Bernardo González del Valle

Bernardo González del Valle, coñecido como Cachamuíña, nado na aldea de Cachamuíña (O Pereiro de Aguiar) o 23 de marzo de 1771, e finado o 6 de setembro de 1848, foi un militar galego, coñecido polo seu papel na reconquista de Vigo en 1809 na Guerra da Independencia Española.[1]

Bernardo González del Valle
Bernardo González del Valle
Nacemento23 de marzo de 1771
 Cachamuíña, A Lamela, O Pereiro de Aguiar
Falecemento6 de setembro de 1848
 Cachamuíña, A Lamela, O Pereiro de Aguiar
SoterradoCemiterio de Pereiró
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar

Traxectoria

Era fillo de Ignacio González, capitán do rexemento militar de Ourense. En 1791 foi designado subtenente das Milicias Provinciais, tralo cal incorporouse ao rexemento con base en Ferrol. As súas primeiras accións bélicas tiveron lugar no exército do Bidasoa contra os ingleses. Alí, levou a cabo varios actos heroicos, polo que foi ascendido a tenente. En 1800, xa de regreso en Ferrol, distinguiuse na batalla contra os ingleses, polo que foi ascendido a capitán.

No inicio da Guerra da Independencia participou nas batalla de Rioseco, Valmaseda e Espinosa de los Monteros, retirándose despois a León coa súa compañía de granados. Tras contactar co Marqués de la Romana, tomou o mando sobre as guerrillas da zona de Ourense. Xunto con outros granados dispersos que foi incorporando, a súa compañía levou a cabo importantes accións en Ourense e na comarca do Deza. Trala reconquista de Vigo, onde foi ferido cando derribaba a porta da Gamboa a machadazos, foi designado gobernador da vila.

En outubro de 1809 o Marqués de la Romana designouno gobernador da provincia de Tui. Alí organizou a Lexión do Ribeiro, da que foi comandante co grao de coronel.

En 1811 pediu a xubilación como inválido de guerra, séndolle concedida unha pensión mensual de 1800 reais, se ben non comezou a cobrar até 17 anos despois, logo de moitas instancias de protesta.

En 1829 cobraba décimos para o bispado de Lugo, e finalmente regresou á súa aldea natal. Estaba casado con Xosefa Ballesteros Carasa, sobriña do liberal Luís López Ballesteros e da que o rei Fernando VII estaba namorado.

En 1932 os seus restos mortais foron trasladados ao camposanto vigués de Pereiró.[2]

Notas

  1. Cebrián Ramos, Beatriz; Material Didáctico. Vigo, 1809: Reconquista Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León".
  2. Estévez Rodríguez, Emilio (1997). "El traslado a Vigo de los restos mortales de Cachamuíña". Boletín del Instituto de Estudios Vigueses. n.º 3 Arquivado 01 de abril de 2018 en Wayback Machine. pp. 55-79 (en castelán).

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

23 de marzo

O 23 de marzo é o 82º día do 2004 do calendario gregoriano e o 83º nos anos bisestos. Quedan 284 días para finalizar o 2004.

Cachamuíña

O topónimo galego Cachamuíña pode referirse a:

Cachamuíña, lugar da parroquia de Esgos no concello de Esgos.

Cachamuíña, lugar da parroquia da Lamela no concello do Pereiro de Aguiar.Amais, Cachamuíña foi o alcume do militar galego Bernardo González del Valle (1771 - 1848), nado nesta última aldea.

Cachamuíña, A Lamela, O Pereiro de Aguiar

Cachamuíña é un lugar da parroquia da Lamela no concello ourensán do Pereiro de Aguiar na comarca de Ourense. Tiña 205 habitantes no ano 2008 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 103 homes e 102 mulleres.

Cemiterio de Pereiró

O cemiterio de Pereiró, de titularidade municipal, é un camposanto do lugar de Pereiró, na parroquia viguesa de Matamá, deseñado por Jenaro de la Fuente Domínguez, inaugurado en marzo de 1898, sendo alcalde Antonio López de Neira e bispo Valeriano Menéndez Conde y Álvarez, que recibiron as chaves do recinto.

Guerra da Independencia española en Galicia

A guerra da Independencia española (1808-1814) foi un enfrontamento militar entre España e o Primeiro Imperio Francés, provocado pola pretensión de Napoleón de instalar no trono español ao seu irmán Xosé Bonaparte, tras as abdicacións de Baiona. Esta guerra, tamén coñecida como a francesada, solápase e confúndese coa que a historiografía anglosaxoa chama "guerra peninsular" (Peninsular War), iniciada en 1807 ao declararlle Francia e España a guerra a Portugal, tradicional aliado do Reino Unido. Tamén tivo un importante compoñente de guerra civil a nivel nacional entre afrancesados e patriotas.

O conflito desenvolveuse en plena crise do Antigo Réxime e sobre un complexo contexto de profundos cambios sociais e políticos impulsados polo xurdimento da identidade nacional española e a influencia no campo dos "patriotas" dalgúns dos ideais nacidos da Ilustración e a Revolución francesa, paradoxalmente difundidos pola elite dos "afrancesados".

O tratado de Fontainebleau de 27 de outubro de 1807 prevía, de cara a unha nova invasión hispanofrancesa de Portugal, o apoio loxístico necesario para o tránsito das tropas imperiais. Baixo o mando do xeneral Jean-Andoche Junot, as tropas francesas entraron en España o 18 de outubro de 1807, cruzando o seu territorio a toda marcha chegando á fronteira portuguesa o 20 de novembro. Porén, os plans de Napoleón ían máis alá, e as súas tropas, moi superiores en número ao acordado en Fontainebleau, foron tomando posicións en importantes cidades e prazas fortes co obxecto de derrocar a Casa de Borbón e suplantala pola súa propia dinastía, convencido de contar co apoio popular.

Pero o resentimento da poboación polas exixencias de mantemento das tropas estranxeiras, que deu lugar a numerosos incidentes e episodios de violencia, xunto coa grande inestabilidade política xurdida pola querela entre Carlos IV de España e o seu fillo e herdeiro Fernando VII, orquestrada polos franceses, que se iniciou co Proceso de El Escorial e culminou co Motín de Aranjuez e o ascenso ao poder de Fernando VII, precipitou os acontecementos que desembocaron nos primeiros levantamentos no norte de España e a xornada do 2 de maio de 1808 en Madrid. A difusión das noticias da brutal represión e das abdicacións de Baiona do 5 e 9 de maio, estendeu por toda España o chamamento, iniciado en Móstoles, a enfrontarse coas tropas imperiais e decidiu a guerra pola vía da presión popular, a pesar da actitude contraria da Xunta Suprema de Goberno, órgano de rexencia instituído o 10 de abril de 1808 polo rei Fernando VII, que sería a encargada de dirixir os asuntos do reino na súa ausencia, cando tivo que viaxar a Francia convocado por Napoleón, nomeando ao seu tío o infante Antonio Pascual como presidente.

A gloria que lle foi negada ao pobo galego durante 200 anos recoñécese aquí con nomes, datas e lugares, dixo Francisco Rodríguez Iglesias, presidente de Hércules de Ediciones, na presentación do libro Victorias de Galicia. La Guerra de la Independencia. Cuando el pueblo gallego derrotó a Napoleón do coronel Navas Ramírez-Cruzado. Rodríguez expresou o seu desexo de que ese libro sirva para cambiar o defecto máis grave dos galegos, que é a falta de autoestima, mencionando a famosa frase do duque de Wellington: españois, imitade aos inimitábeis galegos!.Pola súa parte para o autor, coronel de artillaría e durante sete anos director do Museo Militar da Coruña, foi Galicia enteira a que venceu ás forzas de Napoleón, non foi o exército español, ou o que quedaba del, nin o inglés que veu axudar e o que fixo foi estorbar, nin os guerrilleiros. Así mesmo, tamén desmitificou outros feitos famosos desta contenda, como o 2 de maio, que morreu o día 3 cos fusilamentos; o levantamento de Zaragoza ou a gran Bailén, que o que fixo foi despertar o furor de Napoleón. Segundo Navas, foi a dignidade atropelada do pobo galego a que se levanta e expulsa os franceses da súa terra en seis meses, nunha guerra que durou seis anos.

Historia de Vigo

A historia de Vigo abrangue as diferentes épocas en que a actual cidade estivo poboada, desde os primeiros asentamentos até a actualidade.

Lista de pseudónimos e sobrenomes galegos

Esta listaxe de pseudónimos, sobrenomes e alcuños comprende personalidades galegas e algunhas non galegas pero que dalgún xeito tiveron ou teñen vencellos con Galicia.

O sabre do francés

O sabre do francés é un conxunto de 11 relatos escritos por Miguel Anxo Fernández, publicados por Galaxia en 2002.

Os relatos están ambientados a comezos do século XIX, durante a guerra da Independencia española e a "Francesada", a represión feita polas tropas dos mariscais Ney e Soult.

Onomástica do rueiro de Vigo

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.