Biscaia

Biscaia[1][2] (en éuscaro e oficialmente: Bizkaia; en castelán: Vizcaya) é unha provincia de Euskadi, ademais de ser unha das sete provincias do histórico País Vasco. Dá nome ao Golfo de Biscaia e situase ao norte da Península Ibérica, limitando ao norte co Mar Cantábrico, ao sueste coa provincia de Burgos, ao sur con Áraba, ao leste coa Guipúscoa e ao oeste coa de Cantabria. A súa capital é Bilbao.

A provincia esténdese por unha superficie de 2217 km², e no ano 2006 contaba cunha poboación de 1 139 863 habitantes, polo que ofrecía unha elevada densidade de cerca de 514 hab/km².

Provincia de Biscaia
Bizkaiko Probintzia
Bandera de Vizcaya 2007
Escudo de Bizkaia 2007
Provincia Bizkaia
Capital Bilbao
Área 2217 km²
Poboación 1 152 658 hab. (2010)
Densidade 519,92 hab./km²
Concellos 112
Xentilicio Biscaíño/a ou biscaítarra

Etimoloxía

O termo Biscaia ten unha etimoloxía discutida. Para algúns significa cima, e sería un sinónimo da actual palabra vasca bizkar 'touticeira'.[3] No ano 1141 en referencia á cima do monte Igeldo de Donostia, aparece inscrito o seguinte topónimo: Iheldo Bizchaya (cima de Igeldo); tamén en Navarra, hai unha comarca denominada "A Biscaia", que pode significar "A cima". Propuxéronse tamén outras etimoloxías, como bits-kaia (porto de espuma), menos probables.

Poboación

Segundo o censo INE 2007, Biscaia conta con 1 141 457 habitantes (denominados "biscaíños") e a súa densidade de poboación é de 514,1 hab/km;, só superada por Madrid e Barcelona. Quinta provincia española por poboación en 1981, a pesar da crise demográfica que vén sufrindo desde a Transición é aínda a novena provincia española en número de habitantes. Debido a que desde principios dos 80 presentou un forte saldo migratorio negativo cara a outras rexións de España, contaba no 2005 tan só cun 3,19% de estranxeiros, cinco puntos e medio menos que a media nacional.

Concellos máis poboados
(2010)[4]
Posición Concello Poboación
Bilbao 353.187
Barakaldo 99.321
Getxo 80.277
Portugalete 47.856
Santurtzi 47.004
Basauri 42.452
Leioa 29.217
Sestao 29.224
Galdakao 29.254
10ª Durango 28.261
11ª Erandio 24.294
12ª Amorebieta-Etxano 17.969
13ª Bermeo 17.026
14ª Mungia 16.527
15ª Gernika-Lumo 16.295
Guggenheim-bilbao-jan05
Museo Guggenheim de Bilbao

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para biscaíño.
  2. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419.
  3. Auñamendi Eusko Entziklopedia - Etimoloxía
  4. Fonte: INE Instituto Nacional de Estadística (01-01-2010). Real Decreto 2124/2008, do 26 de decembro [1] Arquivado 01 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine.
Balmaseda

Balmaseda é un concello vasco da provincia de Biscaia. A súa poboación é de 7 583 habitantes (2011).

Basauri

Basauri é un concello da provincia de Biscaia, na comunidade autónoma do Euskadi. Esténdese por unha área de 7.16 km² onde no ano 2007 vivían 43.250 habitantes. Encóntrase a tan só 7 km da capital, Bilbao.

Bermeo

Bermeo é un concello situado na costa de Biscaia, no País Vasco. Forma parte da comarca de Busturialdea-Urdaibai. A súa poboación é de 16.777 habitantes (2017).

Fundada en 1236, a vila ostentou o título de "Cabeza de Biscaia" entre 1476 e 1602, sendo a principal poboación del Señorío de Biscaia. Por iso Bermeo gozou de certos privilexios e tamén de maior relevancia fronte ao resto de vilas nas Xuntas Xerais de Biscaia. Ademais, hai que engadir as xuras que os reis realizaban na igrexa de Santa Eufemia cada vez que visitaban a provincia.

Actualmente, trátase dunha vila arraigada á tradición mariñeira, xa que a súa economía baséase maioritariamente na pesca e nas conservas de peixe.

Posúe ademais diferentes atractivos turísticos como a ermida de San Xoán de Gaztelugatxe, a torre Ercilla (Museo do pescador), a Porta de San Xoán, o casco antigo, a Atalaia e o seu acolledor porto, entre outros.

Bilbao

Bilbao (en éuscaro: Bilbo) é unha cidade e concello situado ao norte de España, capital da provincia e territorio histórico de Biscaia, no País Vasco. Atópase situada na comarca do Gran Bilbao e é atravesada polo río Nervión, que a esas alturas do seu percorrido xa toma forma de ría. No ano 2017 tiña unha poboación de 345 110 habitantes e unha extensión de 41,26 km², cunha densidade poboacional de 8 300 hab./km². É o centro dunha área de influencia que se coñece como Gran Bilbao e que chega a albergar a preto dun millón de habitantes.

Desde a súa fundación, a comezos do século XIV, foi un enclave comercial que gozou de particular importancia na cornixa cantábrica grazas á súa actividade portuaria que se baseaba principalmente na exportación da la procedente de Castela e en menor medida do ferro extraído das canteiras biscaíñas. Ao longo do século XIX e principios do XX experimentou unha forte industrialización que a converteu no epicentro da segunda rexión industrializada de España, por detrás de Barcelona. Esta estivo acompañada dunha extraordinaria explosión demográfica e urbanística que orixinou a anexión de varios municipios lindeiros. Na actualidade é unha puxante cidade de servizos, que se atopa nun proceso de revitalización estética, social e económica liderado polo simbólico Museo Guggenheim Bilbao.

Durango, Biscaia

Durango é un concello do País Vasco, na provincia de Biscaia, na comarca do Duranguesado. Ten unha área 10,79 km² e unha poboación no 2005 de 28.229 habitantes (2009).

Ea

Ea é un concello vasco da provincia de Biscaia. A súa poboación é de 896 habitantes (2011).

Erandio

Erandio é un municipio do Gran Bilbao, na provincia de Biscaia, País Vasco (España). Está situado á dereita da ría de Bilbao, a 8 km de Bilbao. A súa extensión é de 17,97 km² e a súa poboación é de 23.960 habitantes, cunha densidade de 1.333 h/km².

Erandio significa veiga grande, e probablemente o nome ten a súa orixe en que parte do elizate aséntase nunha chaira fértil e extensa.

Getxo

Getxo é un municipio da costa do territorio histórico e provincia de Biscaia, no País Vasco, España. Está situado na marxe dereita da ría de Bilbao, na desembocadura do Ibaizabal-Nervión. Forma parte da comarca do Gran Bilbao e da área metropolitana de Bilbao.

Ten 78.846 habitantes (INE 2016) e destaca pola gran presenza de palacetes e vivendas construídas pola alta burguesía durante a industrialización.

Golfo de Biscaia

O golfo de Biscaia (en castelán: Golfo de Vizcaya, en éuscaro: Bizkaiko Golkoa, en francés: golfe de Gascogne, en occitano: golf de Gasconha) é un golfo do Atlántico Norte que comprende o mar Cantábrico. Comprende, aproximadamente, dende Estaca de Bares en Galicia ata o sur de Bretaña. Baña as costas de Cantabria, País Vasco e Aquitania (Francia).

Comprende importantes portos comerciais, como o de Bilbao, Pasaia ou Bordeos, e pesqueiros como os de Santoña, Laredo, Castro Urdiales, Bermeo, Ondarroa, Getaria ou Saint-Jean-de-Luz.

Guipúscoa

Guipúscoa (en éuscaro e oficialmente: Gipuzkoa; en castelán: Guipúzcoa) é unha provincia do País Vasco (España), ademais de ser unha das sete provincias (herrialdes) do País Vasco tradicional. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste con Biscaia, ao sur con Áraba e ao leste con Navarra e Iparralde (País Vasco francés), parte do departamento dos Pireneos Atlánticos. A súa capital é Donostia.

Guipúscoa é a provincia de menor superficie entre todas as de España, cunha área de 1.909 km². A súa poboación no ano 2007 alcanzaba 694.944 habitantes, o que a converte nunha das máis densamente poboadas de España (360,7 hab/km²).

Leioa

Leioa (Lejona en castelán) é un municipio do área metropolitana de Bilbao, na provincia de Biscaia (País Vasco, España). É a sede do campus principal da Universidade do País Vasco. Conta con 29.217 habitantes (INE 2007).

Lekeitio

Lekeitio é un concello vasco da provincia de Biscaia. A súa poboación é de 7.409 habitantes (2011).

Lista de concellos de Biscaia

Lista de concellos de Biscaia:

Abadiño

Abanto Zierbena

Ajangiz

Alonsotegi

Amorebieta-Etxano

Amoroto

Arakaldo

Arantzazu

Areatza

Arrankudiaga

Arratzu

Arrieta

Arrigorriaga

Artea

Artzentales

Atxondo

Aulesti

Bakio

Balmaseda

Barakaldo

Barrika

Basauri

Bedia

Berango

Bermeo

Berriatua

Berriz

Bilbao

Busturia

Derio

Dima

Durango

Ea

Elantxobe

Elorrio

Erandio

Ereño

Ermua

Errigoiti

Etxebarri

Etxebarria

Forua

Fruiz

Galdakao

Galdames

Gamiz-Fika

Garai

Gatika

Gautegiz Arteaga

Gernika-Lumo

Getxo

Gizaburuaga

Gordexola

Gorliz

Güeñes

Ibarrangelu

Igorre

Ispaster

Iurreta

Izurtza

Karrantza

Kortezubi

Lanestosa

Larrabetzu

Laukiz

Leioa

Lekeitio

Lemoa

Lemoiz

Lezama

Loiu

Mallabia

Mañaria

Maruri-Jatabe

Meñaka

Mendata

Mendexa

Morga

Mundaka

Mungia

Munitibar-Arbatzegi Gerrikaitz

Murueta

Muskiz

Muxika

Nabarniz

Orduña-Urduña

Ondarroa

Orozko

Ortuella

Otxandio

Plentzia

Portugalete

Santurtzi

Sestao

Sondika

Sopelana

Sopuerta

Sukarrieta

Trapagaran

Trucios-Turtzioz

Ubide

Ugao-Miraballes

Urduliz

Zaldibar

Zalla

Zamudio

Zaratamo

Zeanuri

Zeberio

Ziortza-Bolibar

Mar Cantábrico

O Cantábrico (en asturiano: Cantábricu, en castelán: Cantábrico, en éuscaro: Kantauri, en francés: Cantabrique) é un mar litoral do océano Atlántico que baña a costa norte de España e a costa suroeste de Francia. Esténdese desde a Punta Estaca de Bares na provincia da Coruña, ata a desembocadura do río Adour nas costas do departamento Francés das Landes preto de Bayonne.

Na súa parte máis oriental, xunto ás costas do País Vasco recibe o nome de golfo de Biscaia ou tamén de golfo de Gascuña. Baña 800 quilómetros de costa compartida polas provincias da Coruña, Lugo, Asturias, Cantabria, Biscaia, Guipúscoa e Lapurdi, esta última en Francia.

Ondarroa

Ondarroa é un concello vasco da provincia de Biscaia. A súa poboación é de 8.852 habitantes (2011).

Orduña

Orduña (en éuscaro: Urduña, oficialmente: Orduña-Urduña) é un concello vasco da provincia de Biscaia que forma un enclave entre as provincias de Burgos e Áraba.

Atópase nunha chaira na beira esquerda do río Nervión. A zona oeste e suroeste do concello son as máis montañosas e chegan a acadar os 1.066 metros en serra Salvada. A súa poboación era de 4.134 habitantes en 2017.

País Vasco

O País Vasco ou Euskadi (en éuscaro: Euskal Herria ou Euskadi, en castelán: País Vasco ou Euskadi), tamén coñecido como Comunidade Autónoma Vasca (en éuscaro: Euskal Autonomia Erkidegoa, en castelán: Comunidad Autónoma Vasca), é unha comunidade autónoma española situada no extremo nororiental da costa cantábrica. Limita con Cantabria e Castela e León (provincia de Burgos) ao oeste, con Navarra ao leste, coa Rioxa ao sur, e co Golfo de Biscaia (mar Cantábrico) e Francia ao norte.

Está formado por tres provincias, tamén coñecidas como territorios históricos, que son Guipúscoa, Biscaia e Áraba. As súas respectivas capitais son Donostia, Bilbao e Vitoria. A capital e sede do Parlamento e Goberno autonómicos é Vitoria, mentres que a cidade máis poboada é Bilbao.

Ten unha historia milenaria de orixes incertas e a súa lingua propia, o éuscaro, é a lingua máis antiga de Europa falada hoxe en día e a única illada do continente. É considerado unha nacionalidade histórica recoñecida na Constitución española con estatuto de comunidade autónoma. A constitución tamén recoñece os seus foros históricos, de orixe medieval. Hai unha forte forza do nacionalismo e independentismo, tanto politicamente de esquerdas (chamado abertzale) como de dereitas.

Plentzia

Plentzia é un concello vasco da provincia de Biscaia. A súa poboación é de 4.311 habitantes (2011).

Portugalete, Biscaia

Portugalete é un municipio vasco da provincia de Biscaia. Pertencente á comarca do Gran Bilbao e á subcomarca da Marxe Esquerda: Segundo o INE en 2011 tiña 47.742 habitantes.

O municipio esténdese por un outeiro situado entre a Ría de Bilbao e o río Ballonti, situándose o núcleo de poboación na ladeira que descende ata a primeira. A extensión total é tan só de 3,21 km² polo que a súa densidade poboación (de máis de 15.000 hab./km²) é a maior densidade de todo o País Vasco.

Os habitantes de Portugalete son portugalujo/a, aínda que popularmente é utilizado tamén o termo jarrillero/a. Isto é debido a que no século XIX e nos primeiros anos do século XX, Portugalete contaba con numerosas tabernas onde se degustaba o chacolí, e existía o costume de bebelo nunhas xerras pequenas, de aí o de jarrilleros/as [Cómpre referencia].

País Vasco País Vasco  · Concellos de Biscaia
100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.