Berdoias, Vimianzo

San Pedro de Berdoias é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2013 tiña 247 habitantes (125 mulleres e 122 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 332 habitantes.

Coordenadas: 43°3′27.35″N 9°5′9.08″O / 43.0575972, -9.0858556

Berdoias
CasotaFrean.jpeg
ConcelloVimianzo
Poboación247 hab. (2013)
Entidades de poboación11

Patrimonio

Berdoias, Vimianzo
Igrexa parroquial.

A Casota de Freáns é un dolmen, bo exemplo do megalitismo en Galicia. Nel pódense observar abundantes gravados, coviñas e algún elemento cruciforme, mostra da vontade de cristianización do megálito.

A capela de Santa Cristiña sitúase na aldea de Santa Cristiña, a carón dunha fonte sagrada. No chan do altar hai un pequeno receptáculo de forma rectangular cheo de terra á que se lle atribúen calidades curativas para as vacas. A tradición manda coller un puñado de terra e colgala ó pescozo das vacas durante nove días. Deste xeito a vaca estará libre de enfermidades e terá bos partos. Unha vez pasado este período de tempo, a terra debe ser devolta á ermida, e seguindo a tradición débese dar un donativo á santa a cambio do servizo prestado.

A aldea de Pedra do Frade debe o seu topónimo a unha lenda, segundo a cal un frade refuxiouse no alto dunha pedra para evitar o ataque dos lobos. Porén, alí foi devorado, estando na actualidade o lugar sinalizado cun cruceiro.

Lugares e parroquias

Parroquias de Vimianzo

Véxase tamén

Outros artigos

AC-552

A AC-552 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas da Coruña e Cee, logo de 91 quilómetros.

A Bouza, Berdoias, Vimianzo

A Bouza é un lugar da parroquia do Berdoias no concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Tiña 24 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 11 homes e 13 mulleres.

A Casanova, Berdoias, Vimianzo

A Casanova é un lugar da parroquia do Berdoias no concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Tiña 16 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 11 homes e 5 mulleres.

Arquitectura prehistórica de Galicia

A arquitectura prehistórica de Galicia abrangue aquelas formas de construción empregadas polos habitantes de Galicia dende hai 2 millóns de anos (Prehistoria) ata a chegada dos romanos e a conseguinte romanización de Galicia.

Berdoias, Berdoias, Vimianzo

Berdoias é un lugar da parroquia do Berdoias no concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Tiña 78 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 43 homes e 35 mulleres.

Boallo, Berdoias, Vimianzo

Boallo é un lugar da parroquia do Berdoias no concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Tiña 23 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 9 homes e 14 mulleres.

Costa da Morte

A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron en Cabo Vilán.Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.Os actuais proxectos gobernamentais,das agrupacións locais e europeos adoitan incluír dentro da Costa da Morte as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra e parte de Xallas ,Muros e A Coruña ; incluíndo os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Arteixo,Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.Agás as vilas costeiras, o litoral e o espazo marítimo están catalogados como espazos naturais LIC e ZEC por ser unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, un refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís e polas peculiaridades xeolóxicas da costa.

Cruceiro

Un cruceiro é un monumento relixioso constituído por unha cruz de pedra, cunha ou varias imaxes, elevada sobre unha columna asentada sobre unha plataforma e situado, normalmente, en lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de camiños, adros de igrexas etc., lugares nos que ás veces existían xa cultos pagáns á natureza (teoría xa proposta por Murguía e mantida por case tódolos autores).

O cruceiro é un dos monumentos máis fortemente enraizado na terra e na cultura galegas, intimamente vencellado á paisaxe rural galega. Xorde nos máis inesperados recunchos e constitúese en obxecto de respecto e devoción populares. Hoxe séguense a esculpir e plantar en prazas, xardíns e propiedades particulares pero xa cun obxectivo decorativo nada máis. O cruceiro tamén é característico doutras rexións do mundo con fortes raíces católicas, por exemplo Irlanda en Europa onde se chaman high cross as que son de moita influencia celta e que existen desde o século VII. Tamén aparecen cruceiros semellantes aos galegos e portugueses en amplas zonas de Francia (especialmente na Bretaña), Alemaña e Gran Bretaña.

Non se coñece o número dos existentes en Galicia, e a distribución por provincias é desigual, observándose unha maior abundancia nas provincias da Coruña e Pontevedra e sendo máis escasos en Lugo e Ourense. Clodio González Pérez di que pasan dos 10.000, entre cruces e cruceiros. A Universidade da Coruña, que está realizando desde 1993 un inventario concello a concello, estima o número en "polo menos 12.000".

como exemplo, hai catalogados "case 140 cruceiros, cruces e petos" no Porriño,, 118 en Rianxo "algo más de 300" en Vilalba, máis de 250 na comarca de Pontevedra.. Segundo o inventario que realizou Yves Castel en 1980, a Bretaña francesa contaría cuns 9.000.

Galería de imaxes de Galicia

Galería de imaxes de Galicia.

Grixoa, Berdoias, Vimianzo

Grixoa é un lugar da parroquia do Berdoias no concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Tiña 32 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 14 homes e 18 mulleres.

Megalitismo en Galicia

Para comprender mellor os caracteres xerais deste fenómeno tan estendido, consulte o artigo megalitismo.Galiza, o norte de Portugal até o río Douro, Asturias e o occidente das provincias de León e Zamora formaban parte dunha mesma zona megalítica, con arquitecturas, enxovais, unha organización social e un sistema de crenzas que hoxe estimamos relativamente homoxéneos. O megalitismo atlántico peninsular caracterízase pola abundancia de sitios arqueolóxicos, máis de cinco mil só en Galiza, e revela a existencia dunha poboación numerosa e moi espallada. O fenómeno tumulario galego dátase entre o VI milenio antes de Cristo e o 2000 a. C.

O megalitismo corresponde ás primeiras sociedades campesiñas, que habitaban un territorio dominado polo bosque caducifolio (carballos, piñeiros e bidueiros). O período climático é o que se coñece coma período atlántico e parte do subboreal, isto é, un clima cálido cunha temperatura media superior á actual, mais bastante chuvioso. Abundaban tamén os prados. Detéctase unha menor porcentaxe de arboredo no contorno dos sitios arqueolóxicos, probabelmente debido á deforestación co obxecto de aproveitar a leña.

Suponse que os lugares habitados non estarían lonxe de onde se atopan os túmulos, mais son poucos os que se teñen atopado. De aí a famosa frase de Alonso del Real: "Os habitantes do mundo megalítico morrían, pero non vivían".

O Petón, Berdoias, Vimianzo

O Petón é un lugar da parroquia do Berdoias no concello coruñés de Vimianzo na Comarca da Terra de Soneira. Tiña 35 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 17 homes e 18 mulleres.

Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte

O Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte é un dos catro centros de interpretación que constitúen a Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico.

Terá a súa sede central no contorno do Dolmen de Dombate pero comprenderá actuacións sobre outros 14 enclaves megalíticos distribuídos en 8 concellos da Costa da Morte.

O Dolmen de Dombate, ficou parcialmente excluído do ámbito deste proxecto supramunicipal por contar xa co seu propio plan director. Dun xeito similar, hai outros monumentos non incluídos en toda a Costa da Morte (v. Costa da Morte#Arqueoloxía de Lista de megálitos de Galicia#Provincia da Coruña)

Pedra do Frade, Berdoias, Vimianzo

Pedra do Frade é un lugar da parroquia do Berdoias no concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Tiña 14 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 7 homes e 7 mulleres.

Rego dos Podres, Berdoias, Vimianzo

Rego dos Podres é un lugar da parroquia do Berdoias no concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Tiña 15 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 9 homes e 6 mulleres.

Romar, Berdoias, Vimianzo

Romar é un lugar da parroquia do Berdoias no concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Tiña 26 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 13 homes e 13 mulleres.

Santa Cristiña, Berdoias, Vimianzo

Santa Cristiña é un lugar da parroquia do Berdoias no concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Tiña 13 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 8 homes e 5 mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.