Boborás

Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003). Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial.O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boborao ou boborés[5].

Coordenadas: 42°25′58″N 8°8′36″O / 42.43278, -8.14333

Boborás
Escudo de Boborás
Concello de Boborás
Casa do concello
Situacion Boborás
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca do Carballiño
Poboación2.299 hab. (2018)
Área87,8 km²
Densidade26,18 hab./km²
Entidades de poboación14 parroquias
Capital do concelloBoborás
Política (2019[2])
AlcaldeAna Patricia Torres Madureira (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais en Boborás
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes74,65%
Na rede
http://boboras.gal

Poboación

Censo total 2510 (2015)
Menores de 15 anos 142 (5,66 %)
Entre 15 e 64 anos 1245 (49,6 %)
Maiores de 65 anos 1123 (44,74 %)
Evolución da poboación de Boborás   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
7399 7066 6919 5113 3214 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello está situado no noroeste da provincia de Ourense. Ten dúas zonas diferenciadas: no sur abondan as fragas e as vides, e no centro e norte, máis accidentados, predominan os prados. Está atravesado polo río Arenteiro polo norte, e polo Cartelle e o Avia polo sur.

O clima é cálido nos meses de verán e frío e chuvioso nos meses de inverno.

Historia

Durante a Idade Media asentáronse na zona diversas ordes relixiosas e militares, coma a Orde do Santo Sepulcro, do Temple ou a Orde de San Xoán de Xerusalén, coñecida tamén como Orde de Malta ou de Rodas. Todas elas deixaron a súa pegada en diferentes construcións civís e relixiosas.

Patrimonio histórico e artístico

A igrexa de San Xulián de Astureses é un templo románico, edificada polos Templarios no século XII. Ten planta rectangular, cunha ábsida semicircular. A fachada presenta unha ornamentación excelente.

A igrexa de San Martiño de Cameixa mestura varios estilos, destacando a ábsida románica, o reloxo de Sol e os canzorros situados baixo o beiril.

A igrexa de Xuvencos, restaurada no século XVI, e a igrexa de San Mamede de Moldes, construída sobre un castro transformado posteriormente nun camposanto, tamén son de orixe románica.

O pazo de Moldes, situado preto da igrexa de San Mamede, é a casa natal de Antón Losada Diéguez.

O conxunto histórico-artístico de pazos de Arenteiro agrupa a casa de Arriba, Asa e Granxa do Mato, pazo de Cervela, pazo do Currelo, pazo Feixó, pazo de Laxas e pazo de Tizón.

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Boborás
Pazo de Moldes

Pazo de Moldes.

Igrexa de San Xulián de Astureses

Igrexa de Astureses

Iglesia de San Martiño de Cameixa

Igrexa de San Martiño da Cameixa

Igrexa románica de Moldes

Igrexa románica de Moldes

Lugares de Boborás

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Boborás vexa: Lugares de Boborás.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Boborás". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 42. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Albarellos, Boborás

San Miguel de Albarellos é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. En 2017 tiña 224 habitantes, 129 menos ca en 2007 (172 homes e 181 mulleres) e 146 menos ca en 2006.

Astureses, Boborás

San Xulián de Astureses é unha parroquia do concello ourensán de Boborás. Segundo o IGE en 2011 tiña 212 habitantes (105 homes e 107 mulleres).

Beariz

Beariz é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 973 persoas (1477 en 2003). Limita cos concellos de Forcarei e A Lama na provincia de Pontevedra e Boborás, O Irixo e Avión na provincia de Ourense. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bearizao ou bearicense.

Brués, Boborás

San Fiz de Brués é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 250 habitantes, deles 107 eran homes e 143 eran mulleres, o que supón un incremento de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

No lugar de Conchouso, o edificio dunha antiga escola emprégase actualmente coma local social.

Cameixa, Boborás

San Martiño de Cameixa é unha parroquia que se localiza no concello de Boborás. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 316 habitantes (159 homes e 157 mulleres), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 349 habitantes.

Cardelle, Boborás

San Silvestre de Cardelle é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 44 habitantes (24 homes e 20 mulleres), 3 menos ca en 2010 (25 homes e 22 mulleres). En 2007 tiña 54 habitantes (29 homes e 25 mulleres), catro menos ca en 2006.

Comarca do Carballiño

A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Estación de Boborás

Boborás é un apeadoiro de Adif, situado moi preto da vila de Boborás, provincia de Ourense. Está situada na liña A Coruña-Madrid e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Feás, Boborás

Santo Antón de Feás é unha parroquia do concello ourensán de Boborás. A parroquia abarca os núcleos de poboación de Feás, Borraxas, Vilachá e A Fenteira.

A capitalidade parroquial está na aldea de Feás. No século XX sufriu un gran descenso de poboación pola emigración, maiormente a México, pero tamén a Panamá, Venezuela, Suíza, Alemaña e incluso a Suráfrica. Segundo o IGE, en 2012 tiña 427 habitantes (186 homes e 241 mulleres).

O nome da parroquia ten orixe na palabra latina fenales, é dicir, lugar de feno, de herba seca.[Cómpre referencia]

Laxas, Boborás

San Xoán de Laxas é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 79 habitantes, deles 35 eran homes e 44 eran mulleres, o que supón unha diminución de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Madarnás, O Carballiño

San Tomé de Madarnás é unha parroquia do concello do Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 119 habitantes (62 homes e 57 mulleres), tres menos ca en 2006.

A parroquia está situada ao norte do concello. Limita ao noroeste con Corneda (O Irixo), ao nordeste con Cangues (O Irixo), ao suroeste con Astureses (Boborás) e ao sur con Ponte Veiga) Está atravesada pola estrada OU-902 que une O Carballiño co Irixo e Lalín.

No lugar de Esgueva está a Insua dos Poetas.

Moldes, Boborás

San Mamede de Moldes é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 180 habitantes (88 homes e 92 mulleres), a mesma cantidade que no ano anterior.

Moreiras, Boborás

Santa Mariña de Moreiras é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 237 habitantes, deles 104 eran homes e 133 eran mulleres, o que supón unha diminución de 15 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

O Regueiro, Boborás

San Pedro do Regueiro é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 181 habitantes, deles 87 eran homes e 94 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006. É limítrofe con O Regueiro, O Irixo.

O Regueiro, O Irixo

San Pedro do Regueiro é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 57 habitantes, deles 28 eran homes e 29 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006. É limítrofe con O Regueiro, Boborás.

No Diccionario Madoz (1849) aínda non aparece a parroquia constituída como tal, e varias das súas aldeas dependían da parroquia de Parada de Labiote.

Pazos de Arenteiro, Boborás

San Salvador de Pazos de Arenteiro é unha parroquia do concello ourensán de Boborás. Sitúase na confluencia dos dous ríos máis coñecidos da comarca, o Avia e o Arenteiro. Segundo o IGE en 2011 tiña 123 habitantes (52 homes e 71 mulleres).

Xendive, Boborás

San Mamede de Xendive é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2011 tiña 141 habitantes (60 homes e 81 mulleres), 75 menos ca en 1999.

Xurenzás, Boborás

San Pedro de Xurenzás é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 110 habitantes, deles 55 eran homes e 55 eran mulleres, o que supón un incremento de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Unha lenda explica a orixe do nome de Xurenzás. Conta que un mouro chamado Zas se enamorou da filla doutro mouro, pero este non llela quixo dar e, para evitar que aquel a tomase, decidiu encantala. Entón, Zas, declaroulle a guerra e venceuno, facéndoo prisioneiro. Cando o vencido quixo restaurar a paz, Zas esixiulle un xuramento de obediencia e sometemento ó seu nome. E o vello tivo que aceptar, dicindo: "Xuro en Zas que estou vencido". Así quedoulle ó lugar o nome de Xurenzás .

Xuvencos, Boborás

Santa María de Xuvencos é unha parroquia do concello ourensán de Boborás, onde se localiza a cabeceira municipal. Segundo o IGE en 2011 tiña 366 habitantes (169 homes e 197 mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.