Bermudas

As illas Bermudas[1][2] (en inglés: Bermuda) son un arquipélago de América do Norte no océano Atlántico que forman parte do Territorio Británico de Ultramar. A capital é Hamilton. Na colonia circula a libra das Bermudas en paridade co dólar americano. O arquipélago é un paraíso fiscal, nos últimos anos está a crece-lo sector turístico.

Coordenadas: 32°20′N 64°45′O / 32.333, -64.750

Territorio Británico de Ultramar das Bermudas
British Overseas Territory of Bermuda
Bandeira das Bermudas
Escudo das Bermudas
BandeiraEscudo
United Kingdom on the globe (Bermuda special) (Americas centered)
Lema: Quo Fata Ferunt
(Latín: Para onde o destino leve)
Capital
 • Poboación
Hamilton
1 010 (2010)
Cidade máis poboadaHamilton
Linguas oficiaisInglés
Forma de gobernoTerritorio de Ultramar
Isabel II
John Rankin
E. David Burt
Dependencia do Reino Unido1609
SuperficiePosto 230º
 • Total53,2 km²
 • % auga27
Fronteiras0 km
Costas103 km
PoboaciónPosto 209º
 • Total (2018)71 176 hab.
 • Densidade1 338 hab./km²
PIB (nominal)
PIB (PPA)Posto 149º
 • Total (2009)5,47 billóns US$
 • per cápita84 381 US$
MoedaDólar bermudano ($, BMD)
XentilicioBermudano, bermudana[1]
Fuso horarioPST (UTC-3)
 • Horario de veránPST (UTC-4)
Dominio de Internet.bm
Prefixo telefónico+1-441
Prefixo radiofónicon/d
Código ISO060 / BMU / BM
Membro de: CARICOM

Historia

Descubertas polo español Juan de Bermúdez, baixo o mandato británico obtiveron pronto grande autogoberno, establecendo o sistema lexislativo en 1620, o que o converte nun dos máis antigos do mundo.

A principios do século XX, cando o transporte moderno e os sistemas de comunicación se desenvolveron, as Bermudas fixéronse un destino popular para turistas estadounidenses, británicos e canadenses ricos. Ademais, a tarifa decretada polos Estados Unidos en 1930 danou o comercio agrícola de exportación - principalmente de verduras frescas cos Estados Unidos - estimulando con iso o desenvolvemento da industria turística no territorio de ultramar, que, tras o comercio internacional, é a segunda en importancia económica da illa.

Durante a Segunda Guerra Mundial, as Bermudas adquiriron importancia como base militar debido á súa posición estratéxica no Océano Atlántico. En 1941, os Estados Unidos asinaron un acordo de préstamo-arrendamento co Reino Unido dando aos británicos os destrutores do exército estadounidenses dabondo a cambio de dereitos de arrendamento durante 99 anos para establecer bases navais e aéreas nas Bermudas[Cómpre referencia]. As bases consistían en 5,8 km² de terra en gran parte reclamada ao mar. A Estación Aérea Naval estadounidense estaba sobre a Illa de Saint David, mentres o seu anexo se achaba ao final occidental da illa no Gran Fondeadoiro.

Desde o 1 de setembro de 1995, ambas as bases foron clausuradas, dado que eran bases británicas e canadenses na illa. As cuestións sen resolver acerca da retirada en 1995 das forzas estadounidenses - relacionadas principalmente con factores ambientais - atrasaron a volta formal das terras baixas ao Goberno das Bermudas. Os Estados Unidos formalmente devolveron as terras das súas bases en 2002.

Goberno e Política

Poder Executivo: A autoridade máxima é a Xefa de Estado, a raíña Isabel II do Reino Unido, representada nas Bermudas polo gobernador John Vereker. O poder executivo local está a cargo do primeiro ministro Ewart Brown e o seu gabinete.

Poder Lexislativo: Bermudas posúe un sistema parlamentario bicameral. O senado componse de 11 membros, 5 deles son elixidos polo primeiro ministro, 3 polo líder da oposición e tres polo gobernador. A Asemblea está constituída por 40 membros elixidos por voto directo cada cinco anos. O primeiro ministro nomea o gabinete coa aprobación do gobernador.

Poder Xudicial: O máximo organismo é a Corte Suprema.

Partidos Políticos:

  • Partido Ambientalista (AP)
  • Partido Laborista Progresista (PLP)
  • Partido Nacional Liberal

Bermudas divídese en 3 departamentos e 15 municipios.

Economía

Artigo principal: Economía das Bermudas.

Demografía

54,8% da poboación é de raza negra, 34,1% branca e 6.4% multirracial. As illas teñen unha pequena, pero crecente, comunidade de asiáticos. Unha porción significativa da poboación é tamén descendente de portugueses (10%) como resultado da inmigración de habitantes das illas que pertencen ou pertencían a Portugal, en especial das Illas Azores, durante os últimos 160 anos.

Bermuda topographic map-en
Mapa das Bermudas.

Cultura

Festas
Data Nome en galego Nome local
1 de xaneiro Ano Novo New Year's Day
24 de maio Día das Bermudas Bermuda Day
2º luns de xuño Aniversario da Raíña Queen's Birthday
Xoves antes o 1º luns en agosto Día da Emancipación Emancipation Day
Venres antes do 1º luns de anosto Somer's Day
1º luns de setembro Día do traballo Labour Day
11 de novembro Día do Recordo Remembrance Day
25 de decembro Día de Nadal Christmas Day
26 de decembro Boxing Day

Notas

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bermudano.
  2. Definición de bermudano, -da no Dicionario de Galego.

Véxase tamén

Ligazóns externas

.bm

.bm é o dominio de primeiro nivel xeográfico (ccTLD) de Internet para as Bermudas.

Orixinalmente foi delegado en marzo de 1993 ó Bermuda College e despois foi redelegado ó Registrar General of Bermuda, o xestor de facto do dominio .BM, en 2007.

Aeroporto L.F. Wade

O aeroporto internacional L.F. Wade (IATA: BDA, OACI: TXKF), anteriormente chamado aeroporto internacional de Bermuda, é o único aeroporto que serve ao territorio británico de ultramar das Bermudas, no océano Atlántico. Está situado na parroquia de St. George's e atópase a 11 quilómetro ao nordés da cidade de Hamilton, a capital do arquipélago. Ten unha terminal de pasaxeiros, unha de carga, oito postos de estacionamento de aviñons e pode operar todos os tamaños de aparellos, incluído un Airbus A380. A día de hoxe sete aeroliñas operan servizos regulares ás Bermudas, voando a destinos en Canadá, Reino Unido e Estados Unidos.

América do Norte

América do Norte ( pronunciación ) ou Norteamérica ( pronunciación ) é un subcontinente de América situado totalmente no hemisferio norte, e case por completo no hemisferio occidental, que se estende, xeopoliticamente, desde Alasca e Groenlandia ao norte, ata a fronteira de México con Guatemala e Belize ao sur. Limita ao norte co océano Glacial Ártico, ao leste co océano Atlántico, ao sueste co mar Caribe e ao sur e ao oeste co océano Pacífico. Está conectado con América do Sur pola estreita ponte territorial que representa América Central. Cobre unha área de aproximadamente 24 709 000 km², o que representa ao redor dun 4,8 % da superficie total do planeta e un 16,5 % das terras emerxidas.

En 2009 a súa poboación estimada era de máis de 528 millóns de habitantes. En 2013 a media do Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) de todos os países do subcontinente norteamericano foi de 0,895.

América boreal é un sinónimo, pero este concepto a miúdo só inclúe os Estados Unidos e Canadá, excluíndo a zona de México a que ás veces se considera dentro de América Central.

Atol

Un atol é unha illa madrepórica oceánica, polo xeral con forma de anel máis ou menos circular, ou tamén un conxunto de varias illas pequenas que forman parte dun arrecife de coral, cunha lagoa interior que comunica co mar. Os atois fórmanse cando un arrecife de coral crece ao redor dunha illa volcánica que posteriormente se afunde no océano.

Código postal

O código postal está composto por unha serie de caracteres que se inclúen nos enderezos postais para facilitar e axilizar o servizo de correos. Normalmente, os códigos son unha serie de díxitos, mais algúns estados tamén empregan letras.

DVD

Un DVD ou deuvedé (Digital Versatile Disc, antes denominado Digital Video Disc) é un formato de almacenamento óptico que pode ser empregado para gardar datos, incluíndo películas con alta calidade de vídeo e son. Aseméllase aos discos compactos en canto ás súas dimensións físicas (diámetro de 12 ou 8 cm), pero están codificados nun formato distinto e a unha densidade moito maior.

Furacán Hortensia de 1984

Hortensia foi o nome co que se designou unha tormenta tropical orixinada por mor dunha tormenta subtropical ao sueste das Bermudas, formada o 23 de setembro de 1984.

Hamilton, Bermudas

Hamilton é a capital do territorio británico de ultramar das Bermudas. É o centro financeiro e un dos portos principais e destino turístico.

ISBN

ISBN é a abreviatura do número internacional para a catalogación de libros (International Standard Book Number), código de 10 ou 13 díxitos que identifica biunivocamente calquera libro editado legalmente no mundo.

ISO 3166-1

O ISO 3166-1 é parte da norma ISO 3166 que propón códigos para nomes de países e dependencias.

É un sistema de dúas letras, usado entre outras cousas para os dominios de Internet.

AD Andorra

AE Emiratos Árabes Unidos

AF Afganistán

AG Antiga e Barbuda

AI Anguila

AL Albania

AM Armenia

AN Antillas Neerlandesas

AO Angola

AQ Antártida

AR Arxentina

AS Samoa Americana

AT Austria

AU Australia

AW Aruba

AZ Acerbaixán

BA Bosnia e Hercegovina

BB Barbados

BD Bangladesh

BE Bélxica

BF Burkina Faso

BG Bulgaria

BH Bahrein

BI Burundi

BJ Benín

BM Bermudas

BN Brunei

BO Bolivia

BR Brasil

BS Bahamas

BT Bután

BV Illa Bouvet

BW Botswana

BY Belarús

BZ Belize

CA Canadá

CC Illas Cocos

CF República Centroafricana

CG República do Congo

CI Costa do Marfil

CK Illas Cook

CL Chile

CM Camerún

CN China

CO Columbia

CR Costa Rica

CU Cuba

CV Cabo Verde

CX Illa de Nadal

CY Chipre

CZ Chequia

DE Alemaña

DJ Djibuti

DK Dinamarca

DM Dominica

DO República Dominicana

DZ Alxeria

EC Ecuador

EE Estonia

EG Exipto

EH Sahara Occidental

ER Eritrea

ES España

ET Etiopía

FI Finlandia

FJ Fidxi

FK Illas Malvinas

FM Micronesia

FO Illas Feroe

FR Francia

GA Gabón

GB Reino Unido

GD Granada

GE Xeorxia

GF Güiana Francesa

GG Guernsey

GH Ghana

GI Xibraltar

GL Groenlandia

GM Gambia

GN Guinea

GP Guadalupe

GQ Guinea Ecuatorial

GR Grecia

GS Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur

GT Guatemala

GU Guam

GW Guinea-Bissau

GY Güiana

HK Hong Kong

HM Illa Heard e Illas McDonald

HN Honduras

HR Croacia

HT Haití

HU Hungría

CH Suíza

ID Indonesia

IE Irlanda

IL Israel

IM Illa de Man

IN India

IO Territorio Británico do Océano Índico

IQ Iraq

IR Irán

IS Islandia

IT Italia

JE Jersey

JM Xamaica

JO Xordania

JP Xapón

KE Quenia

KG Kirguizistán

KH Camboxa

KI Quiribati

KM Comores

KN Saint Kitts e Nevis

KO Kosovo

KP Corea do Norte

KR Corea do Sur

KW Kuwait

KY Illas Caimán

KZ Casaquistán

LA Laos

LB Líbano

LC Santa Lucía

LI Liechtenstein

LK Sri Lanka

LR Liberia

LS Lesoto

LT Lituania

LU Luxemburgo

LV Letonia

LY Libia

MA Marrocos

MC Mónaco

MD Moldavia

ME Montenegro

MG Madagascar

MH Illas Marshall

MK Macedonia do Norte

ML Malí

MM Myanmar

MN Mongolia

MO Macau

MP Illas Marianas do Norte

MQ Martinica

MR Mauritania

MS Montserrat

MT Malta

MU Mauricio

MV Maldivas

MW Malaui

MX México

MY Malaisia

MZ Mozambique

NA Namibia

NC Nova Caledonia

NE Níxer

NF Illa Norfolk

NG Nixeria

NI Nicaragua

NL Países Baixos

NO Noruega

NP Nepal

NR Nauru

NU Niue

NZ Nova Zelandia

OM Omán

PA Panamá

PE Perú

PF Polinesia francesa

PG Papúa Nova Guinea

PH Filipinas

PK Paquistán

PL Polonia

PM Saint-Pierre-et-Miquelon

PN Illa de Pitcairn

PR Porto Rico

PT Portugal

PW Palau

PY Paraguai

QA Qatar

RE Reunión

RO Romanía

RS Serbia

RU Rusia

RW Ruanda

SA Arabia Saudita

SB Illas Salomón

SC Seychelles

SD Sudán

SE Suecia

SG Singapur

SH Santa Helena

SI Eslovenia

SJ Svalbard (Svalbard e Jan Mayen )

SK Eslovaquia

SL Serra Leona

SM San Marino

SN Senegal

SO Somalia

SR Suriname

ST San Tomé e Príncipe

SV Salvador

SY Siria

SZ Suacilandia

TB Tibet

TC Turks e Caicos

TD Chad

TF Territorios Austrais Franceses

TG Togo

TH Tailandia

TJ Taxiquistán

TK Tokelau

TL Timor Leste

TM Turkmenistán

TN Tunisia

TO Tonga

TR Turquía

TT Trinidad e Tobago

TV Tuvalu

TW Taiwán

TZ Tanzania

UA Ucraína

UG Uganda

UM Illas Ultramarinas de Estados Unidos

US Estados Unidos de América

UY Uruguai

UZ Uzbekistán

VA Vaticano

VC San Vicente e as Granadinas

VE Venezuela

VG Illas Virxes Británicas

VI Illas Virxes Estadounidenses

VN Vietnam

VU Vanuatu

WF Wallis e Futuna

WS Samoa Occidental

YE Iemen

YT Mayotte

ZA Suráfrica

ZM Zambia

ZR Zaire

ZW CimbabueOs capítulos que derivan deste código son:

ISO 3166-2, códigos para subdivisións, tales como, Estados e/ou Provincias;

ISO 3166-3, códigos para substituír códigos Alfa-2 obsoletos;

ISO 4217, códigos para unidades monetarias;

ISO 3166-1 Alfa-3, un sistema de tres letras;

ISO 3166-1 Numérico, un sistema numérico de tres díxitos, idéntico ao que foi definido pola División de Estatística das Nacións Unidas (ONU);Un país ou territorio xeralmente recibe un novo código Alfa se o seu nome se modifica, mentres que se dá un novo código numérico se houber alteración dos límites fronteirizos.

ISO 4217

A norma ISO 4217 foi creada pola ISO co obxectivo de definir códigos de tres letras para todas as moedas do mundo. Isto elimina as confusións causadas por algúns nomes de divisas como dólar, franco ou libra, que son empregados en numerosos países pero teñen tipos de cambio moi diferentes.

As dúas primeiras letras do código son as dúas letras do código do país da moeda segundo o estándar ISO 3166-1 e a terceira é normalmente a inicial da divisa en si. Esta norma define tamén as relacións entre a unidade monetaria principal e as súas subdivisións.

Inclúe tamén códigos para metais preciosos (ouro, prata, paladio e platino) e outras definicións utilizadas no mundo financeiro. Tamén existen códigos especiais para probas (XTS), e para indicar transaccións non monetarias (XXX). Todos estes códigos comezan coa letra "X". Os metais preciosos utilizan "X" e o símbolo químico do metal. ISO 3166 nunca asigna códigos de país comezando con "X", polo que ISO 4217 pode usar códigos que comecen con esa letra sen arriscarse a colisións.

Lena Headey

Lena Headey, nada o 3 de outubro de 1973 nas Illas Bermudas, é unha actriz inglesa.

Lista alfabética de códigos telefónicos por país

Está é unha lista de códigos para as chamadas telefónicas internacionais. Os números actuais asignounos a Unión Internacional de Telecomunicacións na súa recomendación E.164.

O símbolo '+' diante dos códigos de cada país simboliza o prefixo de chamada internacional. Este prefixo a marcar depende do país dende o que fagamos a chamada. A UIT aprobou o 00 coma o estándar a seguir, que xa foi implantado pola maioría dos países. Por exemplo, chamando dende un teléfono localizado en Galicia, substituiriamos o símbolo '+' por '00'; para chamar ao Perú (que ten código +51) marcariamos un número do tipo ' 0051########## '. Nos teléfonos móbiles si que é posible introducir directamente o símbolo '+', no lugar do prefixo de chamada internacional.

Mar dos Argazos

O Mar dos Argazos (ás veces citado como Mar dos Sargasos ou Mar dos Sargazos), é unha rexión do océano Atlántico setentrional que se estende entre os meridianos 70º e 40º O e os paralelos 25º a 35º N, e que nos séculos XVII ó XVIII tivo a tétrica fama de ser lugar de cemiterio de buques de navegación a vela. Abrangue parte do sector chamado Triángulo das Bermudas.

Michael Douglas

Michael Kirk Douglas, nado en New Brunswick (Nova Jersey) o 25 de setembro de 1944, é un actor e produtor estadounidense de cinema e televisión. É gañador de dous Premios Óscar e tres Globos de Ouro. É o fillo do tamén famoso actor Kirk Douglas e está casado coa actriz Catherine Zeta-Jones.

Moeda

Unha moeda é un ben económico que ten tres funcións: é un instrumento de unidade de conta, é un instrumento de troco e é un instrumento de reserva de valor. A moeda particular dun país denomínase divisa.

Territorio dependente

Os territorios dependentes son territorios que por diversas razóns non gozan dos privilexios de total independencia ou soberanía e, polo tanto, son gobernados por outros estados, chamados tamén metrópoles. Moitos deles poden ser considerados como colonias.

Os territorios dependentes contan cun sistema administrativo diferente ao da metrópole ou as unidades que conforman a metrópole (por exemplo, provincias e departamentos). Polo xeral gozan de menores dereitos administrativos e políticos que unha subunidade nacional (autonomía ou goberno local). Este tipo de administración varía segundo o nivel de dependencia do territorio. Así existen territorios completamente deshabitados.

A maioría destes estados dependentes corresponden a illas de baixa poboación que non poden soster un goberno autónomo.

Triángulo das Bermudas

O Triángulo das Bermudas é unha zona xeográfica de extensión non ben definida, nin delimitada como área xeográfica por ningunha institución, situada no oeste do océano Atlántico. Nesa zona supostamente desapareceron unha serie de aeronaves e navíos baixo circunstancias misteriosas. A cultura popular atribuíu varias desaparicións a actividades paranormais ou extraterrestres. pero a evidencia documental indica que cando menos unha boa porcentaxe dos incidentes estaban baseados en informacións erróneas, mal interpretadas ou modificadas por autores posteriores. Nun estudo de 2013, o Fondo Mundial para a Natureza identificou as 10 augas máis perigosas para a navegación, e o Triángulo das Bermudas non estaba entre elas.

Países
Países con parte do seu
territorio en América do Norte
Países
Territorios dependentes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.