Bertomeu, apóstolo

Bertomeu chamado Natanael (Natan-el bar Tholmai, "Natanael, fillo de Ptolemeo"; en arameo: תולמי-בר, bar-Tôlmay; en grego: Βαρθολομαίος Bartholomaíos), nado en Caná (Galilea) a comezos do século I e finado na Armenia, foi segundo o Novo Testamento, un dos doce Apóstolos de Xesús Cristo. É venerado coma santo en tota a cristiandade.

San Bertomeu
Bartholomaeus San Giovanni in Laterano 2006-09-07
Escultura de Pierre Le Gros o Novo (Roma, San Xoán de Latrán), s. XVIII
Apóstolo e Mártir
Biografía
Nacementodescoñecida, arredor do ano 1 d.C. en Caná, Palestina
Pasamentos. I d.C. esfolado e crucificado en Albania caucásica (antiga Armenia, actual provincia de Van en Turquía). Enterrado en San Bartolomeo all'Isola Tiberina (Roma) (procedente de Benevento, antes en Lipari e antes en Dura-Europos)
Proceso de canonización
CanonizaciónAnterior á Congregación
Veneración
Venerado/a enMaioría das confesións cristiás
Festividade24 de agosto (occidente), 11 de xuño (oriente)
Santuario principalMosteiro de San Bertomeu (Albarak, Turquía, lugar do martirio), San Bartolomeo all'Isola Tiberina (Roma), Catedral de San Bartolomeo (Lipari)
AtributosCoitelo, a súa pel esfolada
Patrón/a deArmenia; encadernadores, buxeos, carniceiros, traballadores da pel (curtidores, branqueadores); Cariño (A Coruña), Cabaneiro (Lugo), Capela de San Bertomeu da Catedral de Santiago

Traxectoria

Fillo dun cananeo chamado de Ptolemeo, o seu nome real semella que era Natanael (en arameo Natan-el bar Tholmai). De aquí o nome "bar-Tolmay", en galego Bertomeu, que significa fillo de Ptolemeo.

Segundo o Novo Testamento, veu a Xesús de Nazaret resuscitado no Lago Tiberiades e foi testemuña da súa ascensión ao ceo. Segundo Eusebio de Cesarea, Bertomeu foi a predicar á India e, con Xudas Tadeo, predicou na Armenia, por iso son os patróns da Igrexa Apostólica Armenia

O seu final foi dos máis crueis entre os apóstolos, xa que foi esfolado vivo e, finalmente, decapitado.

Last judgement

Detalle do Xuízo final de Miguel Anxo onde aparece Bertomeu sostendo a súa pel

Saint barthelemy

Martirio do santo, por Giovanni Tiepolo, 1722 (Venecia, San Stae)

Saint Bartholomew Monastery

Foto antiga do mosteiro de San Bertomeu, no lugar onde foi martirizado (hoxe en ruínas, preto de Albairak en Turquía)

Roma - San Bartolomeo all'isola

San Bartolomeo all'Isola, en Roma, onde fican as reliquias do santo

Veneración

Conmemóraselle o 24 de agosto. Polo seu martirio é patrón de oficios relacionados co traballo da pel, coma os curtidores, e adobadores.

Véxase tamén

Outros artigos

Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de San Bertomeu

Bertomeu

Este artigo trata sobre o nome, para o apóstolo véxase Bertomeu, apóstolo.

Bartomeu é un nome propio masculino de orixe hebraica na súa variante en galego. Bertomeu foi un dos apóstolos de Xesús. En Galicia existen numerosas parroquias que teñen a San Bertomeu de patrón (véxase:Parroquias de Galicia baixo a advocación de San Bertomeu).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.