Bolboreta

A dos lepidópteros é unha orde de insectos holometábolos (é dicir, de metamorfose completa), case sempre voadores, caracterizados, entre outras cousas, porque despois de ter superado o estado de larva, presenta dous pares de ás. As ás están recubertas con escamas microscópicas que se lle desprenden con só tocarlle, semellando, ao tacto e á vista, un po suave.

As especies máis coñecidas son as chamadas bolboretas diúrnas, pero a maioría son as bolboretas nocturnas, a maioría das cales adoitan pasaren inadvertidas.

As súas larvas, coñcidas como eirugas, aliméntanse tipicamente de materia vexetal, podendo ser algunhas especies pragas importantes para a agricultura (recordemos a couza guatemalteca, que causa estragos nas patacas). Por outra parte, moitas especies cumpren o papel de polinizadoras de plantas silvestres e cultivadas.

Este taxon representa a segunda orde con máis especies entre os insectos (sendo superado soamente porla orde dos coleópteros); de feito, conta con máis de 165 000 especies,[1] clasificadas en 127 familias e 46 superfamilias.[2]

Os nomes vulgares galegos para designaren estes insectos son os de bolboretas,[3] chorumas, papoias ou paxarelas (para as especies diúrnas). As bolboretas nocturnas denomínase avelaíñas,[4] matacandís e velairiñas, e tamén couzas, carunchos, trazas ou trillas.[5]

As bolboretas e avelaiñas teñen algunhas características especiais. As pezas bucais transformáronse nunha trompa ou probóscide que succiona e que se enrola nunha espiral (espiritrompa).

A cor das ás débese polo xeral a efectos ópticos das escamas máis que a pigmentos.

Lepidópteros
Lepidoptera
Bolboretas e avelaíñas

Rango fósil: eoceno - actualidade
Charaxes brutus natalensis en Dar es Salaam, Tanzania

Charaxes brutus natalensis
en Dar es Salaam, Tanzania
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Superorde: Endopterygota
Orde: Lepidoptera
Linnaeus, 1758
Subordes
  • Aglossata
  • Glossata
  • Heterobathmiina
  • Zeugloptera
Butterfly tongue
Espiritrompa (e ollo) dunha bolboreta.

Cor

As ás están cubertas de escamas de diversas cores que xeralmente trazan debuxos moi coloridos. O colorido das ás débese a fenómenos físicos de interferencia, como as irisacións dun disco compacto, e non a pigmentos. morfoloxicamente, a superficie alar está recuberta de escamas cuxa superficie posúe multitude de arestas lonxitudinais (separadas ás veces por menos de 1 μm, é dicir, a milésima parte dun milímetro) que alteran a reflexión da luz producindo cores moi rechamantes e frecuentemente iridiscentes.[2]

O máis común é que haxa dimorfismo sexual na cor, é dicir, diferenzas regulares entre machos e femias.

Alimentación

Hummingbird hawkmoth a
Macroglossum stellatarum alimentándose.

As eirugas aliméntanse da materia vegetal que as rodea: follas, flores, froitos, talos, raíces, o que lles dá grande importancia agrícola ao constituíren ás veces pragas importantes nos cultivos.[6]

Algunhas especies son capaces de minar (xerar túneles) nas superficies das que se alimentan. Outras, en cambio, aproveitan as manufacturas humanas, ou ben produtos almacenados (fariñas, grans...).

Os adultos, a excepción dos representantes da familia dos Micropterigidae (cuxa alimentación, derivada da súa capacidade mastigatoria, abarca o pole, as esporas de fungos, etc), aliméntanse libando, é dicir, absorbendo néctar ou outras substancias líquidas mediante o seu aparato bucal lambedor-chupador (espiritrompa). Porén, existen especies cuxo ciclo vital exixe unha curta fase de imago: nestes casos, o adulto nin se alimenta, senón que destina todas as súas enerxías á reprodución.[2]

Ciclo de vida

Bolboretas Galicia

Nacen de ovos que deixan as bolboretas femias nunha planta hóspede específica. Nacen como larvas vermiformes (semellantes a vermes) chamadas eirugas e comen vorazmente as follas ou talos tenros á vez que crecen axiña. Cada especie require dunha ou varias clases de plantas para a súa alimentación, e a extinción dunha planta pode arrastrar á dunha bolboreta.

Nun momento do seu desenvolvemento, a eiruga protéxese dentro dun casulo e alí transfórmase en crisálida. Neste estado non se alimenta e sofre grandes cambios metabólicos e morfolóxicos, que no seu conxunto é chamado metamorfose. A bolboreta adulta sae crebando o esqueleto externo da crisálide. Para entrar na fase de crisálide a eiruga procura un lugar abeirado ou constrúe un casulo, como ocorre por exemplo na bolboreta da seda.

Vida adulta

As bolboretas adultas aliméntanse libando, chuchando o néctar das flores coa súa espiritrompa, unha estrutura bucal extensible evolucionada a partir dalgunhas das pezas bucais articuladas típicas dos insectos.

Machos e femias búscanse activamente, empregando as bolboretas diúrnas como guía visual o seu bater de ás característico, e empregando as nocturnas o sentido do olfacto. Tras a fecundación, a femia pon varios centos ou milleiros de ovos. Nalgúns casos a vida adulta é breve, vivindo só o tempo necesario para asegurar a reprodución.

Cría de bolboretas

Green Swallotail (Papilio palinurus) - Relic38
Papilio blumei.

As bolboretas pódense criar en xeral con facilidade, con tal de que se lles ofreza unhas condicións ambientais adecuadas (temperatura, humidade, altitude) e se subministre ás eirugas a planta que a súa especie require. Lógrase mediante a cría exemplares perfectos para os coleccionistas, sen as deterioracións que as veces producen a captura de exemplares libres. Tamén se conseguen exemplares vivos e saudables para a súa exposición en terrarios. Tamén hai cría de bolboretas enfocada á liberación en eventos especiais como vodas, aniversarios, inauguracións etc., así como para o seu estudo en escolas e seminarios para a educación ambiental.

A cría de bolboretas e a economía

A cría de bolboretas é unha actividade sostible, é dicir, que non prexudica o medio ambiente e proporciona traballo ás persoas que viven nos países tropicais do mundo como: Perú, Belize, Colombia, Costa Rica e México.

O Perú, por exemplo, posúe aproximadamente 3800 especies rexistradas de bolboretas e é o país con máis bolboretas do mundo, sendo as especies amazónicas peruanas as máis espectaculares. O potencial turístico para Perú como país de observación de bolboretas pode resultar polo tanto interesante a nivel económico, do mesmo modo que se explotan a nivel turístico parques e zonas naturais.

Nos Estados Unidos, as casas de bolboretas (Bolboretarios de exhibición) son visitadas por 26,5 millóns de turistas todos os anos, dos cales o 40% son nenos, o 42% adultos e o 18% adultos maiores. Estas cifras indícanos que podería existir un potencial moi grande para incrementar o turismo tomando as bolboretas como recursos turísticos.

Taxonomía

Descrición

A orde foi descritas en 1758 polo naturalista sueco Carl von Linné (Linneo), na 10ª edición do seu Systema Naturae.

Etimoloxía

O termo do latín científico Lepidoptera (substantivo neutro plural) foi cuñado en 1735 por Linneo, e está formado polos elementos lepid- e -ptera (o -a final é a forma neutra plural), tirados do grego antigo λεπίς lepís, 'escama', e πτερόν pterón, 'a', unidos cun -o- epentético para facilitar a pronuncia.[7]

Clasificación

Hai unhas 127 familias dentro da orde dos lepidópteros, pero as opinións de cales son estas cambian con frecuencia entre os científicos. O tratamento que se da aquí é o adoptado pola base de datos do Museo de Historia Natural de Londres.

Durante moits anos, a orde foi subdividida en dúas subordes, a dos ropalóceros, ou bolboretas diúrnas, e a dos heteróceros ou bolboretas nocturnas. A moderna cladística demostrou que esta antiga clasificación é artificial e, na actualidade, admítense catro subordes: Aglossata, Heterobathmiina, Zeugloptera e Glossata. As tres primeiras conteñen unhas poucas especies, mentres que Glossata inclúe ao 99 % dos lepidópteros actuais.[8]

Orde Lepidoptera

  • Suborde Zeugloptera
  • Suborde Aglossata
  • Suborde Heterobathmiina
  • Suborde Glossata
    • Infraordee Heteroneura
      • División Ditrysia
        • Sección Cossina
        • Sección Tineina
      • División Monotrysia
        • Sección Nepticulina
        • Sección Incurvariina
    • Infraorde Dacnonypha
    • Infraorde Lophocoronina
    • Infraorde Exoporia
    • Infraorde Neopseustina

Filoxenia

As relacións filoxenéticas das catro subordes son as seguintes:[8]

Lepidoptera

Zeugloptera




Aglossata




Heterobathmiina



Glossata





Perigos actuais

Como as abellas e a maioría doutros insectos polinizadores, as poboacións das bolboretas están diminuíndo en gran parte do mundo, debido principalmente á intensificación das prácticas agrícolas (monocultivos, uso de pesticidas, etc.; e localmente debido aos atropelos nas estradas á contaminación luminosa, etc. Así, a actualización de 2016 da Lista vermella da UICN mostra que para as 462 especies de bolboretas nativas avaliadas na área mediterránea, 19 están ameazadas de extinción (incluíndo 15 endémicas desta ecorrexión).[9]

Curiosidades

A bolboreta diúrna máis grande que existe é a Ornithoptera alexandrae femia, que pode chegar a ter 30 cm de envergadura. Vive na Papúa Nova Guinea e está protexida.

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de bolboretas de Galicia
Common Jezebel Delias eucharis edit by kadavoor

Delias eucharis en Kadavoor, Kerala, India.

Bolboreta 050631 078

Anthocharis cardamines

Bolboreta 12-08-2006 Bastavales Galicia 004

Cacyreus marshalli

Bolboreta 123

Coenonympha pamphilus

Bolboreta detalle Bastavales Galicia

Colias croceus

Glaucopsyche alexis.Mandaio,Oza dos Ríos

Glaucopsyche alexis

Bolboreta127eue

Maniola jurtina

Bolboreta2eue

Pararge aegeria

Pieris.napi.02

Pieris napi

Notas

  1. "¿Cuántos insectos existen en la península Ibérica?". Consultado o 22 de marzo de 2017.
  2. 2,0 2,1 2,2 de Viedma, M. G., Baragaño, J. R. & Notario, A. (1985): Introducción a la entomología. Barcelona: Editorial Alhambra, S. A. ISBN 84-2051-031-9.
  3. bolboreta no diconario da RAG.
  4. avelaíña no diconario da RAG.
  5. couza, 3ª acep., no dicionario da RAG.
  6. Bastidas, Rodolfo & Zavala, Yanet (1995): Principios de Entomología Agrícola. Ediciones Sol de Barro. ISBN 98-0245-006-5.
  7. Lepidoptera (n.) no Online Etymology Dictionary.
  8. 8,0 8,1 Scoble, M. J. (1995). The Lepidoptera, form, function and diversity. London: The Natural history Museum & Oxford University Press. ISBN 0-1985-4952-0.
  9. UICN. Primera evaluación del estado de conservación de las mariposas del Mediterráneo. 06 Sep. 2016.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Aguado Martín, L. O. (2007): Las mariposas diurnas de Castilla y León (Lepidópteros ropalóceros). Especies, biología, distribución y conservación. Vol. I. Valladolid: Junta de Castilla y León. ISBN 978-84-9718-473-1.
  • Arnett, R. H. Jr. (2000): American insects. 2ª ed. Boca Ratón, Londres, New York, Washington, D.C.: CRC Press. ISBN 0-8493-0212-9.
  • Borror, D. J., DeLong, D. M., Triplehorn, C. A.(1976): An introduction to the study of insects. 4ª ed. New York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-03-088406-3.
  • Fernández Vidal, E. H. (1991): Guía de las mariposas diurnas de Galicia. A Coruña: Editorial Diputación Provincial. ISBN 84-8604-057-4.
  • Higgins, L. G. & N. D. Riley (1980): Guía de campo de las mariposas de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-327-X.
  • Iglasias, X. L. e Astor Camino, X. (1992): Guía das bolboretas de Gacicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-605-X.

Outros artigos

Ligazóns externas

6 de xuño

O 6 de xuño é o 157º día do ano do calendario gregoriano e o 158º nos anos bisestos. Quedan 208 días para finalizar o ano.

A

O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega.

Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago).

Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).

Avelaíña

A avelaíña, matacandís ou velairiña é un insecto próximo á bolboreta. Ambas son da orde dos lepidópteros. Teñen hábitos nocturnos, se ben é certo que tamén hai especies crepusculares e diúrnas.

Moitas especies de avelaíñas son moi ben coñecidas no seu estadio larvario a causa dos danos que causan á froita e outros produtos da agricultura, ou mesmo aparellos domésticos como roupa e libros, dada a voracidade das eirugas.

Bolboreta pavo real

A bolboreta pavo real, de nome científico Aglais io (antes chamada Inachis io), é unha rechamante bolboreta que vive en Europa e zonas temperadas de Asia ata chegar polo leste a Xapón. É unha das bolboretas da fauna galega. Anteriormente estaba clasificada como único membro do xénero Inachis. Esta especie vive como residente na maior parte da súa área de distribución, e a miúdo inverna en edificios ou árbores, polo que aparece bastante cedo na primavera. Foi investigada para estudar o papel das manchas oculares ou ocelos das súas ás como mecanismo antidepredadores. A especie está expandíndose dentro da súa área polo que non está ameazada.

Casa Fajol

A Casa Fajol, coñecida popularmente como Casa de la Papallona (en galego: Casa da Bolboreta), é un edificio modernista que se atopa na rúa Llançà número 20 de Barcelona, entre o Parque de Joan Miró e a Gran Via de les Corts Catalanes. O interese do edificio recae no seu coroamento en forma de bolboreta semicircular feita en trencadís de cores, e que dá o nome popular á casa. Foi construída entre 1911 e 1929 polo arquitecto Josep Graner Prat. Era propiedade de Salvio Fajol. É considerado un edificio de interese histórico e artístico de Barcelona.A Casa Fajol atópase diante da Praza de touros de las Arenas (Plaça d'Espanya). Até 2009 era visible dende o fondo do Parque de Joan Miró, na praza e en parte da Gran Via. Coa reforma do edificio de Las Arenas, para convertelo en centro comercial, engadiuse un anexo que cobre completamente a Casa Fajol, de xeito que xa só é visible dende a rúa Llançà que queda diante.

Casulo

O casulo, casulla ou casullo é o envoltorio que fabrican as larvas de numerosos insectos segregando certa substancia, en particular o do verme da bolboreta da seda. O casulo está constituído por un material semellante á seda.

Na orde dos lepidópteros, coincide coa fase da metamorfose denominada crisálide, caracterizada por un estado quiescente inactivo, sendo o estadio intermediario entre a larva e o adulto.

Efecto bolboreta

O efecto bolboreta é unha frase que sintetiza a noción máis técnica da teoría do caos que se refire á extrema influencia das condicións iniciais nun sistema complexo, en concreto nun sistema non lineal dinámico, en canto a que unhas pequenas variacións nas condicións iniciais poden producir unhas variacións moi grandes no comportamento a longo prazo do sistema. Este efecto analizouse pola primeira vez en 1963 por Edward Lorenz. A frase reférese á idea de que o bater das ás dunha simple bolboreta podería crear pequenos cambios na atmosfera que a longo prazo poderían decidir a aparición (ou desaparición) dun tornado ou dun furacán no outro lado do mundo. Así influenciarían o curso natural das cousas e, así, talvez provocar un furacán.

Eiruga

Unha eiruga é unha larva de bolboreta. Por extensión chámase ás veces eiruga a calquera larva de corpo longo e formado por aneis doutros grupos de insectos, como as dalgúns coleópteros. A eiruga é o estadio larvario dos insectos da orde dos lepidópteros (orde de insectos que comprende as bolboretas e as avelaíñas).

Festival de Eurovisión 2013

O LVIII Festival da Canción de Eurovisión celebrouse os días 14, 16 e 18 de maio de 2013 na cidade de Malmö, Suecia, tras a vitoria deste país na edición de 2012 coa canción "Euphoria", interpretada por Loreen. O festival tivo lugar no Malmö Arena. Por primeira vez desde 1995, o festival estivo conducido por unha única presentadora, Petra Mede. Mede contou co apoio do cantante Eric Saade como entrevistador nas conexións coa chamada «Green room» ('Salón verde'), o lugar onde os artistas participantes seguen o desenvolvemento do festival logo de actuar.39 países participarán no evento como representantes das cadeas televisivas nacionais pertencentes á Unión Europea de Radiodifusión. Bosnia e Herzegovina, Eslovaquia, Portugal e Turquía anunciaron a súa retirada desta edición. Por outra parte, Armenia regresou ao concurso tras unha paréntese en 2012. O slogan desta edición foi "We Are One" (Somos un) e está acompañado por un grafismo identificativo, unha bolboreta, que é o seu logotipo.A gañadora do concurso foi Emmelie de Forest, quen representou a Dinamarca co tema "Only teardrops". A canción danesa, que xa ganara a primeira semifinal, obtivo 281 puntos, superando á gañadora da segunda semifinal, a canción de Acerbaixán interpretada por Farid Mammadov, que obtivo 234 puntos. No terceiro lugar quedou Zlata Ohnevych, a representante de Ucraína, con 214 puntos. Países Baixos pasou por primeira vez a unha semifinal desde 2004, rompendo o récord de anos sen participar nunha final, e ademais obtivo o seu mellor resultado desde 1999 (9º lugar). San Marino obtivo o seu mellor resultado histórico, aínda que quedou ás portas de lograr a súa primeira clasificación a unha final. Tamén, foi a primeira edición que non contou cun representante da antiga Iugoslavia na final desde a súa disgregación.

Lepidópteros

Os lepidópteros (Lepidoptera) son unha orde de insectos que comprende as bolboretas (diúrnas) e as avelaíñas (esencialmente nocturnas), na que se describiron preto de 180.000 especies, clasificadas en 126 familias, e 46 superfamilias, que supoñen o 10% de todas as especies de seres vivos descritas. É unha das ordes de insectos máis estendida no mundo e recoñecible, e está entre as catro ordes e insectos con máis especies, xunto cos himenópteros, dípteros e coleópteros. O termo foi acuñado por Linneo en 1735 e significa 'ás escamosas'. Os lepidópteros mostran moitas variacións da estrutura corporal básica que evolucionou para adquirir vantaxe na súa forma de vida e distribución.

Os lepidópteros distínguense por diversas características derivadas, entre as que salientan ter escamas que cobren as ás e o corpo, e unha probóscide. As escamas derivan de "pelos" modificados aplanados, que lle dan ás bolboretas a súa gran variedade de cores e patróns. Case todas as especies teñen un par de ás membranosas, excepto algúns con ás reducidas ou sen ás. Como a maioría dos insectos, os lepidópteros son holometábolos, o que significa que sofren unha metamorfose completa. O apareamento e a posta de ovos realízanas os adultos normalmente preto das plantas hóspedes das futuras larvas. As larvas, denominadas eirugas, son completamente diferentes dos adultos, teñen un corpo cilíndrico sen ás, con cabeza ben desenvolvida, pezas bucais con mandíbula, tres pares de patas torácicas e de ningunha a cinco pares de falsas patas (pseudópodos). A medida que crecen, estas larvas cambian de aparencia, pasando por unha serie de estadios chamados ínstares. Unha vez que maduran completamente, a larva desenvólvense en pupa, denominada crisálide no caso das bolboretas diúrnas e casulo no caso das avelaíñas. Unhas poucas especies de bolboretas e moitas de avelaíñas tece un casulo de seda antes da pupación, e o resto non, e pupan no chan.Os lepidópteros evolucionaron ao longo de millóns de anos orixinando unha ampla variedade de patróns de ás e coloración desde algunhas avelaíñas similares a especies da orde relacionada dos Trichoptera, ás bolboretas diúrnas de brillantes cores e complexos patróns.Os lepidópteros xogan un papel importante nos ecosistemas como polinizadores e como alimentos na cadea trófica; inversamente, as súas larvas son consideradas moi problemáticas para a vexetación e á agricultura, xa que comen principalmente plantas vivas. En moitas especies, as femias poden producir de 200 a 600 ovos, mentres que noutras, o número pode aproximarse aos 30.000 ovos ao día. Moitos lepidópteros teñen un interese económico como polinizadores, pragas agrícolas ou produtores de seda.

Natación

A natación é a actividade física do home e doutros animais que consiste en se desprazar na auga, por medio de movementos dos brazos e pernas, polo xeral sen ningún instrumento artificial. É un deporte aeróbico, xa que nel se moven de forma coordinada tódolos grupos musculares e está comprobado que serve para mellora-la resistencia física.[Cómpre referencia]A natación era orixinalmente un medio de supervivencia do home, que en tempos primitivos precisaba fuxir de animais maiores ou cazar por entre ríos e lagos. Actualmente a natación é sobre todo unha práctica recreativa e un deporte, utilizándose eventualmente para salvar persoas do afogamento. Tamén existe a natación asociada ao traballo, como no caso dos recolectores de perlas, algúns tipos de pescadores e os científicos que investigan a fauna e flora marítimas.

Diversos animais posúen a capacidade de nadar por instinto; o home precisa desenvolvela. Porén, unha vez aprendida, xamais se esquece. A práctica da natación considérase un dos mellores exercicios físicos existentes.

Os seus usos principais son o baño, o mergullo, a pesca submarina, salvamento acuático, actividade lúdica, exercicio e deporte.

Ninfálidos

Os ninfálidos (Nymphalidae) son a maior familia de bolboretas que comprende unhas 6 000 especies distribuídas pola maior parte do mundo, que pertencen á superfamilia Papilionoidea. Son normalmente de tamaño medio a grande. A maioría das especies teñen o par de patas anteriores reducido e moitos poñen as súas ás, que son moi coloreadas, en posición plana cando pousan. Aparentemente parece que se sosteñen só sobre catro patas, mentes que as outras dúas están enroscadas; nalgunhas especies, as patas anteriores teñen un conxunto de pelos que forman unha especie de cepillo. Moitas especies están vivamente coloreadas e inclúen bolboretas moi coñecidas como os Apaturinae, bolboreta monarca, Nymphalini, bolboreta pavo real e Heliconiini. Porén, a cara inferior das ás adoita ser de cores apagadas e nalgunhas especies parécese moito a unha folla seca, ou son moito máis pálidas, producindo un efecto críptico que contribúe a que estas bolboretas se confundan co fondo que as rodea.

Pupa

Unha pupa (do latín pūpa, 'boneca') é un dos estadios vitais dalgúns insectos que sofren transformacións (metamorfose) entre os estados inmaturos e maduros. O estadio pupal encóntrase só nos insectos holometábolos, que experimentan unha metamorfose completa e pasan por catro estadios vitais: ovo, larva, pupa e imago (adulto). Os procesos necesarios para entrar e completar o estadio pupal están controlados polas hormonas dos insectos, especialmente a hormona xuvenil, a hormona protoracicotrópica e a ecdisona.

As pupas de diferentes grupos de insectos teñen diferentes nomes, como crisálide no caso das pupas das bolboretas. As pupas poden estar cubertas nalgúns grupos de insectos por outras estruturas como casulos, niños ou cubertas exoesqueléticas.

Rosa Aneiros

Rosa Aneiros Díaz, nada en Meirás (Valdoviño) en 1976, é unha escritora galega.

Sotelo Blanco Edicións

Sotelo Blanco Edicións é unha empresa editorial galega, con sede en Santiago de Compostela. Foi creada por Olegario Sotelo Blanco no mes de marzo de 1980 e está especializada en publicacións narrativas, poéticas, infantís e ensaísticas. Ademais encárgase da publicación da revista trimestral A Trabe de Ouro, que acadou os cen números, dirixida por Xosé Luís Méndez Ferrín que inclúe artigos sociopolíticos e textos inéditos desde o ano 1990.

Teoría do caos

En matemáticas e física, a Teoría do caos refírese ao comportamento de certos sistemas dinámicos non lineares que, baixo certas condicións, exhiben o fenómeno coñecido como caos, caracterizado maiormente pola sensibilidade ás condicións iniciais (véxase efecto bolboreta). Como resultado desta sensibilidade, o comportamento observado dos sistemas que se comportan como caóticos aparenta aleatorio, aínda que o modelo en si é determinista no senso de que está definido e non contén parámetros aleatorios. Como exemplos de tales sistemas pódese incluír a atmosfera, o sistema solar, as placas tectónicas, as turbulencias nos fluídos, a economía e o crecemento da poboación.

Tiroide

Non confundir coa cartilaxe tiroide da larinxe.

A tiroide é unha glándula endócrina, situada xusto debaixo da noz de Adán xunto á cartilaxe tiroide e sobre a traquea. Pesa entre 15 e 30 gramos no adulto, e está formada por dous lóbulos en forma de bolboreta a ambos os dous lados da traquea, ambos lóbulos unidos polo istmo. A glándula tiroide regula o metabolismo do corpo por medio da produción de hormonas tiroides e regula a sensibilidade do corpo a outras hormonas.

Verme

Verme é unha denominación popular de calquera animal invertebrado de corpo brando e alongado, sen esqueleto nin extremidades articuladas, que se despraza arrastrándose. Non corresponde a ningunha clasificación taxonómica.

Outras denominacións populares igualmente xenéricas son becha, becho, bechoco, bicha, bicho, bichoca, bichoco, coca, coco ou ronco.

Con nome de verme desígnanse habitualmente:

Algúns parasitos intestinais, tamén chamados lombrigas.

As larvas vermiformes de insectos.

As eirugas.

As miñocas.Nalgúns casos designa un insecto determinado, como é o caso do vagalume (verme da luz, verme canteiro ou verme carpinteiro) ou do verme da seda (larva dunha bolboreta da familia dos bombícidos (Bombyx mori).

Verme da seda

O verme da seda é a larva ou eiruga da avelaíña (ou bolboreta) da seda doméstica, tamén chamada bómbice, de nome científico Bombyx mori. Este lepidóptero é máis coñecido pola súa eiruga, que é a que produce os casulos de seda, que polo adulto. É un insecto economicamente importante, xa que é o principal produtor de seda natural. Aínda que se lle chame "verme" pola súa forma, non ten nada que ver cos verdadeiros vermes (anélidos, nematodos...), e, estritamente falando, tampouco é unha bolboreta (diúrna) senón unha avelaíña. O verme da seda aliméntase esencialmente de follas de moreira branca (Morus alba), aínda que poden comer tamén follas doutras especies de moreira e incluso doutras plantas da familia como Macula pomifera. As avelaíñas da seda domésticas dependen totalmente do ser humano para a súa reprodución, como resultado de milenios de crianza selectiva. As avelaíñas da seda silvestres das cales derivan son diferentes (xa que non foron criadas selectivamente) e non serían comercialmente viables na produción de seda.

A sericultura é a cría do verme da seda para producir seda en bruto e leva practicándose desde hai polo menos 5 000 anos na China, desde onde se espallou a Corea e o Xapón, a India e posteriormente a Occidente. O bómbice (Bombyx mori) foi domesticado a partir da avelaíña da seda silvestre Bombyx mandarina, que vive desde o norte da India ao norte da China, Corea, o Xapón e as rexión do extremo oriente ruso. O bómbice domesticado deriva das variedades chinesas e non das xaponesas ou coreanas.É improbable que o bómbice fose criado de forma doméstica antes do Neolítico, porque as ferramentas para fabricar grandes cantidades de fío de seda non estaban desenvolvidas. O B. mori domesticado e o B. mandarina silvestre aínda poden cruzarse e ás veces prodúcense híbridos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.