Bispo

Un bispo (do grego do Novo Testamento ἐπίσκοπος, epískopos, "supervisor", "gardián") é un membro do clero cristián que ostenta unha posición de autoridade. Dentro das igrexas católica, ortodoxa, anglicana e veterocatólica, así como na Igrexa Asiria Oriental, os bispos pretenden ter sucesión apostólica, é dicir, unha liña directa descendente dos Doce Apóstolos. Dentro destas igrexas, os bispos son aqueles que recibiron o sacerdocio no seu máximo grao, é dicir, o episcopado, e quen poden ordenar sacerdotes e bispos. Algunhas igrexas protestantes e metodistas teñen bispos con funcións similares, aínda que non considéranse herdeiros dos Apóstolos.

O termo epískopos non estaba nos comezos do cristianismo claramente diferenciado do termo presbýteros ("ancián", hoxe en día co significado de sacerdote), pero o termo xa era empregado no seu sentido actual, distinto de sacerdote, nos escritos de Ignacio de Antioquía (finado arredor de 108), e as fontes de mediados do século II xa amosan como todos os centros do cristianismo organizábanse arredor da figura do bispo, empregando unha forma de organización que non variou até a reforma protestante.

Aquileia Basilica - Krypta Fresco Bischofsweihe Hermagoras
San Pedro consagrando a Hermágoras pola imposición das mans en presenza do evanxelista Marcos. Basílica patriarcal de Aquilea, Italia.

Igrexas

Igrexa católica, Igrexas ortodoxas e Igrexas anglicanas

Artigos principais: Bispo (Igrexa católica) e Bispo (Igrexa ortodoxa).
Mitre (plain)
Unha mitra, empregada como símbolo do ministerio episcopal nas igrexas cristiás occidentais.
Template-Bishop
Forma básica do escudo heráldico dun bispo da Igrexa católica.

Os bispos encárganse da dirección da igrexa na Igrexa católica, na Igrexa Ortodoxa, nas igrexas ortodoxas orientais, na Comuñón Anglicana, nas igrexas luteranas e noutras denominacións cristiás de raíz católica ou anglicana.

A función tradicional dos bispos é a de pastor dunha diocese (tamén chamada bispado, eparquía ou sede episcopal), e de servir por tanto como bispo diocesano (ou eparca, no caso das igrexas orientais). As dioceses varían considerablemente en tamaño e poboación. Ademais dos bispos diocesanos, moitas igrexas teñen unha estrutura de liderado, con diferentes graos de autoridade e responsabilidade.

  • Patriarca: Os patriarcas son bispos que dirixen algunhas dioceses con moitos anos de existencia ou determinadas igrexas autocéfalas ou particulares. Logo do Primeiro Concilio Ecuménico de Nicea, a estrutura da igrexa foi modelada seguindo as divisións administrativas do Imperio Romano nas que un bispo dunha metrópole chegou a ser o líder eclesiástico dunha capotal dunha provincia. Os bispos das dioceses maiores comezaron a ser chamados "exarcas". Nalgúns casos, un bispo pasou a presidir varias dioceses, como por exemplo as de Roma Antioquía ou Alexandría. No Cuarto Concilio Ecuménico de Calcedonia en 451, déuselle a Constantinopla xurisdición sobre tres dioceses por ser a residencia do emperador. Adicionalmente, Xerusalén foi recoñecida neste concilio como unha das sedes principais. En 692 foron ordenadas ditas sedes en orde de preeminencia como Roma, Constantinopla, Alexandría, Antioquía e Xerusalén. Na Igrexa católica, os patriarcas ás veces son chamados Catholicos; o Patriarca da Igrexa Ortodoxa de Alexandría é chamado Papa. Mentres que nas Igrexas católicas orientais a maioría dos patriarcas manteñen xurisdición sobre algunha igrexa particular, os títulos dos patriarcas da Igrexa Latina, agás o do Papa (Patriarca de Occidente), son tan só honorarios. En 2006 o Papa Bieito XVI deixou de empregar o título de Patriarca de Occidente. O primeiro rexistro deste título é polo papa Teodoro I en 620; porén, en documentos máis antigos da igrexa (como nos do Primeiro Concilio de Nicea) xa aparece o Papa de Roma listado xunto aos ouros patriarcas (referidos colectivamente como "Pentarquía"). Posteriormente, as cabezas de varias igrexas nacionais convertéronse en patriarcas, pero dun nivel inferior aos da Pentarquía.
Mitra5
Mitra empregada por bispos orientais, cunha icona de Cristo, da Theotokos (María, Nai de Deus) e Xoán o Bautista.
  • Catholicos: Os Catholicoi son os líderes dalgunhas igrexas ortodoxas, ortodoxas orientais e igrexas católicas orientais, con funcións similares ás de "Patriarca".
  • Primado: Un primado é normalmente o bispo da igrexa máis antiga dun determinado país. Ás veces isto implica certa xurisdición sobre algún outro bispo, pero normalmente é un título honorífico. No caso da Igrexa Episcopaliana Escocesa, o primado é escollido de entre os bispos diocesanos e, sen perder as súas responsabilidades coa diocese, é denominado Primus.
  • Arcebispo maior: Os arcebispos maiores ocúpanse de dirixir algunhas igrexas católicas orientais. Teñen a mesma autoridade sobre a súa igrexa que un patriarca, pero reciben menos honores cerimoniais.
  • Bispo metropolitano: É un arcebispo a cargo dunha provincia eclesiástica, ou grupo de dioceses, ademais de ter xurisdición sobre a súa propia arquidiocese. Ás veces o metropolitano é tamén o líder dalgunha igrexa autocéfala cando o seu número de fieis é reducido. Na Igrexa católica de rito latino, os metropolitanos son sempre arcebispos.
  • Arcebispo: Un arcebispo é o bispo dunha arquidiocese, normalmente unha diocese particularmente importante na historia da igrexa. Na Igrexa católica o título é puramente honorífico e non implica xurisdición extra. En moitas provincias da Comuñón Anglicana, porén, un arcebispo ten o poder dun primado.
Archbishop William Temple
Arcebispo William Temple.
  • Bispo sufragáneo: Un bispo sufragáneo é un bispo subordinado a un Metropolitano. Na Igrexa católica este termo é empregado para todos os bispos non metropolitanos (é dicir, todos aqueles de dioceses dunha provincia dun metropolitano, e aos bispos auxiliares). Na Comuñón Anglicana o termo emprégase para un bispo que axuda a tempo completo a un bispo diocesano: o bispo de Warwick, por exemplo, é sufragáneo do de Coventry, aínda que os dous viven en Coventry. Algúns deles reciben responsabilidade dunha área dentro da diocese (por exemplo, o bispo de Stepney atende dita área dentro da diocese de Londres.
  • Bispo titular: é un bispo sen diocese. É cabeza dunha sede titular, normalmente unha antiga cidade que tiña bispo, pero que por unha razón ou outra xa non ten. A miúdo, os bispos titulares exercen de bispos auxiliares. No Patriarcado Ecuménico de Constantinopla os bispos de dioceses modernas reciben a miúdo unha sede titular xunto coa diocese moderna (por exemplo, o arcebispo de Thyateira e Gran Bretaña).
  • Bispo auxiliar: é un bispo que asiste e axuda a un bispo diocesano (equivalente ortodoxo e católico do bispo sufragáneo anglicano). Un bispo auxiliar é un bispo titular, e é nomeado vigairo xeral ou vigairo episcopal da diocese na que serve.[1]
  • Bispo coadxutor: é un bispo auxiliar que ten a mesma autoridade que o bispo diocesano da súa diocese, e o dereito de suceder a dito bispo.
  • Bispo emérito é o título que se lles da aos bispos retirados nunha diocese. Nalgunhas denominacións cristiás teñen certas tarefas pastorais, sempre baixo a autoridade do bispo diocesano. Na Igrexa católica isto non sucede.
  • Cardeal: na Igrexa católica, os cardeais son membros do clero nomeados polo Papa para formar parte do Colexio Cardenalicio, corpo encargado de elixir ao Papa, aínda que a partir dos 80 anos os cardeais perden os dereitos de elección. Os cardeais tamén serven como conselleiros do Papa e teñen postos de autoridade dentro da Igrexa. Segundo o dereito canónico vixente, un home nomeado cardeal debe aceptar a súa ordenación como bispo se non o é, aínda que a maioría dos cardeais xa son bispos cando son nomeados, e a maioría deles son arcebispos de arquidioceses importantes ou patriarcas. Nos últimos tempos, os papas nomearon a algúns sacerdotes, moitos deles teólogos, como cardeais, sen que recibisen a ordenación episcopal. Porén, como eran de máis de 80 anos, non podían participar no conclave papal.

Deberes

Confirmation VanderWeyden
Bispo administrando o sacramento da Confirmación., por Rogier van der Weyden.

Na Igrexa católica, na Igrexa Ortodoxa e na Comuñón Anglicana, só os bispos poden ordenar bispos, sacerdotes e diáconos.

Na tradición litúrxica oriental, un sacerdote só pode celebrar a Divina Liturxia coa bendición dun bispo. Na tradición bizantina, colócase un antimension asinado polo bispo no altar como lembranza de que dito altar está baixo a súa autoridade. Na tradición da Igrexa Siríaca colócase un bloque consagrado de madeira chamado thabilitho polas mesmas razóns.

O Papa, ademais de ser o bispo da diocese de Roma e xefe espiritual da Igrexa católica, é tamén o Patriarca da Igrexa Latina. Todos os bispos deste rito responden directamente ante el, e non ante outros bispos, agás ante un metropolitano nalgún caso. Anteriormente, o Papa empregaba o título de Patriarca de Occidente, pero este título foi abandonado en 2006[2], o que causou preocupación na Comuñón Ortodoxa por implicar, para eles, unha xurisdición papal máis ampla.

Nas catedrais destas igrexas existe unha cadeira (cátedra) especial para uso exclusivo do bispo da diocese, polo común chamada "trono". Nalgunhas denominacións cristiás, como na Comuñón Anglicana, as igrexas parroquiais tamén teñen unha cadeira reservada para o bispo no caso de visita, como forma de simbolizar a unión da parroquia co bispo.

O bispo é o ministro ordinario do sacramento de confirmación na Igrexa católica latina, e na Comuñón Anglicana e nas igrexas veterocatólicas tan só un bispo pode administrar este sacramento. Porén, nos ritos orientais, a crismación realízase e seguido ao bautismo, e por tanto o sacerdote é quen confirma, empregando un crisma bendecido polo bispo.

Notas

  1. "Canon 406". Código de Dereito Canónico. 1983. Consultado o 2009-06-15.
  2. 1 de marzo de 2006
21 de abril

O 21 de abril é o 111º día do ano do calendario gregoriano (112º nos anos bisestos). Quedan 254 días para finalizar o ano.

29 de outubro

O 29 de outubro é o 302º día do ano do calendario gregoriano (303º nos anos bisestos). Quedan 63 días para finalizar o ano.

Arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela

A arquidiocese de Santiago de Compostela é a diocese ou bispado (territorio eclesiástico da Igrexa católica rexido por un bispo) cuxa sé eclesiástica é a catedral de Santiago de Compostela en Santiago de Compostela.

Barcia, Lalín

Santo Estevo de Barcia é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 261 habitantes (141 mulleres e 120 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 323 habitantes.

Nesta parroquia naceu o bispo de Lugo e arcebispo de Compostela Cayetano Gil Taboada.

Catedral

Unha catedral é un importante templo de culto onde un bispo católico, anglicano ou luterano ten a súa sé ou cátedra: outras crenzas cristiás sen a figura do bispo, como a Igrexa de Escocia, tamén manteñen a denominación de catedral. Normalmente é meirande cós templos (igrexa) que non sexan sé dun bispado ou cabeza de diocese.

As catedrais deben o seu nome a que no interior delas se impartían cátedras (inicialmente do latín cathedra, 'onde sentar', que tamén orixinaría a palabra cadeira) ós seminaristas versadas en Latín, Gramática ou Teoloxía.

O nome sé provén do latín sedis. Sé tamén se aplíca á principal igrexa cristiá, a Santa Sé.

Catolicismo

Catolicismo (do grego καθολικός, katholikós, 'universal, que comprende todo') é un termo que fai referencia á principal rama actual do cristianismo, xurdida tralo Cisma de Oriente. Os católicos son fieis á Igrexa católica, como así tamén á teoloxía, doutrina, liturxia, principios éticos e normas de comportamento derivadas, do mesmo xeito que ao conxunto dos seus seguidores como un todo, a quen se lles denomina «católicos». O vocábulo «catolicismo» úsase polo xeral para facer alusión á experiencia relixiosa compartida polas persoas que viven en comuñón coa Igrexa de Roma.O termo refírese aos cristiáns pertencentes á Igrexa católica, composta por 23 igrexas sui iuris que se atopan en completa comuñón co Papa e que en conxunto reúnen a máis de mil millóns de fieis (unha sexta parte da poboación mundial e máis da metade de todos os fieis cristiáns). A principal característica distintiva da Igrexa católica é o recoñecemento da autoridade e primacía do papa, bispo de Roma. Con todo hai varias igrexas que comparten tamén o adxectivo cualificativo de «católicas», como a Igrexa ortodoxa e as Antigas igrexas orientais, a Igrexa asiria do Oriente e as Igrexas que constitúen a Comuñón anglicana

Diego Xelmírez

Diego Xelmírez foi bispo de Compostela de 1101 a 1136, e o seu primeiro arcebispo segundo privilexio papal do 26 de febreiro de 1120. É unha das personalidades fundamentais da historia de Galiza, pois a súa influencia á fronte do arcebispado de Santiago coincidiu cos reinados, na coroa de Castela, de Afonso VI, dona Urraca e Afonso VII, polo que hai autores que denominas a ese período de corenta anos como a "época de Xelmírez".

Diocese católica latina de Mondoñedo-Ferrol

A diocese de Mondoñedo-Ferrol (en latín: Dioecesis Mindoniensis-Ferrolensis) é unha sé territorial galega da igrexa católica latina sufragánea da Arquidiocese de Santiago de Compostela. No 2004 contaba con 286.097 bautizados sobre 288.998 habitantes.

Diocese católica latina de Ourense

A diocese de Ourense (en latín: Diœcesis Auriensis) é unha sé territorial galega da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. Entre xaneiro de 2010 e febreiro de 2012 a cadeira bispal estivo vacante, sendo a diocese administrada de forma temporal por Luís Quinteiro Fiúza, bispo da diocese de Tui-Vigo e anterior bispo ourensán. Porén, en febreiro de 2012 tomou posesión como bispo José Leonardo Lemos Montanet.

Diocese católica latina de Tui-Vigo

A diocese de Tui-Vigo (en latín: dioecesis Tudensis-Vicensis) é unha sé territorial galega da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. O seu patrón é san Telmo e actualmente está presidida polo bispo Luís Quinteiro Fiúza.

Estevo, papa electo

Estevo (II), finado o 26 de marzo de 752, foi un sacerdote romano elixido papa en marzo do ano 752 como sucesor de Zacarías. Finou dun infarto uns poucos días despois da súa elección, antes de ser consagrado como bispo. Por isto, non aparece no listado de papas do Annuario Pontificio.

Francisco, papa

Francisco (en latín: Franciscus), nado co nome de Jorge Mario Bergoglio en Buenos Aires o 17 de decembro de 1936, é o 266º, e actual, papa da Igrexa católica, bispo da diocese de Roma e soberano do Estado da Cidade do Vaticano dende o 13 de marzo de 2013.

Igrexa católica

A Igrexa católica, tamén coñecida como Igrexa católica romana, é a maior denominación relixiosa cristiá con máis de 1.200 millóns de fieis. Reclámase organizativa e doutrinalmente a Igrexa cristiá orixinal fundada por Xesús e os Doce Apóstolos. A Igrexa católica está gobernada polo papa e polo Colexio Episcopal, integrado polos bispos en comuñón con el, e do cal é cabeza. Hoxe en día os ritos que se empregan na Igrexa son o rito latino (con diversas variacións nalgunhas igrexas locais e nalgunhas ordes relixiosas), o rito bizantino, o rito copto, o siríaco, o armenio, o maronita e o rito caldeo.As notas esenciais que definen á Igrexa son a súa Unidade, Santidade, Catolicidade e Apostolicidade; estas notas atópanse en tódalas Igrexas particulares que constitúen a Igrexa católica, que son a Igrexa latina e as igrexas católicas orientais; todas elas teñen en común as devanditas notas ou características esenciais e a autoridade suprema do Romano Pontífice.

En ocasións a Igrexa católica é aludida como Igrexa católica apostólica romana ou como Igrexa católica romana; quen fai isto sostén que as Igrexas anglicana e ortodoxa tamén son católicas (no sentido etimolóxico e en todo o contido do termo) e que a única diferenza é non estar sometidos á autoridade do papa, ou ben se trata de persoas procedentes de países nos que o idioma adoptou esta expresión debido ao uso intenso por parte de comunidades relevantes de anglicanos e outros protestantes e de ortodoxos.

Igrexas católicas orientais

O termo Igrexas católicas orientais, tamén coñecidas como uniatas, refírese colectivamente ás 22 igrexas particulares autónomas en comuñón coa Santa Sé que, xunto coa Igrexa Latina, forman a Igrexa Católica universal. Conservan moitas antigas tradicións teolóxicas, litúrxicas e devocionais que, en moitos casos, comparten co resto das igrexas cristiás orientais coas que estiveron unidas no pasado, como a Igrexa Ortodoxa ou as igrexas ortodoxas orientais.

Aínda que comparten tradicións similares con estas igrexas ortodoxas, afástanse delas en temas doutrinais e teolóxicos, polo que non admiten a participación de membros destas outras igrexas nos sacramentos, agás baixo as circunstancias previstas polo dereito canónico. No caso da Igrexa Ortodoxa isto é consecuencia, de xeito principal mais non exclusivo, de diferenzas conceptuais en canto ao papel e á autoridade do Bispo de Roma.

Historicamente, estás igrexas tiñan o seu ámbito de actuación en Europa do Leste, Oriente Medio, o Norte de África e a India. Por mor da emigración, teñen presenza tamén en Europa Occidental, América e Oceanía, onde teñen creado eparquías de xeito paralelo ás dioceses latinas.

Mondoñedo

Mondoñedo (do latín mindunietum, medieval) é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.991 habitantes, cunha densidade de poboación de 28 hab./km². O seu xentilicio é «mindoniense».

Mondoñedo ten sé episcopal compartida con Ferrol. O bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol reside alternativamente nunha e noutra cidade.

Papa

Papa é o título dado ao bispo e patriarca de Roma, supremo líder espiritual da Igrexa católica e tamén xefe do Estado do Vaticano. Papa é tamén o título dos patriarcas da Igrexa copta e da Igrexa apostólica armenia.

Pedro, papa

Simón (hebreo: שמעון , "Ximon"), chamado tamén Pedro ou Cefas, nado en Betsaida, e falecido en Roma en 67, foi segundo a tradición cristiá un dos doce apóstolos, discípulos de Xesús de Nazaret, a quen deixou encargado de dirixir o resto da súa Igrexa. Foi o primeiro patriarca de Antioquía e bispo de Roma e o primeiro papa da Igrexa católica.

Xoán XXIII, papa

San Xoán XXIII, en latín Ioannes PP. XXIII, nado como Angelo Giuseppe Roncalli en Sotto il Monte, Bérgamo, o 25 de novembro de 1881 e finado en Roma o 3 de xuño de 1963, foi o papa n.º 261 da Igrexa católica, bispo da diocese de Roma e soberano da Cidade do Vaticano dende o 28 de outubro de 1958 ata a súa morte.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.