Boca de Huérgano

Boca de Huérgano (en leonés, Boca de Guérganu) é un concello español da provincia de León. A súa poboación é de 523 habitantes (2011).

Existe[cando?] un controvertido proxecto dunha macro-estación de esquí na zona de San Glorio[Cómpre referencia] que espertou un gran debate, debido a que pretende localizarse en zonas de tránsito do oso pardo, algo que prohibe expresamente a lexislación medioambiental española e europea.

Coordenadas: 42°58′25″N 4°55′39″O / 42.97361, -4.92750

Boca de Huérgano
Flag of None
Escudo de Boca de Huérgano
Vista de Boca de Huérgano
Vista da localidade
Localización
Boca de Huérgano - Mapa municipal
PaísEspaña España
Com. AutónomaCastela e León
ProvinciaLeón
ComarcaMontaña Oriental
Xeografía
Altitude1111 msnm
Superficie291,84 km²
Demografía
Poboación523 hab. (2011)
Densidade1,79 hab./km²
Outros datos
Código postal24911
AlcaldeTomás de la Sierra González (PP)
Páxina oficial

Localidades

  • Barniedo de la Reina
  • Besande
  • Boca de Huérgano
  • Los Espejos de la Reina
  • Llánaves de la Reina
  • Portilla de la Reina
  • Siero de la Reina
  • Valverde de la Sierra
  • Villafrea de la Reina

Véxase tamén

Ligazóns externas

Boca (homónimos)

Boca pode referirse a:

En anatomía, a boca ou cavidade ou orificio bucal ou oral é o órgano por onde se inxiren os alimentos, sendo a porta de entrada do aparello dixestivo dun animal;

Tamén en anatomía, o epigastrio é a boca do estómago ou do peito;

En xeografía, unha boca é unha entrada estreita dun corpo de agua, dunha embocadura, dun porto, dun río, dunha ría;

En música, a boca é unha peza dalgúns instrumentos;

En náutica, a boca é a máxima medida dunha embarcación;Como topónimo, Boca pode referirse a:

En Galicia

A Boca, lugar da parroquia de San Martiño de Anllo, no concello de Sober;

A Boca, lugar da parroquia de Campañó, no concello de Pontevedra;

A Boca de Canle, lugar da parroquia da Ría de Abres, no concello de Trabada;

A Boca da Fraga, lugar da parroquia de Vieiro, no concello de Viveiro;

A Boca da Leira, lugar da parroquia da Pedra, no concello de Cariño.

Boca da Grande, lugar da parroquia de Muras, no concello de Muras.En Europa

Boca de Huérgano, concello español da provincia de León;

Boca, concello italiano. Neste lugar prodúcese o viño Boca.En América

La Boca, barrio da cidade arxentina de Buenos Aires; deste barrio é o Club Atlético Boca Juniors;

Boca del Río, cidade mexicana do estado de Veracruz;

Boca Chica, municipio dominicano da provincia de Santo Domingo;

Boca Raton, cidade estadounidense do Palm Beach County, Florida. Tamén neste estado hai topónimos como o do census-designated place (CDP) de Boca Pointe e Boca del Mar; a illa Boca Chica Key, no arquipélago de Florida Keys; Boca Grande é unha pequena área residencial de Illa Gasparilla.

Camaleño

Camaleño é un municipio situado no linde occidental da comunidade Autónoma de Cantabria (España), na comarca de Liébana. Limita polo sur con Vega de Liébana, polo leste con Potes, polo norte e leste con Cillórigo de Liébana, polo noroeste co concello asturiano de Cabrales e polo oeste cos municipios leoneses de Posada de Valdeón e Boca de Huérgano. Atópase no val homónimo, coñecido tamén como Valdebaró.

As actividades económicas principais de Camaleño son a gandaría, a agricultura e tamén o sector servizos, grazas aos visitantes que recibe esta pequena poboación pola súa situación no Parque nacional dos Picos de Europa, ademais da súa gastronomía e a seu patrimonio artístico.

Da actividade gandeira obtéñense os Quesucos de Liébana con Denominación de Orixe, e para a fabricación do oruxo lebaniego recóllese o té do porto, nos portos de Áliva (Picos de Europa) a onde se sobe no popular teleférico de Fuente Dé.

Cabe destacar que Camaleño alberga o Mosteiro de Santo Toribio de Liébana, un dos cinco lugares santos da cristiandade; sendo unha Cidade Santa, por ter o que a tradición católica considera o maior cacho da cruz de Xesucristo.

O patrimonio natural, como xa se comentou, ten como gran protagonista os Picos de Europa, pero o concello tamén é atravesado polo río Deva, que nace no dito macizo montañoso e recolle as augas de varios afluentes ao seu paso por Camaleño.

Lista de concellos de España por provincia

Existen en España 8.124 concellos. O concello máis setentrional é Mañón (A Coruña), o máis meridional é El Pinar de El Hierro (Santa Cruz de Tenerife), o máis occidental é La Frontera (Santa Cruz de Tenerife) e o máis oriental é Maó (Illas Baleares). O máis extenso é Cáceres e o máis poboado Madrid.

As seguintes son listas de concellos de España ordenados por diferentes categorías.

Concellos por comunidade autónoma

Concellos por provincia

Concellos máis poboados

Concellos máis extensos

100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.