Biblioteca Virtual Galega

A Biblioteca Virtual Galega, tamén coñecida polas siglas BVG, é unha biblioteca dixital da Universidade da Coruña e a deputación provincial, accesible a través da Internet, estreada no ano 2002.[1]

Biblioteca Virtual Galega Universidade da Coruña

Descrición

Feita por especialistas en Filoloxía Galego-Portuguesa (dirixidos por María Pilar García Negro) e Informática (dirixidos por Nieves Rodríguez Brisaboa), conta cun amplo abano de autores e títulos e ten os obxectivos de:

Autores

Os contidos do sitio web son biografías e fragmentos de obras, en formato texto e mesmo gravacións de son e vídeo, de preto de 370 autores e autoras galegos:[2]

Notas

  1. Valcárcel, Marcos: "A crónica cultural de 25 anos". p. 209 en Galicia 25, unha cultura para un novo século (2008). CCG. ISBN 978-84-96530-73-7.
  2. No índice algúns aparecen varias veces baixo distintos nomes.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Dubnjakovic, A. e Tomlin, P. (2010). A Practical Guide to Electronic Resources in the Humanities. p. 187. Chandos. ISBN 978 1 84334 597 8 (en inglés).

Outros artigos

Ligazóns externas

Carmen Blanco García

Carmen Blanco García, nada en Lugo o 12 de maio de 1954, é unha escritora e feminista galega autora de poesía, narrativa e ensaio, e profesora da Universidade de Santiago de Compostela.

Participou dende os anos setenta no movemento de liberación das mulleres, e, como ensaísta, centrouse especialmente nas interrelacións de poder, muller, sexo, lugar, memoria, cultura, arte e literatura, temática na que profundizou nun camiño libertario na súa obra ensaística e literaria. Centrouse tamén en literatura e cultura galegas, tendo colaborado, asemade, en numerosos libros colectivos, actas de congresos, revistas especializadas e xornais.

Diccionario bio-bibliográfico de escritores

O Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores é unha obra enciclopédica de Antonio Couceiro Freijomil en lingua castelá. Trátase dunha referencia biobibliográfica de diferentes autores literarios que publicaron en Galiza. Foi editada de 1951 a 1954 en Santiago de Compostela pola Editorial de los Bibliófilos Gallegos, dentro da colección Enciclopedia Gallega. Inclúe 4169 entradas.

Dicionario biográfico de Galicia

O Dicionario biográfico de Galicia, en tres volumes, foi publicado a partir de novembro de 2010 por Ir Indo Edicións.

Diciopedia do século 21

A Diciopedia do século 21, subtitulada Dicionario enciclopédico da lingua galega e da cultura universal ilustrado, é un dicionario e enciclopedia universal, en tres volumes, editada no ano 2006 conxuntamente por Edicións do Cumio, Editorial Galaxia e Edicións do Castro.

Facho

Facho, mañiza de palla atada á que se lle prendía lume ou fogueira acesa nun alto que adoitaba usarse para avisar e guiar os mariñeiros que se atopaban no mar.

Galiciana

Galiciana é a biblioteca dixital de Galicia. A súa xestión corre a cargo da Biblioteca de Galicia e ten como misión difundir e preservar o patrimonio documental e bibliográfico galego. Está impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

A Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, ou simplemente Gran Enciclopedia Gallega ou Gran Enciclopedia Galega, é unha enciclopedia de tema galego, editada primeiramente en castelán e despois en lingua galega. A versión en galego foi editada tamén en DVD.

Literatura

A literatura é a arte de escribir. Segundo aparece no Dicionario de Autoridades de 1734, a literatura é "o coñecemento e ciencias das letras". En xeral, pódese entender como literatura calquera tipo de texto. Mesmo hai quen defende que se pode incluír calquera tipo de traballo baseado en símbolos, como a banda deseñada, as imaxes ou a escultura. Porén, considérase polo xeral que a literatura só son os textos escritos dunha certa calidade e de certos xéneros, excluíndo a banda deseñada, a novela romántica ou a "policías", por exemplo. Os temas son moi variados.

Considérase un xénero literario cada unha das manifestacións formais das obras literarias segundo unha clasificación que ten en conta a estrutura e o contido. Dende Platón e Aristóteles até case o século XIX, foron estabelecidos como básisoc tres xéneros, que partían da imitación e da descrición da natureza. Da primeira xorde o xénero dramático (traxedia, drama, comedia), da segunda o lírico (poesía) e da súa fusión, a épica.

Luís Pimentel

Luís Benigno Vázquez Fernández-Pimentel, máis coñecido como Luís Pimentel, nado en Lugo o 18 de decembro do 1895 e finado na mesma cidade o 13 de febreiro de 1958, foi un médico e destacado poeta galego de vangarda, escritor en lingua castelá e, puntualmente, en lingua galega, cunha bibliografía escasa e dispersa. Pertencente á xeración de 1925 e relacionado coa xeración do 27, nel apréciase unha síntese de movementos vangardistas de dentro e de fóra de Galiza. A súa obra fundamental apareceu en Sombra do aire na herba (1959).

A Real Academia Galega designouno como figura a ser homenaxeada no Día das Letras Galegas do ano 1990.

Marcial Valladares

Marcial Valladares Núñez, nado en Vilancosta (A Estrada) o 10 de xuño de 1821 e finado no mesmo lugar o 20 de maio de 1903, foi un xornalista, poeta, novelista e lexicógrafo galego. No ano 1970 a Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas.

Paco Martín

Francisco Martín Iglesias, coñecido como Paco Martín, nado no barrio de Recatelo, en Lugo, o 22 de febreiro de 1940, é un escritor en lingua galega e foi mestre de ensino primario durante case catro décadas, até a súa xubilación no ano 2000.

Pepe Carballude

Xosé Carballude Blanco, nado en Rubín (A Estrada) o 15 de agosto de 1956, é un escritor galego de literatura infantil e xuvenil.

Roberto Vidal Bolaño

Roberto Ignacio Vidal Bolaño, nado en Vista Alegre (Santiago de Compostela) o 31 de xullo de 1950 e falecido na mesma cidade o 11 de setembro de 2002, foi un autor, director e actor de teatro galego, pioneiro da dramaturxia profesional en Galicia.

Foi un dos líderes do Grupo Antroido, a primeira compañía teatral galega profesional, e con ela realizou unha gran cantidade de funcións, desenvolvendo diferentes tarefas como director, escritor, actor e iluminador, ademais de moitas outras. Escribiu preto de 30 obras de teatro e recibiu numerosos premios e recoñecementos polo seu traballo, o premio Abrente, o premio Álvaro Cunqueiro, o Rafael Dieste, o Eixo Atlántico e o Tirso de Molina, entre outros. Tamén participou en diferentes filmes e series de televisión, tanto como actor coma actor de dobraxe, axudando a dar pulo ós comezos do audiovisual galego.

No ano 2013 adicóuselle o Día das Letras Galegas.

Xavier Alcalá

Francisco Xavier Alcalá Navarro, máis coñecido como Xavier Alcalá, nado en Miguelturra (Cidade Real) o 19 de agosto de 1947, é un escritor galego. É irmán do arquitecto Alfredo Alcalá.

Xesús Rodríguez López

Xesús Rodríguez López, nado en Lugo o 28 de xullo de 1859 e finado o 24 de marzo de 1917, foi un médico e escritor en galego e castelán. Foi escritor de temas variados, pois ademais de obra literaria estrita, novela, teatro e poesía, acometeu tamén o ensaio.

Xosé Manuel Cabada

Xosé Manuel Cabada Vázquez, nado no lugar de Barro, parroquia de San Xurxo de Codeseda (A Estrada) o 6 de decembro de 1901 e finado en Linares (Provincia de Xaén) o 2 de abril de 1936, foi un prosista, poeta e político galego, pertencente a Xeración de 1922, membro das Irmandades da Fala, do Partido Galeguista e do Seminario de Estudos Galegos.

Álbum da Emigración

O Álbum da Emigración, creado a mediados de 2007, é un centro de documentación dixital en liña do Consello da Cultura Galega, que recupera as figuras máis destacadas das colectividades galegas en América.

Álbum da JAE

O Álbum da JAE é un proxecto en liña do Consello da Cultura Galega, que botou a andar no ano 2007, co gallo do centenario da fundación da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE).

Álbum de Mulleres

O Álbum de Mulleres é un centro de documentación dixital en liña do Consello da Cultura Galega, que botou a andar en decembro do ano 2005.

Artigos e entradas de obras de consulta

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.