Boiro

Boiro é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Segundo o IGE no 2014 tiña 19.060 habitantes (19.165 no 2012, 19.106 no 2011, 19.079 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boirense[5] ou boirés[6].

Coordenadas: 42°38′49″N 8°52′57″O / 42.64694, -8.88250

Boiro
Escudo de Boiro
Concello Boiro dende estrada (5)
Casa do concello.
Situacion Boiro
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Barbanza
Poboación18.844 hab. (2018)
Área86,6 km²
Densidade217,6 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias
Capital do concelloBoiro
Política (2019[2])
AlcaldeJosé Ramón Romero García (PSdeG[3])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 5
Outros: IC BOIRO 1, Boiro Novo 1, C's 1
Eleccións municipais en Boiro
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes67,47%
Na rede
www.boiro.gal
alcaldia@boiro.org

Xeografía

O concello de Boiro está situado no sueste da comarca do Barbanza, e ocupa uns 86 km².

Orografía

A altitude media sobre o nivel do mar é de 32 metros e existe unha estreita franxa litoral na que se asentan a maior parte dos núcleos de poboación. Nos cumios de Fontefría supéranse os 600 metros. A cordilleira do Barbanza atravesa o municipio de norte a sur. Nas áreas montañosas o chan está sometido a continua erosión e son xeralmente pouco propicios para o cultivo debido á súa pendente e escasa profundidade. Na área litoral os chans son máis profundos e ricos en materia orgánica, moi aptos para a agricultura.

Hidrografía

O río máis importante do municipio é o río Coroño, o de maior caudal da serra do Barbanza, que se dirixe de norte a sur e desemboca en Ponte Goiáns. Outros ríos de menor entidade son o Brea, Grande, Barbanza (que desemboca na Pobra do Caramiñal) e o Beluso que nace no monte Muralla, entre Lousame e Rianxo). Todos eles son cursos curtos, que teñen superar desniveis de até 600 metros, debido á proximidade da serra ó mar, polo que teñen un gran poder erosivo.

Costas

A costa que bordea o municipio ten uns 37 km de lonxitude. Fundamentalmente é baixa, areosa e salpicada de pequenas agrupacións rochosas. Iníciase na punta de Escarabote e remata na desembocadura do río Beluso.

Demografía

Censo total (habitantes) 19.060 (2014)
Menos de 16 anos 2.845 (14.93 %)
Entre 16 e 64 anos 12.436 (65.25 %)
Máis de 64 anos 3.779 (19.83 %)
Evolución da poboación de Boiro   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
8.953 10.505 12.570 17.288 18.302 18.883 19.106 19.165 19.144 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Evolución da poboación boirense dende principios do século XX ata 2010:

Historia

Paleolítico

Estudos e achados amosan que xa no Paleolítico inferior existía vida humana en Boiro, o que o converte nun dos poboamentos mais antigos de Galicia. No concello de Boiro encóntrase unha das concentracións máis significativas de monumentos megalíticos da comarca, existindo escasos paralelos no resto da comunidade. Os máis soados son O Outeiriño Redondo, A Casota do Páramo, A Arca do Barbanza, Armadoiro, Pedra da Xesta, Cavada Primeira e Segunda, Casarota do Fusiño e A Necrópole da Amañecida.

Idade de Bronce

As últimas investigacións que se teñen acometido na Comarca, poñen de manifesto que se trata dunha das zonas con maior presenza de petróglifos. No caso concreto do concello de Boiro, destacan A Cabra de Cubeliño, próximo ó lugar de Quinteiro, na parroquia de San Vicenzo de Cespón. A súa presenza xa foi mencionada nas obras de Castelao sobre As cruces de pedra na Galiza.

Outros conxuntos de gravados da arte rupestre son os situados en Vitres, Macenda, Confurco, Agüeiros, ou os petróglifos de Chan dos Reis ou de Pedra da Bouza, tamén son destacables os de Bealo, amplo conxunto con múltiples representacións cerca da capela de San Ramón de Bealo.

Idade de Ferro

Un dos poboados castrexos máis emblemáticos da Idade de Ferro galaico son os castros do Neixón, situados na península do mesmo nome, na parroquia de San Vicenzo de Cespón. O conxunto arqueolóxico está formado por dous castros, o Castro Pequeno (VI-IV a. C.) e o Castro Grande (IV a. C.-III/IV d. C.) que foron importantes enclaves de intercambio e comercio de mercadorías. Destaca entre outras moitas circunstancias, por ser un dos castros máis antigos (Castro Pequeno) do NW peninsular. Na actualidade estanse realizando intervencións arqueolóxicas con fins científicos, asumidos polo Instituto Padre Sarmiento, dependente do CSIC; á par estase executando unha posta en valor do sitio, adecuándoo para que sexa visitable; e dotouse dun centro de interpretación nas inmediacións: Centro Arqueolóxico do Barbanza Castros de Neixón.

Outro sitio de interese é o Castro do Achadizo, que se localiza nunha pequena península sita na marxe setentrional da ría de Arousa, a unha altitude de 5 m sobre o nivel do mar; nun lugar ocupado hoxe en día pola vila de Cabo da Cruz. Os traballos de apertura dunha nova rúa en 1991, fixeron que saíra á luz parte das estruturas habitacionais, así como un conxunto importante de restos materiais.

Existe outra serie de asentamentos castrexos na zona de Boiro, como son o Castro de Amoureira ou o Castro de Goritas, pero sen apenas tradición historiográfica, e que non foron intervidos arqueoloxicamente, salvo as prospeccións pertinentes.

Imperio Romano e Idade Antiga

As distintas interpretacións feitas sobre a Calzada Romana de Vitres consideran que se trata dun treito da Calzada que formaría parte da vía XX (per loca maritima) do itinerario de Antonino, variante da vía XIX pero situada ao longo da costa atlántica do NW, cunha extraordinaria importancia económica, definida pola intensa actividade mineira, e o extraordinario papel comercial que permitía ter comunicados os núcleos costeiros cos interiores.

As referencias á calzada romana do Monte de Vitres (López Ferreiro) fan alusión ao acuartelamento da Legio VII Victrix na contorna, o que quedaría fixado na toponimia da zona como Castelo de Vitres. Outros anacos desta estrada podemos vela en Belles de Arriba e Belles de Abaixo.

Malia a eiva de datos empíricos nestes intres, é probable que nos atopemos ante unha calzada romana fosilizada ou substituída por un rueiro medieval, atendendo a datos como os restos arqueolóxicos conservados, que manifestan que se trata dun asentamento medieval, así como o topónimo: Castelo. O posible contexto de fundación do Castelo de Vitres sexa finais da Alta Idade Media, momentos que corresponden cunha alta inestabilidade e conflitividade política militar coas invasións normandas, viquingas e sarracenas. Neste contexto adóptanse unha serie de medidas co fin de protexerse destes ataques, e unha delas é a construción dunha serie de torres con fins de vixilancia, protección e defensa contra os asediadores. Como resultado destas medidas constrúense as Torres de Oeste en Catoira, as fortificacións de Ponte Sampaio ou a Lanzada, e posiblemente o Castelo de Vitres, que posúe un amplo control visual sobre parte da ría de Arousa.

Idade Media

Desta época data a división administrativa en parroquias que fixa as súas raíces no reino suevo, que perdura até a actualidade, e que podemos clasificar como parte do patrimonio inmaterial.

En Boiro hai oito parroquias: San Cristovo de Abanqueiro, San Ramón de Bealo, San Vicenzo de Cespón, San Xoán de Macenda, Santa Baia de Boiro, Santa María do Castro, Santiago de Lampón, Santo Andrés de Cures. Cada unha delas dispón dun conxunto monumental impresionante e único, do que dan fe as distintas igrexas, igrexarios e casas reitorais.

A igrexa parroquial de San Cristovo de Abanqueiro é de fábrica románica.

Outra das evidencias da Alta Idade Media en territorios boirense atópase nas inmediacións do núcleo de Abanqueiro, onde se conserva un sartego (sepulcro antropoide) que dadas as características que presenta podería ser máis antigo que a propia fundación do templo de San Cristovo de Abanqueiro, que se estima ao longo do século XIII.

Unha interesantísima testemuña da historia de Boiro é a Torre de Goiáns antiga fortaleza medieval que pertenceu ós Mariño, unha das liñaxes de primeiro rango nobiliario da Costa Galega. Tal vez da mesma época sexa a Torre dos Cóengos no lugar de Cabo de Cruz, hoxe moi desfigurada polas transformacións que sufriu.

Século XVI e sucesivos

No século XVI xorden en Boiro pazos e casonas propiedade dunha nobreza fidalga que seguía exercendo o control sobre as comunidades rurais dos seus antigos señoríos. Destacados exemplos son os de Fonteneixe, pazo excepcionalmente restaurado localizado no Camiño Real (Boiro) que posúe unha completa pinacoteca de artistas galegos. Agueiros, pazo que se topa en Abanqueiro tan inmortalizado nos cadros de Roberto González del Branco; o pazo de Vilariño, a casa de Vimieiro e a Granza do Esteiro. Esparexidas por todo o termo municipal podemos atopar un bo número de casas brasonadas: casa da Tenencia (Camiño Real de Boiro), Casa priorado de Cespón... ou mais humildes como as casas asoportaladas no lugar de Abanqueiro que son verdadeiras obras de arte testemuñas de tempos pretéritos.

Cultura

Toponimia

Segundo J. M. Piel, o topónimo Boiro ten orixe xermánica, a través de burio, borio, referíndose a un recinto pechado, alpendre ou curral para o gando,[7] relacionado co nome do pobo xermánico dos burios,[8] os cales entraron na Gallaecia xunta os suevos.

Patrimonio arquitectónico

Arquitectura relixiosa

A arquitectura relixiosa tamén ocupa un lugar destacado no patrimonio cultural boirense. Moitas son as igrexas, capelas e ermidas localizadas nestas terras, pero quizais os exemplos máis significativos sexan: a igrexa parroquial de San Vicente de Cespón (que conserva un fermoso baldaquino en pedra, e un valioso retablo barroco que contén un fragmento da tibia de San Vicente), a igrexa parroquial de Santa Baia de Boiro, a igrexa parroquial de San Cristovo de Abanqueiro (un claro exemplo de románico) e a igrexa parroquial de Santiago de Lampón, un fermoso templo románico rural que conserva un antigo retablo barroco dourado e na que se conservan escudos que fan referencia aos Mariño e os señores de Goiáns.

Debemos citar os moitos cruceiros existentes no concello, entre eles destacan o monumental Calvario de Cespón, o altísimo Cruceiro da Magdalena (Lampón), e o de Fonteneixe.

Os máis vellos de Abanqueiro recordan a existencia dun Viacrucis que se estendía dende a igrexa parroquial ata a Capela de Nosa Señora de Exipto, situándose as estacións a ambos lados do camiño. Desgraciadamente non se conserva ningunha destas cruces.

Boiro na literatura popular

  • Aldeíña de Loimar/ toda ela é costa arriba,/ a i-auga que nela nace/ que boas rapazas cría [9].
  • Aldeíña de Ferreiros,/ aldea que me namora/ aínda mas ha de pagar/ quen dela me bote fóra [10].
  • Na Arousa non hai mozas,/ en Boiro todas son vellas;/ vivan as de Santo Isidro/ que n’hai mozas como elas [11].
  • O señor cura de Boiro/ ten a camisa rachada./ Viva o noso de Cespón/ que ten nove na colada [12].
  • Para zapateiros, Noia,/ para pescadas, o Son,/ para mozos ¡viva Boiro!/ para borrachos, Cespón [13].
  • Quérenme as nenas de eiquí/ e as da banda de Leiro,/ se me collen en Rianxo/ berraranme en Abanqueiro [14].
  • Somos do canle de Cures,/ da raíz da carroucheira,/ sabemos bebe-lo viño/ como os guapos da ribeira [15].
  • Viva Boiro, viva Boiro,/ viva Boiro, viva ben./ Viva Boiro, viva Boiro/ e Santo Isidro tamén [16].
  • Viva Boiro, viva Boiro,/ viva Boiro, viva ben./ Viva Boiro, viva Boiro,/ Vilagarcía tamén [17].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Boiro.
Boiro Barraña 043eue

Praia de Barraña

Boiro Barraña 042eue

Praia de Barraña

Escarabote Boiro 050eue

Escarabote

SinaisenBoiro22
Praiadaretorta65
Barraña Boiro Galicia Spain GDFL002

Barraña

Barraña 040724 GFDL029

Posta de sol desde Barraña sobre Escarabote

Barraña 040724 GFDL039

Posta de sol desde Barraña

Boiro Cabo'de'Cruz Galicia Spain GDFL6

Cabo de Cruz

Cabo de Cruz GDFL 0507 62

Cabo de Cruz

Winter waterfall

Fervenza

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións municipais de 2019
  3. Concello de Boiro na FEGAMP
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para boirense.
  6. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 43. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  7. Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 244. Ed. Xerais, Vigo 1992.
  8. "Introdución". Boiro.gal. Consultado o 13 de xullo do 2016.[Ligazón morta]
  9. Fermín Bouza Brey 1929, 201. No orixinal: costas, n-ela. Loimar é lugar da parroquia de Bealo (Boiro).
  10. Fermín Bouza Brey 1929, 201. No orixinal: m-as, de ela. Ferreiros é aldea da parroquia de Cespón (Boiro).
  11. Fermín Bouza Brey, 1929, 170. No orixinal: n-hai. Santo Isidro de Posmarcos é unha parroquia da Pobra de Caramiñal.
  12. Fermín Bouza Brey 1929, 195.
  13. Fermín Bouza-Brey 1929, 172. No orixinal: Noya, Són.
  14. Fermín Bouza-Brey 1929, 162). Leiro, parroquia de Rianxo; Abanqueiro, parroquia de Boiro.
  15. Fermín Bouza-Brey 1929, 172. No orixinal: bebel-o. A carroucheira ou carroucha é a Erica, brezo, carroncha, argaña etc, planta da familia das ericáceas. Santo André de Cures é unha parroquia do concello de Boiro.
  16. Fermín Bouza-Brey 1929, 201). San Isidro de Posmarcos é unha parroquia da Pobra de Caramiñal.
  17. Fermín Bouza-Brey 1929, 200.

Véxase tamén

Bibliografía

  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.

Outros artigos

A Pobra do Caramiñal

A Pobra do Caramiñal é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Segundo o IGE en 2014 tiña 9.672 habitantes (9.664 no 2012, 9.726 no 2011, 9.858 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pobrense».

Abanqueiro, Boiro

San Cristovo de Abanqueiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Boiro na comarca do Barbanza. Segundo o IGE en 2011 tiña 1745 habitantes (888 mulleres e 857 homes), 132 menos ca en 1999. Ten 11 entidades de poboación.

En 1845 tiña uns 764 habitantes.

Bealo, Boiro

San Pedro de Bealo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Boiro na comarca do Barbanza. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 735 habitantes (388 homes e 347 mulleres) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 825 habitantes.

Boiro, Boiro

Santa Baia de Boiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Boiro, na comarca do Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 9.306 habitantes (4.574 homes e 4.732 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 7.107 habitantes.

Na mesma parroquia hai un club de baloncesto chamado tamén Santa Baia.

Castelo de Vitres

O castelo de Vitres era unha torre defensiva sita na base do Masteiro, na Serra do Barbanza, nun promontorio a 472 m de altitude que domina a ría de Arousa. A vía romana XX per loca marítima pasa pola base da torre, e aínda se conserva o pavimento da calzada. As ruínas están próximas á aldea de Mosquete, na parroquia de Boiro, no concello de Boiro.

Castro, Boiro

Santa María de Castro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Boiro, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 2.302 habitantes (1.103 homes e 1.199 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.537 habitantes.

Un dos principais lugares desta parroquia, e do mesmo concello, é Cabo de Cruz, onde se celebra desde hai anos, o 16 de agosto, unha festa de exaltación do mexillón.

Na parroquia está a praia de Carragueiros.

Centro Arqueolóxico do Barbanza

O Centro Arqueolóxico do Barbanza é un centro de interpretación da prehistoria da Península do Barbanza. Foi creado en 2002, e está situado no istmo de Punta Neixón, en Nine (Cespón, Boiro), a carón dos castros grande e pequeno de Neixón.

No seu interior, que está estruturado en tres andares, móstranse reproducións das principais evidencias das ocupacións prehistóricas que transformaron a paisaxe desde o Neolítico até a Idade de Ferro: unha vivenda castrexa, petróglifos e copias dalgúns dos restos atopados durante as escavacións. Tamén organiza conferencias, proxeccións e rotas arqueolóxicas, históricas, ambientais e etnográficas.

Cespón, Boiro

San Vicenzo de Cespón é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Boiro, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1.941 habitantes (937 homes e 1.004 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.187 habitantes.

Club Deportivo Boiro

O Club Deportivo Boiro é un equipo galego de fútbol que se fundou en 1966 na vila de Boiro. O seu equipo masculino xoga na Segunda División B, categoría na que debuta na tempada 2016-17.

Comarca de Barbanza

A comarca de Barbanza é unha das comarcas oficiais de Galicia, localízase no oeste da provincia da Coruña. Pertencen a ela os seguintes concellos: Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira. Ten unha superficie de 244,2 km² e no ano 2014 tiña 67.776 habitantes.

Cures, Boiro

Santo André de Cures é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Boiro, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 535 habitantes (265 homes e 270 mulleres).

A parroquia, situada ao norte do concello de Boiro, está na aba sur do monte Iroite. Nela está o Escuadrón de Vixilancia Aérea 10.

Lampón, Boiro

Santiago de Lampón é unha das oito parroquias do concello de Boiro e esta sitúase ao sur concello, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE) en 2013 tiña 2301 habitantes (1141 homes e 1160 mulleres) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2433 habitantes. A maior parte da poboación (68 %) concéntrase no casco urbano. A pesca, nas zonas da parroquia próximas ao mar, e a agricultura (nas zonas de montaña) seguen a ter un importante papel no modo de vida da xente de Lampón.

Lidón, Cures, Boiro

Lidón é un lugar da parroquia de Cures no concello coruñés de Boiro, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 10 habitantes (5 homes e 5 mulleres).

Macenda, Boiro

San Xoán de Macenda é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Boiro na comarca do Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 255 habitantes (142 mulleres e 113 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 311 habitantes.

Posmarcos, A Pobra do Caramiñal

Santo Isidro de Posmarcos é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Pobra do Caramiñal. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 2.040 habitantes (1.051 mulleres e 989 homes) distribuídos en 36 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.343 habitantes.

Preferente Galicia

A Preferente Galicia é a quinta categoría de fútbol de Galicia. É a división inmediatamente inferior á Terceira División e por encima da Primeira Galicia. É unha categoría non profesional e a súa organización corre a cargo da Federación Galega de Fútbol. Anteriormente coñeceuse como Serie A Rexional e despois como Rexional Preferente e Preferente Autonómica.

Ramón Martínez López

Ramón Martínez López, nado en Boiro o 4 de abril de 1907 e falecido en Pontevedra o 12 de setembro de 1989, foi un filólogo e político galego.

Rianxo

Rianxo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Linda ó norte cos municipios de Lousame e Rois, ó oeste con Boiro, ó leste con Dodro e Catoira a través da ponte sobre o río Ulla, e ó sur coa ría de Arousa. Sitúase a menos de 50 km de Santiago de Compostela e a 150 km da capital de provincia galega máis distante: Ourense.

Segundo o IGE no 2015 tiña unha poboación de 11.386 habitantes (11.729 en 2012, 11.780 en 2011, 11.826 en 2010), o que o converte no terceiro concello en poboación da comarca, despois de Ribeira e Boiro. O concello posúe unha densidade de poboación de 197,24 hab./km², e unha superficie de 58,8 km².

O seu xentilicio é rianxeiro/rianxeira.

Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía de Arousa é un concello, e unha cidade, da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.