Biblioteca Nacional de España

A Biblioteca Nacional de España é o centro depositario do Patrimonio Bibliográfico e Documental de España e a institución custodia unha rica colección histórica e todo tipo de publicacións producidas en territorio nacional desde comezos do século XVIII. Actualmente, este fondo documental está composto por máis de 26 millóns de pezas que inclúen libros, revistas, mapas, gravados, debuxos, partituras, folletos, etc.

Coordenadas: 40°25′24″N 3°41′23″O / 40.42333, -3.68972

Biblioteca Nacional de España
BNELogotipo
Plaza de Colón (Madrid) 02
Sede da Biblioteca Nacional de España e do Museo Arqueolóxico Nacional dende a Praza de Colón de Madrid.
Información xeral
Formación 29 de decembro de 1711
Sede central Paseo de Recoletos, Madrid, España
Orzamento 47.380.860 € (2010)
Sitio web
bne.es

Organización

A Biblioteca depende directamente do Ministerio de Cultura e do director xeral da mesma, que contan con un Real Padroado a quen a lei lle atribúe as facultades de «órgano superior consultivo» e que ten como estrutura estable un Consello de Dirección, unha Dirección Técnica e unha Xerencia.

Sedes

A súa sede principal sitúase no paseo do Prado, no chamado Palacio de Biblioteca e Museos Nacionais, un edificio que comparte co Museo Arqueolóxico Nacional. Ten ademais dende 1986 unha segunda sede en Alcalá de Henares.

Véxase tamén

Ligazóns externas

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre cultura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Alfredo Brañas

Alfredo José Francisco Higinio Brañas Menéndez, nado en Carballo o 11 de xaneiro de 1859 e finado en Santiago de Compostela o 21 de febreiro de 1900, foi un escritor e ideólogo do rexionalismo galego decimonónico.

Antón Iglesias Vilarelle

Antón Iglesias Vilarelle, nado en Santiago de Compostela o 17 de xaneiro de 1891 e finado en Pontevedra o 11 de maio de 1971, foi un mestre e músico galego.

Biblioteca

Biblioteca (do grego βιβλιοϑήκη, composto de βιβλίον, "libro", e ϑήκη "caixa, depósito"), na definición tradicional do termo, é un espazo físico en que se gardan libros. De maneira mais ampla, biblioteca é todo espazo (concreto, virtual ou híbrido) destinado a unha colección de informacións de calquera tipo, sexan escritas en papel (novelas, monografías, enciclopedias, dicionarios, manuais etc) ou dixitalizadas e almacenadas noutros tipos de soportes físicos, tales como CD, VHS, DVD ou bases de dados informatizadas. Máis recentemente, as bibliotecas enténdense como unha extensión mais alá das paredes físicas dun edificio, coa inclusión de material accesible por medios electrónicos, e proporcionando información e axuda a través do acceso a cantidades enormes de información e coñecemento por medio dunha gran variedade de instrumentos dixitais.

Por extensión, o termo biblioteca aplícase tamén a un conxunto de libros, ou a o moble onde se colocan libros.

A disciplina que rexe o funcionamento das bibliotecas é a Bibliotecoloxía, que é o conxunto de actividades técnicas e científicas que ten como finalidade o coñecemento da información, dos materiais en que se presenta e do lugar en que se fai uso dela, para con isto responder mellor en calidade e cantidade ás demandas de información que fai a sociedade.

O Emperador Constantino reuniu máis de 6900 volumes na biblioteca por el fundada en Constantinopla a cal contaba 100.000 á morte do Emperador Teodosio II e foi incendiada no ano 477.

Biblioteca Virtual de Prensa Histórica

A Biblioteca Virtual de Prensa Histórica (BVPH) é unha hemeroteca dixital española.

Fundada en 2009 e xestionada polo Ministerio de Cultura e Deporte de España, dixitalizou numerosas publicacións periódicas, desde o século XVIII até o XXI. Nela recóllense fondos de diversas comunidades autónomas. A BVPH, que en 2013 contaba con 2037 títulos, compleméntase coa Hemeroteca Dixital da Biblioteca Nacional de España. Dispón de tecnoloxía ALTO (Analyzed Layout Text Object) para a procura de cadeas de texto.

Don Quixote da Mancha

Don Quixote da Mancha (en castelán: Don Quijote de la Mancha), é unha novela escrita por Miguel de Cervantes. Publicada a súa primeira parte co título de O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha (en castelán: El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha) a comezos de 1605, é a obra máis destacada da literatura española e unha das principais da literatura universal. En 1615 apareceu a súa continuación baixo o título de Segunda parte del ingenioso caballero don Quijote de la Mancha. O Quixote de 1605 publicouse dividido en catro partes; pero semella que o Quixote de 1615 en calidade de Segunda parte da obra, quedou revocada de feito a partición en catro seccións do volume publicado dez anos antes por Cervantes.É a primeira obra xenuinamente desmitificadora da tradición cabaleiresca e cortés polo seu tratamento chanceiro. Representa a primeira novela moderna e a primeira novela polifónica; como tal, exerceu un enorme influxo en toda a narrativa europea. Por considerarse «o mellor traballo literario xamais escrito», encabezou a lista das mellores obras literarias da historia, que se estabeleceu coas votacións de cen grandes escritores de 54 nacionalidades a petición do Club Noruegués do Libro en 2002; así, foi a única excepción na estrita orde alfabética que se dispuxo.Foi traducido ó galego en 1990 por Xela Arias, Valentín Arias, Xosefa S. Fernández, A. Palacio Sánchez, Xavier Senín e Xesús Senín (Xuntanza, ISBN 84-86614-64-3).

El Imparcial (1867)

El Imparcial foi un diario de ideoloxía liberal fundado polo galego Eduardo Gasset y Artime o 16 de marzo de 1867 e desaparecido en 1933. Foi un dos primeiros diarios de empresa, en contraposición aos diarios de partido.

Emilia Calé

Emilia Calé Torres Sanjurjo (asinou Emilia Calé y Torres de Quintero despois de casada) nada na Coruña o 12 de febreiro de 1837 e finada en Madrid o 18 de setembro de 1908, foi unha narradora, poetisa, dramaturga e xornalista galega en lingua castelá. Empregou, en ocasións, o pseudónimo de Esperanza.

Enrique Labarta Pose

Enrique Labarta Pose, nado en Baio (Zas) o 22 de xullo de 1863 e finado en Barcelona o 13 de maio de 1925, foi un escritor e xornalista galego en lingua castelá e lingua galega. Fundou e dirixiu xornais e revistas. A súa obra, fundamentalmente poesía e contos, caracterízase por unha sátira humorística moi marcada. O profesor Ricardo Carballo Calero encadrouno entre Os epígonos, xunto con Manuel Lugrís Freire, Salvador Cabeza de León e Juan Armada Losada, entre outros. Foi coñecido polo sobrenome de Quevedo galego.

Fundación Juan March

A Fundación Juan March é unha instituión fundada en 1955 polo financeiro mallonquín Juan March, a imitación da Fundación Rockefeller e a Fundación Carnegie, para promover a ciencia e a cultura.

Galiciana

Galiciana é a biblioteca dixital de Galicia. A súa xestión corre a cargo da Biblioteca de Galicia e ten como misión difundir e preservar o patrimonio documental e bibliográfico galego. Está impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

Hemeroteca

Unha hemeroteca é a colección de material impreso de publicación diaria ou periódica. Isto corresponde a diarios, revistas e outros medios de prensa escrita.

Polo xeral corresponden a unha sección dunha biblioteca que garda e serve ó público diarios e demais publicacións periódicas, pero tamén son as coleccións ou fondos dos propios medios que os editan.

Isorna, Rianxo

Santa María de Isorna é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 666 habitantes (320 homes e 346 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 795 habitantes.

Jaime Balmes

Jaime Balmes, nado en Vic o 28 de agosto de 1810 e finado ibídem o 9 de xullo de 1848, foi un filósofo, teólogo, apoloxista, sociólogo e tratadista político catalán.

Joaquín Yáñez

Joaquín Yáñez Rodríguez, nado en Vigo o 20 de agosto de 1814 e finado o 5 de setembro de 1892, foi un avogado, xornalista, historiador, empresario e político galego, alcalde de Vigo e presidente da Deputación Provincial de Pontevedra.

Marcelino Menéndez Pelayo

Marcelino Menéndez Pelayo, nado en Santander o 3 de novembro de 1856 e finado na mesma cidade o 19 de maio de 1912, foi un escritor, político e erudito español, consagrado fundamentalmente á historia das ideas, a crítica e historia da literatura española e hispanoamericana e a filoloxía hispánica en xeral, aínda que tamén cultivou a poesía, a tradución e a filosofía, irmán do escritor Enrique Menéndez Pelayo.

Montoro

Montoro é un municipio español da provincia de Córdoba, Andalucía. No ano 2008 tiña 9.895 habitantes. A súa extensión superficial é de 586 km² e ten unha densidade de 16,4 hab./km². Atópase situada a unha altitude de 195 metros e a 41 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.

Rodrigo Díaz de Vivar

Rodrigo Díaz de Vivar, coñecido nas crónicas latinas como Campidoctor e na literatura castelá como El Campeador, Mio Cid ou El Cid (do árabe andalusí Sayyid, señor)., nado contra o 1043 e finado en 1099, foi un militar castelán.

Santaella

Santaella é un concello andaluz da provincia de Córdoba. No ano 2010 tiña 6.182 habitantes. A súa extensión superficial é de 272 km² e ten unha densidade de 22,72 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 38º 34' N, 4º 50' O. Atópase a unha altitude de 238 metros e a 43 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.

Virtual International Authority File

O Ficheiro de Autoridades Virtual Internacional, en inglés Virtual International Authority File (VIAF) é un proxecto de bibliotecas nacionais e operado polo Online Computer Library Center (OCLC) para unir os ficheiros de autoridade virtual de diversas bibliotecas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.