Boimorto

Boimorto é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 2022 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boimortés[5].

Coordenadas: 43°00′27″N 08°07′37″O / 43.00750, -8.12694

Boimorto
Escudo de Boimorto
Casa do Concello de Boimorto
Casa do concello.
Situacion Boimorto
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Arzúa
Poboación2.022 hab. (2018)
Área82,4 km²
Densidade24,54 hab./km²
Entidades de poboación13 parroquias
Capital do concelloVilanova
Política (2019[2])
AlcaldesaMaría Jesús Novo Gómez (PP[3])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais en Boimorto
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes89,31%
Na rede
Concello de Boimorto

Xeografía

Localización

O término municipal de Boimorto, que abarca unha superficie de 82,34 km², está situado no sueste da provincia de A Coruña. Limita ao norte con Vilasantar, ao sur con Arzúa e Melide, ao leste con Sobrado dos Monxes e ao oeste con Frades e Mesía. O seu territorio está representado nas follas MTN50 (escala 1:50 000) 0071 e 0096 do Mapa Topográfico Nacional.[6]

Está situado nunha zona de altitude media, cun relevo ondulado, sen chegar a constituír verdadeiras serras nin picos moi altos. O cumio de maior altitude é o coto das Amieiras (773 m), nos montes do Bocelo. Pola outra banda, no val do río Tambre, facendo fronteira con Frades, apenas se superan os 300 m.

Esta zona é propicia para a agricultura e a gandería, a base da economía local. Os terreos de Boimorto son moi produtivos, máis do 67 % dos terreos son propicios para os cultivos e a cría de animais, especialmente na parte oeste e central do concello, cara á conca do río Tambre. Outros ríos de menor importancia da parte sur pertencen á conca do río Ulla.

Segundo o INE o municipio está formado por 108 entidades de poboación distribuídas en 13 parroquias.

Clima

O concello de Boimorto atópase dentro do dominio oceánico húmido, aínda que nos seus réximes térmicos presenta trazos típicos do interior. A influencia do mar vese alterada polo relevo, particularmente pola superficie de aplanamento na que se circunscribe o municipio, tirando polo alto dos 400 m de altitude. As temperaturas posúen leves matices continentais, sobre todo nos valores invernais (6,7 ºC en xaneiro), sendo as medias estivais relativamente baixas (xullo 18,1 ºC).[7]

A temperatura media anual (12 ºC) descende uns dous graos respecto á da costa, e a oscilación térmica sitúase en 11 ºC. O risco de xeadas nocturnas é moi frecuente ata ben entrada a primavera.[7]

As precipitacións son elevadas grazas á favorable exposición tanto ao vento do noroeste e norte como aos fluxos do sueste e oeste. O ritmo anual das choivas é sinxelo, cun máximo en inverno (36 % das precipitacións) e un verán seco (11 %), as estacións intermedias presentan unha pluviosidade similar (24% en primavera e 23 % en outono). É moi frecuente o ceo cuberto e as xornadas con precipitacións.[7]

Demografía

O concello de Boimorto conta cunha poboación de 2022 habitantes.[8]​ A poboación sufriu un descenso progresivo nas últimas décadas, incrementándose o envellecemento da poboación do municipio.[8][9]

Historia

Da época castrexa consérvanse dous castros do século I, o castro de Dormeá e o castro das Corredoiras. Coa romanización, construíuse pola zona unha vía secundaria da Vía XIX que unía Braga con Astorga. En 1989 atopouse no lugar de Vilanova un miliario do século III. O monólito inclúe unha inscrición, traducida por Isidoro Millán González-Pardo e Luís Monteagudo do seguinte xeito:

Durante a Idade Media Boimorto pertencía á xurisdición do mosteiro de Sobrado dos Monxes. Documentos do ano 569 citan a parroquia de Dormeá no transcurso dunha adxudicación á diocese de Iria. Posteriormente, Dona Urraca doou a parroquia ao cabido compostelán.

A vía romana converteuse nunha das variantes da vía do Norte do camiño de Santiago, pasando polas parroquias dos Ánxeles, Boimil, Boimorto, Sendelle, Brates e Mercurín.

Durante o Antigo Réxime as parroquias de Boimorto pertencían á provincia de Santiago, ás xurisdicións de Arzúa e Mesía baixo o señorío do arcebispado de Santiago. Tralas disposicións da Constitución de Cádiz as terras de Boimorto pasaron a pertencer ós concellos de Arzúa e Mesía, á súa vez pertencentes a provincia de Santiago. Trala instauración definitiva da administración municipal en 1835 estableceuse o actual concello de Boimorto, nos terreos e parroquias actuais, adscrito ao partido xudicial de Arzúa e á nova provincia da Coruña.

Cultura

Toponimia

O topónimo Boimorto non é transparente, e non se refire ao mamífero bóvido.

Este topónimo podería ter a súa orixe na palabra bado, que nomearía un paso non usado hoxe en día. Outra posibilidade é a de que Boi faga referencia a penas, xa que aparece en varios topónimos con ese sentido, e morto teña un significado semellante e indique un lugar con abundantes pedras.[10]

Segundo Fernando Cabeza Quiles, posiblemente proceda da voz celta mor, referida a un lugar pedregoso.[11]

Patrimonio

Arquitectura civil

  • Pazo de Vieite de Boimorto é empregado como vivenda habitual e explotación agropecuaria. O portalón que limita o aceso presenta na súa parte central un escudo de armas.[12]
Pazo de Vilanova, en Dormeá
Pazo de Vilanova, en Dormeá
  • Pazo de Vilanova en Dormeá, trátase dun pazo amurallado con pombal. A súa construción data do século XVI. O edificio principal presenta unha planta cadrada que corresponde a diversas etapas construtivas. Na súa parte posterior hai unha gran balconada angular con balaustrada barroca. Posúe dous escudos de armas, un deles pertence á familia dos Castros e outro aos Ulloa.[13]
  • Casa do Marco en Sendelle, propiedade privada do século XVII. A porta principal presenta un arco de medio punto, enmarcado en cantería e sobre ela un escudo.[14]
  • Torre de Andavao , non se trata dunha torre, senón dun caserón. Atópase restaurado e conta cun escudo de armas na fachada principal. Hoxe en día é residencia habitual.[15]

Arquitectura relixiosa

O concello de Boimorto conta con 12 igrexas e con 5 capelas. As máis destacadas son:

  • Igrexa de Santa María de Sendelle,[16] Sendelle, do século XII, cunha soa nave e sancristía lateral. Posúe gran valor arquitectónico e pictórico. No seu interior esconde a parte máis importante cunhas pinturas.
  • Igrexa de Santa María dos Ánxeles,[17] Os Ánxeles, probablemente a súa orixe se remonte á segunda metade do século XII. É unha igrexa reedificada que conserva restos románicos. A fachada presenta porta alintelada e nela atópase a imaxe da virxe.
  • Igrexa parroquial de San Martiño de Andavao,[18] Andavao, do século XIX e con estilo barroco. A súa fachada afástase das habituais, xa que conta cunha porta de ingreso formada por un grande arco de medio punto terminado nun frontón triangular sobre esveltas columnas pegadas. A escaleira de acceso é de recente creación e na parte posterior aparece un escudo no que se le “ano 1807”.
  • Igrexa parroquial de San Cristovo de Dormeá,[19] Dormeá, de estilo románico. A fachada principal é dunha época posterior, probablemente do século XIX, xa que aparentemente mostra un estilo neoclásico, con portada alintelada, óculo central semicircular, frontón partido con pináculos nos extremos.
Boimorto, Sendelle 02-07a

Interior da igrexa de Sendelle

Boimorto, Sendelle 02-26b

Detalles do interior da igrexa de Sendelle

Boimorto, Sendelle 02-04c

Vista xeral do altar da igrexa de Sendelle

Boimorto, Sendelle

Vista exterior do altar da igrexa de Sendelle

Arquitectura popular

Lavadeiro de Arentía, en Andabao, Boimorto
Lavadoiro de Arentía, en Andavao, Boimorto

No municipio destacan numerosas obras de arquitectura popular. Entre elas pódense destacar as seguintes:

  • Cruceiro en Areas, Andavao, con inscricións sobre a cruz.
  • Cruceiro de San Pedro de Corneda,[20] Corneda, ten grande interese por presentar na súa parte baixa unha pequena capela con imaxes no seu interior. Ten tres chanzos e unha hucha pegada ao pedestal.[21]
  • Lavadoiro de Arentía, Andavao, rematado con frontón triangular, baixo cuberta de tella a dúas augas sostida por dous piares de madeira e un muro de cachotería. Chégase baixando por unhas escaleiras.
  • Fonte de Boimorto, realizada en pedra. Remata nun frontón triangular e unha saída de auga. Chégase a ela a través dunhas escaleiras.
  • Lavadoiro de Boimorto, baixo cuberta de tella a dúas augas sostida por un muro de cachotería. Atópase soterrado pola súa parte de atrás.
  • Hórreo en Viladóniga, Boimorto, típico da zona, con volume moi alargado, e cuberta a dúas augas, as cales sobresaen moito. Sitúase sobre outra construción que parece estar adicada ao almacenamento.
  • Muíño no Campo da Lanza, Os Ánxeles, realizado en pedra e rehabilitado como vivenda. Aínda conserva a canle de traída de auga, aínda que esta se atopa desviada a escasos metros.
  • Muíños en Pousada, Mercurín, conxunto de construcións pegadas, de forma rectangular e con muros de granito, realizados en cachotería, excepto os ocos que se fan con granito. As cubertas son a dúas augas e de tella.

Patrimonio industrial

  • Telleira de Boimil, instalación de grandes dimensións, que representa a tradición e a modernidade na manufactura da tella e que funcionou ata finais dos 90. Era a instalación máis importante do ambiente. Hoxe en día está rehabilitada.[22]
Tejar de Baiuca. Detalle de chimenea. Boimil, Boimorto

Telleira da Baiuca. Detalle da lareira. Boimil, Boimorto.

Tejar de Baiuca. Detalle de un termómetro del horno. Boimil, Boimorto

Telleira da Baiuca. Detalle dun termómetro do forno. Boimil, Boimorto.

Patrimonio arqueolóxico

  • Monte de Arriba, As Corredoiras, xacemento no que se atoparon diversos fragmentos cerámicos da era calcolítica-bronce.[23]
  • Mámoa de Croios Brancos, mámoa do Pinar (ben conservada), mámoas no Monte da Cabrita (pertencen ao neolítico e atópanse ben conservadas)​.[23]
  • Castro das Corredoiras (parcialmente arrasado), castro do Marco de Arriba (parcialmente arrasado), castro de Pousada (parcialmente conservado), castro das Medorras ( só se conserva un terzo orixinal), castro de Pedral (estruturas defensivas ben conservadas), Os Castros (só se conserva parte do sistema defensivo).[23]
  • Miliario romano: está situado diante da casa consistorial. É unha proba de paso dunha vía romana polo término municipal.[24]
Castro del Marco de Arriba en Sendelle, Boimorto (2)

Castro do Marco de Arriba en Sendelle, Boimorto

Miliario Romano de Boimorto

Miliario Romano en Boimorto

Outro patrimonio

  • Fitos quilométricos: varias estradas do concello, como a CP-0602 e a CP-1003 conservan fitos quilométricos en granito. Estes foron estandarizados co Plan Peña en 1939.[25]

Etnografía

Festas e celebracións

As festas son todas relixiosas, agás o entroido, que obedece a unha tradición pagá, que cada ano o concello celebra co tradicional desfile de disfraces, e a Conrobla.

Outras festividades destacadas son as do apóstolo Santiago (25 de xullo) e as do Rosario (primeiro fin de semana de setembro).

O primeiro sábado de cada mes celébrase a feira, podendo atoparse nela tanto excedentes agrarios, como roupa, calzado ou apeiros de labranza.

O Festival da Luz é o evento máis coñecido do municipio. Creado por Luz Casal, este festival trouxo artistas como Manolo García, Los Secretos, Rosendo, Kiko Veneno, Hombres G, Triángulo de Amor Bizarro, Heredeiros da Crus, Love of Lesbian, Seguridad Social, Conchita, Agoraphobia, Siniestro Total, Jarabe de Palo, Fito & Fitipaldis...[26]

O nome do festival é na honra a súa creadora, Luz Casal.

Cantares de Reis

Concurso de música tradicional de reis, no que participan cuadrillas inscritas interpretando un "cantar de reis". Valórase que sexa un canto tradicional, enxebre e a autenticidade da peza; ademais da afinación e a dificultade.[27]

Agrupación Folclórica Santiaguiños

Creado en 1987, a Agrupación Folclórica Santiaguiños son un grupo de música tradicional da zona.[28][29] Teñen certa relevancia a nivel autonómico e incluso participaron en programas como Luar.[30]

En 2019, a asociación contaba con máis de 40 alumnos nas clases de baile, canto, gaita e percusión, ademais de organizar eventos relacionados coa cultura do pobo.[31]

Símbolos

O escudo de Boimorto foi deseñado polo gabinete de Vicente de Cadenas y Vicent, Cronista Real de Armas, tendo en conta tanto a historia de Boimorto como os escudos dos concellos veciños.

Está dividido en dúas partes horizontais: a superior fai referencia á cultura castrexa e a romanización, co debuxo dun castro nun monte á esquerda, e o miliario romano á dereita. A parte inferior fai referencia ao camiño de Santiago, cunhas cunchas e unha cruz de Santiago, sobre dúas ondas, referentes aos ríos Tambre e Iso.

Economía

Sectores produtivos

Sector primario

O sector primario está representado pola gandería, principalmente bovina de orientación láctea; aínda que a porcentaxe de vacas de carne é superior á media comarcal situándose no 33%. Se nos fixamos na cantidade de bovinos, segundo os datos do IGE, a cantidade mantívose bastante estable sobre as 7000 cabezas dende o ano 2000.[32] No caso das vacas de muxido, as cifras sufriron un descenso pronunciado entre 2002 e 2005, pero dende ese ano, mantéñense estables en algo máis de 2500 cabezas.[33] Agora ben, como a cantidade de explotacións variou dende 375 no 2002 ata 233 no 2017, aumentando a razón de bovinos por explotación de 19 bovinos/explotación no 2002, a 30 bovinos/explotación no 2017.[34]

Con respecto á superficie empregada polas explotacións agrícolas, cabe dicir que esta pasou de 5610 ha en 1989, a 6387 ha en 1999 e a 4653 ha no 2009.[35]​ É dicir, houbo un aumento da superficie empregada entre o 1989 e o 1999, pero unha redución inda maior entre os 10 anos anteriores ao 2009. Esta redución da superficie ten, probablemente, relación coa cantidade de explotacións. Ademais, a cantidade de terra en propiedade reduciuse en máis de 500 ha entre 1999 e 2009, pasando de 3082 ha a 2570 ha.[36]

Refuxio de Ponte Castro, en Arceo, Boimorto
Refuxio de Ponte Castro, en Arceo, Boimorto

No concello de Boimorto, ao contrario de moitos dos concellos dos arredores, a maioría das parroquias sufriron o proceso de concentración parcelaria. Esta foi finalizada en 1991 en Andavao (785 ha), 1993 nos Ánxeles (446 ha), 1997 en Arceo (774 ha), 1984 en Brates-Mercurín (949 ha), 1991 en Buazo (339 ha), 1969 en Cardeiro (715 ha), 2010 en Dormeá (1017 ha) e 1985 en Sendelle (950 ha).[37]​ Quedan polo tanto sen realizar as concentracións parcelarias das parroquias de Corneda e de Rodieiros.

Sobre a superficie destinada a aproveitamentos forestais, tras un aumento de máis do 100% entre o 1989 e o 1999, esta reduciuse nun terzo antes do 2009​. En 2019, hai 964 ha de «especies arbóreas e forestais».[38]​ A maioría da superficie forestal do municipio está plantada de eucalipto, aínda que resaltan algunhas plantacións de carballos, castiñeiros, cerdeiras e nogueiras.[39]

O municipio dispón dun dos sete coutos de pesca do río Tambre, o couto de Ponte Castro, no que se pode pescar troita.[40] Conta cunha lonxitude de 8,5 quilómetros. O límite superior fíxase en Pasos de Mezonzo (límite Vilasantar-Boimorto) e o inferior na Ponte As Vegas (límite Mesía-Vilasantar).[41]

Tamén ten dous cotos de caza: Tecor do Barro e Tecor Monte Rebellón[42]​.

Sector secundario

O sector secundario, industria e construción, é o último en importancia por número de ocupados. Centra a súa actividade en pequenos talleres, carpinterías e na construción. Presenta unha estrutura empresarial de traballadores autónomos ou empresas de dous ou tres traballadores.[43]

Sector terciario

O sector servizos de Boimorto ten un carácter moi tradicional, xa que está baseado case exclusivamente no pequeno comercio familiar. A capital municipal, Gándara, ofrece a maior parte dos servizos. O turismo rural está comenzando a desenvolverse, tendo hoxe en día[cando?] tres casas de turismo.[44]

Renda per cápita

Segundo datos da Axencia Estatal de Administración Tributaria, Boimorto, cunha renda bruta media de 14 902 €, situouse como o 2586º municipio con maior renda a nivel nacional, e 244º a nivel autonómico​.[45] Isto coloca o municipio como 4º con menos renda dispoñible da provincia de A Coruña, só por diante de Toques, Sobrado e Monfero.[46]

Dende que a Axencia Tributaria publica información estatística sobre a renda dispoñible, Boimorto experimentou un lixeiro incremento nesta, pasando de 13 664 € no 2013[47]​ a 14 902 € no 2016.[48]​ Isto supón un aumento dun 9,06 % na renda bruta media.

Infraestruturas

Polo territorio do concello pasan dúas estradas autonómicas: a AC-840, que comunica Betanzos con Melide, a AC-234, que parte das Corredoiras (no propio municipio) e finaliza en Arzúa, e a AC-934, que partindo das Corredoiras pasa por Sobrado e remata en Friol, cambiando a súa denominación por LU-934.[49][50] A primeira das vías é principalmente empregada para chegar a Curtis, Melide ou A Coruña.[51] A segunda destas vías, é útil para ir a Arzúa e Santiago de Compostela (a través da autoestrada A-54).[52]​ A terceira permite chegar a Sobrado, Teixeiro e Friol​.

Cabe tamén mencionar as 6 estradas provinciais que pasan polo municipio: CP-0602 (Boimorto-Sendelle-Trapa), DP-0603 (estrada Boimorto-Orxal), DP-1001 (As Corredoiras-Mella), DP-1002 (Boimorto-Viladónega), DP-1003 (Boimil-O Gandarón) e DP-1004 (Boimorto-Lanzá)​.[53]

Ademais, as estradas provinciais conducen ás estradas N-547 (Santiago de Compostela-Lugo) e N-634 (Santiago de Compostela-Oviedo), que pasan polos concellos veciños de Arzúa, Frades e Mesía respectivamente.

Deporte

Instalacións

  • Complexo Deportivo Javier Álvarez Maristany: consta de dous campos de fútbol con cafetería e vestiarios. Nel tamén se atopa a piscina municipal. Ambos son de titularidade municipal.[54]

Equipos e eventos deportivos

Rally Terra da Auga

Boimorto é, xunto a Arzúa, O Pino, Boqueixón e Touro, un dos municipios onde se celebra o Rally Terra da Auga. Este rally é a proba que o Campionato de España de Rallys de Terra (CERT) celebra en Galicia.[55]

C.F. Boimorto

Creado en 1977 polo entón alcalde, Manuel Regueiro Correa,[56]​ é o equipo de fútbol máis importante do municipio. En 2019 xoga en Preferente Galicia-Grupo Norte.[57]

Servizos públicos

CPI Armando Cotarelo Valledor

O CPI (Centro Público Integrado) Armando Cotarelo Valledor é un centro público, xestionado pola Xunta de Galicia, que ofrece educación infantil, educación primaria, e E.S.O., onde asisten ademais dos alumnos do concello, os de Sobrado dos Monxes e Vilasantar.[58]

Punto de Atención á Infancia

O proxecto de crear unha gardería comezou no 2007.[59] En 2019, aínda en funcionamento, acolle nenos deste e de varios municipios.

Residencias para a terceira idade

O municipio dispón dunha residencia municipal, e dunha residencia privada.

Tamén dispón dun centro de día, no que se organizan diversas actividades destinadas á terceira idade.

A residencia privada, chamada Residencia Nosa Señora da Magdalena, está situada no lugar de Arentía, na parroquia de Andavao. Creada en 1995, é unha residencia de tipo mixto, é dicir, conta cunha residencia para persoas maiores, e outra para persoas con trastornos de diversa índole.[60] Conta con 50 prazas para persoas maiores.[61]

Política e goberno

Administración municipal

Resultados electorales a nivel municipal dende 1979 [62]
Eleccións UCD CD AP-PDP-UL EG Logotipo del PSOE.svg PSdeG-PSOE Alianza Popular (logo, 1983-89).svg AP People's Party (Spain) Logo.svg PPdeG PDP-PL-CG Bloque Nacionalista Galego BNG DG AIB
Vot. C. Vot. C. Vot. C. Vot. C. Vot. C. Vot. C. Vot. C. Vot. C. Vot. C. Vot. C. Vot. C.
abril 1979 627 9 332 4 - - - - - - - - - - - - - - - - - -
maio 1983 - - - - 792 7 341 3 222 1 - - - - - - - - - - - -
xuño 1987 - - - - - - - - 305 2 804 6 - - 458 3 77 0 - - - -
maio 1991 - - - - - - - - 491 3 - - 1036 6 - - 305 2 - - - -
maio 1995 - - - - - - - - 310 2 - - 1250 8 - - 203 1 - - - -
maio 1999 - - - - - - - - 348 2 - - 1250 7 - - 238 1 215 1 - -
maio 2003 - - - - - - - - 235 1 - - 729 5 - - 242 1 - - 578 4
maio 2007 - - - - - - - - 887 6 - - 612 4 - - 220 1 - - - -
maio 2011 - - - - - - - - 789 5 - - 670 5 - - 196 1 - - - -
maio 2015 - - - - - - - - 538 4 - - 687 5 - - 297 2 - - - -
maio 2019 - - - - - - - - 396 3 - - 757 6 - - 249 2 - - - -

Na súa terceira lexislatura como alcalde do municipio, José Ignacio Portos Vázquez renunciou á alcaldía por problemas persoais. Debido a isto, Ana Ledo Fernández converteuse en alcaldesa de Boimorto o 26 de maio de 2014.[63]

Na lexislatura 2015-2019, Gonzalo Concheiro Coello, cabeza de lista da candidatura do PP,[64] presentou unha moción de censura que gañou grazas ao tránsfuga José Balado Casal​,[65] terceiro pola lista do PSOE.[64] A mencionada moción de censura derrocou o ata ese momento alcalde polo BNG, Xosé Luis Rivas Cruz.[66]

Lista de alcaldes dende as eleccións municipais de 1979
Lexislatura Nome Partido
1979 - 1983 José Antonio Branco Ramos UCD
1983 - 1985 Luis Verea Taboada CP
1985 - 1987 Luis Verea Taboada Alianza Popular (logo, 1983-89).svg AP
1987 - 1991 Luis Verea Taboada People's Party (Spain) Logo.svg PP
1991 - 1995 Luis Verea Taboada People's Party (Spain) Logo.svg PP
1995 - 1999 Luis Verea Taboada People's Party (Spain) Logo.svg PP
1999 - 2003 Luis Verea Taboada People's Party (Spain) Logo.svg PP
2003 - 2007 José Ignacio Portos Vázquez AIB
2007 - 2011 José Ignacio Portos Vázquez Logotipo del PSOE.svg PSdeG-PSOE
2011 - 2015 José Ignacio Portos Vázquez[67]
Ana Ledo Fernández[67]
Logotipo del PSOE.svg PSdeG-PSOE
Logotipo del PSOE.svg PSdeG-PSOE
2015 - 2019 Xosé Luis Rivas Cruz[68]
Gonzalo Concheiro Coello[65]
María Jesús Novo Gómez[66]
Bloque Nacionalista Galego BNG[64]
People's Party (Spain) Logo.svg PP[64]
People's Party (Spain) Logo.svg PP[64]
2019 - act. María Jesús Novo Gómez People's Party (Spain) Logo.svg PP[69]

Administración xudicial

Boimorto pertence ao partido xudicial nº 8 da provincia da Coruña, con sede en Arzúa.​[70] A demarcación comprende os municipios xa citados xunto a Melide, O Pino, Santiso, Toques e Touro.[71]​ Este partido xudicial conta cun xulgado de primeira instancia​.

Ao non dispoñer do xulgado de primeira instancia no seu término municipal, e tal como indica no artigo 99 da Ley Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial, o municipio dispón dun xulgado de paz.[72]

Camiño de Santiago

Na Idade Media, vinculado ao mosteiro de Sobrado dos Monxes, por Boimorto pasaba o Camiño do Norte que segundo algúns autores é a ruta xacobea máis antiga e en tempos máis concorrida que o Camiño Francés. O Camiño do Norte chega ao concello polo lugar das Corredoiras, na parroquia dos Ánxeles. De aí, o camiño pasa polas parroquias de Boimil e de Boimorto, onde os peregrinos teñen a opción de continuar cara ao Pedrouzo, no municipio do Pino, ou camiñar en dirección a Arzúa. A primeira das opcións lévaos pola CP-0603, pasa a través das parroquias de Brates e Mercurín, e desemboca no lugar da Mota, no concello de Arzúa. A segunda opción conduce os peregrinos pola CP-0602, que pasa pola parroquia de Sendelle, e desemboca na parroquia da Mella, tamén no concello de Arzúa.[73]

Por esta vía do Camiño de Santiago pasaron 19 040 peregrinos en 2018, o que corresponde cun 5,82% do total de peregrinos que chegaron a Santiago de Compostela​.[74] A partir das estatísticas elaboradas pola Oficina do Peregrino, e sen ter en conta os anos santos (2004 e 2010 na serie histórica mostrada na figura), pódese estimar que a cantidade de peregrinos que pasa polo municipio se incrementa en algo máis de 900 cada ano. Na seguinte gráfica pódese observar a evolución do número de peregrinos que pasan polo Camiño do Norte dende 2004.[75]

Personaxes destacados

  • Luz Casal, cantante (n. 1958). Nomeada Filla Predilecta da localidade o 16 de maio de 2010. Grazas a súa colaboración co Concello, creouse o Festival da Luz no ano 2012.  
  • Suso de Marcos, escultor. (n.1950). É membro da Sección de Escultura Da Real Academia de Belas Artes de San Telmo de Málaga; membro da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Sra do Rosario e membro da Real Academia de Sta. Isabel de Hungría de Sevilla. O 5 de marzo foi nomeado fillo predilecto do municipio de Boimorto.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Boimorto.
Igrexa de Santa María de Sendelle, Boimorto

Igrexa de Santa María de Sendelle.

Sendelle, Boimorto

Lugar de Sendelle.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Concello de Boimorto na FEGAMP
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2015): "Os xentilicios en galego". En Eva M.Castro Figueiras; MªCristina Rodríguez Ricart. Na universidade en galego con seguridade, páx. 78. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-696-1
  6. Geográfica, Centro Nacional de Información. "Centro de Descargas del CNIG (IGN)". Centro de Descargas del CNIG (en castelán). Consultado o 2019-06-26.
  7. 7,0 7,1 7,2 «Modificación Puntual nº 3 del Plan General de Ordenación Municipal de Boimorto (A Coruña)».
  8. 8,0 8,1 "Instituto Nacional de Estadística. (Spanish Statistical Office)". ine.es. Consultado o 2019-06-27.
  9. "Coruña, A: Poboación por municipios e sexo. (2868)". www.ine.es. Consultado o 2019-06-27.
  10. "Boimorto@NET | Toponimia". www.boimorto.org. Consultado o 2019-06-27.
  11. Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 73-74. Ed. Xerais, Vigo 1992.
  12. "Pazo de Vieite". www.turismo.gal. Consultado o 2 de xullo de 2019.
  13. "Pazo de Vilanova". www.turismo.gal. Consultado o 2 de xullo de 2019.
  14. "Pazo do Marco". www.turismo.gal. Consultado o 2 de xullo de 2019.
  15. "Torre de Andabao". www.turismo.gal. Consultado o 2 de xullo de 2019.
  16. Turismo, Turgalicia/Axencia Galega de (2015-05-04). "IGREXA IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE SENDELLE EN BOIMORTO A CORUÑA". Turgalicia (en castelán). Consultado o 2019-07-01.
  17. Turismo, Turgalicia/Axencia Galega de (2015-05-04). "IGREXA IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DOS ÁNXELES EN BOIMORTO A CORUÑA". Turgalicia (en castelán). Consultado o 2019-07-01.
  18. Turismo, Turgalicia/Axencia Galega de (2015-05-04). "PAZO TORRE DE ANDABAO EN BOIMORTO A CORUÑA". Turgalicia (en castelán). Consultado o 2019-07-01.
  19. Turismo, Turgalicia/Axencia Galega de (2015-05-04). "IGREXA IGREXA PARROQUIAL DE SAN CRISTOVO DE DORMEÁ EN BOIMORTO A CORUÑA". Turgalicia (en castelán). Consultado o 2019-07-01.
  20. "Buscador global - GALICIA". www.turismo.gal. Consultado o 2019-07-01.
  21. De Mondoñedo a Compostela. Cruceiros e construcións relixiosas da arte popular no Camiño do Norte.
  22. "Investimento de 2 millóns de euros para rehabilitar a telleria da Baiuca de Boimorto". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2019-07-01.
  23. 23,0 23,1 23,2 Rey Castiñeira, Josefa (xaneiro 1984). "Estudio e catalogación de castros da provincia de A Coruña". ResearchGate.
  24. "Achado del Miliario". concellodeboimorto.es. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2019. Consultado o 2019-07-01.
  25. "NA ESTRADA Classic: HITOS QUILOMÉTRICOS DO «PLAN PEÑA» QUE SE CONSERVAN NAS ESTRADAS ESPAÑOLAS". NA ESTRADA Classic. Consultado o 2019-06-28.
  26. "Ediciones anteriores". Festival da Luz (en castelán). Consultado o 2019-06-28.
  27. www.elcorreogallego.es https://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/title=o-folclore-dos-cantares-de-reis-chega-a-boimorto/idEdicion-2014-12-23/idNoticia-907273/. Consultado o 2019-07-01. Falta o |title= (Axuda)
  28. "Asociaciones | Concello de Boimorto". concellodeboimorto.es. Consultado o 2019-07-02.
  29. "Santiaguiños de Boimorto, Conciertos en Boimorto – Ocio en La Opinión A Coruña". ocio.laopinioncoruna.es. Consultado o 2019-07-02.
  30. "Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) | CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2019-07-02.
  31. "Artistas". Festival de la Luz (en castelán). Consultado o 2019-07-02.
  32. "IGE. Táboas". www.ige.eu. Consultado o 2019-06-27.
  33. "IGE. Táboas". www.ige.eu. Consultado o 2019-06-27.
  34. "IGE. Táboas". www.ige.eu. Consultado o 2019-06-27.
  35. "IGE. Táboas". www.ige.eu. Consultado o 2019-06-27.
  36. "IGE. Táboas". www.ige.eu. Consultado o 2019-06-27.
  37. Diego (2018-10-16). "Concentracións parcelarias - procesos". Oficina Virtual do Medio Rural. Consultado o 2019-06-27.
  38. "IGE. Táboas". www.ige.eu. Consultado o 2019-06-27.
  39. "Plantaciones". Bosques Naturales (en castelán). Consultado o 2019-06-27.
  40. ":: Pesca fluvial - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. ::". pescafluvial.xunta.gal. Consultado o 2019-06-27.
  41. "Orden del DOG nº 26 de 2019/2/6 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal (en castelán). Consultado o 2019-06-27.
  42. "Federación Galega de Caza | A web dos cazadores galegos". www.federaciongalegadecaza.com. Consultado o 2019-06-27.
  43. «Modificación Puntual nº 3 del Plan General de Ordenación Municipal de Boimorto (A Coruña)».
  44. «Modificación Puntual nº 3 del Plan General de Ordenación Municipal de Boimorto (A Coruña)».
  45. "Estadística dos declarantes del IRPF por municipios: 2016". www.agenciatributaria.es. Consultado o 2019-06-27.
  46. "Estadística dos declarantes del IRPF por municipios: 2016". www.agenciatributaria.es. Consultado o 2019-06-27.
  47. "Estadística dos declarantes del IRPF por municipios: 2013". www.agenciatributaria.es. Consultado o 2019-06-27.
  48. "Estadística dos declarantes del IRPF por municipios: 2016". www.agenciatributaria.es. Consultado o 2019-06-27.
  49. "Portada - CIV". infraestruturasemobilidade.xunta.gal. Consultado o 2019-06-27.
  50. "Instituto Geográfico Nacional - Ministerio de Fomento". contenido.ign.es. Consultado o 2019-06-27.
  51. "Instituto Geográfico Nacional - Ministerio de Fomento". contenido.ign.es. Consultado o 2019-06-27.
  52. "Instituto Geográfico Nacional - Ministerio de Fomento". contenido.ign.es. Consultado o 2019-06-27.
  53. "OpenStreetMap". OpenStreetMap. Consultado o 2019-06-27.
  54. "Verano a remojo a prezos asequibles nas piscinas e áreas recreativas". La Voz de Galicia. Edición Santiago (en castelán). 2015-06-14. Arquivado dende o orixinal o 2019-07-23. Consultado o 2019-07-01.
  55. "Presentación". Rally Terra da Auga (en castelán). Consultado o 2019-07-01.
  56. "C.F. BOIMORTO: HISTORIA". C.F. BOIMORTO. Consultado o 2019-07-01.
  57. "Resultados del Boimorto Club de Fútbol". Siguetuliga (en castelán). Consultado o 2019-07-01.
  58. "Datos do Centro | CPI Armando Cotarelo Valledor". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2019-06-28.
  59. "PAI (Punto de Atención á Infancia) | Concello de Boimorto". concellodeboimorto.es. Consultado o 2019-06-28.
  60. Unknown (2014-04-08). "Boimorto Política Sociolaboral: RESIDENCIA A MAGDALENA". Boimorto Política Sociolaboral. Consultado o 2019-06-28.
  61. Unknown (2014-04-08). "Boimorto Política Sociolaboral: RESIDENCIA A MAGDALENA". Boimorto Política Sociolaboral. Consultado o 2019-06-28.
  62. "Consulta de resultados electorales. Ministerio del Interior". www.infoelectoral.mir.es. Consultado o 2019-06-27.
  63. "Concello de Boimorto". concellodeboimorto.es. Consultado o 2019-06-27.
  64. 64,0 64,1 64,2 64,3 64,4 "XUNTA ELECTORAL DA ZONA DE SANTIAGO" (PDF). BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE A CORUÑA del 22 de abril de 2015 (Deputación de A Coruña). 22 de abril de 2015. Consultado o 26 de xuño do 2019.
  65. 65,0 65,1 Concello de Boimorto, ed. (14 de agosto del 2015). "BORRADOR ACTA DA SESIÓN ESPECIAL ( MOCIÓN DE CENSURA ) CELEBRADA POLO PLENO DA CORPORACIÓN CON DATA 14 DE AGOSTO DE 2015" (PDF). Concellodeboimorto.es. p. 12. Consultado o 26 de xuño do 2019.
  66. 66,0 66,1 Concello de Boimorto, ed. (20 de maio do 2016). "BORRADOR ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DE ELECCIÓN DE ALCALDE 20/05/2016." (PDF). Concellodeboimorto.es. Consultado o 26 de xuño do 2019.
  67. 67,0 67,1 Concello de Boimorto, ed. (26 de maio do 2014). "BORRADOR ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DE ELECCIÓN DE ALCALDE 26/05/2014" (PDF). Concellodeboimorto.es. p. 3. Consultado o 26 de xuño do 2019.
  68. Concello de Boimorto, ed. (13 de xuño do 2019). "ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DE CONSTITUCIÓN DA CORPORACIÓN MUNICIPAL E ELECCIÓN DO ALCALDE" (PDF). Concellodeboimorto.es. p. 4. Consultado o 26 de maio do 2019.
  69. "JUNTA ELECTORAL DE ZONA DE SANTIAGO" (PDF). BOLETÍN OFICIAL DE A PROVINCIA DE A CORUÑA (Deputación de A Coruña): 12. 24 de abril del 2019. Consultado o 26 de xuño do 2019.
  70. "CGPE | Demarcación judicial" (en castelán). Consultado o 2019-06-28.
  71. "CGPE | Demarcación judicial" (en castelán). Consultado o 2019-06-28.
  72. "BOE.es - Documento BOE-A-1985-12666". www.boe.es. Consultado o 2019-06-28.
  73. Más allá do camiño: guía de turismo educativo e familiar.
  74. "Estadísiticas: Oficina del Peregrino en Santiago de Compostela" (en castelán). Consultado o 2019-07-01.
  75. "Estadísiticas: Oficina del Peregrino en Santiago de Compostela" (en castelán). Consultado o 2019-07-01.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Andavao, Boimorto

San Martiño de Andavao é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Boimorto na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 221 habitantes (111 mulleres e 110 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 230 habitantes.

Neste lugar a finais de setembro Luz Casal organiza o Festival de la Luz.

Arceo, Boimorto

San Vicenzo de Arceo é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Boimorto na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2013 tiña 251 habitantes (123 homes e 128 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 309 habitantes.

Boimil, Boimorto

San Miguel de Boimil é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Boimorto na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2013 tiña 68 habitantes (37 mulleres e 31 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 100 habitantes.

Boimorto, Boimorto

Santiago de Boimorto é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Boimorto na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2013 tiña 444 habitantes (227 mulleres e 217 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 525 habitantes.

Boimorto Club de Fútbol

O Boimorto Club de Fútbol é un club de fútbol galego do concello de Boimorto. Actualmente compite no Grupo Norte da Preferente Autonómica de Galicia. O seu terreo de xogo é o Campo Municipal do Carballal.

Brates, Boimorto

San Pedro de Brates é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Boimorto na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2013 tiña 153 habitantes (77 homes e 76 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 170 habitantes.

Buazo, Boimorto

San María de Buazo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Boimorto na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2013 tiña 85 habitantes (50 homes e 35 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 113 habitantes.

Cardeiro, Boimorto

San Pedro de Cardeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Boimorto na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2013 tiña 162 habitantes (78 mulleres e 84 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 201 habitantes.

Comarca de Arzúa

A comarca de Arzúa é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Arzúa. Pertencen a ela os concellos de Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro. Linda polo norte coas comarcas de Ordes e Betanzos, polo leste coa comarca da Terra de Melide, polo oeste coa comarca de Santiago, e no sur ten a comarca do Deza, xa na provincia de Pontevedra.

Corneda, Boimorto

San Pedro de Corneda é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Boimorto na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2011 tiña 79 habitantes (42 homes e 37 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 91 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado.

Dormeá, Boimorto

San Cristovo de Dormeá é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Boimorto na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2009 tiña 172 habitantes (90 homes e 82 mulleres) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 210 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado.

Luz Casal

María Luz Casal Paz, coñecida como Luz Casal, nada en Andavao, Boimorto o 11 de novembro de 1958, aínda que viviu en Asturias xa dende a súa infancia, é unha cantante galega de pop-rock.

Durante a súa carreira discográfica vendeu xa máis de 5 millóns de discos. No ano 2010 foille concedida a Medalla Castelao.

Mercurín, Boimorto

San Xoán de Mercurín é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello de Boimorto na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2013 tiña 88 habitantes (46 homes e 42 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 103 habitantes.

Mini

Xosé Luís Rivas Cruz, alcumado Mini, nado en San Martiño de Pacios (Begonte) o 18 de xuño de 1951, é un profesor, cantautor, compositor, musicólogo e político galego.

Montes do Bocelo

Os montes do Bocelo son unha importante elevación situada nos concellos de Boimorto, Toques e Sobrado.

Os Ánxeles, Boimorto

Santa María dos Ánxeles é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Boimorto na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2011 tiña 204 habitantes (107 mulleres e 97 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 240 habitantes.

Antigamente a parroquia coñecíase por Santa María de Perra ou da Perra. A mediados do século XVI, na época de inicio da intromisión do castelán en Galicia, o arcebispo de Compostela Francisco Blanco Salcedo mandou mudar o nome para o actual.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado.

Rodieiros, Boimorto

San Simón de Rodieiros é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Boimorto na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2013 tiña 79 habitantes (40 homes e 39 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 126 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado.

Río Tambre

O río Tambre é un curso fluvial galego, pertencente á vertente atlántica. A súa parte media e alta (río Tambre) así como a súa desembocadura (esteiro de Tambre) foron declaradas zonas especiais de conservación.Nace na lagoa de Sobrado, que recolle as augas dos regos de Fontevirtude e de Rodelo e mailos seus afluentes, preto da aldea da Porcariza, en Sobrado, leva dirección xeral SO e desemboca na ría de Muros e Noia pola enseada de Langaño. Ten un percorrido de 125 km, e percorre os concellos de Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Ordes, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela, Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos, Noia e Lousame. A súa cunca abarca 1.531 km².

Os seus principais afluentes son o Dubra, o Barcala , o Maruzo, o Samo e o Lengüelle.

Sendelle, Boimorto

Santa María de Sendelle é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Boimorto na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2009 tiña 194 habitantes (103 homes e 91 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 248 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.