República del Paraguay; en guaraní: Tetã Paraguái) é un país do centro da América do Sur, limitado ó norte e oeste por Bolivia, ó norte e leste polo Brasil e ó sur e oeste pola Arxentina. A súa capital é a cidade de Asunción. O Paraguai é un dos dous países da América do Sur que non posúe unha saída para o mar, sendo o outro Bolivia. Por mor da súa localización central en América do Sur, tamén é coñecido como o Corazón de Suramérica.

Perú

O Perú (en quechua e aimará Piruw), oficialmente a República del Perú; é un país de Suramérica, limitado o norte por Ecuador e por Colombia; o leste polo Brasil, Bolivia e Chile; e o sur e oeste polo océano Pacífico.

Posúe unha complexa xeografía dominada principalmente polas elevacións da cordilleira dos Andes e as correntes do Pacífico, que lle configura climas e paisaxes variados como a costa desértica, a puna dos altos Andes ou a selva tropical da conca amazónica.

No seu territorio existiu unha das culturas máis antigas que se coñece de América, a civilización de Caral (XII milenio a. C.) No século XVI, o Imperio Inca foi anexionado polos conquistadores españois con apoio de etnias contra o dominio inca. España estabeleceu así un vicerreinado que incluíu a maior parte das súas colonias suramericanas. En 1821, o país independízase.

A poboación peruana, calculada en máis de 28 millóns (2008), é de orixe multiétnica e mestiza de importante substrato indíxena á cal sumouse a ascendencias europeas, africanas e asiáticas. O idioma máis falado é o español, aínda que un número significativo de peruanos falan diversas linguas nativas como as linguas quechuas, as de maior número de falantes.

É un país en desenvolvemento cun Índice de Desenvolvemento Humano medio máis elevada desigualdade económica que viu mellorar os seus ingresos e decrecer o seu nivel de pobreza nos últimos anos. As súas principais actividades económicas inclúen a agricultura, pesca, minaría e a manufactura de produtos como os téxtiles. O Perú é membro da Comunidade Andina.

Politicamente, o país está organizado nunha república presidencialista democrática cun sistema político multipartidista estruturada baixo os principios de separación de poderes e descentralización. Divídese en 25 circunscricións departamentais (24 departamentos e a Provincia Constitucional do Callao) e a provincia sede da capital, que é Lima.

Actualmente o seu presidente é Martín Vizcarra.

Países
Países con parte do
seu territorio en América do Sur
Países
Territorios dependentes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.