Bloque de la Izquierda Asturiana

O Bloque de la Izquierda Asturiana (BIA) foi unha coalición nacionalista asturiana de esquerdas formada por Izquierda Asturiana (IAS), Izquierda Nacionaliega d'Asturies (INA) (escisión de Andecha Astur) e o Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE). Presentouse ás Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 1999 nas que obtivo 1366 votos (0,22%); nas eleccións xerais do 2000 só obtuvo 1085 votos. Despois, a coalición desfíxose.

A partir de Izquierda Nacionaliega d’Asturies e independientes, en 2003 creouse o Bloque por Asturies, que se presentou ás elecciones autonómicas do 2003 en coalición con Izquierda Unida. Pola outra banda, no 2007 IAS, canda outras formacións, creou Unidá Nacionalista Asturiana. O PCPE volveu operar pola súa conta.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 1999

As eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 1999 celebráronse o 13 de xuño. Tras o abandono por parte de Sergio Marqués do PP en 1998 para formar Unión Renovadora Asturiana, este presentouse ás eleccións por dito partido. Debido a isto, o PP viu como pasaba de 21 escanos a 15, recuperando de novo o PSOE o goberno, por maioría absoluta. A nova formación do ex presidente, a URAS, conseguiu 3 escanos, o mesmo número que Izquierda Unida, que perdeu outros 3.

Partidos políticos de España inscritos de 1996 a 2000

Esta é unha lista de partidos inscritos no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior de España de 1996 a 2000.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.