Benito Xerónimo Feijoo

Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, nado en Casdemiro (O Pereiro de Aguiar), o 8 de outubro de 1676 e finado en Oviedo o 26 de setembro de 1764, foi un relixioso bieito, escritor e pensador galego. Xunto co valenciano Gregorio Mayans constitúe a figura máis destacada da primeira Ilustración española. Está soterrado na igrexa de Santa María de la Corte (Oviedo). Escribiu unha serie de ensaios baixo o título de Teatro crítico universal (1726-1764), considerados como a obra cume da Ilustración en lingua castelá.

Benito Xerónimo Feijoo
Benito Jerónimo Feijoo
Nacemento8 de outubro de 1677
 Casdemiro
Falecemento26 de setembro de 1764
 Oviedo
NacionalidadeEspaña
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade de Salamanca
Ocupaciónensaísta, escritor, catedrático de universidade, médico e filósofo
IrmánsAnselmo Feijoo Montenegro
XénerosEnsaio
Coñecido/a porTeatro crítico universal e Cartas eruditas y curiosas
EstudosTeoloxía

Traxectoria

Véxase tamén: Cronobiografía de Benito Xerónimo Feijoo.

Era fillo primoxénito dunha familia fidalga, o seu pai foi Antonio Feijoo Montenegro e Sanjurjo e a súa nai María de Puga Sandoval Novoa e Feijoo. Logo de facer os estudos primarios no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, pouco antes de facer os 14 anos ingresou na Orde de San Bieito, polo que tivo que renunciar aos seus dereitos como morgado. Ordenouse como sacerdote no mosteiro de San Xulián de Samos, e estudou Teoloxía na Universidade de Salamanca. Foi profesor durante oito anos no mosteiro de San Salvador de Lérez, catro anos como pasante e catro como titular.[1] Acadou mediante oposición unha cátedra na Universidade de Oviedo. En Oviedo residiu dende 1709, no colexio bieito de San Vicente.

Obra

Feijoo está considerado o primeiro ensaísta da literatura castelá, e un dos pioneiros xunto a Gregorio Mayans da considerada Primeira Ilustración Española, desde 1737 até pouco despois da morte de Fernando VI. Amais, está considerado precursor das ideas de frei Martín Sarmiento. Feijoo defendía a igualdade do home e da muller.

Non publicou as súas obras até 1725, e fíxoo en forma de coleccións de opúsculos polémicos que chamou discursos (de discorrer, disertar libremente). Neste xénero intégranse os oito volumes (118 discursos), máis un suplemento adicional do Teatro crítico universal (coa acepción de teatro como «panorama» ou visión xeral de conxunto), publicados entre 1726 e 1739. Doutra banda, están os cinco volumes das Cartas eruditas y curiosas, publicadas entre 1742 e 1760 e compostas por 166 ensaios máis curtos. Amais, cómpre sumar un tomo extra de Adiciones publicado en 1783 e a súa copiosa correspondencia privada.

Nos Discursos varios en todo género de materias para desengaño de errores comunes trata temas de distintas ciencias e actividades humanas e, polo seu propósito de discorrer acerca das falsas crenzas e as supersticións, entre outros erros difundidos no pobo, chamáronlle "o desenganador das Españas". Polo seu carácter enciclopédico, esta obra insírese na tradición das misceláneas, ao estilo da Silva de varia lección de Pero Mexía (século XVI).[2]

A súa obra espertou curiosidade, pois foi traducida ao francés, inglés, italiano e alemán.

Mosteiro de San Xulián de Samos
Unha estatua de Feijoo, obra de Asorey, preside o claustro grande de Samos.

Os seus discursos provocaron rexeitamento entre as comunidades tomista e escolástica, con críticas de Ignacio de Armesto Osorio, Francisco de Soto Marne, Salvador José Mañer e Diego de Torres Villarroel entre outros. Porén, foi defendido polo doutor Martín Martínez e os frades Isla e Martín Sarmiento, amais do propio rei Fernando VI, que mediante un real decreto de 1750 prohibiu que se lle atacase.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Benito Xerónimo Feijoo.
Theatro crítico universal, tomo primero, MDCCXXVI

Theatro crítico universal, t. 1º, MDCCXXVI.

Ourense, Feijoo

Estatua en Ourense.

Padre Feijoo (Oviedo)

Estatua en Oviedo.

El padre Feijóo, su vida, doctrina e influencias

El padre Feijóo, su vida, doctrina e influencias.

Notas

  1. Rial López, C.. "Historia del monasterio". San Benito de Lérez (en castelán).
  2. "Benito Jerónimo Feijoo". Microsoft Encarta 2009 Biblioteca Premium (DVD). Microsoft Corporation. 2009 (en castelán).

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

26 de setembro

O 26 de setembro é o 269º día do ano do calendario gregoriano e o 270º nos anos bisestos. Quedan 96 días para finalizar o ano.

8 de outubro

O 8 de outubro é o 281º día do ano do calendario gregoriano (282º nos anos bisestos). Quedan 84 días para finalizar o ano.

Anselmo Feijoo Montenegro

Anselmo Feijoo Montenegro, nado no século XVII en Casdemiro (O Pereiro de Aguiar), foi un militar e escritor galego dos Séculos Escuros. As composicións máis coñecidas a el atribuídas son "​Prantos da ninfa Zigalia" e "​E vós non vedes a teima?".

Cartas eruditas y curiosas

Cartas eruditas y curiosas en que, por la mayor parte se continúa el designio del Teatro Crítico Universal, impugnando, o reduciendo a dudosas, varias opiniones comunes é unha obra de Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, publicada en cinco volumes entre 1742 e 1760.

É unha obra de carácter continuísta respecto á súa obra anterior, Teatro crítico universal (1726-1739), e inclúe 163 cartas analizando diversas materias. Está escrita desde un punto de vista racionalista, propio da Ilustración, de carácter desmitificador e favorable ao método experimental e a reforma da educación. Ten un estilo sinxelo, alleo á ornamentación e a artificiosidade do barroco, e inclúe numerosos galicismos.

Casdemiro, Melias, O Pereiro de Aguiar

Casdemiro é un lugar da parroquia de Melias no

concello ourensán do Pereiro de Aguiar (Comarca de Ourense). Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2008 tiña oito habitantes (tres homes e cinco mulleres).

Eclecticismo

Eclecticismo (do grego εκλεκτός, «escoller»), é en Filosofía a escola de pensamento que se caracteriza por escoller (sen principios determinados) concepcións filosóficas, puntos de vista, ideas e valoracións entre as outras escolas que se asume poden chegar a ser compatibles de forma coherente, combinándoas e mesturándoas aínda que o resultado poida ser a miúdo contraposto sen chegar a formar un todo orgánico.

Eco de la Revista

Eco de la Revista foi un periódico editado na Coruña en 1852.

Feijoo

Feijoo, Feijó, ou tamén tradicional e incorrectamente escrito Feijóo, ou tamén regaleguizado minoritariamente a Feixó, é un apelido galego e portugués, amplamente distribuído por toda Galicia, pero que se concentra sobre todo nas comarcas da Limia e da Terra de Celanova, así como no Salnés.

Ilustración

A Ilustración é a corrente intelectual de pensamento que se desenvolveu en Europa no século XVIII baseada no corpo doutrinal dun grupo de filósofos, na súa maioría franceses, que facía énfase na razón e na ciencia como formas de explicar o universo. Foi un dos movementos impulsor do capitalismo e da sociedade moderna. Tivo unha dinámica rápida nos países protestantes e máis lenta nos demais estados da Europa.

Ilustración en Galicia

O movemento da Ilustración en Galicia desenvolveuse, coma no resto de Europa, no século XVIII, e representou un novo interese polas ideas empíricas na filosofía, na política económica ou nas ciencia. Neste contexto comezou un proceso de construción e recuperación da conciencia da personalidade histórica, cultural e económica do reino de Galiza da man dos ilustrados galegos, persoeiros de letras que entendían a Galiza como unha sociedade diferenciada e como un reino cunhas necesidades específicas.

Lista de personalidades galegas en selos do mundo

Esta é unha lista de mulleres e homes galegos que apareceron nos selos de correos do mundo desde 1926 até xuño de 2013, sendo un total de 44 personalidades (39 homes e 5 mulleres).

Inclúese na lista o ano e o país nos que apareceron.

Nesta lista aparecen persoas que naceran no territorio do Condado Portucalense antes do ano 1128, data na que Afonso Henriques independiza o condado de Portugal do Reino de Galiza. Xunto aos seus nomes levan as iniciais [CP] (Condado Portucalense).

Martín Sarmiento

Pedro Xosé García Balboa, máis coñecido como frei Martín Sarmiento, nado en Vilafranca do Bierzo o 9 de marzo de 1695 e finado en Madrid o 7 de decembro de 1772, foi un relixioso beneditino e escritor galego. É un dos pais da filoloxía románica en xeral e da galega en particular. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 2002.

Orde de San Bieito

A Orde de San Bieito (O.S.B.) é unha orde relixiosa fundada por Bieito de Nursia, que segue a Regra ditada por este para a abadía de Montecasino. Bieito de Nursia contribuíu decididamente na evanxelización cristiá da Europa polo que foi declarado Patrón de Europa.

Actualmente a Orde está estendida por todo o mundo, con mosteiros masculinos e femininos.

Seguindo o seu exemplo e inspiración, diversos fundadores de ordes relixiosas basearon a normativa dos seus mosteiros na Regra deixada por Bieito, cuxo principio fundamental é Ora et labora, é dicir, reza e traballa.

Os mosteiro beneditinos están sempre dirixidos por un superior que, dependendo da categoría do mosteiro, pode chamarse prior ou abade; este é escollido polo resto da comunidade.

O ritmo de vida beneditino ten como eixe principal o Oficio Divino, tamén chamado Liturxia das Horas, que se reza sete veces ao día, tal como San Bieito ordenara. Xunto coa intensa vida de oración en cada mosteiro, trabállase en diversas actividades manuais, agrícolas etc, para o sustento e o autoabastecemento da comunidade.

Ramón Villar Ponte

Ramón Villar Ponte,

(tamén coñecido como Ramón Vilar Ponte) nado en Viveiro o 10 de xullo de 1890 e finado na Coruña o 14 de setembro de 1953, foi un dos máis importantes ensaístas das Irmandades da Fala, xunto ao seu irmán Antón.

Séculos Escuros

Denomínanse Séculos escuros a un período histórico que abrangue os séculos XVI, XVII e XVIII. Caracterízase pola ausencia case total de literatura galega e polo estado de prostración e marxinación social da lingua galega a raíz da imposición do castelán. Esta entra nun período de decadencia e perde o seu uso nos rexistros oficiais, e dunha maneira paralela prodúcese unha enorme perda do poder político do reino de Galicia.

Teatro crítico universal

Teatro crítico universal, subtitulado Discursos varios en todo género de materias para desengaño de errores comunes, é unha extensa colección de ensaios escrita por Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, publicada en oito tomos entre 1726 e 1739. Ten a súa continuación en Cartas eruditas y curiosas, publicadas en seis tomos entre 1742 e 1760.

Xermán Alonso Hortas

Xermán Alonso Hortas, nado en Lugo o 18 de xuño de 1881 e finado na mesma cidade o 7 de xullo de 1937, foi un médico e escritor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.