Betanzos

Betanzos é un concello e cidade da provincia da Coruña, pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 12.941 habitantes (13.352 no 2015, 13.673 no 2010).

Betanzos foi unha vila creada polo rei Afonso IX, tras aceptar en 1219 o traspaso da poboación de Betanzos O Vello ao lugar de Castro de Untia.[5] Betanzos viviu o seu auxe no baixo medievo, medrando polo comercio da pesca, o viño e dos fornos, e nela instauráronse fidalguías e gremios importantes.[6] Foi declarada cidade do Reino de Galicia polo rei Henrique IV en 1465.[5] Betanzos foi capital de provincia entre os séculos XVI e XVIII. As casas de Fonte de Unta, as súas murallas e portas, as súas igrexas como as de San Francisco e Azougue, a Torre de Lanzós ou a Torre do reloxo na igrexa de Santiago fan que sexa a referencia galega do gótico e unha cidade declarada conxunto histórico-artístico.[7]

Outro patrimonio de interese de Betanzos son as súas igrexas románicas de Brabío, Pontellas ou Tiobre; os edificios neoclásicos de San Antonio de Padua, o Arquivo do Reino de Galicia ou o pazo de Piadela; e conxuntos modernistas como a Casa Núñez, a escola de García Naveira ou o Parque do Pasatempo.

A súa ría, coa súa marisma, e os ríos Mendo e Mandeo, que pasan por Betanzos e bordean a cidade, son parte da zona especial de conservación (ZEC) Betanzos - Mandeo. A ribeira de Piadela e a súa parte do encoro forman parte do ZEC Encoro de Abegondo - Cecebre. Destacan destes espazos a súa diversidade de ribeira, e da marisma no caso do Betanzos-Mandeo. Betanzos forma parte da reserva da biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é betanceiro[8], brigantino[9] ou popularmente garelo.

Coordenadas: 43°16′51″N 8°12′40″O / 43.28083, -8.21111

Betanzos
Escudo de Betanzos
Vista de Betanzos
Betanzos Casa do Concello 7 Betanzos Parque do Pasatempo 28
Betanzos Igrexa Monacal de San Francisco 6
Vista xeral de Betanzos, Casa consistorial, Parque do Pasatempo e Igrexa de San Francisco.
Situacion Betanzos
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Betanzos
Poboación12.916 hab. (2018)
Área24,2 km²
Densidade533,72 hab./km²
Entidades de poboación7 parroquias
Capital do concelloBetanzos
Política (2019[2])
AlcaldeMaría Barral Varela (PSdeG[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 10
Eleccións municipais en Betanzos
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes29,96%
Na rede
www.betanzos.es

Xeografía

Situación

Betanzos Parroquias
Parroquias de Betanzos

O concello de Betanzos ocupa unha extensión de 24,19 km², polo que é un dos máis pequenos da provincia. Conta con 7 parroquias. O concello encabeza a Comarca de Betanzos e está situado no seu norte, onde comeza a ría de Betanzos. A ambos os lados da ría, polo norte, ten os concellos de Bergondo (dirección noroeste) e Paderne, (dirección nordés). Despois, Betanzos linda polo leste con Coirós, ao sueste e sur con Oza-Cesuras e polo sur e oeste con Abegondo.

Comunicacións

A N-VI atravesa Betanzos vindo de Lugo cara á Coruña. Esta estrada nacional desvíase como Avenida de Castela xa en Coirós e chega ata Betanzos. A mesma N-VI ten unha saída en San Pedro das Viñas que a conecta con Betanzos polo oeste. Igualmente, ao centro de Betanzos chegan a AC-542, vindo do Mesón do Vento, e a AC-840, vindo de Melide. Ademais, a A-641 conecta Betanzos con Ferrol. A Avenida da Coruña conecta o centro de Betanzos coa N-VI ao seu paso xa por San Pedro das Viñas. Outras estradas secundarias que atravesan Betanzos son a A-161, que sae desde San Pedro das Viñas cara a Bergondo, e a DP-0105, que pasa por Montellos vindo desde Limiñón cara a Cortiñán.

A autovía do Noroeste A-6, percorre o concello de leste a oeste conectando Lugo coa Coruña. Esta autovía enlaza coa AP-9 en Piadela, arredor do encoro de Cecebre.

Orografía

Betanzos atópase no final dunha zona de depresión fluvial, onde comeza a abrirse a ría homónima, case ao nivel do mar. A vila de Betanzos levántase nun outeiro entre os ríos Mendo e Mandeo, antes da súa confluencia, entre os 22 e 35 metros de altitude. A pendente das abas dos montes arredor destes ríos acentúase canto máis se achegan á vila. Con todo, a máxima altitude no concello non supera os 160 metros. En Tiobre, Requián ou Brabío acádanse os puntos máis altos, que están entre os 140 e 160 m. En Piadela, en dirección ao encoro, descende tamén a pendente ata chegar aos 40 metros.

Hidrografía

Ponte de Beldoña Mabegondo 2
Saída do concello cara a Santiago pasando a ponte de Beldoña, que une Guiliade, Piadela con Beldoña.

Está atravesado polos ríos Mandeo, Mendo e Mero. No propio centro de Betanzos xúntanse estes dous ríos Mandeo e Mendo para formar a cabeceira da ría de Betanzos. Un rego, o de Carañas, descende de Tiobre ata o Mandeo, xa preto da confluencia deste co Mendo.

O río Mero fai de linde de Betanzos, en Piadela, con Abegondo. Ese río chega á cabeceira do encoro en términos municipais, que ten unha parte da cabeceira leste do encoro.

Xeoloxía

Betanzos atópase na serie de Ordes, no complexo paraautóctono da zona de Galicia-Trás-os-Montes. A área que abrangue está formada por grauvacas e metapelitas formadas entre o Neoproterozoico e o Paleozoico. Nalgunha pequena área de Requián e Brabío aparecen grafoneis. En pequenas áreas que seguen un patrón de norte a sur desde Tiobre, a Betanzos e Brabío, aparecen anfibolitas.[10]

A zona de esteiro da ría de Betanzos que se atopa dentro do concello é unha marisma formada sobre dun recheo do Holoceno nas cuncas fluviais dos ríos Mendo e Mandeo.[10]

Demografía

Censo Total 12.941 (2017)
Menores de 15 anos 1.701 (13.14 %)
Entre 16 e 64 anos 8.148 (62.96 %)
Maiores de 65 anos 3.092 (23.89 %)

A poboación de Betanzos no 2017 era de 12.941 habitantes, das cales 6.805 eran mulleres e 6.136 homes. O concello ten unha alta densidade de poboación (420,71 hab./km²) debido ao seu pequeno tamaño. O 78,7% da poboación atópase en Betanzos, que é o núcleo urbano do concello. Despois de Betanzos, as maiores poboacións son as de Piadela e Requián[11]

Evolución demográfica

Entre 1900 e 1920 experimentou un leve descenso de poboación, rexistrándose nos anos vinte o seu mínimo (8.709 habitantes). Entre 1920 e 1950 tivo lugar a fase de maior crecemento, aínda que dende esta última década ata 1970 se produciu un novo retroceso demográfico.

Desde o 1970 xurdiu unha recuperación de efectivos motivada por unha nova reorientación das actividades agrarias e un incremento das funcións urbanas. Entre 1991 a 2009 o incremento da poboación foi dun 14,67%. O saldo vexetativo era xa practicamente cero no período 1979-1983, con taxas de natalidade e mortalidade ao redor de 10 por mil. Nas últimas dúas décadas a mortalidade ascendeu e a poboación diminuíu lixeiramente. Nos últimos anos a taxa de natalidade diminuíu, mentres que a de mortalidade aumentou. Contra 2011 a primeira era dun 9,9 por mil e a segunda elevábase a un 11,4 por mil. A proporción de mozos menores de 16 anos representaba en 2013 un 13,25%, a de entre 16 e 64 anos un 64,22% e a de 65 anos en diante un 22,53%. Así mesmo, existían 91 homes por cada 100 mulleres.

Evolución da poboación de Betanzos   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
8.948 8.910 10.827 11.383 12.990 13.680 13.537 13.565 13.445 13.352 13.202 12.966 12.941 {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Do calcolítico ao imperio romano

Existen indicios de asentamentos castrexos en Betanzos. A ocupación desta aparece documentada coa chegada do Imperio Romano. Nesta época o núcleo principal de poboación que recibía o nome da cidade (Betanzos o Vello) emprazábase en San Martiño de Tiobre, cuxa igrexa matriz consagrou o arcebispo Diego Xelmírez.

Do medievo á idade moderna

En 1219 o rei Afonso IX aprobou o traslado da xente que residía no lugar de Tiobre, o "Betanzos O Vello" ao lugar do castro de Untia. Como relatou o rei na orde de creación da vila, fíxoo por petición popular: ad instantiam et pettitionem habitatorum.[5] Esa petición viría polas frontes de incursión de normandos ao mando de Horrich ou do propio rei Olaf en 1015. A nova cidade levantouse arredor da nova cidade desde a actual praza de Galicia ata a mosteiro de San Francisco. Nese período o Castro de Untia era do Mosteiro de Sobrado e os residentes tíñanlle que facer unha paga da cuarta parte do producido ou pescado na vila, e dar en propiedade a metade das capelas construídas. En 1232 chegou Fernando III o Santo, vido de Sobrado, e asentouse na vila de Betanzos.

En 1295 Betanzos asinou en Valladolid con outras vilas e cidades (como Lugo, León, Zamora, Astorga, Ribadesella, Oviedo, Salamanca ou Viveiro) un acordo de irmandade para negar tributos forzados e apoiarse mutuamente. Nese acordo non participaron cidades como Tui, Compostela ou A Coruña. De feito, nese século as disputas polos portos e a descarga de mercadoría como sal ou viño foi motivo de confrontación coa cidade da Coruña, chegando a ser mediado polo rei Afonso X. Ese rei prohibiría a súa descarga no porto de Betanzos. Nese século e o seguinte, Betanzos viviría enfrontamentos coa armada portuguesa e inglesa, polos seus ataques.[5]

En 1465 o rei Henrique IV deulle a Betanzos o título de cidade, en gratitude dos servizos prestados a el, e en 1467 os permisos dunha feira franca anual dun mes de duración. Faino pola posición da vila "no levantamento e irmandade de fixestes coas outras cidades, vilas e lugares e fortalezas do meu Reino de Galicia, do que fostes causa e principio dor servizo meu".[5]

Betanzos-Igrexia de San Francisco 01
Igrexa e convento de San Francisco, construído no século XIV co mecenado de Fernán Peres de Andrade O Boo.

Neses séculos XIV e XV Betanzos viviu o seu maior esplendor, coa creación de gremios e confrarías e o aumento das fidalguías. Nese período no que aumentou, tamén en extensión, estivo baixo o amparo da dinastía dos Trastámara.[12] No século XIV é cando se constrúen os principais conventos e igrexas grazas ao mecenado de Fernán Pérez de Andrade "O Boo" ou se reconstrúen as igrexas de Santa María e Santiago.[13] Así mesmo, nese período chegou a ter tres hospitais de peregrinos, como o do Espírito Santo, o de San Bartolomeu ou o hospital de San Lázaro para leprosos.[12]

O camiño de Santiago

Un texto de Ordoño II de 911, falando do mosteiro de San Salvador de Cis, relata como paso do camiño compostelá polo castro Xanrozo, en Requián, despois de pasar pola ponte de Beldoña. Afonso V tamén o cita en 1020 ao demarcar un coto do mosteiro de San Estevo de Piadela, nas beiras do río Mero e Limiñón. Outras documentacións de 1160 e 1168 describen como o camiño baixaba cara a ponte das Cascas, a beira do que primeiro foi o mosteiro de San Paio de Xeronzo e logo o de Santa María das Donas, para logo pasar pola Porta da Vila.[12][13]

Guerra Irmandiña

Betanzos xogou un papel central na Gran Guerra Irmandiña. Líderes da Irmandade como Afonso de Lanzós ou Joan Branco foron naturais da cidade. Precisamente, en 1465 Henrique IV concedeu á poboación o título de cidade, e en 1467 permitiulle a celebración dunha feira franca anual grazas á mediación de Joan Branco. Grazas a este capitán irmandiño a cidade de Betanzos recuperou o seu voto nas Cortes.

Anos máis tarde, na reorganización territorial dos seus reinos, os Reis Católicos dividiron a antiga provincia de Betanzos en dúas, creando a da Coruña e mantendo a Betanzos como capital de provincia, na que foi a época de maior esplendor da cidade. Ata algún ano entre 1533 ou 1552 ambas as dúas cidades compartían corrixidor e eran da mesma provincia.[14]

Incendios de 1569 e 1616

A cidade de Betanzos sufriu o verán de 1569 e o 18 de setembro de 1616 dous importantes incendios.[5][15] Nese último incendio arderon 262 edificios, entre os cales estaban varios pazos, o hospital de San Cristovo, o convento de San Francisco e a igrexa de Santa María do Azougue.[5] Diferentes sectores da cidade mobilizáronse para obter as concesións das reconstrucións e refacela.[6][16]

Eses dous incendios afectaron ao importante sector de fornos, que foron arredor de dez, e que abastecían ás case duascentas panadarías da cidade. A produción dos fornos foi desde o século XIII ata o século XVII de importancia na cidade, xa que abastecía, entre outros, ao exército e a armada na Coruña.[6]

Idade moderna e contemporánea

Betanzos Casa do Concello 6
Casa consistorial na Praza da Constitución.

En 1734 creáronse rexementos de milicias provinciais e a Betanzos asignóuselle unha, que durou ata o 1841.[5] O 10 de xaneiro de 1809 entraron en Betanzos as tropas inglesas de cara a Coruña a embarcar no porto. A noite anterior ao seu paso por Betanzos evacuouse a xente da cidade e desfixeron as pontes das Cascas e a Nova para evitar a incursión do exército.[5]

O 16 de xullo de 1812, coa aprobación da nova constitución española, constituíuse o Concello de Betanzos. Entrou en funcións o día 3 de decembro dese ano. En 1833 mudouse a división de Galicia en provincias. Javier de Burgos fixo efectiva en 1834 unha nova división administrativa, extinguíndoa e integrando a antiga provincia de Betanzos na da Coruña.[5]

O inicio da época industrial en Betanzos comezou coa instalación de fábricas de curtido de coiro a finais do século XVIII. Con ese material elaborábanse calzados ou distribuíase desde portos como o da Coruña cara as Américas.[17][18] O decaemento da cidade posterior a este período veríase revitalizado, entre outros, coa chegada do ferrocarril a principios do século XX . Nesa liña cabe resaltar o legado dos legado dos irmáns García Naveira na cidade entre os séculos XIX-XX. Trala súa volta de migración en Arxentina fomentaron as construcións da casa do pobo, as escolas de San Francisco e o Asilo de García Naveira, o sanatorio de San Miguel, o lavadoiro das Cascas e mesmo o parque do Pasatempo.

Desde 1970 o casco antigo de Betanzos está declarado Conxunto Histórico-Artístico.[7]

Irmáns García Naveira

Betanzos - Garcia Hermanos - 03
Estatua dos irmáns García Naveira na praza principal do concello.

Dous irmáns labradores, Juan e Jesús, nados na Ribeira de Betanzos en 1849 e 1853, convertéronse en empresarios na Arxentina, despois de migrar para alí en 1870. Adicáronse na emigración a banca e a conselleiros de diferentes empresas. Tralo seu retorno a Betanzos en 1893, os dous irmáns García Naveira involucráronse en paliar a pobreza e a darlle servizos á cidade. Chegaron a crear unha fundación para iso en 1908. Fomentaron a creación de escolas, como a Xesús García Naveira, asilos e refuxios para persoas discapacitadas, como o asilo García Irmáns, melloraron sanatorios, como o de San Miguel e mesmo crearon sindicatos. Entre as obras que financiaron destacan o lavadoiro público das Cascas e o Parque do Pasatempo.[19]

A praza co seu nome e a estatua dos Irmáns García Naveira no centro de Betanzos conmemoran o seu legado na cidade.

Irmandades da Fala

Betanzos Museo das Mariñas 2
Bandeira das Irmandades da Fala, exposta no Museo das Mariñas.

O berce das Irmandades da Fala, que estivo na Coruña, tivo a persoeiros nados en Betanzos, como Xil Casares, involucrados nel. En 1917 as irmandades foron ampliando os seus lugares e crearon un grupo betanceiro liderado por Vales Villamarín. Así, nun pregón que fixeron no seu ano de constitución local poxaron polo galeguismo e pola loita no seu discurso de presentación. Anteriormente, cabe destacar que no Palco da Música Manuel Lugrís Freire pronunciara en 1907 o primeiro discurso público integramente en lingua galega. O novo grupo betanceiro participou noutros movementos comarcais e nos xogos florais de 1918, nas festas do San Roque, onde se alzan na defensa da lingua. Desde ese momento bateron en disputas en diversos actos, como coros ou actividades literarias. As irmandades betanceiras reorganizáronse e combateron pola identidade perante o Concello, e sobreviviron ata 1921. A comunidade local foise desligando ou batendo en conflito coas posicións das irmandades nas súas xuntanzas, como a do 1922 en Monforte, inda que seguiu o se paso e remataría afirmándose como Irmandade Nazonalista Galega ese ano. Desde o 1922 editaron a revista Rexurdimento e perduraron ata 1930, con esa pausa de sete anos por mor da ditadura entre medias.[20]

Cultura

Toponimia

O topónimo Betanzos aparece para o actual lugar de Betanzos "O Vello", en Tiobre. Coa creación da vila en 1219 ese topónimo empregouse como substituto do nome do Castro de Untia, o castro onde se construíu a nova vila. Betanzos xorde do nome do pobo, ou do lugar de residencia do pobo dos Betantios ou Betancios. Ese xentilicio ou etnónimo (o nome dun pobo ou etnia) é de orixe celta e faría referencia á figura dun deus ou dun persoeiro chamado Beto ou Bito. A raíz dese nome do pobo ou etnia estaría no termo celta *bitu, que significa "mundo".[21][22][23][24][25]

Nalgúns textos históricos a vila de Betanzos identificouse con Flavium Brigantium, Brigantium; un lugar na mariña coruñesa que se citou en obras romanas como o itinerario de Antonino. Porén, ese Brigantium ou Bracantia realmente facía referencia á actual cidade da Coruña.[22][26]

Co motivo da Feira Franca Medieval recibe o nome de Betanzos dos Cabaleiros.

Patrimonio

Betanzos Casas de Fonte de Unta
Casas de Fonte de Unta.

Betanzos destaca en particular polo conxunto histórico e artístico que forman a cidade construída no antigo Castro de Untia. A cidade está amurallada, conta con catro portas de entrada e un patrimonio arquitectónico civil e relixioso no seu interior o cal máis do 28% está catalogado e protexido.[27] Este conxunto pódese considerar como a capital do Gótico de Galicia.[12][27]

Patrimonio arqueolóxico

En Betanzos están catalogados cinco castros:

Patrimonio arquitectónico

Betanzos Porta da Ponte Nova 1
Porta da Ponte Nova.

No caso histórico de Betanzos destacan os seguintes monumentos[19][28][29][30]:

  • Casas de Fonte de Unta. Son as casas tradicionais de agricultores atópase no barrio dese nome, aos pes do casto histórico de Betanzos. Son casas con balcóns de madeira e con soportais. Os balcóns servían para funcións como a seca do maínzo.
  • As murallas da cidade, construídas no século XV.
  • As Portas do Hórreo, a do Arco da Ribeira ou do Cristo, a do Arco da Ponte Nova e Arco da Ponte Vella. Son as portas de estilo gótico que dan paso ao casco histórico de Betanzos e que se construíron no século XV. A porta do Hórreo derrubouse bo século XVIII.
  • As casas góticas da rúa da Cerca, dos século XV (número 5, en ruínas) e XVI (número 9).
  • Pazo e Torre de Lanzós. Este pazo construíuse entre 1620 e 1625 e foi modificado no século XVII e XVIII e atópase no casco histórico. Ten unha torre nun lateral e a fachada do pazo ten un balcón e unha porta principal rectilínea. Nesta loce o brasón do Conde de Maceda.
Betanzos Pazo de Bendaña 1
Pazo de Bendaña, na Praza da Constitución.
  • Pazo de Bendaña. Pazo do século XV con reformas dos séculos XVI-XVII.
  • Torre do Reloxo. Esta torre atópase nun lateral da Igrexa de Santiago, no casco histórico, e data do século XVI.
  • Pazo dos Condes de Taboada. É un edificio neoclásico e sinxelo de 1805 que se atópase no casco histórico.
  • A Casa da Pescadería. É o actual hostal de peregrinos do camiño inglés de Santiago e atópase no casco histórico .
  • A Casa consistorial. É de estilo neoclásico e construíuse durante o século XIX no casco histórico.
  • A Casa Núñez. É un edificación de 1923 dun estilo modernista que se atopa no casco histórico. Agora ten o Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC).
  • Hospital de San Antonio de Padua, que é o actual edificio de xulgados de Betanzos. É un edificio neoclásico que se construíu en 1674 e que conta cun claustro interior. A súa construción foi co obxectivo de servir como albergue a mendigos e peregrinos do camiño inglés.
Betanzos Casa Nuñez 1
Cása Núñez, na Praza da Constitución.
  • Arquivo do Reino de Galicia, o actual "Liceo". Este edificio neoclásico data do século XVIII como arquivo do Reino de Galicia. Arestora emprégase como edificio do concello.
  • A Biblioteca Municipal ou Antigo Colexio de Orfas. É un edificio barroco do século XVIII que se construíu como colexio e que agora alberga a biblioteca e o Museo das Mariñas.
  • Edificio do Asilo Manuel Naveira, que é a actual Escola García Naveira. Atópase ao lado da Igrexa de San Francisco e construíuse en 1917 no casco histórico seguindo un estilo con toques de barroco galego, modernismo con decoracións arabistas.
  • Edificio Colexio de Orfas. Este edificio neoclásico construíuse en 1780 na praza de García Naveira. Loce un brasón da cidade con dous pináculos darredor.
  • A Casa do Pobo. É un edificio modernista de 1918 do casco histórico.
  • A Casa Pita. É un edificio modernista de 1906 do casco histórico.
  • O palco da música. Atópase na praza de García Naveira, seguindo un estilo modernista, e construíuse en 1928.
  • A Fonte de Diana. Esta fonte atópase na praza de García Naveira e representa a Diana de Versalles. Construíuse en 1866.
  • O Matadeiro Municipal. Construíuse no século XIX con esa función, pero durou pouco tempo como matadoiro.
  • O lavadoiro público das Cascas, no río Mendo preto da ponte Nova.
  • A Ponte vella das Cascas, que dá entrada a vila desde Infesta ou Oza dos Ríos e loce un brasón de Betanzos. Xa estaba construída en 1200.
Betanzos Parque do Pasatempo 41
Parque do pasatempo.

Nas inmediacións de Betanzos destaca o parque do Pasatempo. Ese parque construíuno Xoan García Naveira entre 1893 e o 1895 despois de volver da súa emigración na Arxentina. A súa finalidade foi a de crear un parque didáctico, como se fose unha enciclopedia.[19][29]

Fóra do casco histórico, noutros lugares de Betanzos pódense resaltar[28][29][30]:

Patrimonio relixioso

Na cidade de Betanzos atópanse o[28][29][30]:

  • Igrexa de Santiago, do século XI e reedificada no século XIV.[31]
  • Igrexa e Convento de San Francisco, do século XIV.[31]
  • Igrexa de Santa María do Azougue, do século XIV.[31]
  • Igrexa de Santo Domingo e Convento de San Domingos. Ao chegar os dominicos a Betanzos pola orde do presbítero presbítero González de Sosa, construíron esta igrexa e convento nun lugar doado no século XVI, e fóronos completando ata o século XVIII. No século XVII ampliouse coas capelas das Ánimas, do Rosario e da Soidade. A igrexa e convento seguen un estilo renacentista e barroco. Coa desamortización de Mendizábal de 1835, os freires son expulsados, pasa a ser de propiedade pública, e deixa de ser un convento. Arestora alberga o arquivo, biblioteca, o Museo das Mariñas e a oficina da mocidade.
Betanzos Igrexa da Nosa Señora do Camiño 1
Santuario da Nosa Señora dos Remedios ou do Camiño.
  • Convento das Agustinas Recoletas, que foi construído nos séculos XVII-XVIII.
  • Convento de Nosa Señora das Cascas, do século XII.

Fóra da vila betanceira, destaca entre o patrimonio as igrexas románicas de San Martiño de Brabío (Século XII), Santa María de Pontellas (con elementos barrocos, do século XIII) e a de Tiobre (século XII). Ademais, o Santuario da Nosa Señora dos Remedios, que está en Tiobre e é do século XVI, obra de Juan de Herrera. Outras a destacar son as posteriores de estilo barroco, como a igrexa de Piadela (século XVI) co seu pazo do século XVIII, a igrexa de Requián (século XVI-XVIII), o santuario das Angustias (século XVIII) e a igrexa de Piadela. Destaca tamén a Capela da Madalena, nas Angustias de San Pedro das Viñas, que data do século XVIII.[28][30]

Patrimonio cultural

En Betanzos publícase o Anuario Brigantino, publicación local fundada en 1948 de difusión cultural de calidade e prestixio recoñecido. A súa saída preséntase cada ano coma un importante acontecemento social da cidade.

O camiño inglés de Santiago de Compostela entra por por San Martiño de Tiobre, onde se atopa o pazo do Barral, despois de pasar a Ponte do Porco e Montecelo, Paderne. Desde Tiobre continúa baixando ata a Señora dos Remedios. Nesa última baixada pásase a ponte sobre do río Mandeo e éntrase na cidade polo arco da Ponte Vella. A entrada no casco histórico faise pola Porta Vella e pola rúa de Prateiros, despois de chegar á praza de García Irmáns. Desde alí pódese subir a rúa do Castro cara a praza da Constitución, o antigo castro de Untia. De Betanzos sáese pola Porta da Vila e praza de García Irmáns cara ás Cascas. Xa nas Cascas camiño segue o río Mendo e diríxese cara a Xanrozo ata entrar en Limiñón, Abegondo.[32][33]

Escolas, centros sociais, bibliotecas e museos

Escolas

O concello conta cos seguintes centros escolares:

Fcoaguiar1
Instituto de educación secundaria Francisco Aguiar na Avenida da Coruña en Betanzos.
  • Escola infantil A Galiña Azul de Betanzos, centro público de educación infantil.[34]
  • Escola Infantil Municipal Santiago de la Fuente, centro de educación infantil que se sitúa no edificio de Xesús García Naveira.[35]
  • Escola Infantil Niño Jesús Raiola en Guiliade, centro de educación infantil concertado.[36]
  • CEIP Francisco Vales Villamarín, centro público de educación infantil e primaria.[37]
  • IES Francisco Aguiar, instituto público de educación secundaria, bacharelato e ciclos superiores.[38]
  • IES As Mariñas, instituto público de ciclos formativos de grao medio e superior, formación profesional básica, bacharelato e educación de adultos.[39]
  • Colexio Nuestra Señora del Carmen Betanzos, centro privado de educación de infantil a bacharelato.

Centros sociais, bibliotecas e museos

Museo das mariñas Betanzos
Porta de entrada do Arquivo e Museo das Mariñas.

Betanzos conta con dous museos:

  • Museo das Mariñas: museo etnográfico e histórico inaugurado en 1983, ocupando o antigo convento de Santo Domingo. Acolle ao arquivo e biblioteca municipais. Conta cunha sección de etnografía, do traxe e de historia de Galicia e Betanzos.[40] Destacan a súa colección de escultura funeraria medieval, con diversos sartegos e laudas; o cadro Apostolado, da escola de Rubens; a sala destinada ás antigas escolas, en homenaxe ós irmáns García Naveira; e a sección do traxe galego, con máis de 50 traxes tradicionais.[41]
  • Museo da Estampa Contemporánea: localizado na sede da Fundación CIEC, recolle obras de artistas tan destacados como Pablo Picasso, Amadeo Gabino, Luís Seoane ou Jesús Núñez.[42]

A súa biblioteca pública, a Biblioteca Pública Municipal de A. Castelao, tamén está no antigo convento de Santo Domingo. Ademais, ten un conservatorio municipal de música na rúa Cabildos.

En canto a centros sociais hai un en Infesta e outro, cun espazo deportivo, en Piadela.

Etnografía

Na literatura popular

  • Anque che son das Mariñas,/ das Mariñas de Betanzos,/ anque che son das Mariñas/ non che merco os garabanzos [43].
  • Anque che son das Mariñas,/ das Mariñas de Betanzos,/ anque che son das Mariñas/ non che vendo garabanzos.
  • As garelas [44] de Betanzos/ cando van para o muíño/ levan un gato esfolado/ para comer no camiño.
  • As señoras de Betanzos / tamén gastan abanico; / comen carne de can / pensando que é cabrito.[45]
  • Lacón con grelos/ repolo de Betanzos/ e máis xurelos.
  • Teño unha casiña branca,/ na Mariña, antre loureiros,/ teño paz e teño amores,/ estou vivindo no ceo [46].

Festas e celebracións

Aeróstato de Betanzos, Galiza
Globo de Betanzos.

Economía

Gadisa Piadela sede en Betanzos
Sede de Gadisa no polígono de Piadela.

A súa economía está baseada fundamentalmente nos servizos. Betanzos é un centro administrativo e xurídico da comarca que leva o seu nome, baseando o seu crecemento no comercio, a banca, a cultura e o turismo. Betanzos, como cabeceira de comarca e pola súa situación xeográfica e clima, é unha terra con sona pola calidade dos seus produtos da terra.

Un dos produtos tradicionais de Betanzos é o viño, e arestora está declarado como de interese xeográfico. Cultívase en pequenas explotacións ás beiras dos ríos Mandeo e Mendo. O viño de Betanzos é principalmente comercializado na localidade por pequenas adegas. Ademais, en Betanzos tivo a súa sede a sociedade española para o cultivo do lúpulo, que se introduciu a principios do século XX e chegou a ter un importante impacto económico.[47][48][49] O lúpulo era principalmente mercado pola empresa Hijos de Rivera e dáballe á cervexa Estrella Galicia o seu sabor amargo característico. Hoxe a produción agrícola esta baseada en pequenas hortas. Son unha axuda á economía local e das feiras.

Desde o punto de vista industrial, a cidade converteuse, pola súa situación estratéxica, en centro loxístico dalgunhas das empresas de transportes ou abastecementos alimenticios relevantes na zona. No polígono de Piadela ten a súa sede Gadisa.

Na vila celébrase a feira de Betanzos os días 1 e 16 de cada mes.

Infraestruturas de transporte

Betanzos Estación de tren Betanzos-Cidade 2
Estación ferroviaria Betanzos-Cidade.

Betanzos é un nó de comunicacións, está situado ao fondo da ría de Betanzos, grazas a comunicación da N-VI e a Autoestrada do Noroeste A-6. Ata a construción da Ponte do Pedrido e da Ponte da ría de Betanzos era lugar de paso obrigado nas comunicacións por estrada entre Ferrol e A Coruña. As súas estacións de tren, en Infesta e a da Cidade, tiveron unha importante historia na comunicación entre A Coruña e Ferrol e con Monforte de Lemos.

A ría e parte dos ríos Mandeo e Mendo son navegables, o cal ten unha certa repercusión como espazo de ocio e económico.

Espazos naturais

Caraña de Abaixo, Tiobre, Betanzos 2017
Río Pelamios na Caraba de Abaixo, en Tiobre.

Espazos naturais protexidos

Betanzos conta con parte en dúas zonas especiais de conservación (ZEC) declaradas en 2014, despois de ser candidatas como espazos de interese en 2004. A que ocupa maior extensión no concello é a ZEC Betanzos - Mandeo. Esta zona de protección ampara ás marismas da ría de Betanzos e as ribeiras do Mandeo e Mendo ao seu paso polo concello. O seu maior interese é o esteiro interior da ría a diversidade de especies entre o litoral da cabeceira da ría e os últimos tramos dos ríos.[50]

Ademais, unha parte da cabeceira do ZEC Encoro de Abegondo - Cecebre está dentro do concello, que é unha parte da parroquia de Piadela. Esta zona do encoro é unha das áreas de maior interese de conservación e que destaca polos seus bosques aluviais, brañas e prados de ribeira arredor do río Mero.[51]

Reserva da biosfera

O concello de Betanzos forma parte do proxecto das reservas da biosfera do programa MAB da UNESCO, dentro da Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.[52] Estas iniciativas de reservas pretenden fomentar o desenvolvemento sostible, a economía local e conservar os espazos naturais locais.[52][53]

Espazos interese de local

Un espazo natural de interese é o río Pelamios, un río que conflúe co Mandeo preto de Betanzos. Ese treito de ribeira contén dezanove muíños de maquía.[54]

Ademais, a ruta que vai desde a ponte vella de Betanzos ata o campo dos Caneiros segue o un treito de ribeira do Mandeo de interese. Ese percorrido é o tradicional na festa con ese mesmo nome, a dos Caneiros.[54]

Deporte

Betanzos Río Mendo e Mandeo 10
Piragüismo no Mandeo, preto do porto deportivo.

Os servizos municipais de Betanzos contan cun polideportivo, un pavillón polideportivo, unha piscina cuberta e outra descuberta. As escolas municipais forman en atletismo, karate, ciclismo, fútbol, taekwondo ou deportes náuticos, entre outros. Destaca tamén as instalacións como as do Club Náutico Ría de Betanzos.

En varias parroquias de Betanzos existen campos polideportivos e de fútbol, como o do Carregal ou o municipal García Hermanos en Betanzos.

O concello organiza anualmente a Gala do Deporte.

Política municipal

Artigo principal: Eleccións municipais en Betanzos.
Resultados das eleccións municipais de 2011[55] e 2015[56]
Partido político 2011 2015
% Concelleiros %
Partido Popular (PP) 40,95 8 6 31,66
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 32,81 6 7 36,07
Bloque Nacionalista Galego (BNG) 13,62 2 1 9,33
Cidadáns por Betanzos (CxB) 7,04 1 -
BETANZOS NOVO-SON - 2 14,58
CxG-CCTT - 1 5,82

Cidades irmás

España Bullas
Italia Collepasso
Francia Pont-l'Abbé

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Betanzos.
Betanzos Ponte das Cascas 1

Ponte das Cascas, entrada sur da vila de Betanzos.

Betanzos Arco da Ponte Vella 3

Porta da Ponte Vella, entrada do camiño inglés.

Betanzos Praza Irmáns García Naveira 1

Praza dos Irmáns García Naveira.

Betanzos-igrexas-015-San

Pórtico da igrexa de Santiago.

Betanzos lavadoiro das Cascas 6

O lavadoiro das Cascas.

Betanzos Río Mendo e Mandeo 16

Confluencia do Mendo e o Mandeo na Ribeira de Betanzos.

Betanzos Río Mendo e Mandeo 8

Abas co viño da Terra de Betanzos a carón do Mandeo e barca dos caneiros.

Piadela Betanzos 11

Escudo na fachada do pazo de Piadela.

Fonte-picacha-brabio-betanzos

Fonte Picachá en Brabío.

Betanzos Museo das Mariñas 5

Exposición no Museo das Mariñas.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Concello de Betanzos na FEGAMP
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 5,8 5,9 Vales Villamarín, Francisco (1991). "Bosquejo histórico de Betanzos de los Caballeros" (PDF). Anuario brigantino: 33–44.
  6. 6,0 6,1 6,2 Núñez-Varela y Lendoiro, José Raimundo (2014). Cronista Oficial de la ciudad de Betanzos de los Caballeros, eds. "Los antiguos hornos y tahonas de Betanzos" (PDF).
  7. 7,0 7,1 Ministerio de Educación y Ciencia, Gobierno de España, eds. (10 de febreiro de 1971). "Decreto 3850/1970, de 31 de diciembre, por el que se declara conjunto histórico-artístico la ciudad de Betanzos (La Coruña) (BOE-A-1971-32134)". Boletín Oficial del Estado (35).
  8. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 42. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  9. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para brigantino.
  10. 10,0 10,1 Instituto Geológico y Minero de España (eds.). "Cartografía del IGME: MAGNA 50 - Hoja 45 (BETANZOS)".
  11. "Instituto Galego de Estatística - IGE". Consultado o 14/8/2018.
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 Valés Blanco-Rajoy, María del Rosario. "Las fortalezas medievales que jalobanan la ruta jacobea entre Santiago y Betanzos" (PDF).
  13. 13,0 13,1 Núñez Lendoiro, José Raimundo (12/08/1993). "Betanzos, Encrucijada de Rutas Jacobeas" (PDF). Programa Oficial de Fiestas de Betanzos, Cronista oficial de Betanzos.
  14. Eiras Martínez, Alfredo; Veiga Ferreira, José María (2002). "Betanzos y su provincia en la época del Emperador Carlos V" (PDF). Anuario Brigantino (25).
  15. A peculiaridade do incendio de 1616 é que figura amplamente testemuñado baixo un informe do mesmo o título "Averiguación y más diligencias hechas en razón del incendio de la ciudad de Betanzos por el dor Johan Carnero do Vilar, abogado de la Real Audiencia de este reino y juez de comisión para la dicha averiguación nombrado" que figura no Arquivo Histórico Nacional. Ese informe veu acompañado dun deseño realizado sobre a incidencia do incendio na cidade para que o goberno de Filipe III, polo que cabe comprender a gravidade do mesmo e que se lle concedese un beneficio fiscal á cidade.
  16. Barreiro Mallón, Baudillo; Rey Castelao, Ofelia 1 (2010). "El incendio de Betanzos de 1616" (PDF). Anuario Brigantino (33).
  17. Duberto, Isidro (2008). Universidade de Santiago de Compostela, eds. "Comercio y tráfico marítico en la Galicia del Antiguo régime, 1750-1820" (PDF). Obradoiro de Historia Moderna (17): 211–243. ISSN 1133-0481.
  18. Pardo Meijide, Antonio (1998). "Entre 1770 y 1814 se establecen 14 fábricas de curtidos en la comarca ferrolana" (PDF). Anuario Brigantino (Betanzos) (21): 167–182. ISSN 1130-7625.
  19. 19,0 19,1 19,2 Santiago de la Fuente García, SJ. (1999). "Los hermanos García y Naveira y sus Fundaciones" (PDF). Anuario Brigantino 22: 395–434. ISSN 1130-7625.
  20. Torres Regueiro, Xesús (1991). "A Irmandade da Fala de Betanzos 1917-1930" (PDF). Anuario Brigantino: 91–138.
  21. En irlandés antigo bith, betho (xenitivo) ou en bretón bet significan "vida", "da vida"
  22. 22,0 22,1 Caridad Arias, Joaquín (Directora: Alayón, Carmen Díaz ) (2003/2004). "6.11. Betanzos < ¿Brigantium?, Betanzos-o-vello, antigua Tiobre". En Humanidades e Ciencias Sociais, Universidade de La Laguna. Los fenómenos de homonimia y homofonía en la toponomástica y su repercusión en las etimologías cultistas y populares de la Europa Occidental (Tese Doutoral).
  23. Pena Graña, Andrés (Xuño de 2008). "O Misterio do trisquel na relixión celta ancestral, Monoteismo trinitario antecedente do presente cristián." (PDF). CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios (Pontedeume) (15): 167-236.
  24. "Os mitos do 800 aniversario: o 800 aniversario da fundación da cidade". Xornal de Betanzos. 14/5/2018.
  25. Alonso Ávila, Ángeles (1999 páxinas = 848). Secretariado de Publicaciones e Intercambio Editorial, Universidad de Valladolid, eds. Homenaje al profesor Montenegro: estudios de historia antigua. ISBN 84-7762-985-4. En un trabajo posterior ya se hablaba de un radical Bet- de probable origen ibérico y que estaría presente en otros hidrónimos y topónimos peninsulares Baetis, Betán, Betanzos...
  26. Ravenate 4, 26, páx. 231
  27. 27,0 27,1 L.T. Betanzos (15/10/2017). "Casi un 28% de los edificios del casco histórico de Betanzos está protegido". El Ideal Gallego.
  28. 28,0 28,1 28,2 28,3 Turismo de Galicia, Xunta de Galicia (eds.). "Turismo de Galicia". turismo.gal. Consultado o 13/08/2017.
  29. 29,0 29,1 29,2 29,3 Concello de Betanzos (eds.). "Turismo de Betanzos". Consultado o 13/08/2017.
  30. 30,0 30,1 30,2 30,3 Proxecto Mandeo, Diputación da Coruña (eds.). "Turismo: Arquitectura". Consultado o 13/8/2018.
  31. 31,0 31,1 31,2 Villa-amil y Castro, José (facsímile: 2005) 1904. Imprenta de San Francisco de Sales (facsímile: Ed. Órbigo, A Coruña), ed. Iglesias gallegas de la Edad Media, colección de artículos publicados por (en castelán). Madrid. p. 410. ISBN 84-934081-5-8.
  32. "Delimitación do trazado e o ámbito vinculado ao camiño de Santiago inglés en Galicia. Mapa Betanzos B-2" (PDF). xullo de 2014.
  33. Xunta de Galicia (eds.). "Camiño Inglés". O Camiño de Santiago.
  34. "Escolas infantís de Galicia". escolasinfantisdegalicia.es.
  35. "Betanzos celebra el centenario de la Casa Núñez y las Escuelas Jesús García Naveira". El Idel Gallego. 12/2/2017.
  36. "Quiénes somos". Escola Infantil Niño Jesús Raiola. Consultado o 13/08/2018.[Ligazón morta]
  37. "Ensinanzas ofertadas polo centro". C.E.I.P. Francisco Vales Villamarín. Consultado o 13/08/2018.
  38. "Localización e datos de interese". IES Francisco Aguiar. Consultado o 13/08/2018.
  39. "O Centro". IES As Mariñas. Arquivado dende o orixinal o 14/08/2018. Consultado o 13/08/2018.
  40. Museos de Galicia, Xunta de Galicia (eds.). "As Mariñas". Consultado o 13/8/2018.
  41. Juan J. Burgoa (11/9/2016). "El museo das Mariñas de Betanzos, un ejemplo para la ciudad ensimismada de Ferrol". Galicia Ártabra Dixital.
  42. "Fundación CIEC, Centro Internacional de la Estampa Contemporánea". Consultado o 13/8/2018.
  43. Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 203.
  44. Aplícase o alcume de garelas ás mozas desvergonzadas e atrevidas, pero tamén ás naturais de Betanzos, en xeral.
  45. Castro Santamariña, Manuel (2013). Cancioneiro das terras de Aranga. Deputación da Coruña. p. 65. ISBN 978-84-9812-210-7.
  46. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 274. Recollida nas Mariñas de Betanzos.
  47. Fernando Salgado (19/07/2015). "La historia del lúpulo (I)". La Voz de Galicia.
  48. Fernando Salgado (26/07/2015). "La historia del lúpulo (II)". La Voz de Galicia.
  49. Marcelino Álvarez López "Maino" (1989). "El cultivo de lúpulo en Galicia: una riqueza perdida" (PDF). Anuario Brigantino: 101–104.
  50. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC Betanzos-Mandeo".
  51. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC Encoro Abegondo-Cecebre (ES1110004)".
  52. 52,0 52,1 Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (eds.). "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo".
  53. Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos (eds.). "Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo".
  54. 54,0 54,1 Oficina de Turismo, Concello de Betanzos (eds.). "Os imprescindibles".
  55. El País (ed.). "Resultado Elecciones Municipales en Betanzos 2011". Consultado o 23 de maio de 2011.
  56. Betanzos

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Aranga

Aranga é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE, o 1 de xaneiro de 2014 tiña 2033 habitantes, 1023 homes e 1010 mulleres (2.072 no 2012, 2113 no 2011, 2126 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arangués».

Bergondo

Bergondo é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca da Coruña. Limita cos concellos de Sada, Paderne, Abegondo, Cambre e Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 6702 habitantes (6696 no 2009, 6540 no 2007, 6539 no 2006, 6495 no 2005, 6413 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bergondés.

Coirós

Coirós é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 1747 habitantes (1765 no 2012, 1771 no 2011, 1722 no 2010). O seu xentilicio é coirense (non oficial).

Comarca da Coruña

A comarca da Coruña é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é A Coruña. Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur coa comarca de Ordes, ao leste coa comarca de Betanzos e ao oeste coa comarca de Bergantiños.

Abarca unha superficie de 469,6 km², e no 2014 tiña 397.254 habitantes distribuídos en nove concellos: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

Comarca de Arzúa

A comarca de Arzúa é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Arzúa. Pertencen a ela os concellos de Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro. Linda polo norte coas comarcas de Ordes e Betanzos, polo leste coa comarca da Terra de Melide, polo oeste coa comarca de Santiago, e no sur ten a comarca do Deza, xa na provincia de Pontevedra.

Comarca de Betanzos

A comarca de Betanzos é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Betanzos. Pertencen a ela os concellos de Aranga, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza-Cesuras, Paderne, Vilarmaior e Vilasantar. Ten unha superficie de 669,3 km² e no 2014 tiña 38.768 habitantes.

Comarca de Eume

A comarca de Eume é unha comarca galega situada na provincia da Coruña. Pertencen a esta comarca os concellos da Capela, As Pontes de García Rodríguez, Cabanas, Pontedeume e Monfero. Limita ao norte coas comarcas de Ferrolterra e Ortegal, ao sur coa de Betanzos e ao este coa da Terra Chá pertencente á provincia de Lugo.

Estación de Betanzos-Cidade

Betanzos-Cidade, anteriormente denominada Betanzos-Pueblo, é unha estación de tren de Adif situada na vila de Betanzos, na provincia da Coruña. Ten paradas comerciais de Longa e Media distancia operadas por Renfe.

Estación de Betanzos-Infesta

A estación de Betanzos-Infesta é unha estación de tren de Adif situada na Infesta, ao suroeste da vila de Betanzos, na provincia da Coruña. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Fernando Cortés Bugía

Fernando Cortés Bugía, nado en Betanzos o 15 de decembro de 1874 e finado na Coruña o 25 de marzo de 1948, foi un pintor, escultor e debuxante galego.

Francisco Vales Villamarín

Francisco Vales Villamarín nado en Betanzos o 7 de maio de 1891 e falecido na mesma vila o 24 de agosto de 1982, foi un historiador e profesor galego, secretario perpetuo da Real Academia Galega e cronista oficial de Betanzos.

Irixoa

Irixoa é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.421 habitantes. O seu xentilicio (non oficial) é irixoés.

José García Acuña

José García Acuña, nado en Betanzos o 15 de xaneiro de 1873 e finado na Coruña o 10 de xuño de 1933, foi un diplomático e escritor galego.

Liña Betanzos - Ferrol

A liña Betanzos Infesta-Ferrol, tamén coñecida como O Ramalillo, é unha liña de ferrocarril de 42,7 km de lonxitude que pertence á rede ferroviaria española. É un trazado curto que busca conectar a cidade de Ferrol e toda a súa área portuaria á rede na estación de Betanzos-Infesta. Segundo a catalogación do Adif é a liña 804.Entrou en funcionamento o 5 de maio de 1913. Foi construída polo propio Estado ao quedar desertas as diferentes subhastas que se celebraron para outorgar a concesión.

Miño

Miño é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE a súa poboación no 2018 era de 6.056 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «miñense».

Oza-Cesuras

Oza-Cesuras é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos creado o 6 de xuño de 2013 a partir da fusión dos concellos de Oza dos Ríos e Cesuras. Segundo o IGE o 1 de xaneiro de 2018 tiña 5155 habitantes.

Paderne

Paderne é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.502 habitantes (2.672 no 2009, 2.735 no 2006, 2.715 no 2005, 2.689 en 2004, 2.680 en 2003). Ten unha superficie de 39,8 km².

Salvador Cabeza de León

Salvador Cabeza de León, nado en Betanzos o 4 de febreiro de 1864 e finado en Santiago de Compostela o 20 de maio de 1934, foi un destacado galeguista, profesor e político galego.

Vilarmaior

Vilarmaior é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.236 habitantes (1.277 no 2010, 1.326 no 2006, 1.343 no 2005, 1.362 no 2004, 1.350 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Vilarmaiorés.

Lugares de interese de Betanzos
Igrexas
Museos
Prazas e parques
Edificios
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.