Biblioteca de Galicia

A Biblioteca de Galicia é a biblioteca cabeceira do sistema bibliotecario galego. Foi deseñada polo arquitecto americano Peter Eisenman e forma xunto con outros seis edificios a Cidade da Cultura de Galicia, localizada en Santiago de Compostela.

Coordenadas: 42°52′12″N 8°31′35″O / 42.8698688, -8.5263844

Biblioteca de Galicia. Cidade da Cultura. Santiago de Compostela-C01

Características

Cidade da Cultura A biblioteca de galicia
Biblioteca de Galicia

Representa ao sistema bibliotecario galego ante todos os organismos, foros e plataformas internacionais do eido bibliotecario. A Xunta de Galicia inaugurouna o 11 de xaneiro de 2011.[1] A Biblioteca arrincou con máis de 250 000 volumes, sen contar prensa, e un equipo de trinta expertos ao fronte.[2] En 2013 os seus fondos contaban con 800 000 volumes aproximadamente.[3]

Conta con 15.702 m² útiles, distribuídos en seis alturas.

Santiago Cidade da Cultura 01-65
Interior.

A biblioteca, cuxa misión é a de reunir, conservar e difundir o patrimonio bibliográfico de Galicia e toda a produción impresa, sonora, audiovisual ou informática vencellada co mesmo, garda na súa colección dende volumes do século XVI, manuscritos ou primeiras edicións dos autores do Rexurdimento ata carteis de festas, reflexo da historia do país. Asemade, promociona e difunde a cultura galega, facilitando o acceso ao patrimonio bibliográfico galego, xa sexa de xeito presencial ou virtual, e será unha peza clave para as actividades culturais relacionadas co libro, a lectura e as bibliotecas. Neste marco, destinará recursos especiais á promoción da literatura infantil e xuvenil en lingua galega, potenciando o seu valor e a diversidade cultural.

Tanto os cidadáns en xeral como o público profesional poden acceder á información relevante para usos culturais e educativos.

Entre as coleccións que alberga a biblioteca atópanse os fondos bibliográficos de Isaac Díaz Pardo, Rodolfo Nuñez de las Cuevas, Basilio Losada, Xesús Alonso Montero, Carlos Casares, Luis Losada Espinosa, Agustín Sixto Seco ou Celso Collazo Lema.[4]

2011-08-17 Biblioteca de Galicia. Cidade da Cultura. Santiago de Compostela-C12
Interior.

O edificio tamén custodia os fondos do Consello da Cultura Galega: Arquivo da Emigración Galega.[5] Arquivo Sonoro de Galicia[6] e o Centro de Documentación Sociolingüística.[7]

Fondos e coleccións

Na Biblioteca de Galicia custódianse as bibliotecas persoais de Xesús Alonso Montero, Celso Collazo Lema, Isaac Díaz Pardo, Basilio Losada, Luis Losada Espinosa, Rodolfo Núñez de las Cuevas e Agustín Sixto Seco.

A colección da hemeroteca histórica iníciase co primeiro xornal publicado en Galicia, El Catón Compostelano. Esta hemeroteca inclúe tanto cabeceiras publicadas en Galicia como na emigración (Caras y Caretas, El Eco de Galicia...).

A cartoteca inclúe os fondos que ingresan por depósito legal desde o ano 2008, amais da colección de mapas de Carlos Díaz e Alicia Castro. Esta colección inclúe a maioría dos mapas antigos impresos dende o século XVI (190 mapas) con exemplares como os de Ojea ou a Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán. Tamén no 2008 o xeógrafo Nuñez de las Cuevas doou a súa colección bibliográfica que inclúe 387 mapas. Entre eles atópanse mapas realizados na Segunda Guerra Mundial como os realizados polo exército alemán cando non estaba completo o Mapa Topográfico Nacional. Destaca asemade o mapa usado polo Estado Maior do Xeneral Dwight D. Eisenhower, en 1945, indicando as distintas zonas de acción e ocupación de Alemaña polos diferentes países da coalición.[8]

Na biblioteca gárdanse tamén fondos gráficos, sonoros e audiovisuais.

Notas

  1. "A Xunta confirma o día 11 de xaneiro de 2011 como data oficial da inauguración da Biblioteca e do Arquivo da Cidade da Cultura". www.xunta.gal. 7 de decembro de 2010.
  2. Desde manuscritos de Rosalía a papeles con sabor a chocolate 26/12/2010 (en castelán).
  3. Xunta de Galicia (9 de marzo de 2013). "A Biblioteca de Galicia ten a disposición da cidadanía preto de 800.000 volumes". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2013.
  4. Bibliotecas de Autor- Biblioteca de Galicia, 26/08/2013.
  5. Arquivo da Emigración Galega (CCG)
  6. Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
  7. Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CCG)
  8. Líter Mayayo, Carmen. "Directorio de cartotecas y colecciones cartográficas" (PDF). BNE. p. 85.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Alejandro Barreiro Noya

Alejandro Barreiro Noya, nado en Santiago de Compostela o 4 de xuño de 1874 e finado na Coruña o 22 de novembro de 1948, foi un escritor e xornalista galego.

Antolín Faraldo

Antolín Faraldo Asorey, nado en Betanzos o 2 de setembro de 1822 e finado en Granada o 20 de xuño de 1853, foi un escritor e xornalista galego e un dos pais do movemento provincialista galego da primeira metade do século XIX e precursor do movemento literario.

Antonio de la Iglesia

Antonio María de la Iglesia González, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1822 e finado na Coruña en 1892, foi un escritor galego, fundamental no comezo do rexurdimento.

Benito Xerónimo Feijoo

Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, nado en Casdemiro (O Pereiro de Aguiar), o 8 de outubro de 1676 e finado en Oviedo o 26 de setembro de 1764, foi un relixioso bieito, escritor e pensador galego. Xunto co valenciano Gregorio Mayans constitúe a figura máis destacada da primeira Ilustración española. Está soterrado na igrexa de Santa María de la Corte (Oviedo). Escribiu unha serie de ensaios baixo o título de Teatro crítico universal (1726-1764), considerados como a obra cume da Ilustración en lingua castelá.

Casiano Martínez Fernández

Casiano Martínez Fernández, finado en Bouzas o 22 de xullo de 1925, foi un empresario e político galego.

Cidade da Cultura de Galicia

A Cidade da Cultura de Galicia (CDC) é un complexo arquitectónico, cultural e de entretemento que está a ser construído na cidade de Santiago de Compostela. O complexo naceu co propósito de reconciliar a conservación patrimonial coa produción de coñecemento, investigación, creación e consumo cultura. Está comunicada ao centro da cidade coa liña de autobús 9.

O complexo foi construído por Copasa e Necso (Acciona), San José con Dragados (ACS), e FCC. O seu orzamento era de 108 millóns de euros, a súa construción custou uns 300 millóns de euros, o custo total tería sido duns 500 millóns se fose rematado.

Editorial de los Bibliófilos Gallegos

Bibliófilos Gallegos foi unha editorial galega fundada en Santiago de Compostela en 1949.

Florentino López Cuevillas

Florentino López Alonso-Cuevillas, nado en Ourense o 14 de novembro de 1886 e finado na mesma cidade o 30 de xullo de 1958, foi un historiador e escritor galego. En 1968 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Está considerado o pai da arqueoloxía científica galega. Pertenceu ás Irmandades da Fala, a Xeración Nós e ao Seminario de Estudos Galegos, compaxinando a actividade desempeñada nestas institucións cunha discreta participación política en pro do galeguismo, na época en que se volveu nacionalista trala fase rexionalista.

Porén, o seu labor socio-político viuse profundamente trastornado trala guerra civil española e a chegada do franquismo, se ben continuou a divulgación da cultura galega a través da Real Academia Galega, da que foi membro numerario, e do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Como fixeron o resto de compañeiros da súa xeración, contribuíu á maduración da prosa galega, pero realmente polo que destacou foi polo seu intenso labor dentro do ámbito científico. Catapultado pola obra do alemán Hugo Obermaier (Impresiones de un viaje prehistórico por Galicia), Cuevillas acometeu a complexa tarefa de desenvolver o campo da arqueoloxía en Galicia co obxectivo de reconstruír e estudar unha parte do tempo que até aquel momento fora esquecida.

Félix Estrada Catoyra

Félix Domingo Estrada Catoyra, nado en Porto Príncipe (hoxe Camagüey), Cuba, o 26 de novembro de 1853 e finado na Coruña o 14 de marzo de 1938, foi un médico militar e escritor galego en lingua castelá, tesoureiro da Real Academia Galega.

Galiciana

Galiciana é a biblioteca dixital de Galicia. A súa xestión corre a cargo da Biblioteca de Galicia e ten como misión difundir e preservar o patrimonio documental e bibliográfico galego. Está impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

A Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, ou simplemente Gran Enciclopedia Gallega ou Gran Enciclopedia Galega, é unha enciclopedia de tema galego, editada primeiramente en castelán e despois en lingua galega. A versión en galego foi editada tamén en DVD.

LGTB

LGTB, ou LGBT, é a sigla de lesbianas, gais, transexuais/transxéneros e bisexuais. Aínda que é un termo controvertido, resulta o máis axeitado para integrar as distintas formas da liberdade sexual cós vocábulos, tamén ás veces empregados, homosexual ou lesbigai.O acrónimo LGTB é máis empregado en España[Cómpre referencia], mentres que LGBT é o máis usado en todo o mundo. O acrónimo GLBT é máis usado nos Estados Unidos e en Australia.

La Ilustración Gallega y Asturiana

La Ilustración de Galicia y Asturias, despois coñecida como La Ilustración Gallega y Asturiana e finalmente como La Ilustración Cantábrica foi unha revista ilustrada editada en Madrid entre 1878 e 1882.

Leopoldo Martínez Padín

Leopoldo Martínez Padín, nado en Tui o 21 de setembro de 1823 e finado en Madrid o 26 de marzo de 1850, foi un historiador, xornalista e poeta galego.

Manuel Curros Enríquez

Manuel Curros Enríquez, nado en Celanova o 15 de setembro de 1851 e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, foi un poeta e xornalista galego, un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1967.

Manuel Murguía

Manuel Antonio Martínez Murguía, nado no Froxel (Oseiro, Arteixo), o 17 de maio de 1833 e finado na Coruña o 1 de febreiro de 1923, foi un historiador galego que impulsou o Rexurdimento e creou a Real Academia Galega. No ano 2000 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Mestre Mateo

O Mestre Mateo (c. 1150 - c. 1200 ou c. 1217) foi un arquitecto e escultor galego, artífice da cripta e do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela, que estivo activo entre o 1161 e o 1217. Dise que está autoesculpido no propio pórtico. Tamén é autor do antigo coro pétreo da mesma catedral. Este coro desfíxose, pero agora estase tentando rematar de reconstruír.

Xosé Filgueira Valverde

Xosé Fernando Filgueira Valverde, nado en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e finado na mesma vila o 13 de setembro de 1996, foi un historiador, arqueólogo, antropólogo e escritor polígrafo galego, de abundante produción literaria e humanística.

Cofundou o Seminario de Estudos Galegos, dirixiu o Instituto Padre Sarmiento e o Museo de Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega. Persoa de fonda cultura humanista e de obra extensa e divulgativa nunha época na que as institucións que hoxe cumpren esa función non a cumprían ou non existían.

Adicóuselle o Día das Letras Galegas de 2015 polo seu traballo divulgativo a prol da lingua e da cultura galega. Trátase dunha figura que suscita controversia e ao mesmo tempo resulta un persoeiro fundamental no decorrer da cultura e literatura galegas ao longo do século XX.

Xosé Pérez Ballesteros

Xosé Pérez Ballesteros, nado en Santiago de Compostela o 30 de xuño de 1833 e falecido na Coruña o 30 de outubro de 1918, foi un escritor en lingua galega e lingua castelá, e investigador do folclore galego do rexurdimento, que participou no labor cultural do provincialismo e do rexionalismo, un dos corenta fundadores e primeiro tesoureiro da Real Academia Galega, considerado como un dos precursores. A súa obra máis destacada foi a edición, en tres tomos, do Cancionero popular gallego (1885-1886).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.