Biblia hebrea

As expresións Biblia hebrea ou Biblia hebraica (latín: Biblia hebraica) son usadas para referirse de modo xenérico ós libros da Biblia escritos orixinalmente en hebreo e arameo antigos e que forman parte do canon xudeu chamado Tanak. Tamén pode referirse ó conxunto de libros chamado de antigo testamento, usado por algunhas denominacións cristiáns evanxélicas, mais que non inclúen as partes deuterocanónicas do Antigo Testamento e o Anagignoskomena ortodoxo).[1][2] O termo non implica ningún xénero de denominación, numeración ou ordenación de libros, que é moi variable. (Véxase Canon bíblico).[3]

No estudo erudito contemporáneo, é común referirse polo termo a unha das tres edicións da obra publicada por Rudolf Kittel. Neste contexto é frecuente a abreviatura BH, ou BHK (K por Kittel), ou (onde se refiren ás distintas edicións), BH1, BH2 e BH3.[4] As primeiras dúas edicións apareceron entre 1906 e 1913, respectivamente; a diferenza entre elas é leve, salvo por unha lista de pequenas rectificacións na segunda. Esta segunda edición foi reimpresa varias veces. Vense tamén notas que engaden extractos da Tora samaritana, da Septuaxinta, da Vulgata e da Peshitta. Na terceira edición reproduciuse o texto hebreo atopado no Códice de Leningrado, o cal é o mesmo que serviu de fonte para a Biblia Hebraica Stuttgartensia.[5]

Ó lado da tradición, algúns estudos apuntan que os libros que compoñen a Biblia hebrea desenvolveranse ó longo de aproximadamente un milenio, e os textos máis antigos parecen vir do século XI a.e.c. ou do século X a.e.c., restando que os demais parecen ter orixe un pouco máis nova. Esas obras foron compostas pola compilación de escrituras intricadas e coidadosamente postas en conxunto e secuencia.[6]

Dende o século XIX, a maioría dos estudosos coinciden afirmar que o Pentateuco ou Torá, os cinco primeiros libros, foi composto por catro fontes, J (Iavista), D (Deuteronomista), E (Eloísta) e P (Sacerdotal), que foron combinados para formar tal grupo nalgún período ó redor do século VI a.e.c. Esta teoría é agora coñecida como a hipótese documentaría, e foi a teoría dominante nos últimos douscentos anos. Do autor deuteronomista queda acreditada a autoría do libro de Deuteronomio, e tamén díxose que é o autor ou fonte dos libros de Xosué, Xuíces, Samuel e Reis (a historia deuteronomista, ou DtrH) e tamén no libro de Xeremías.[7]

Targum
Biblia hebrea con targum en arameo, manuscrito do século XI. Presenta o texto do Libro do éxodo (12:25-31) en caracteres hebreos.

Notas

  1. "Cultura Hebrea" (en castelán). Consultado o 25 de decembro de 2016.
  2. Tabet 2003, p. 245.
  3. Tabet 2003, p. 19.
  4. "Hebreo" (en castelán). Recursos Teológicos. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2017. Consultado o 25 de decembro de 2016.
  5. Tabet 2003, p. 231.
  6. Gabel & Wheeler 2003, p. 94.
  7. Gabel & Wheeler 2003, p. 90.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Tabet, Miguel Ángel (2003). Introducción general a la Biblia (en castelán). Madrid: Palabra.
  • Gabel, John; Wheeler, Charles (2003). A Bíblia como literatura (en portugués). São Paulo: Loyola.

Ligazóns externas

Amén

Amén (en hebreo אָמֵן; así sexa; verdadeiramente) é unha palabra que aparece na Biblia Hebrea e no Novo Testamento como declaración de afirmación que se no xudaísmo desde os seus máis antigos textos e que o cristianismo adoptou, converténdose nunha das aclamacións litúrxicas máis frecuentes e que se emprega para rematar oracións e himnos; adoptado tamén no islam emprégase no Corán e mais é a conclusión habitual da duʿāʾ (súplica).

Antigo Testamento

O Antigo Testamento ou as Escrituras Hebreas (tamén chamadas a Biblia Hebrea) é a primeira parte da Biblia cristiá, que explica a historia desde a creación da Terra ata última profecía da vida do mesías, realizada 400 anos antes da era cristiá. Os xudeus, porén, utilizan o nome Tanakh para referírense ao Antigo Testamento, e aínda que contén os mesmos libros que o Antigo Testamento canónico cristián, non coincide na orde nin no nome destes.

A designación "Antigo Testamento" provén do grego ῾Η Παλαιά Διαθήκη, he Palaiá Diathéke, que significa "antigo pacto", en referencia ao antigo pacto de Deus coa humanidade (principalmente co pobo elixido de Israel) por medio do que viría o mesías a salvalos.

Arameo bíblico

Arameo bíblico, ou lingua aramea bíblica, é unha forma da lingua aramea que foi utilizada nos libros de Daniel, Ezra e nalgúns treitos da Biblia hebrea. Non debe ser confundido coas paráfrases arameas, explicacións e expansións das escrituras xudías, que son coñecidas como targumim.

Circuncisión

A circuncisión é a extirpación ou amputación do prepucio do pene, o que deixa ao descuberto a glande. As causas máis frecuentes de circuncisión son os motivos relixiosos, culturais ou médicos. En 2006, segundo estimacións da OMS, o 30% dos homes do mundo eran circuncisos .

Cábala

Cábala (hebreo: קַבָּלָה, cabalá: "recibimento") é o conxunto de tradicións e practicas místicas do xudaísmo, que busca, por medio de métodos esotéricos, explicar os segredos da Creación e lograr coñecementos ocultos das escrituras sagradas. Un cabalista tradicional coñécese como Mekubal (hebreo: מְקוּבָל).Sucede, porén, que outras prácticas inspiradas na cábala pretenden estender e adaptar o seu contido, segundo esas outras relixións ou doutrinas. Así, definicións da cábala varían de acordo coa tradición e obxectivos daqueles que lle seguen. De feito, trátase dun conxunto de ensinanzas esotéricos que teñen o obxectivo de explicar a relación entre un inmutable, eterno e misterioso Ein Sof (sen límites) e o universo mortal e finito (creación). Búscase definir a natureza do universo e do ser humano, a natureza e o propósito da existencia, e diversas outras cuestións ontolóxicas. Tamén presenta métodos para auxiliar a comprensión deses conceptos e, así, atinxir a realización espiritual.A verdadeira cabalá xurdiu dentro do pensamento xudaico, e as súas fontes clásicas son todas elas ensinanzas de personaxes históricos e, ás veces, míticos, dende Adán - o primeiro home - que explicaron algún concepto esotérico. Eses ensinos son mantidos polos xudeus adeptos para definir os significados máis profundos da Biblia hebrea e da literatura rabínica tradicional, segundo a súa dimensión transmitida anteriormente escondida, ben como explicar o significado dos preceptos relixiosos xudaicos.Os seus adeptos cren que as súas orixes son anteriores a tódalas relixións do mundo, formando o modelo primordial para filosofías de creación, as relixións, as ciencias, a arte, e sistemas políticos. Historicamente, a cábala xurdiu, despois de formas anteriores de misticismo xudaico, os séculos XII e XIII, no Sur da Francia e da España, sendo máis unha vez reinterpretadas durante o renacemento místico xudeu da Palestina otomá durante o século XVI. A súa prácticas foron popularizadas dentro da vertente do xudaísmo piadoso do século XVIII en diante.

Hebreo bíblico

O Hebreo bíblico (en hebreo: עִבְרִית מִקְרָאִית Ivrit Miqra'it ou לְשׁוֹן הַמִּקְרָא Leshon ha-Miqra), tamén coñecido como Hebreo clásico, é unha forma arcaica da lingua hebrea, un idioma caanita-semítica falada polos israelitas na área coñecida como Israel, situada entre o río Xordán e o mar Mediterráneo. O termo hebreo non foi utilizado para referirse a esta lingua na Biblia, que se refire a ela como שפת כנען (linguaxe de Canaan) ou יהודית (xudeu, xudaíta), pero o nome foi utilizado polos gregos e nos textos da Mishná.As orixes da hebreo remóntanse epigráficamente arredor do século X a. C. e a fala desta lingua persistiu durante e despois do período do Segundo Templo, que rematou co sitio de Xerusalén do ano 70.

O hebreo bíblico rexistrado no Biblia hebrea reflicte varias etapas da lingua na súa raíz semítica, así como un sistema vocálico que foi engadido durante a Idade Media polos masoretas.

Existen algunhas evidencias de variacións dialectais rexionais, incluíndo diferenzas entre o hebreo bíblico falado na rexión norte, o Reino de Israel e a rexión sur, o Reino de Xudá. O texto consonántico foi transmitido mediante os manuscritos, e someteuse a redacción durante o período do Segundo Templo de Xerusalén, pero algúns dos seus fragmentos máis antigos (partes do libro de Amos, libro de Isaías, libro de Oseas e libro de Miqueas) poden datarse entre finais do século VIII e comezos do -VII a. C.

Libro de Xudit

O Libro de Xudit é un libro deuterocanónico bíblico do Antigo Testamento. Non forma parte da Biblia hebrea e polo tal os protestantes considérano apócrifo mentres os católicos recoñecérono como canónico no sínodo do ano 382 e os ortodoxos no concilio do ano 692. Escrito orixinalmente en hebreo, non se conserva a versión orixinal, o texto máis antigo conservado está en grego pero a versión máis difundida foi a latina da Vulgata. O libro conta a historia de Xudit, unha viúva hebrea de gran beleza, que no transcurso da guerra de Israel contra os asirios descobre que o xeneral invasor, Holofernes, está namorado dela. Acompañada da súa criada, a viúva entra na tenda do xeneral e engánao para que que confíe nela. Cando Holofernes dorme por efecto do alcohol, Xudit córtalle a cabeza, confundindo ao exército asirio e obtendo a vitoria para Israel.

Lingua hebrea

O hebreo ou hebraico (en hebreo: עִבְרִית ʿIvrit) é unha lingua semítica da familia lingüística afroasiática. Historicamente, é a lingua dos israelitas e dos seus antergos, malia que a lingua non aparece co nome de hebreo no Tanakh. No Tanakh (Biblia xudía), a lingua é chamada "yehudit" (a lingua de Xudá) ou "səpaṯ kəna‘an" (a lingua de Canaan). Os exemplos máis antigos de paleohebreo datan do século -X, na forma de debuxos primitivos, mais "a cuestión da lingua usada na inscrición queda sen responder, facendo imposible probar que era hebreo e non outra lingua local".O hebreo deixou de ser unha lingua falada nalgún momento entre os séculos I e IV e sobreviviu no período medieval só como lingua litúrxica e da literatura dos rabinos. Porén, no século XIX, foi revivida como lingua falada e da literatura, e segundo Ethnologue, hoxe é a lingua de 9 millóns de persoas en todo o mundo, dos cales 7 millóns son de Israel. Nos Estados Unidos está a segunda maior poboación hebreo falante, con 221.593 falantes fluídos, a maioría procedentes de Israel.

O hebreo moderno é unha das dúas linguas oficiais de Israel (a outra é o árabe), mentres que o hebreo bíblico é usado para a oración e estudo polas comunidades xudías de todo o mundo. O hebreo antigo é aínda hoxe a lingua litúrxica dos samaritanos, mentres que o hebreo ou árabe modernos é a lingua vernácula. Como lingua estranxeira, é estudada por estudantes de xudaísmo e por arqueólogos e lingüistas especializados no Oriente Medio e as súas civilizacións, así como por teólogos.

A Torah (os primeiros cinco libros da Biblia hebrea), está escrita en hebreo bíblico, lingua da cal deriva a moderna, e que os estudosos cren floreceu no século -VI, na era do exilio babilonio. Por este motivo, o hebreo é chamado polos xudeus Leshon HaKodesh (לְשׁוֹן הַקֹּדֶשׁ), "A lingua sagrada", dende tempos antigos.

Manuscritos do Mar Morto

Os manuscritos do Mar Morto ou rolos de Qumrán, chamados así por atoparse en covas situadas en Qumrán, á beira do mar Morto, son unha colección de 972 manuscritos. A maioría datan de entre os anos 250 a. C. e 66 d. C., antes da destrucción do segundo Templo de Xerusalén polos romanos no ano 70 d. C.

Monte Sión

O monte Sión (en hebreo: הַר צִיוֹן Har Tsiyyon, en árabe: جبل صهيون Jabel Sahyoun) é un outeiro de Xerusalén, fóra dos muros da Cidade Antiga. O termo monte Sión ten sido empregado Biblia hebrea primeiro para a Cidade de David e despois para o monte do Templo, pero o seu significado mudou e hoxe emprégase para o Outeiro Occidental da antiga Xerusalén. No senso amplo, o termo emprégase tamén para a completa Terra de Israel.

Pobo xudeu

Os xudeus (en hebreo: יְהוּדִי, Yehuda ; e en yiddish: ייִד, YID ), tamén coñecidos como pobo xudeu son unha nación e un grupo etnorelixioso que descenden dos hebreos e antigos israelitas do próximo oriente. A relixión constitúe un posible aspecto de pertenza ao pobo xudeu así como tamén as tradicións, prácticas culturais, sociais e lingüísticas. E, aínda que poden presentar características comúns, tales como o idioma ou a crenza, os xudeus non constitúen un grupo étnico homoxéneo, por iso a definición precisa de xudeu é controvertida e pode variar dependendo do énfase que se faga na observancia relixiosa ou na identidade secular.Os xudeus sufriron unha longa historia de persecución en diferentes lugares e a súa poboación foi variando ao longo dos séculos. Hoxe en día, a maioría das autoridades estiman que a actual poboación xudía mundial oscila entre os 12 e os 15 millóns, representando ao redor dun 0,2 por cento da poboación mundial. A maioría deles reside en Estados Unidos e Israel. Segundo investigacións levadas a cabo na Universidade Hebrea de Xerusalén, o 96 por cento dos xudeus que residen fóra de Israel tende a concentrarse en dez países, todos hoxe en día, países democráticos.

Porta de Damasco

A Porta de Damasco (árabe: باب العامود, hebreo: שער שכם

, Sha'ar Sh'khem) é unha das principais entradas á cidade vella de Xerusalén. Está situada na muralla ao noroeste da cidade e conéctase cunha autoestrada ata Nablus, que segundo a Biblia hebrea coñecíase como Shechem ou Sichem, e desde alí, ata a capital de Siria, Damasco. Por isto o seu nome moderno é Porta de Damasco, mentres que en hebreo moderno o seu nome é Sha'ar Shkhem (שער שכם), que significa Porta de Shechem, ou Porta de Nablus. En árabe un dos seus nomes é Bab al-Nasr (باب النصر) que significa "porta da vitoria," e Bab al-Amud (باب العامود) que significa "porta da columna". Este último nome, en uso continuado polo menos desde o século X, preserva a memoria da columna romana que se erixía sobre a praza que hai detrás da porta e que data do século II.

Salmos

Salmos (do grego: Psalmoi) (significaba orixinariamente "canción acompañada de arpa", de psallein "tocar un instrumento de corda", Ψαλμοί; hebreo: Teghilim, תהילים, ou "loubanzas") é un libro da Biblia hebrea ou Antigo Testamento, designa un poema cantado ao son dun instrumento musical tiñan como finalidade a oración e as celebracións do Templo de Xerusalén e doutros lugares de culto.

Na Biblia hebrea, os Salmos cóntanse entre as "Escrituras" ou Quetuvim (unha das tres seccións principais nas que se agrupan os libros).

O libro dos Salmos, especialmente se está impreso de forma separada e feito para o canto, tamén é chamado Salterio.

Teamim

Teamim ou cantilena (en hebreo: טעמים) é a forma de recitar os versos da Biblia hebrea durante os servizos relixiosos das sinagogas ou noutros momentos da liturxia xudía. Os textos son entoados de acordo con determinadas marcas apostas xuntas ás letras do texto masorético.

Tora

A Tora (en hebreo: תורה) é unha verba hebrea que significa ensinanza, instrución, ou especificamente lei. Refírese principalmente aos primeiros cinco libros da Tanagh (a Biblia Hebrea) que corresponde ao Antigo Testamento cristián, coñecidos tamén como Os cinco libros de Moisés, e na tradución do hebreo ao grego na Septuaginta, como o Pentateuco (do grego πεντε, pente, ‘cinco’, o τευχος, teughós, ‘funda para libros’, facendo referencia ás fundas nas que se conservaban os pergamiños). Porén, con frecuencia os xudeus tamén se refiren a toda a revelación e ensinanzas xudías como a Tora.

Os cinco libros son: Xénese (Bereishit בראשית), Éxodo (Shemot שמות), Levítico (Vaiicra ויקרא), Números (Bemidbar במדבר) e Deuteronomio (Devarim דברים). Na versión grega da Tora, estes cinco libros conforman o Pentateuco, Hamisha Humshei Tora (חמשה חומשי תורה que en hebreo quere dicir "As cinco partes da Tora"), ou simplemente Humash (חומש "quinto").

Torre de Babel

A Torre de Babel (en hebreo: מִגְדַּל בָּבֶל, Migddal Bāḇēl) é un mito etiolóxico da Xénese e do Tanakh (tamén chamada a Biblia hebrea ou o Antigo Testamento) que explica a orixe das diferentes linguas. Segundo esta historia, a humanidade unida descendente dos superviventes do diluvio falaba unha soa lingua e migrou dende o leste até a terra de Shinar (en hebreo: שנער). Acordaron contruír unha cidade e unha torre para acadar o reino de Deus, no ceo. Vendo isto, Deus confundiu a súas falas para que non puideran entenderse entre eles e se esparexeran polo mundo.

A Torre de Babel foi asociada con coñecidas estruturas segundo estudosos modernos, como a construción de Etemenanki, un cigurat adicado ó deus mesopotámico Marduk, construído durante o reinado de Nabopolasar, rei de Babilonia (c. -610). O Gran Cigurat de Babilonia tiña unha altura 91m. Alexandre o Grande ordenou a súa demolición circa de -331 para unha reconstrución que a súa morte impediu. Unha historia sumeria con algúns elementos comúns aparece en Enmerkar e o Señor de Aratta.

Xehová

Xehová é unha latinización da palabra hebrea יְהֹוָה (en hebreo: עברית), unha vocalización do Tetragrámaton יהוה (en hebreo: עברית) (YHWH) e as vogais de Adonai, que se cre é o nome propio de Deus no cristianismo e xudaísmo da Biblia hebrea, o cal tamén foi transliterado como "Yehowah" ou "Yahweh".Os signos יְהֹוָה aparece 6518 veces no texto masorético tradicional, ademais de 305 instancias do יְהֹוָה (en hebreo: עברית) (Jehovih). O texto latino máis antigo que usa unha vocalización similar a Xehová data do século XIII.

Xuízo Final

O Xuízo Final ou o Día do Xuízo Final é a denominación relixiosa da fin do mundo, na que toda a humanidade será xulgada polos seus actos.

Nas crenzas cristiás é un día no que deus xulgará todos os seres humanos e creará a nova terra segundo a Apocalipse, a cal será gobernada polo mesmo deus dende a Nova Xerusalén. Esta crenza inspirou numerosas representacións artísticas.

Xénese

O libro da Xénese, (do grego Γένεσις, "nacemento, creación, orixe", en hebreo תּוֹלֵדוֹת, "xeración", que prefire como título בְּרֵאשִׁית, Bereshit, "no principio"). É o primeiro libro da Torá ("A Lei"), e tamén o primeiro libro do Tanak, a biblia hebrea (coñecida polos cristiáns como o Antigo Testamento). Fai parte dos primeiros cinco libros (Pentateuco), xunto con Éxodo, Levítico, Números e Deuteronomio, cuxa autoría é, tradicionalmente, atribuída a Moisés.

Narra acontecementos, desde a creación do mundo, na perspectiva xudaica (o chamado "relato da Xénese"), pasando polos Patriarcas, ata á fixación deste pobo no Exipto, despois da historia de Xosé.

A tradición xudía considera que o seu autor foi Moisés.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.