Biblioteca Galega 120

A Biblioteca Galega 120 é unha colección de reedicións de 120 libros de autores galegos en lingua galega, distribuída por La Voz de Galicia, da que se venderon máis de catro millóns e medio de exemplares. Na iniciativa colaboraron Edicións Xerais de Galicia, a Editorial Galaxia, Espiral Maior, Edicións Laiovento, Ediciones SM, Ir Indo, Sotelo Blanco Edicións e Ediciós do Castro.[1]

BG120 Crítica e autores I
A colección inclúe dous volumes de Crítica e autores.

Descrición

O acto de presentación, por parte de Santiago Rey Fernández-Latorre, acompañado polo presidente do Consello da Cultura Galega Carlos Casares e o presidente da Real Academia Galega Xosé Ramón Barreiro, tivo lugar o 4 de xaneiro de 2002. Dirixida por Tucho Calvo, foi distribuída por La Voz de Galicia nos anos 2002-2003,[2] co gallo do 120 aniversario da fundación do xornal.

A media de difusión estivo entre os corenta mil e corenta e cinco mil exemplares por título, sendo os máis vendidos Follas novas de Rosalía de Castro e Sempre en Galiza de Castelao.[1]

Autores e títulos da colección:[3]

Biblioteca Galega 120, lombos
Lombos dalgúns exemplares da biblioteca.

Recoñecementos

Obtivo o Premio da Crítica Galicia á mellor iniciativa cultural na XXVI edición (ano 2003).[4]

Notas

  1. 1,0 1,1 "Os galegos adquiriron 4,5 millóns de libros da Biblioteca Galega 120". La Voz de Galicia. 26/10/2002.
  2. "Remata a Biblioteca 120, «a gran obra de espallamento da cultura de Galicia»". La Voz de Galicia. 13/2/2003.
  3. Biblioteca Galega 120 en Internet Archive.
  4. Páxina web da Fundación Premios da Crítica Galicia

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Abellas de ouro

Abellas de ouro é un libro de Xosé Lesta Meis, publicado por primeira vez en 1930, pola Editorial Nós, con prólogo de Antón Villar Ponte e portada de Álvaro Cebreiro.

Agosto do 36

Agosto do 36 é unha novela do escritor Xosé Fernández Ferreiro, publicada en 1991 por Edicións Xerais logo de acadar o Premio Xerais. Foi reeditada en 2002, na Biblioteca Galega 120, e reimpresa en diversas ocasións

Alfredo Conde

Alfredo Conde Cid, nado en Allariz o 6 de xaneiro de 1945, é un escritor e político galego en lingua galega e máis tarde exclusivamente en lingua castelá.

Antonio López Ferreiro

Antonio López Ferreiro, nado en Santiago de Compostela o 9 de novembro de 1837 e finado en Vedra o 20 de marzo de 1910, foi un escritor e historiador galego. En 1978 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Antonio Reigosa

Antonio Reigosa Carreiras, nado en Zoñán (Mondoñedo) o 15 de agosto de 1958, é un escritor, conferenciante e investigador da mitoloxía popular e da literatura galega de tradición oral.

Antón Tovar

Non confundir con Antonio Tovar Llorente (Valladolid 1911-1985), filólogo, lingüista e historiador.Antón Tovar Bobillo, nado na Pereira, Rairiz de Veiga, en 1921 e falecido en Ourense o 16 de xuño de 2004, foi un poeta galego que escribiu en lingua castelá e lingua galega, encadrado na chamada promoción de enlace. A súa obra está marcada polo pesimismo, o sentimento poético sincero e auténtico, o existencialismo, o intimismo e a preocupación social, ademais da baldía procura de deus. Foi membro correspondente e de honra da Real Academia Galega.

Aquilino Iglesia Alvariño

Aquilino Iglesia Alvariño, nado na Pedrosa (Seivane de Vilarente, Abadín) o 12 de xuño de 1909 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1961, foi un dos poetas máis significativos do século XX en lingua galega. No ano 1986 adicóuselle o Día das Letras Galegas.

Arredor de si

Arredor de si é unha novela escrita por Ramón Otero Pedrayo, publicada en 1930 pola Editorial Nós.

As crónicas do sochantre

As crónicas do sochantre é un libro de Álvaro Cunqueiro publicado en 1956 por Editorial Galaxia, e actualmente é un clásico da literatura galega. A obra xunta varias historias de misterio e crime. Está ambientada nos tempos da Primeira República Francesa, e narra as viaxes do sochantre de Pontivy polos camiños da Bretaña acompañado dunha comitiva de finados contadores de historias.

Enrique Labarta Pose

Enrique Labarta Pose, nado en Baio (Zas) o 22 de xullo de 1863 e finado en Barcelona o 13 de maio de 1925, foi un escritor e xornalista galego en lingua castelá e lingua galega. Fundou e dirixiu xornais e revistas. A súa obra, fundamentalmente poesía e contos, caracterízase por unha sátira humorística moi marcada. O profesor Ricardo Carballo Calero encadrouno entre Os epígonos, xunto con Manuel Lugrís Freire, Salvador Cabeza de León e Juan Armada Losada, entre outros. Foi coñecido polo sobrenome de Quevedo galego.

Manuel García Barros

Manuel García Barros ("Ken Keirades"), nado en Ulla (Berres, A Estrada) o 16 de novembro de 1876 e finado en Callobre (A Estrada) o 11 de abril de 1972, foi un escritor e xornalista galego.

Manuel Luís Acuña

Manuel Luís Acuña Sarmiento, nado en Sobrado (A Pobra de Trives) o 3 de outubro de 1899 e finado en Ourense o 19 de agosto de 1975, foi un xornalista e poeta galego.

Marcial Valladares

Marcial Valladares Núñez, nado en Vilancosta (A Estrada) o 10 de xuño de 1821 e finado no mesmo lugar o 20 de maio de 1903, foi un xornalista, poeta, novelista e lexicógrafo galego. No ano 1970 a Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas.

Marina Mayoral

Marina Mayoral Díaz, nada en Mondoñedo o 12 de setembro de 1942, é unha escritora galega en galego e castelán.

Raúl Dans

Raúl Dans Mayor, nado na Coruña en 1964, é un dramaturgo, guionista e actor de dobraxe.

Víctor Freixanes

Víctor Fernández Freijanes, máis coñecido como Víctor Freixanes, nado o 24 de agosto de 1951 en Pontevedra, é un xornalista, editor e escritor galego. É irmán do pintor Xosé Freixanes. En 2017 foi elixido presidente da Real Academia Galega.

Xosé Luís Franco Grande

Xosé Luís Franco Grande, nado en Tebra (Tomiño) o 17 de febreiro de 1936, é un escritor e avogado galego. Membro de número da Real Academia Galega dende o 1998.

Xosé Miranda

Xosé Miranda Ruiz, nado en Lugo o 18 de decembro de 1955, é un escritor galego.

Xoán Ramiro Cuba

Xoán Ramiro Cuba Rodríguez, nado en Lugo o 20 de xaneiro de 1958, é un escritor galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.