Bergondo

Bergondo é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca da Coruña. Limita cos concellos de Sada, Paderne, Abegondo, Cambre e Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 6702 habitantes (6696 no 2009, 6540 no 2007, 6539 no 2006, 6495 no 2005, 6413 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bergondés[5].

Coordenadas: 43°19′10″N 08°14′02″O / 43.31944, -8.23389

Bergondo
Escudo de Bergondo
Casa do Concello de Bergondo
Casa do Concello
Situacion Bergondo
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca da Coruña
Poboación6.602 hab. (2018)
Área32,7 km²
Densidade201,9 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias
Capital do concelloCarrio
Política (2019[2])
AlcaldesaAlejandra Pérez Máquez (PSdeG-PSOE[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 6
Outros: Alternativa dos Veciños 2
Eleccións municipais en Bergondo
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes33,67%
Na rede
bergondo.gal

Xeografía

Demografía

Evolución da poboación de Bergondo dende 1900:

Fonte: Instituto Nacional de Estadística, INE 1857-2011

Censo total 2014 6702 habitantes
Menores de 15 anos 797 (11,89 %)
Entre 15 e 64 anos 4171 (62,23 %)
Maiores de 65 anos 1734 (25,87 %)
Evolución da poboación de Bergondo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5869 5597 6003 5293 6413 6696 6712 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Cultura

Toponimia

Bergondo ten unha orixe celta ou xermánica[Cómpre referencia]. Fai referencia ao rei Brigo ou a unha elevación montañosa: berg. O topónimo de Lubre, un dos lugares do concello, puidera ser o bosque sagrado dos celtas[6].

O primeiro documento no que se cita o topónimo Bergondo está datado en 1138 como 'Burgundium'. O abade Recendus de Burgundio confirma a doazón feita polo Conde de Traba á súa filla Urraca. Urraca no seu testamento de 1193 deixa o mosteiro chamado Bergondo.

Patrimonio

Patrimonio arqueolóxico

Existen numerosos castros no concello:

  • Castro de Rebodero na parroquia de Ouces
  • Bergondiño na de Bergondo
  • Os Fornos, en San Xoán de Lubre
  • Carrio (Bergondo)
  • Santa Marta de Babío
  • San Fiz de Vixoi
  • Montecelo
  • Pazos en Moruxo
  • Castro do Monte da Fame en Guísamo

Patrimonio arquitectónico

A Igrexa de San Salvador de Bergondo de estilo románico, que foi construída na segunda metade do século XII, pertencía ao mosteiro bieito de San Salvador de Bergondo. Sobre a súa proporcionada planta basilical desenvólvense tres naves e tres ábsidas semicirculares. Despois dun incendio que provocou o afundimento da cuberta, fixéronse as reformas na segunda metade do século XIV. Na fachada principal destacan os dous robustos contrafortes e as arquivoltas, apoiadas en dous pares de columnas, que enmarcan un tímpano decorado con arcos de medio punto.

Patrimonio cultural

Museos:

Patrimonio natural

Praias:
  • Praia de Gandarío (Ouces)
  • Praia do Pedrido
  • Praia de Regueiro

Economía

O concello ten unha importante base económica como periferia da cidade da Coruña por estar preto de Betanzos e o camiño de Santiago, e por ser lugar de paso da estrada N-VI e da autovía A-6. As súas boas comunicacións fan do polígono de Bergondo o núcleo económico do concello. Dende o século XVII coa ligazón coa cidade de Betanzos por concesión de cidadanía é un concello con sona de bos xoieiros. En Bergondo están algunhas das máis importantes fábricas de xoias de Galicia como Balcarsa, Unión Joyera ou Annique. Bergondo é coñecido como a xoia das Mariñas.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Bergondo.
Concello de Bergondo I

Casa consistorial do concello de Bergondo

Bergondo-ar-01

A Igrexa de San Salvador de Bergondo de estilo románico

Bergondo-ar-03

Cruceiro coa Igrexa de San Salvador

Bergondo-ar-06

San Salvador de Bergondo

Escalinata posterior Pazo Mariñán II

Escalinata posterior do pazo de Mariñán

Lugares de Bergondo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Bergondo vexa: Lugares de Bergondo.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Concello de Bergondo na FEGAMP
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 42. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  6. "Historia, Concello de Bergondo". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2014. Consultado o 31 de xullo de 2014.

Véxase tamén

Outros artigos

Apeadoiro de Guísamo

Guísamo foi un apeadoiro da liña León - A Coruña localizado en Guísamo (Bergondo). A el se accedía por unha escaleira desde a estrada DP-01810, que salva a vía férrea mediante un paso superior. As súas instalacións foron eliminadas.

Bergondiño, Bergondo, Bergondo

Bergondiño é un lugar da parroquia de Bergondo no concello coruñés de Bergondo na comarca da Coruña. Tiña 171 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 86 eran homes e 85 eran mulleres.

Bergondo, Argalo, Noia

Bergondo é un lugar da parroquia de Argalo no concello coruñés de Noia, na comarca de Noia.

Bergondo, Bergondo

San Salvador de Bergondo é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Bergondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2013 tiña 1514 habitantes (784 mulleres e 730 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1422 habitantes.

Comarca da Coruña

A comarca da Coruña é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é A Coruña. Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur coa comarca de Ordes, ao leste coa comarca de Betanzos e ao oeste coa comarca de Bergantiños.

Abarca unha superficie de 469,6 km², e no 2014 tiña 397.254 habitantes distribuídos en nove concellos: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

Cortiñán, Bergondo

Santa María de Cortiñán é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Bergondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2013 tiña 494 habitantes (258 mulleres e 236 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 415 habitantes.

Florencio Vaamonde

Florencio Vaamonde Lores, nado en Ouces (Bergondo) o 2 de abril de 1860 e finado na Coruña o 20 de outubro de 1925, foi un historiador e escritor galego. O seu irmán César foi un destacado historiador.

Gandarío, Ouces, Bergondo

Gandarío é un lugar da parroquia de Ouces no concello coruñés de Bergondo na comarca da Coruña. Tiña 133 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, dos cales 70 eran homes e 63 eran mulleres.

Guísamo, Bergondo

Santa María de Guísamo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Bergondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.509 habitantes (729 mulleres e 780 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 2013 cando tiña 1.523 habitantes.

Jesús Valeiro Gómez

Jesús Valeiro Gómez, coñecido como Antonio ou Calias, nado en Vixoi (Bergondo) e finado na mesma parroquia o 5 de decembro de 1950, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Lubre, Bergondo

San Xoán de Lubre é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Bergondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2013 tiña 874 habitantes (440 mulleres e 434 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 749 habitantes.

Mariñán, Bergondo, Bergondo

Mariñán é un lugar da parroquia de Bergondo no concello coruñés de Bergondo na comarca da Coruña. Tiña 147 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, dos cales 74 eran homes e 73 eran mulleres.

Neste lugar sitúase o pazo de Mariñán.

Moruxo, Bergondo

San Vicente de Moruxo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Bergondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2013 tiña 407 habitantes (211 mulleres e 196 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 398 habitantes.

Oleiros

Oleiros é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Coruña. Segundo o IGE no 2018 tiña 35.559 habitantes (34.963 no 2015, 33.550 no 2010, 31.694 no 2007, 31.264 no 2006, 30.467 no 2005, 29.671 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «oleirés/oleiresa».

Ouces, Bergondo

San Xoán de Ouces é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Bergondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2013 tiña 919 habitantes (495 mulleres e 424 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 805 habitantes.

Rois, Bergondo

Santa Mariña de Rois é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Bergondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2013 tiña 176 habitantes (90 homes e 86 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 155 habitantes.

Ría de Betanzos

A ría de Betanzos é unha ría galega, unha das doce que conforman as Rías Altas, e unha das catro que forman o Golfo Ártabro. Atópase no norte da provincia da Coruña, e baña os municipios de Sada, Bergondo, Betanzos, Paderne, Miño e Pontedeume.

Santa Marta de Babío, Bergondo

Santa Marta de Babío é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Bergondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2013 tiña 316 habitantes (164 mulleres e 152 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 299 habitantes.

A parroquia foi sede dunha antiga xurisdición no Antigo Réxime, que xa no século XX deu nome ao condado de Santa Marta de Babío.

Vixoi, Bergondo

San Fiz de Vixoi é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Bergondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2013 tiña 515 habitantes (250 homes e 265 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 480 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.