Berta Cáccamo

Berta Álvarez Cáccamo, coñecida artisticamente como Berta Cáccamo, nada en Vigo o 1 de setembro de 1963[1] e finada en Coruxo (Vigo) o 11 de maio de 2018,[2] foi unha pintora abstracta galega.

Berta Cáccamo
Nome completoBerta Álvarez Cáccamo
Nacemento1 de setembro de 1963
 Vigo
Falecemento11 de maio de 2018
 Coruxo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintora
PaiXosé María Álvarez Blázquez
IrmánsXosé María Álvarez Cáccamo, Alfonso Álvarez Cáccamo e Celso Álvarez Cáccamo
PremiosPremio Cultura Galega das Artes Plásticas

Traxectoria

Nada na familia Álvarez Blázquez, moi relevante no panorama cultural galego da última metade do século XX, en 1986 licenciouse en Belas Artes na Reial Acadèmia Catalana de Belles Arts de Sant Jordi de Barcelona. En 1987 recibiu a bolsa Manuel Colmeiro da Xunta de Galicia, e en 1990 a bolsa de Creación Artística Banesto en Madrid.

Comezou a expor en 1986, vinculada á corrente renovadora do grupo Atlántica. En 1989 obtivo o premio Cidade de Palma, na Bienal de Pontevedra e no I Certame Unión Fenosa da Coruña. Nese mesmo ano foi vivir a París, tendo unha estancia na Cité Internacional des Arts entre 1990 e 1991. En 1991 foi premiada no II Certame Unión Fenosa.

A súa pintura é abstractiva e conceptual, dentro da non figuración, con amplas manchas de tons axordados e dominio de cores ocres e negras. Hai unha estrutura xeométrica nas súas composicións, deliberadamente elementalizadas, con vagas referencias formais. Adoita usar lenzos de gran tamaño.

Foi profesora na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, centro educativo da Universidade de Vigo, situado no campus de Pontevedra.

A súa obra está presente no Centro Galego de Arte Contemporánea, no Museo Provincial de Pontevedra e en coleccións particulares como a Colección Afundación, o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa ou a da Fundación María José Jove.

En 2017 recibiu o Premio Cultura Galega das Artes Plásticas.[3]

En 2019 o CGAC rendeulle homenaxe.[4]

Vida persoal

Foi filla do escritor Xosé María Álvarez Blázquez, e irmá de Xosé María, Alfonso, e Celso Álvarez Cáccamo.

Notas

  1. Barrera, F., ed. (2002). "Álvarez Cáccamo, Berta". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
  2. "El arte gallego llora la inesperada muerte de la pintora Berta Cáccamo a los 54 años". La Voz de Galicia (en castelán).
  3. "Premios da Cultura Galega 2017". Consultado o 14 de decembro de 2017.
  4. "O CGAC homenaxea a pintora Berta Cáccamo". Sermos Galiza. 9 de maio de 2019. Consultado o 10 de maio de 2019.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.
11 de maio

O 11 de maio é o 131º día do ano do calendario gregoriano e o 132º nos anos bisestos. Quedan 234 días para finalizar o ano.

2018

2018 (MMXVIII) é un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI.

Finados en 2018

Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2018. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona, nacionalidade de orixe e causa da morte.

Para unha listaxe ordenada alfabeticamente, véxase a categoría "Finados en 2018".

Fundación María José Jove

A Fundación María José Jove é unha organización sen ánimo de lucro constituída en 2003 en memoria de María José Jove Santos, filla de Manuel Jove e finada en marzo de 2002. Está orientada cara a infancia e persoas con diversidade funcional.

Foi declarada de interese galego pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia o 14 de marzo de 2003. Ten establecida a súa sede no edificio WorkCenter, no polígono industrial da Grela.

Gala do Libro Galego

A Gala do Libro Galego é un evento cultural de carácter anual que ten por finalidade premiar as mellores obra e iniciativas literarias de cada ano (sempre a ano vencido). Os convocantes son a Asociación Galega de Editoras, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa

O Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC), antes coñecido como Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa (MACUF) é o museo que acolle a colección de arte da compañía eléctrica Unión-Fenosa, reunida a partir das achegas das bienais de arte contemporánea que dende 1989 promove a devandita entidade. Cómpre destacar unha importante mostra do denominado "movemento renovador" de artistas galegos. Comparte edificio co Museo da Electricidade.

En outubro de 2018 a Fundación Naturgy anunciou o peche do museo para o 30 de decembro do mesmo ano.

Árbore xenealóxica

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.