Biblioteca Básica da Cultura Galega

A Biblioteca Básica da Cultura Galega é un produto editorial formado por unha colección de cincuenta libros, en lingua galega, publicados dende 1982 pola Editorial Galaxia, co patrocinio das deputacións de Galicia.

Biblioteca Básica da Cultura Galega, 01, A Xeografía, Augusto Pérez Alberti Biblioteca Básica da Cultura Galega, 02, A Historia, Ramón Villares Biblioteca Básica da Cultura Galega, 04, A arte, Carmen Pena López
Biblioteca Básica da Cultura Galega, 05, Historia da literatura, F. Fernández del Riego Biblioteca Básica da Cultura Galega, 06, Ensaio Histórico sobre a Cultura Galega, R. Otero Pedrayo Biblioteca Básica da Cultura Galega, 08, Galicia Románica, I. G. Bango Torviso
Biblioteca Básica da Cultura Galega, 13, O mar e os ríos, Xaquín Lorenzo Biblioteca Básica da Cultura Galega, 14, Os oficios, Xaquín Lorenzo Biblioteca Básica da Cultura Galega, 15, Cancioneiro Popular Galego, Ramón Cabanillas
Biblioteca Básica da Cultura Galega, 16, Refraneiro galego básico, Xesús Ferro Ruibal Biblioteca Básica da Cultura Galega, 17, Lendas Galegas de Tradición Oral, X. M. González Reboredo Biblioteca Básica da Cultura Galega, 18, Contos Populares, Maruxa Barrio e Enrique Harguindey
Biblioteca Básica da Cultura Galega, 19, Cántigas populares, Dorothé Schubarth e Antón Santamarina Biblioteca Básica da Cultura Galega, 20, Romarías e Santuarios, Antonio Fraguas Biblioteca Básica da Cultura Galega, 21, A cociña galega, Álvaro Cunqueiro
Biblioteca Básica da Cultura Galega, 22, A Galicia Campesina, Benxamín Casal Biblioteca Básica da Cultura Galega, 23, A Galicia Mariñeira, Uxío Labarta Biblioteca Básica da Cultura Galega, 25, A Emigración, Carlos Sixerei Paredes
Biblioteca Básica da Cultura Galega, 26, Pensamento Galeguista do Século XIX, F. Fernández del Riego Biblioteca Básica da Cultura Galega, 27, Pensamento Galeguista do Século XX, F. Fernández del Riego Biblioteca Básica da Cultura Galega, 36, Obra Completa, L. Amado Carballo
Biblioteca Básica da Cultura Galega, 37, Escolma Poética, V. Lamas Carvajal Biblioteca Básica da Cultura Galega, 39, Escolma de Poesía, A. Iglesia Alvariño Biblioteca Básica da Cultura Galega, 40, Vilardevós, Silvio Santiago
Biblioteca Básica da Cultura Galega, 43, O fidalgo e outras narracións Biblioteca Básica da Cultura Galega, 44, Prosas Galegas, Florentino L. Cuevillas Biblioteca Básica da Cultura Galega, 47, Escola de menciñeiros, Álvaro Cunqueiro
Algunhas das cubertas da colección.

Descrición

Inda que o proxecto xa estaba moi avanzado cando Carlos Casares chegou á Galaxia, a selección de títulos fixérona el e Ramón Piñeiro, pretendendo que un público amplo coñecese as obras literarias de cabeceira de Galicia, por iso aparecen autores do Rexurdimento, da Xeración Nós, e tamén escritores consagrados do momento. A selección enriquecíase con manuais de historia da literatura, lingua, cultura popular, economía, socioloxía, antoloxías, escolmas e vocabularios, coma a gramática de Álvarez, Monteagudo e Regueira.[1]

Orixinalmente de encadernación rústica, en tapa branda ilustrada, o deseño das cubertas foi obra de Francisco Mantecón Rodríguez e Manuel Janeiro Casal

As temáticas tratadas son: Galicia; Cultura Histórica; Cultura Popular; Economía e Socioloxía; Galeguismo e Literatura.

Unha biblioteca basada nos feitos históricos, nos datos económicos, nas manifestacións estéticas e nas creacións populares da comunidade galega. Unha cultura cimentada na claridade e ao servicio de todos.[2]

Edición de 1995

En 1995, publicada conxuntamente por Galaxia e Ir Indo e patrocinada pola Compañía de Radio-Televisión de Galicia e Caixa Galicia, fíxose unha edición de luxo, encadernada en tapa dura, símil pel, co nome na portada de Biblioteca da Cultura Galega, na que o ordenamento e a selección de títulos variou levemente.[3]

Notas

  1. Villanueva Gesteira, María Dolores: "Casares e Galaxia, Casares en Galaxia" Arquivado 12 de xullo de 2016 en Wayback Machine., páxina 36 en Grial n.º 196, 2012.
  2. Contraportadas.
  3. Entrada "Biblioteca Básica da Cultura Galega" na EGU e no DEGU.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

A cociña galega

A cociña galega é un libro de Álvaro Cunqueiro publicado en 1973 por Galaxia e reeditado en varias ocasións pola mesma editorial (3ª edición en 1980). Foi incluído despois na Biblioteca Básica da Cultura Galega (1983), 168 páxs. ISBN 978-84-7154-441-4. Foi traducido ao castelán como Cocina gallega (1982), Everest. A mesma Galaxia publicou en 2004 La cocina gallega.

Aquilino Iglesia Alvariño

Aquilino Iglesia Alvariño, nado na Pedrosa (Seivane de Vilarente, Abadín) o 12 de xuño de 1909 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1961, foi un dos poetas máis significativos do século XX en lingua galega. No ano 1986 adicóuselle o Día das Letras Galegas.

Augusto Pérez Alberti

Augusto Pérez Alberti, nado en Tortosa o 18 de novembro de 1947, é un xeógrafo galego.

Benxamín Casal

Benxamín Casal Vila, nado o 12 de xaneiro de 1935 en Lugo e finado o 30 de agosto de 2013 na mesma cidade, foi un intelectual, escritor, economista e político galego.

Biblioteca Galega 120

A Biblioteca Galega 120 é unha colección de reedicións de 120 libros de autores galegos en lingua galega, distribuída por La Voz de Galicia, da que se venderon máis de catro millóns e medio de exemplares. Na iniciativa colaboraron Edicións Xerais de Galicia, a Editorial Galaxia, Espiral Maior, Edicións Laiovento, Ediciones SM, Ir Indo, Sotelo Blanco Edicións e Ediciós do Castro.

Carlos Sixirei

Carlos Sixirei Paredes, nado en Santiago de Compostela o 1 de xuño de 1949, é un historiador galego.

Dorothé Schubarth

Dorothé Schubarth nada en Basilea en 1944, é unha musicóloga e compositora suíza, onde fixo estudos musicais, ampliados logo en Colonia e Múnic. Rexistrou, xunto con Antón Santamarina, o Cancioneiro Popular Galego.

Editorial Galaxia

A Editorial Galaxia é unha editorial galega fundada en 1950 e radicada en Vigo. O seu director xeral é Francisco Castro.

Escola de menciñeiros

Escola de menciñeiros é unha obra narrativa en galego, escrita por Álvaro Cunqueiro, publicada por Galaxia en 1960 e máis tarde incluída na Biblioteca Básica da Cultura Galega.

Relata a vida dos menciñeiros e os costumes galegos das primeiras décadas do século XX.

Francisco Fernández del Riego

Francisco Fernández del Riego, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913, e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010 ós 97 anos, foi un intelectual galego. Escribiu cos pseudónimos de Salvador Lorenzana e Cosme Barreiros. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.

Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números. Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega. Fernández del Riego pertence á xeración de intelectuais xurdidos arredor do grupo Nós.

Henrique Harguindey

Henrique Harguindey Banet, nado en Lugo o 4 de xaneiro de 1946, é un escritor e tradutor galego.

Isidro Bango Torviso

Isidro Gonzalo Bango Torviso, nado en Ferrol o 9 de outubro de 1946, é un historiador da arte, especializado na arte románica e prerrománica.

Maruxa Barrio

Maruxa Barrio Val, nada en Agolada o 12 de setembro de 1949, é unha mestra e escritora galega.

O porco de pé

O porco de pé é unha novela satírica de Vicente Risco publicada en 1928 pola Editorial Nós, ambientada nunha vila ourensá a comezos do século XX.

Ramón Villares

Ramón Villares Paz, nado en Cazás (Xermade) o 12 de xaneiro de 1951, é doutor en Historia desde 1980 e foi presidente do Consello da Cultura Galega dende o 20 de abril de 2006 ata o ano 2018.

Sombra do aire na herba

Sombra do aire na herba é un libro de corenta e dous poemas do lugués Luís Pimentel (1895-1958), no que aparece a súa obra fundamental. Publicouse postumamente, en 1959, pola Editorial Galaxia, ao ano seguinte do pasamento do autor,

Xaquín Lorenzo

Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas, nado en Ourense o 23 de xuño de 1907 e finado en Facós (Lobeira) o 18 de xullo de 1989, foi unha personalidade senlleira da cultura e da etnografía galegas, membro do Seminario de Estudos Galegos e da Real Academia Galega e principal impulsor da creación do Museo do Pobo Galego. En anos consecutivos recibiu o Premio Otero Pedrayo (1982), o Premio Trasalba (1983) e a Medalla Castelao (1984). Postumamente a RAG dedicoulle o Día das Letras Galegas, no ano 2004, homenaxe que a Xunta de Galicia asumiu declarando o 2004 como Ano Xaquín Lorenzo.

Xesús Ferro Ruibal

Xesús Ferro Ruibal, nado en Rebón (Moraña) o 28 de setembro de 1944, é un lingüista, teólogo, latinista e escritor galego.

Álvaro Cunqueiro

Álvaro Patricio Cunqueiro Mora-Montenegro (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e de toda a literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965. Investírono doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela en 1980 e recibiu o Pedrón de Ouro no mesmo ano. Tamén en 1980 apareceu o I volume da súa Obra completa, e postumamente os volumes II (1982) e III (1983). En 1991 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Ao longo da súa vida chegou a usar os seguintes pseudónimos: Al Farish ibn Iaquim Al Galizi, Álvaro Labrada, Ariel García, Benito Moirón, Carlos Sobrado, Cristóbal Xordán, M. Mª Seoane, Manuel da Fonte, Mark Tapley, Patricio Mindonio, Patricio Mor, X. Berenguer, Xusto Cabarcos, Filón o Mozo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.