Benavente, Zamora

Benavente é unha cidade, dotada de municipio de 45 km², situada na provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León. En 2007 tiña 18.744 habitantes, cunha densidade de 416,5 hab/km². Dista 65 km de Zamora, a capital provincial, e 112 km de Valladolid, a capital da autonomía.

Benavente, Zamora
Coat of Arms of Benavente (Zamora)
Benavente. Plaza del Ayuntamiento
Praza do concello
Localización
Localización Municipio Benavente Zamora
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCastela e León Castela e León
ProvinciaZamora
ComarcaBenavente y Los Valles
Xeografía
Altitude800 msnm
Superficie45,12 km²
Demografía
Poboación19.100 hab. (2010)
Densidade423,32 hab./km²
Xentiliciobenaventano, na
Outros datos
Código postal49600
AlcaldeSaturnino Mañanes García (PP)
www.benavente.es

Situación xeográfica

Torre del Caracol - Benavente (Zamora)
A Torre do Caracol

Benavente está en plena meseta norte e na parte setentrional da provincia, a 744 msnm, nos confíns da comarca da Terra de Campos. Está localizada nunha pequena prominencia dunhas decenas de metros sobre as terras circundantes, dominando a confluencia dos ríos Esla e Órbigo. A súa situación é estratéxica en canto para oeste os camiños conducen cara a comarca da Seabre, e desde aí para Galicia e os Tras-os-Montes portugueses. En dirección norte-sur, aséntase no Vía da Prata, que une Cádiz e Xixón, con ramais cara a León e novamente Galicia. Cara o leste, as rutas conducen a Palencia e Valladolid. Isto fixo de Benavente un nó de comunicacións, e a teor dese papel medrou nas últimas décadas.

Clima

O clima benaventino é o típico mesetario: mediterráneo continentalizado, con invernos duros, fríos e secos.

Patrimonio artístico

  • Igrexa de Santa María del Azoque, iniciada no século XII, de estilo románico, mais con reformas posteriores. A portada é neoclásica.
  • Igrexa de San Juan del Mercado, románica, con influencias compostelás.
  • Igrexa de Santo André, de fins do XII, con elementos mudéxares, formou parte dun recinto templario.
  • Hospital da Piedade, iniciado na terceira década do século XVI, en estilo renacentista.
  • Convento do Espírito Santo, do século XIII.
  • Convento de Santa Clara, tamén do XIII.
  • Castelo dos duques de Benavente, con torreón do século XVI, convertido en Parador Nacional.

Festas

  • Festas da Veguilla, en honra á Virxe da Vega, oito días despois do Domingo de Resurrección.
  • Festas do touro enmarromado, o día anterior a Corpus Christi.
  • Entroido.
  • Semana Santa, celebrada con especial relevo.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A-52

A A-52 ou autovía das Rías Baixas é unha autovía que une as localidades de Benavente (Zamora) e O Porriño (Pontevedra), intercomunicando o sur de Galicia entre si, saíndo cara a Zamora e unindo Galicia con Madrid. Ten 306 quilómetros, iniciándose no p.q. 267 da autovía do Noroeste (A-6) e finalizando no punto quilométrico 306, onde liga coa A-55. No futuro prolongarase ata Vigo, constituíndo unha alternativa á A-55 e á AP-9. Atravesa 3 provincias e conta con varios túneles e viadutos de tamaño considerable.

A-66

A A-66, coñecida como Autovía Ruta de la Plata ou Autovía de la Plata, é unha autovía española que une as cidades de Xixón e Sevilla. O nome de Ruta da Prata fai referencia á histórica ruta que os romanos construíron entre Mérida e Astorga, aínda que non comparte trazado con ela. É a segunda autovía con máis quilómetros de España, por detrás da Autoestrada do Mediterráneo (AP-7).

É necesaria para as viaxes entre a Meseta e Asturias, ao ser a principal vía de entrada ao Principado dende o interior peninsular. As localidades máis importantes polas que pasa son, de norte a sur: Xixón, Oviedo, Mieres, León, Benavente, Zamora, Salamanca, Béjar, Plasencia, Cáceres, Mérida, Almendralejo, Zafra e Sevilla.

A A-66 coincide coas rutas europeas E-70 entre Xixón e Serín, E-80 entre o norte e oeste de Salamanca, E-803 entre Salamanca e Sevilla, E-82 entre o norte e leste de Zamora e E-90 entre o norte e oeste de Mérida, no trazado compartido coa A-5.

Dende 2015 está en servizo en todo o seu percorrido. O tramo entre Campomanes e León corresponde á autoestrada de peaxe AP-66.

Castela e León

Castela e León (en castelán: Castilla y León, en leonés: Castiella y Llión) é unha comunidade autónoma constituída en 1983, cuxo territorio se sitúa na parte centro-norte do territorio español. Limita ó oeste con Galicia e Portugal; ó norte con Asturias, Cantabria, País Vasco e A Rioxa; ó leste con Aragón; e ó sur con Estremadura, Comunidade de Madrid e Castela-A Mancha.

Forman esta comunidade nove provincias: Ávila, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Valladolid e Zamora; sendo a comunidade autónoma española con máis provincias. É a rexión máis extensa de Europa.

Cecilia (cantante)

Evangelina Sobredo Galanes, nada en El Pardo (Madrid) o 11 de outubro de 1948 e finada en Colinas de Trasmonte (Provincia de Zamora) o 2 de agosto de 1976, foi unha cantautora española, máis coñecida como Cecilia. Acadou sona con cancións como "Un ramito de violetas", "Mi querida España" ou "Dama, dama".

Lista de autoestradas e autovías de España

A rede de vías de calzadas separadas en España divídese en autoestradas e autovías. As primeiras son xeralmente de concesión con peaxe, mentres que as segundas son gratuítas e están mantidas polo Estado ou as comunidades.

A 31 de decembro de 2013 a rede de vías de alta capacidade estaba composta por 16.583 km, o que supón o 10% do total de estradas de España, converténdose así no terceiro país do mundo tras os Estados Unidos e China por número de quilómetros.

Provincia de Zamora

A provincia de Zamora é unha provincia española integrada actualmente na Comunidade Autónoma de Castela e León e cuxo territorio pertenceu antigamente ao Reino de León.

O territorio da provincia de Zamora abarca 10.559 km² e conta con 198.028 habitantes (2005). Trátase dunha poboación fortemente envellecida e en clara regresión demográfica. Os seus principais núcleos de poboación son Zamora (capital da provincia), Benavente e Toro. Outras localidades, cabezas de partido xudicial xunto coas anteriores, son: Villalpando, Pobra de Seabra e Alcañices.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.