Boletín da Real Academia Galega

O, inicialmente, Boletín de la Academia Gallega,[2] despois Boletín de la Real Academia Gallega (ata 1980), e, por último, Boletín da Real Academia Galega (dende o ano 2000), é o órgano de expresión oficial da Real Academia Galega (RAG) no que se recollen os traballos e noticias relacionadas co funcionamento interno da RAG. O adxectivo ‘’Real’’ úsase dende o número cinco.[3] A finalidade deste boletín é difundir a cultura galega.

Carré Aldao, Eugenio 1916. Una poetisa gallega del siglo XVI. Boletín de la Real Academia Gallega 110. pp. 39–42.pdf
Artigo de Eugenio Carré no Boletín de la Real Academia Gallega.[1]

Historia e características

Publícase por primeira vez na Coruña o 20 de maio de 1906,[2] aínda que ao principio a intención era que fose editado mensualmente, perdeu o seu carácter periódico. O seu primeiro director foi o autor Manuel Murguía.[4][5][6] Nos comezos colaboraban case exclusivamente os membros da Real Academia Galega.

Entre os anos 1936 e 1942 non houbo publicacións debido a Guerra Civil, despois a publicación do boletín foi bastante irregular, algunhas veces só se publicaba unha vez ao ano.[7] Pouco a pouco, o boletín foi mudando o seu carácter ata converterse nun boletín máis científico. Grazas a dixitalización, todos os número están dispoñibles en liña para a consulta.[7] Foi publicado ata o ano 1980 e 20 anos máis tarde retomouse a publicación pero esta vez de maneira anual. Todos os boletíns están agrupados en 33 tomos, agás os boletíns publicados a partir do ano 2000 que non están agrupados. As seccións son: Estudos, Documentos galegos, Bibliografía, Sección oficial e Publicacións recibidas.[6]

Nos primeiros volumes cobra importancia a "Sección oficial" onde hai discursos, adquisicións para a biblioteca, doazóns, ingresos de novos académicos etc.

Os últimos boletíns, dende o número 361, foron dedicados a Manuel Murguía (2000), Eladio Rodríguez González (2001), o Padre Sarmiento (2002), Antón Avilés de Taramancos (2003), Xaquín Lorenzo Fernández "Xocas" (2004), Lorenzo Varela (2005), Manuel Lugrís Freire (2006), María Mariño (2007), Xosé María Álvarez Blázquez (2008), Ramón Piñeiro (2009), Uxío Novoneyra (2010), Lois Pereiro (2011), Valentín Paz Andrade (2012), Roberto Vidal Bolaño (2013), Xosé María Díaz Castro (2014), Xosé Filgueira Valverde (2015), Manuel María (2016).[8], Carlos Casares (2017) e María Victoria Moreno (2018).

Notas

  1. Carré Aldao, Eugenio (1916). "Una poetisa gallega del siglo XVI". Boletín de la Real Academia Gallega (en castelán) (110): 39–42.
  2. 2,0 2,1 Ano 1, número 1 20 de maio de 1906.
  3. Ano 1, número 5 20 de setembro de 1906.
  4. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
  5. Cal, Rosa e Pérez Pais, María del Carmen (1993). Repertorio bibliográfico sobre a prensa galega.
  6. 6,0 6,1 Vilavedra, D. (coord.): Diccionario da Literatura Galega II. Publicacións periódicas, pp. 76-77, Galaxia, ISBN 84-8288-137-X.
  7. 7,0 7,1 Boletíns da Real Academia Galega
  8. Últimos números

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

As Nogais

As Nogais é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares linda con Pedrafita do Cebreiro, Cervantes, Becerreá e Triacastela. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.191 habitantes (1.441 no 2006, 1.477 no 2005, 1.501 no 2004, 1.520 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é nogalego .

Campo Lameiro

Campo Lameiro é un concello galego, situado no interior da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca de Pontevedra.

De 63 km2, limita cos concellos de Moraña, Cuntis, A Estrada, Cerdedo-Cotobade e Pontevedra. A súa poboación era de 1.962 persoas conforme o censo de 2014. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é campolameirán.

Concello de Vilanova dos Infantes

Vilanova dos Infantes foi un antigo concello de Galicia que funcionou como unidade administrativa entre 1835 e 1927 en que foi anexionadao ao concello de Celanova.

Diego Sarmiento de Acuña

Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar, nado en Astorga o 1 de novembro de 1567 e finado en Haro, Logroño, o 2 de outubro de 1626, foi un nobre galego coñecido como o "Maquiavelo español".

Emilio Pita

Emilio Pita Robelo, en ocasións nomeado erroneamente como Emilio Pita Romero ou mesmo Emilio Pita Romelo, máis comunmente coñecido simplemente como Emilio Pita, nado na Coruña o 15 de outubro de 1907 e finado en Buenos Aires o 7 de decembro de 1981, foi un poeta e musicólogo galego.

Fernando Cortés Bugía

Fernando Cortés Bugía, nado en Betanzos o 15 de decembro de 1874 e finado na Coruña o 25 de marzo de 1948, foi un pintor, escultor e debuxante galego.

Juan Domínguez Fontenla

Juan Domínguez Fontenla, nado na Guarda o 8 de outubro de 1869 e finado en Santiago de Compostela o 11 de marzo de 1942, foi un sacerdote, arqueólogo e historiador galego.

Manuel Murguía

Manuel Antonio Martínez Murguía, nado no Froxel (Oseiro, Arteixo), o 17 de maio de 1833 e finado na Coruña o 1 de febreiro de 1923, foi un historiador galego que impulsou o Rexurdimento e creou a Real Academia Galega. No ano 2000 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Mougás, Oia

Santa Uxía de Mougás é unha parroquia que se localiza no concello de Oia. Segundo o IGE no 2013 tiña 680 habitantes (340 homes e 340 mulleres), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 540 habitantes. O seu xentilicio é mougalés/esa.

Paderne de Allariz

Paderne de Allariz é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda. En 2015 tiña 1.486 habitantes segundo o Padrón municipal (1.643 en 2003).

Rosario Álvarez Blanco

Rosario Álvarez Blanco, nada en Pontevedra o 12 de xullo de 1952, é catedrática de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, foi directora do Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela). É membro da Real Academia Galega. En 2018 foi escollida presidenta do Consello da Cultura Galega, converténdose na primeira muller en presidilo.

Salceda de Caselas

Salceda de Caselas é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. A súa poboación en 2015 era de 8873 persoas, segundo o Padrón municipal de habitantes. 2007, 7686 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «salcedán» ou «caseleiro».

Salvaterra de Miño

Salvaterra de Miño é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 9.626 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «salvaterrense».

San Cristovo de Cea

San Cristovo de Cea é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.418 habitantes (3.026 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ceés».

Tesouro de Caldas de Reis

O tesouro de Caldas de Reis é un conxunto de 36 pezas por un total de 14,9 kg de ouro de máis de 20 quilates pertencente á Idade de Bronce galaica e con concomitancias coas Illas Británicas, Irlanda, Bretaña e Centroeuropa. A súa datación oscilou dende o Bronce Final ata os que defenden que se inclúa no Bronce Inicial (cronoloxicamente cara ao 1900-1800 a.C.).

O tesouro de Caldas fai pensar nunha certa comunidade cultural coas fisterras europeas e dunha sociedade estruturada de xeito xerárquico baixo elites que comezaban a monopolizar as relacións comerciais e a acumulación de riqueza. Bouza Brey, quen o deu a coñecer, di que o tesouro non foi o agocho dun ourive local afirmou: "Mejor nos inclinamos por creerlo riqueza tribal oculta ante peligro de invasión enemiga". Blanco Freijeiro nega esta hipótese: "Este tesoro de Caldas no pudo ser, pues, ... la riqueza de una tribu ocultada ante un enemigo invasor", aínda que non aventura unha hipótese alternativa.

Representa, hoxe por hoxe, a maior acumulación de ouro de toda a Prehistoria europea.

Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda

María Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, nada en Vigo o 21 de agosto de 1961 e finada na mesma cidade o 23 de setembro de 2018, foi unha profesora e investigadora galega, especialista na figura de Rosalía de Castro.

Vilamartín de Valdeorras

Vilamartín de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE no ano 2014 tiña 1.793 habitantes (2.477 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vilamartinés» ou «valdeorrés».

Wenceslao Requejo Pérez

Wenceslao Requejo Pérez, nado en Vigo o 4 de novembro de 1866 e finado na mesma cidade o 14 de outubro de 1947, foi un profesor galego, membro fundador da RAG.

Xaquín Lorenzo

Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas, nado en Ourense o 23 de xuño de 1907 e finado en Facós (Lobeira) o 18 de xullo de 1989, foi unha personalidade senlleira da cultura e da etnografía galegas, membro do Seminario de Estudos Galegos e da Real Academia Galega e principal impulsor da creación do Museo do Pobo Galego. En anos consecutivos recibiu o Premio Otero Pedrayo (1982), o Premio Trasalba (1983) e a Medalla Castelao (1984). Postumamente a RAG dedicoulle o Día das Letras Galegas, no ano 2004, homenaxe que a Xunta de Galicia asumiu declarando o 2004 como Ano Xaquín Lorenzo.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.