Bodyboard

O Bodyboard é un estilo de deporte parecido ao surf, xa que consiste en deslizarse polo mar coa forza das ondas. Úsanse unhas pequenas aletas para darse impulso. A táboa é diferente da de surf, máis curta e feita doutros materias máis flexibles e, polo tanto con menos tendencia a romper. É un deporte que permite moita mobilidade e cunha larga lista de trucos para executar.

O Bodyboard empezou a practicarse con táboas de madeira, ata que en 1971, Tom Morey, fabricou a táboa de telgopor. Púxose moi de moda nos 80' e era moi común ver a xente practicando este deporte polas praias. Moitos bodyboarders empezaron a practicar este deporte en ondas tan grandes e potentes como Pipeline, Teahupoo, Sunset, entre outras, ondas nas que moitos surfistas tiñan problemas polas baixadas da onda ou simplemente porque lles partía a táboa, problema que os bodyboarders non tiñan. O bodyboard é un deporte derivado do surf que consiste en deslizarse e realizar acrobacias sobre as ondas cunha táboa de sobre un metro de largo. Hai tres estilos ou maneiras de deslizarse sobre un bodyboard:

  • Tombado (prone).
  • Cunha perna axeonllada (drop knee).
  • Totalmente de pé.

Destas tres escolas a primeira é a máis estendida e a que caracteriza a este deporte con, sendo o deslizamento nas outras dúas similar ao surf de táboa. Todo grazas a Alfonso Escobar (yuka) o mellor no surf de huacho.

Oahu North Shore surfing closeup
Rapaz facendo un "drop Knee".

Historia

Antigamente usábanse táboas de madeira, logo saíron as de telgopor, ata que en 1971, na costa Kona de Hawaii, Tom Morey (surfista e inventor) quixo crear unha táboa máis curta cas do surf, que dera unha transición máis harmoniosa entre o piloto e a onda, máis branda, inofensiva, lixeira que fose divertida para novatos e principiantes. Así foi que na cociña da súa casa, armado de coitelo, prancha e un pedazo de espuma de polietileno, comenzou a dar forma ao que sería o primeiro prototipo do que hoxe é o actual bodyboard.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Deporte extremo

Os deportes extremos ou deportes de risco son todos aqueles deportes ou actividades de ocio con algún compoñente deportivo que comportan unha real ou aparente perigosidade polas condicións difíciles ou extremas nas que se practican.Baixo este concepto agrúpanse moitos deportes que implican certa dose de exixencia física e, sobre todo, mental. Inclúense os deportes máis exixentes dentro do excursionismo (escalada en xeo, escalada en rocha etc.), e outros de recente creación como (bungee, snowboard, parkour etc.).

Un deporte habitualmente non considerado extremo pódese definir así cando se practica baixo condicións especiais ou circunstancias particulares non habituais nel. Por exemplo, a escalada en rocha a uns centímetros do chan non se considera "deporte extremo", pero cando se realiza nunha parede vertical rochosa a varios centos de metros de altura, entón xa se lle aplica o termo.

Pódese considerar que unha persoa practica un "deporte extremo" cando o fai por primeira vez. Por exemplo, o descenso de ríos de clase IV é bastante extremo para quen nunca antes se subira a unha balsa e o sentirá como moi por riba das súas capacidades persoais.

O termo "deporte extremo" non é adecuado aplicalo cando se realiza simplemente unha actividade recreativa ou turismo alternativo, nin tampouco debe estar definido polas condicións medioambientais, algo bastante subxectivo e dependente do grao de preparación. En cambio, o termo pode aplicarse cando se practica un deporte nos límites actuais de desenvolvemento, sexa montañismo, atletismo, ximnasia ou calquera outro.

Actualmente, nalgúns países empeza a utilizarse o termo deporte de aventura cando se practican deportes de máis alto risco do normal sen seren profesionais os participantes. Un exemplo disto é a diferenza que existe entre "espeleoloxía" e "espeleísmo": o primeiro refírese a unha actividade científica, mentres que o segundo fai referencia a aquelas persoas que o practican por deporte.

Practicamente calquera actividade física que reúna algunhas destas características pode ser considerada como deporte extremo:

Considerar a súa práctica como un risco físico.

Hai moita adrenalina involucrada.

Son xeralmente de execución individual.

Implican moita velocidade, altura e esforzo físico.

Poden chegar a causar graves feridas ou incluso a morte de quen o realice.

Ferrol

Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2017 tiña 67.569 habitantes, dos cales 31.692 eran homes e 35.877 mulleres, sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia.

Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval. Tamén conta cunha importante actividade das Forzas Armadas, principalmente da Armada Española, que ten dende o século XVIII unha das súas principais bases navais e un destacado Arsenal Militar.

O concello é unha península, aséntase de cara á ría de Ferrol, aínda que tamén conta cunha destacada fachada litoral cara ó océano Atlántico na zona rural. Limita por terra con Narón. Esa fachada marítima acolle algunhas das máis afamadas praias, como as asentadas nas parroquias de Doniños, San Xurxo, Ponzos ou Covas.

Ademais da cidade, o termo municipal comprende once parroquias rurais e a vila da Graña, considerada como zona urbana a efectos legais aínda que se atope no arrabalde. O concello ten unha densidade de poboación de 852,17 hab./km² e unha superficie de 82,6 km².

Jenson Button

Jenson Alexander Lyons Button (Jenson Button), MBE nado en Frome o 19 de xaneiro de 1980, é un piloto inglés de Formula 1. Reside en Bicester, pero tamén pasa temporadas en Mónaco. Na tempada 2016 pilota para McLaren. Foi o Campión do Mundo na tempada 2009, pilotando un Brawn GP.

Button comezou no karting á idade de oito anos con gran éxito, antes de pasar ás carreiras de coches no Campionato británico de Fórmula Ford e na Fórmula 3 británica. A súa primeira aparición na Fórmula Un foi con Williams F1 na tempada 2000. Ao ano seguinte cambiouse a Benetton, que en 2002 converteuse en Renault, e logo para a tempada 2003 trasladouse a BAR. Na tempada 2004 terminou terceiro no Campionato de Mundo de Pilotos, con só os dous Ferrari por diante del. BAR foi rebautizado posteriormente como Honda Racing para a tempada 2006, na que Button gañou o seu primeiro Gran Premio en Hungría, logo de 113 carreiras.Trala retirada de Honda do deporte en decembro de 2008, quedándose sen coche para a tempada 2009, ata que Ross Brawn encabezou a Management buyout (compra dunha empresa polos seus directivos) do equipo en febreiro de 2009, e Button atopouse de súpeto nun altamente competitivo coche con motor Mercedes. Logo pasou a igualar a marca de gañar seis das sete primeiras carreiras da tempada 2009, asegurándose o Campionato do Mundo no Gran Premio de Brasil, liderando os puntos durante toda a tempada, o seu éxito tamén axudou a Brawn GP para asegurar o Campionato do Mundo de construtores.

en 2010, trasladouse a McLaren, en asociación co tamén piloto británico e ex campión do mundo Lewis Hamilton. Logo de terminar quinto en 2010, Button terminou a tempada 2011 como subcampión. En 2012 logrou a súa primeira pole para McLaren no Gran Premio de Bélxica de 2012. Das 289 carreiras que Button comezou gañou 15, cun total de 50 podios.

Praia do Matadoiro

A praia do Matadoiro, antigamente chamada Berbiriana ou Birbiriana, é unha pequena praia urbana da Coruña situada ó norte da praia do Orzán. Dispón de aseos, duchas, aparcadoiro, servizo de vixilancia, socorrismo e primeiros auxilios.

É habitual a práctica do surf, bodyboard e longboard cando as condicións meteorolóxicas son as adecuadas, marea baixa e vento do suroeste ou nordés. Celébrase un campionato anual de longboard, o Matadero Longboard Festival, de participación nacional e internacional.

Nesta praia está prohibida a entrada de animais.

Praia do Orzán

A praia do Orzán é unha praia urbana da cidade da Coruña situada na enseada do Orzán, xunto ao paseo marítimo.

Stephanie Gilmore

Stephanie Louise Gilmore, nada en Murwillumbah (Nova Gales do Sur) o 29 de xaneiro de 1988, é unha surfista profesional australiana, seis veces campioa do mundo femenina do ASP World Tour (2007, 2008, 2009, 2010, 2012 e 2014). Actualmente reside en Tweed Heads, Nova Gales do Sur.

Tubo

O termo tubo pode referirse a:

En enxeñaría, designa un compoñente dunha canalización, en xeral de pequeno diámetro.

Tubo dixestivo, denominación descritiva do Aparello dixestivo.

Tubo de ensaio, pequeno recipiente de laboratorio.

Tubo polínico, formación que emite o gran de pole.

Tubo de escape, tubo dos motores para eliminar os gases da combustión.

tubo de raios catódicos, un sistema de presentación de imaxes.

Vaso de tubo, un vaso de cristal de forma cilíndrica e máis estreito que un vaso alto

En deportes acuáticos, denomínase tubo á manobra relacionada coa interacción coas ondas (surf, bodyboard etc.) na que o deportista se introduce no espazo oco creado no momento no que a onda impacta contra o fondo do rompente. O tubo ás veces pódese pechar e causar dano ao deportista.

Unión Deportiva Pájara Playas de Jandía

A Unión Deportiva Pájara Playas de Jandía foi un club polideportivo español, da cidade de Pájara, na illa de Fuerteventura, Canarias. Fundado en 1996, desapareceu en 2011 por problemas económicos.

Foi especialmente coñecido polo seu equipo de fútbol. O seu maior logro foi un subcampionato na tempada 2003/04 en Segunda División B, categoría na que xogou 12 tempadas consecutivas.

Tamén tivo seccións de atletismo, loita canaria, bodyboard e tenis.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.