Birmingham

Birmingham é unha cidade inglesa situada no condado metropolitano de Midlands do Oeste, pertencente á rexión inglesa homónima, terra ondulada pobre para o cultivo pero rica en xacementos de carbón e ferro, ao sur dos Peninos. Segundo estimacións do 2008 ten 1 016 800 habitantes, que ascenden a 2 284 093 se temos en conta a súa área metropolitana (censo 2001). Tradicionalmente é considerada a segunda cidade de Inglaterra e o Reino Unido en termos de poboación, aínda que Manchester dispútalle ese posto en canto a representatividade.

Coordenadas: 52°28′59″N 1°53′37″O / 52.48306, -1.89361

Birmingham
Flag of Birmingham
Coat of arms of Birmingham
Birmingham Montage 2012
Vistas da cidade
Localización
Birmingham en Inglaterra

Birmingham
Birmingham
PaísInglaterra Inglaterra
RexiónMidlands do Oeste
Condado cerimonialMidlands do Oeste
Xeografía
Altitude140 msnm
Superficie267,77 km²
Demografía
Poboación1 085 400 hab. (2011)
Densidade4102 hab/km²
XentilicioBrummie
Outros datos
Código postalCódigo B
AlcaldeJohn Lines (C)
Páxina oficial de Birminghan

Historia

A súa orixe data dos tempos das invasións anglosaxoas cara o ano 700 cando un xefe tribal, o saxón Beorma, asentou a súa xente preto do río Rea (Beorma inga ham, fogar ou aldea do pobo de Beorma).

Mais o verdadeiro nacemento de Birmingham data do 1154, cando o señor feudal do lugar conseguiu a concesión dun mercado xunto o seu solar, nun cruzamento de camiños ao carón dunha capela e futura igrexa de San Martiño, preto do vao do río. Dito mercado, coñecido aos poucos coma o Bull Ring, foi o berce e aínda hoxe, o corazón sentimental da cidade.

De todas as maneiras, Birmingham mantívose coma un centro secundario ata a metade do século dezaoito, cando a coincidencia na súa área dunha serie de persoas excepcionais xunto a factores xeolóxicos (a antedita riqueza mineira no Black Country) deron nacemento a Revolución Industrial. Entre aqueles merecen destacarse James Watt e Matthew Boulton, William Murdoch e Joseph Priestly, enxeñeiros, físicos, industriais e filósofos que coas súas invencións, desenvolvementos mecánicos e nova visión deron pulo a unha nova época. Reuníanse nunha curiosa tertulia que bautizaron coma Sociedade Lunar.

A partir de 1750 a poboación triplicouse ata 1800 e case decuplicouse no século XIX (24.000,74.000,600.000h respect.). As industrias, sobre todo metalúrxicas, empregaban a toda esa masa traballadora e a cidade recibiu alcumes coma "o taller do mundo" ou "a cidade dos mil negocios".

Cidades irmás

Birmingham está irmandada coas seguintes cidades[1]:

Notas

  1. Partner Cities Birmingham.gov.uk

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Oficial

Fotografías

Aeroporto de Alacant-Elx

O Aeroporto de Alacant–Elx é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado entre as pedanías ilicitanas de L'Altet e Torre del Pla, a 9 km ao suroeste de Alacant e 10 km ao este de Elx. Pola súa situación, este aeroporto dá servizo a unha gran parte da Comunidade Valenciana. Tradicionalmente tivo un importante tráfico charter, actualmente a maior parte do tráfico é regular e internacional.

No ano 2017 ocupou o quinto lugar na rede aeroportuaria española segundo número de pasaxeiros, tras os aeroportos de Madrid-Barajas, Barcelona, Palma e Málaga e ese mesmo ano foi o 38 máis concorrido dentro de Europa. Ademais, representa o aeroporto de maior tráfico de pasaxeiros da Comunidade Valenciana, con 13 713 061 pasaxeiros en 2017.

Aeroporto de Birmingham

O aeroporto de Birmingham (IATA: BHX, ICAO: EGBB), é un aeroporto internacional britñanico situado a 10,2 km do centro da cidade de Birmingham, en Solihull. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións uns 11,6 millóns de pasaxeiros, facendo de Birmingham o ´setimo aeroporto máis concorrido do Reino Unido. Ofrece tanto voos domésticos dentro do país como voos internacionais cara Europa, Oriente Medio, o subcontinente indio, Norteamérica e o Caribe. O aeroporto de Birmingham é unha base para BMI Regional, Flybe, Jet2.com, Monarch Airlines, Ryanair, Thomas Cook Airlines e Thomson Airways. A partir de maio de 2018 converterase tamén en base de rutas de longa distancia para Primera Air.

Aeroporto de Eivisa

O Aeroporto de Eivisa (IATA: IBZ, OACI: LEIB) é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado no concello de Sant Josep de sa Talaia, a 7,5 quilómetros do centro da cidade de Eivisa, na illa homónima.

Situado a 6 metros sobre o nivel do mar, caracterízase pola estacionalidade da súa demanda e polo seu carácter eminentemente turístico. Tamén mantén un tráfico regular interinsular e peninsular moi importante, con viaxes concentradas en polos de xestión ou de negocio como Barcelona–El Prat, Madrid–Barajas e Palma e de características constantes na súa distribución ao longo do ano.

Aeroporto de Gran Canaria

O Aeroporto de Gran Canaria (IATA: LPA, OACI: GCLP) é un aeroporto español da rede de AENA situado na illa de Gran Canaria, na baía de Gando, ocupando superficie dos municipios de Ingenio e Telde. O aeroporto forma parte do aeródromo de utilización conxunta Gran Canaria/Gando xunto coa base aérea do Exército do Aire de Gando.

Ocupa o quinto lugar na rede aeroportuaria española por número de pasaxeiros, tralos aeroportos de Madrid-Barajas, Barcelona, Palma e Málaga. Está igualmente entre os 25 máis importantes de Europa e entre os 100 primeiros do mundo. Tamén nas proximidades do Aeroporto de Gran Canaria atópase o Centro de Control de Tránsito Aéreo de Canarias.

O aeroporto está situado a 18 km da capital da illa, As Palmas de Gran Canaria, e a 25 km dos centros turísticos.

Aeroporto de Menorca

O Aeroporto de Menorca (en catalán: Aeroport de Menorca) (IATA: MEH, OACI: LEMH) é un aeroporto internacional que serve á illa de Menorca nas Illas Baleares no mar Mediterráneo, preto da costa de España. O aeroporto está localizado a 4,5 km ao suroeste de Maó, e foi inaugurado o 24 de marzo de 1969, cando todos os servizos civís foron trasladados do veciño Aeródromo de San Luis. Agora ten 16 portas ligadas por pasarelas ao edificio principal da terminal, e no ano 2011 serviu a 2 576 209 de pasaxeiros.

Aeroporto de Málaga-Costa del Sol

O Aeroporto de Málaga–Costa del Sol é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado no sur de Andalucía, a 8 km de Málaga. Dos tres que participaron na primeira ruta aérea (Tolosa-Barcelona-Alacant-Málaga-Casablanca), establecida en España en 1919 pola empresa francesa fundada por Pierre Latécoère, Lignes Aeriennes Latécoère, é o único que seguiu operando de forma continuada.

Aeroporto de Palma

O Aeroporto de Palma, tamén coñecido como Aeroporto Internacional de Son Sant Joan (IATA: PMI, OACI: LEPA) é un aeroporto situado a 8 quilómetros do centro da vila mallorquina de Palma, estratexicamente situado entre as zonas de veraneo da baía de Palma (S'Arenal) e a cidade, no emprazamento dunha antiga base militar aínda existente. Inaugurado nos anos 1960, época do gran boom turístico nas Illas Baleares, para substituír ao antigo Aeroporto de Son Bonet (que segue en funcionamento).

Aeroporto de Reus

O Aeroporto de Reus é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado a 3 quilómetros da cidade de Reus e a 7 km de Tarragona, que da servizo á zona meridional de Cataluña.

Compañías de baixo custo, especialmente Ryanair, potenciaron o aeroporto pola súa proximidade aos municipios da Costa Daurada, como Cambrils ou Salou, ao parque temático Port Aventura, e tamén como acceso económico a Barcelona, situada a 88 quilómetros.

Aeroporto de Tenerife Sur

O Aeroporto de Tenerife Sur (IATA: TFS, OACI: GCTS), coñecido tamén como Aeroporto Reina Sofía, é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado nos municipios nos municipios tinerfeños de Granadilla de Abona e San Miguel, moi preto das localidades costeiras de El Médano e Los Abrigos. A finais dos sesenta, con motivo da visita do ministro do Aire ás obras do Aeroporto de Los Rodeos (hoxe Tenerife Norte), as autoridades insulares suscitaron a necesidade de elixir un novo emprazamento debido aos inconvenientes de carácter meteorolóxico que impedían ao aeroporto existente reunir as condicións técnicas axeitadas.

Aeroporto de Xenebra

O Aeroporto de Xenebra (IATA: GVA, OACI: LSGG), coñecido anteriormente como Cointrin Airport e oficialmente Genève Aéroport, é o aeroporto internacional de Xenebra, en Suíza. Está situado a 4,5 km ao noroeste do centro da cidade e serviu a 13 899 422 pasaxeiros e 192 944 movementos de aeronaves en 2012. É un hub para easyJet Switzerland.

Aeroporto de Xirona-Costa Brava

O Aeroporto de Xirona-Costa Brava (IATA: GRO, OACI: LEGE) é un aeroporto xestionado por Aena situado a 13 quilómetros da cidade de Xirona, dando servizo a toda a Costa Brava, e a 74 quilómetros da cidade de Barcelona.

Na actualidade é un dos aeroportos que máis crecemento experimentou nos últimos anos, debido fundamentalmente ao feito de ser unha das principais bases da compañía Ryanair en Europa.

En 2007, o aeroporto recibiu un total de 4 848 619, o cal supón un crecemento do 34% con respecto ao ano anterior, cun incremento de máis dun millón de pasaxeiros.

Aston Villa F.C.

O Aston Villa Football Club é un club de fútbol de Inglaterra, da cidade de Birmingham en West Midlands. Foi fundado en marzo de 1874 e xoga na Football League Championship. O Aston Villa foi membro fundador da Football League en 1888 e da Premier League en 1992. É un dos equipos ingleses máis antigos e laureados, conquistando o campionato de liga sete veces, as mesmas veces que a FA Cup. O Aston Villa tamén gañou a Copa de Europa na tempada 1981-82, sendo así un dos catro clubs ingleses que gañaron o que é hoxe a Liga de Campións da UEFA. O Villa ten o cuarto maior total de grandes títulos gañados por un club do seu país.

Posúe unha longa e feroz rivalidade con seus rivais da mesma cidade, o Birmingham City, e co West Bromwich Albion da localidade veciña de West Bromwich. O partido coñecido como o Birmingham Derby, entre o Villa e o Birmingham, lévase xogando dende 1879. O uniforme tradicional do club reúne na camisa as cores viño e azul celeste, dicindo a lenda que as cores foron inspiradas en dous clubs escoceses, respectivamente no Heart of Midlothian e no Rangers. Esta combinación, xunto cos pantalóns e medias brancas, inspirou outros equipos ingleses, como o West Ham United e o Burnley. Estas cores tamén aparecen no emblema do club, que tamén consta dun león dourado, outra suposta influencia escocesa derivada do estandarte real escocés. A última versión do escudo do club, adoptada en 2007, inclúe o lema "Prepared" (do inglés: preparados).

Birmingham, Alabama

Birmingham é a cidade máis grande do estado de Alabama, nos Estados Unidos. A poboación da propia cidade é de 242.820 habitantes, pero hai máis de 1.100.000 na área metropolitana. A cidade é relativamente nova, pois foi fundada en 1871. Dende a súa fundación ata o final da década de 1960, Birmingham foi un centro industrial principal do sur.

Birmingham City

O Birmingham City Football Club é un club profesional fútbol con sede na cidade de Birmingham, Inglaterra. Fundado en 1875 como Small Heath Alliance, convertido en Small Heath en 1888, Birmingham in 1905, e finalmente en Birmingham City en 1943. Ao final de tempada 2008–09 o equipo ascendeu é da Football League First Division á Premier League, máxima categoría do fútbol inglés.

Co nome de Small Heath, foron membros fundadores e primeiros campións da historia da Football League Second Division. O período de máis éxito da historia do club foi durante a década de 1950 e primeiros anos da de 1960. Acadaron a súa mellor posición na First Division, daquela máxima categoría do fútbol inglés, na tempada 1955-56, acabando na sexta posición, chegando ademais á final de FA Cup ese mesmo ano, e á final da Copa de Feiras en 1960 e 1961, gañando finalmente o seu primeiro e único gran título, a League Cup, en 1963 despois de vencer aos seus veciños do Aston Villa por 3–1. O City ten xogado a meirande parte da súa historia na máxima categoría do fútbol inglés, sendo o seu maior período fóra da categoría entre os anos 1986 e 2002, incluídos dous breves descensos á terceira categoría.

O estadio St Andrew's é o seu terreo de xogo como local dende 1906. O equipo ten unha longa rivalidade co Aston Villa, o seu veciño máis próximo, co que xogan o coñecido como o "Birmingham Derby. O alcume do club é "The Blues", debido ás cores do seu uniforme, sendo os seus fans coñecidos como os "Bluenoses".

Black Sabbath

Black Sabbath é unha banda inglesa, unha das fundadoras do heavy metal. A formación orixinal contaba con Ozzy Osbourne como cantante, Tony Iommi na guitarra, Terence "Geezer" Butler no baixo e Bill Ward na batería.

Formouse en Birmingham a finais dos anos 1960s co nome de Polka Tulk Blues Band (ben axiña quedou en só Polka Tulk), e máis tarde Earth. Ao primeiro unha banda de blues-rock, Earth moveuse nunha dirección máis escura cando Geezer Butler, un fan das novelas de maxia negra de Dennis Wheatley, escribiu unha canción cun tema ocultista chamada Black Sabbath (aparentemente inspirada no filme de Boris Karloff de 1963). Cando a banda viu que a confundían con outra banda local tamén chamada Earth, adoptaron o título da canción como o seu novo nome.

Black Sabbath comezou a tocar temas con letras máis escuras e cun estilo máis lento e ameazador ata converterse nunha das bandas clásicas do heavy metal.

Bristol

Bristol é unha cidade de Inglaterra pertencente ao condado homónimo. Canda a cidade de Plymouth constitúe un dos principais centros administrativos do sueste inglés. A cidade naceu e prosperou á beira do mar, onde o auxe comercial e poboacional foi en grande medida grazas ao porto de Bristol. No ano 2009 posuía unha poboación de 433.100 habitantes, 1 070 000 se incluímos toda a área metropolitana.En poboación, Bristol é a oitava cidade de Inglaterra e décima do Reino Unido. Arredor do planeta existen outras cidades tamén chamadas Bristol, a maioría nos Estados Unidos, pero tamén en Perú, Canadá, Xamaica e Costa Rica. Todas probablemente inspiradas no nome da cidade orixinal.Historicamente dentro de Gloucestershire, foi decretada cidade en 1155 e recibiu status de condado en 1373. Desde o século XIII, durante medio milenio, foi clasificada entre as tres principais cidades inglesas despois de Londres, tras de York e Norwich. Porén, no século XVIII, por mor do rápido crecemento de cidades coma Liverpool, Birmingham e Manchester durante a Revolución Industrial, acabou perdendo ese status.

Fai fronteira cos condados de Somerset e Gloucestershire e fica localizada próxima ás cidades históricas de Bath, ao suroeste, e Gloucester ao norte. A cidade foi construída ao redor do río Avon e ten un pequeno litoral no estuario do río Severn, que desauga na Canle de Bristol.

Eric Bledsoe

Eric Bledsoe, nado o 9 de decembro de 1989 en Birmingham (Alabama), é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA). Foi seleccionado na 18ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Oklahoma City Thunder. Foi considerado coma un dos mellores bases do país cando estaba no instituto.

Francis William Aston

Francis William Aston, nado en Harborne (Birmingham) o 1 de setembro de 1877 e finado en Cambridge o 20 de novembro de 1945, foi un químico inglés. En 1922 gañou o Premio Nobel de Química por determinar o peso atómico de todos os elementos da táboa periódica.

Stanley Robinson

Stanley Robinson, nado o 14 de xullo de 1988 en Birmingham (Alabama), é un xogador americano de baloncesto, que actualmente é axente libre. Robinson foi elixido na 59ª posición do draft da NBA de 2010 polos Orlando Magic. Xoga de aleiro, e en ocasións de ala-pivote. Na Universidade xogou para os UConn Huskies.

O 16 de agosto de 2010, asinou un acordo dun ano para xogar cos Magic, con todo, Robinson foi cortado tras a conclusión do Training Camp en outubro. Na tempada 2011-12 asinou cos Iowa Energy da NBA Development League.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.