Benín

Benín[1] (en francés: Bénin), oficialmente República de Benín (en francés: République du Bénin) e antigamente Dahomey, é un país de África Occidental. Limita ó oeste con Togo, ó leste por Nixeria e ó norte por Burkina Faso e Níxer. A maioría da poboación vive na súa reducida liña costeira no golfo de Benín, parte do golfo da Guinea, na zona máis ó norte do Océano Atlántico tropical.[2] A capital de Benín é Porto Novo, pero a sede do goberno está en Cotonou, a meirande cidade e o centro económico do país. Benín abrangue unha área de aproximadamente 115 000 km², cunha poboación aproximada de 9,98 millóns. Benín é unha nación tropical da África subsahariana moi dependente da agricultura.[3]

A lingua oficial de Benín é o francés. Porén, as linguas indíxenas como o fon e o yoruba son faladas de xeito común. O meirande grupo relixioso é o catolicismo, seguido de preto polo islam, o vodú e o protestantismo. Benín é membro das Nacións Unidas, da Unión Africana, da Organización para a Cooperación Islámica, da Zona de Paz e Cooperación do Atlántico Sur, da Francophonie, da Comunidade dos Estados do Sahel-Sahara e da Autoridade da Conca do Níxer.[4]

Dende o século XVII até o XIX, as principais entidades políticas na área foron o Reino de Dahomey xunto coa cidade estado de Porto Novo e unha grande área con moitas tribos diferentes no norte. Esta rexión era chamada a Costa dos escravos a comezos do século XVII por mor do grande número de escravos que eran levados cara ao Novo Mundo polo comercio atlántico. Despois da abolición da escravitude, Francia tomou o país e renomeouno como Dahomey Francés. En 1960, Dahomey acadou a independencia plena de Francia, e viviu un período tumultuoso con varios gobernos democráticos, golpes de estado e gobernos militares.

Un estado marxista-leninista chamado República Popular de Benín existiu entre 1975 e 1990. En 1991, foi substituído pola actual República multipartidista.[5]

Coordenadas: 6°28′N 2°36′L / 6.467, -2.600

República de Benín
République du Bénin
Bandeira de Benín
Escudo de Benín
BandeiraEscudo
BEN orthographic
Lema: Fraternité, Justice, Travail
(francés: «Fraternidade, Xustiza, Traballo»)
Capital
 • Poboación
Porto Novo1
238 199 (2006)
Cidade máis poboadaCotonou
Linguas oficiaisFrancés
Forma de gobernoRepública democrática presidencial
Presidente
Presidente da Asemblea Nacional
Patrice Talon
Adrien Houngbédji
Independencia de Francia1 de agosto de 1960
SuperficiePosto 101º
 • Total112 620 km²
 • % auga1,8%
Fronteiras1989 km
Costas121 km
PoboaciónPosto 94º
 • Total (2005 est.)7 649 360 hab.
 • Densidade60 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 142º
 • Total (2005)8 534 millóns US$
 • per cápita1 147 US$
MoedaFranco CFA (XOF)
IDH (2007)0,437 (163º) – Baixo
XentilicioBeninés, beninesa[1]
Fuso horarioUTC+1
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.bj
Prefixo telefónico+229
Prefixo radiofónicoTYA-TYZ
Código ISO204 / BEN / BJ
Membro de: ONU, UA
1 Porto-Novo é a capital oficial, aínda que Cotonú sexa a sede do goberno.

Historia

Benín formou parte do antigo reino africano do Dahomey, que mantivo comercio de escravos con Portugal despois do século XV. En 1872 a rexión comezou a ser colonizadas polos franceses, e en 1899 tornouse parte da África Occidental Francesa.

O 1 de agosto de 1960 o país acadou a súa independencia de Francia. O seu primeiro presidente foi Coutoucou Hubert Maga. En 1972 un golpe de estado implantou un goberno de esquerda, e en 1975 o nome do país foi mudado para Benín.

En 1990 o ditador Mathieu Kérékou permitiu eleccións multipartidistas despois de 17 anos de goberno marxista. En 1996, Kérékou envolveu o seu elixido presidente, mais a oposición democrática gañou os comicios lexislativos de marzo de 1999.

Goberno e política

O presidente da república é xefe de Estado e tamén xefe do goberno. Pola constitución de 1990, é elixido por un período de 5 anos. O Parlamento ten 83 membros, elixidos por un período de 4 anos.

Organización político-administrativa

Benin departments named
Artigo principal: Organización territorial de Benín.

Durante décadas, Benín dividiuse en seis departamentos ou provincias, en 1999 cada unha dividiuse en dúas. As provincias están divididas en 77 comunas.

As doce provincias son:

  1. Alibori*.
  2. Atakora.
  3. Atlantique.
  4. Borgou.
  5. Collines*.
  6. Donga*.
  7. Kouffo*.
  8. Littoral*.
  9. Mono.
  10. Ouémé.
  11. Plateau*.
  12. Zou.
  • Formado en 1999.

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Benín.

Estendido entre o río Níxer ao norte e a baía de Benín ao sur, a altitude de Benín é case a mesma en todo o país. A maior parte da poboación vive nas chairas costeiras do sur, onde se sitúan as cidades máis grandes de Benín como Porto-Novo e Cotonú. O sector norte do país está formado por sabanas e zonas montañosas semiáridas.

Benin-CIA WFB Map
Mapa de Benín.

O clima de Benín é cálido e húmido, con relativamente máis choiva que outros países do oeste de África, hai dúas estacións de choiva (abril-xullo e setembro-novembro).

Ecoloxía

WWF divide o territorio de Benín entre catro ecorrexións:

  • Sabana sudanesa occidental, no centro e norte do país.
  • Mosaico de selva e sabana da Guinea, en sur.
  • Selva guineana oriental, nas montañas do noroeste.
  • Selva de terras baixas de Nixeria, no sueste.

Economía

Artigo principal: Economía de Benín.

A economía de Benín segue sendo subdesenvolvida e dependente da agricultura de subsistencia, produción de algodón e intercambio rexional. Hai petróleo, ouro, mármore e pedra calcaria -pero explotado por estranxeiros, permitindo a saída do capital. Desde 1988 xérase electricidade na represa de Nangbeto, sobre o río Mono.

O nivel de produción subiu un 5% nos últimos seis anos, pero o rápido crecemento da poboación compensou este logro. A inflación baixou durante os últimos anos. Co fin de aumentar o seu crecemento, Benín planea atraer máis inversionistas estranxeiros, salientar o turismo, facilitar o desenvolvemento de novos sistemas de procesamento de comida e produtos agrícolas, e fomentar nova información e tecnoloxía en comunicacións.

Demografía

Un 70% da poboación segue as crenzas tribais. O nivel de alfabetización é do 40% aproximadamente. Fóra das cidades os servizos de saúde son escasos. As principais cidades son Cotonú, Abomey-Calavi, Porto-Novo, Djougou, Parakou , Bohicon e Kandi, as únicas do país que superan os 100.000 habitantes. A poboación de orixe europea esta formada por 5500 persoas (0,1% da poboación total do pais). O idioma oficial é o francés. A esperanza de vida é de 53 anos. A media de fillos por muller é de 5,20.

Notas

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para beninés. Consultado o 30-12-2013.
  2. R. H. Hughes, J. S. Hughes. A directory of African wetlands, p. 301. IUCN, 1992. ISBN 2-88032-949-3
  3. "Food and Agriculture Organization of the United Nations". United Nations, June 29th, 2010
  4. "Benin – International Cooperation". Nation Encyclopedia (2010-06-29).
  5. Ibp Usa. Global Logistics Assessments Reports Handbook: Strategic Transportation and Customs Information for Selected Countries, p. 85. Int'l Business Publications, 2008. ISBN 0-7397-6603-1

Véxase tamén

Outros artigos

Bandeira de Benín

A bandeira de Benín foi orixinalmente adoptada en 1959 e remprazada en 1975. O 1 de agosto de 1990, foi restaurado o actual deseño trala caída do réxime comunista. O deseño está composto por tres franxas coas cores panafricanas: a vertical xunto ao pau é de cor verde e representa a esperanza, a amarela superior horizontal á abundancia e a vermella inferior á coraxe.

Entre 1975 e 1990, a bandeira empregada constaba dun fondo verde cunha estrela vermella na esquina superior esquerda, como símbolo do povo revolucionario.

Burkina Faso

Burkina Faso, ás veces escrito Burquina Faso, é un país de África occidental, no Sahel, que limita ó noroeste con Malí, ó noroeste con Níxer e ó sur con Costa do Marfil, Ghana, Togo e Benín. Antes de 1984 era coñecido como o Alto Volta.

Anteriormente coñecido como Alto Volta por estar no curso alto de tres ríos que no seu momento se chamaron Volta (Mouhoun, antes o Volta negro; Nakambé, antes o Volta branco; e Nazinon, antes o Volta vermello), Burkina Faso foi renomeada en 1984 polo presidente Thomas Sankara para significar "a terra dos homes íntegros" en diula, principal lingua materna do país. Non ten acceso ó mar. Pertenceu a Francia ata a independencia en 1960.

A inestabilidade política durante as décadas de 1970 e 1980, foi seguida polas eleccións de 1987, o gañador Blaise Compaoré deu un golpe de Estado en 1991. Foi reelixido nunhas eleccións amañadas en 1998.

Djimon Hounsou

Djimon Gaston Hounsou, nado o 24 de abril de 1964 en Cotonou, Benín, é un actor, modelo e bailarín nacionalizado en Estados Unidos. Foi nomeado dúas veces ó premio Oscar.

Kebbi

Kebbi é un Estado do noroeste da República Federal de Nixeria, con capital en Birnin Kebbi. O estado foi formado de parte de Sokoto en 1991.

Limita cos estados de Sokoto e Níxer, como tamén coas repúblicas de Níxer e Benín a oeste. Ten unha área total de 36.800 km² e no 2005 tiña unha poboación estimada de 3 630 931 habitantes.

Está poboado principalmente por hausas, con algúns membros tamén de comunidades étnicas tales como bussawas, dukawas, kambaris e kamukus.

Kwara

Kwara é un dos estados formantes da República Federal de Nixeria. A súa capital é a cidade de Ilorin.

Ten unha extensión de 36.825 km2 e limita polo norte co estado de Níxer, polo leste co estado de Kogi, polo sur cos estados de Ekiti, Osun e Oyo e polo oeste coa Benín.

A poboación cífrase en 2 702 949 persoas (datos do censo do ano 2007), o que dá unha densidade demográfica de 73,4 habitantes por quilómetro cadrado.

Foi creado en 1967 como un dos 12 primeiros estados que substituíron a antiga subdivisión en rexións. Inicialmente coñecido como West Central State, o seu nome foi mudado polo de Kwara, palabra dun idioma local que alude ao Río Níxer. Nos anos seguintes, parte do seu territorio orixinal foi cedido para a creación de novos estados.

Leopardo

O leopardo (Panthera pardus) é unha especie de mamífero da orde dos carnívoros e da familia dos felinos. Coma os outros tres grandes felinos do xénero Panthera (o león, o tigre e o xaguar), presenta unha modificación no óso hioide que lle permite ruxir. O leopardo é denominado comunmente pantera ou pantera negra cando a súa pelaxe presenta unha cor completamente escura por mor do melanismo. Este fenómeno tamén se da entre os xaguares americanos, coa diferenza de que nos leopardos débese a un alelo recesivo e nos xaguares a un alelo dominante.

Lingua ewe

A lingua ewe é unha lingua níxer-congo falada no sur de Ghana, Togo e Benín por máis de tres millóns de persoas. O ewe forma parte do grupo de linguas coñecido como lingua gbe; a outra gran lingua gbe é a fon de Benín. Como outras linguas africanas, o ewe é unha lingua tonal.

Lingua francesa

O francés (français) é a terceira das linguas románicas en número de falantes, despois do castelán e do portugués. En 1999, o francés era a 11a lingua máis falada no mundo, con uns 77 millóns de falantes como lingua materna (chamados francófonos) e uns 128 millóns no total, incluíndo os que a usan como segunda lingua.É unha lingua administrativa ou oficial en moitas comunidades e organizacións (como a Unión Europea, ONU, Unión Postal Universal, Unión Africana etc). Antes da Segunda Guerra Mundial o francés era considerado a lingua internacional por excelencia, particularmente na diplomacia, e unha lingua franca no comercio, navegación e transporte.

Lingua yoruba

A lingua yoruba (èdè Yorùbá) é unha lingua falada en África Occidental, principalmente en Nixeria.

O número de falantes de yoruba estimábase en arredor de 20 millóns na década de 1990. É a lingua nativa do pobo yoruba, que viven en Nixeria e Benín, con comunidades en Europa, América e outras partes de África. Unha variedade da lingua, o lucumi, é a lingua litúrxica da relixión da Santería, no Caribe. O yoruba está moi relacionado coa lingua itsekiri (falada no delta do río Níxer) e co igala (falada en Nixeria central).

Nixeria

Nixeria ( [n ), oficialmente República Federal de Nixeria, é unha república federal que comprende 36 estados e máis o Territorio da Capital Federal, Abuja. O país está localizado no oeste de África, e comparte fronteiras terrestres coa República de Benín polo oeste, Chad e Camerún polo leste, e Níxer polo norte. No sur está a costa, co golfo da Guinea no océano Atlántico.

Ó longo da historia, a zona veu nacer varios reinos e imperios, mais o moderno estado de Nixeria ten a súa orixe na colonización británica da rexión dende finais do século XIX e comezos do XX. O país xurdiu da combinación de dous protectorados británicos veciños: o Protectorado do Sur de Nixeria e o Protectorado do Norte de Nixeria. Durante a era colonial, os británicos estableceron estruturas legais e administrativas ó tempo que se mantiveron as xefaturas tradicionais. Nixeria conseguiu a independencia en 1960, mais pouco despois sumiuse nunha guerra civil durante varios anos. Dende entón, o seu goberno alternouse entre dirixentes democraticamente elixidos e ditaduras militares, sendo as eleccións presidenciais de 2011 as primeiras realizadas en termos razoables de liberdade e claridade.Nixeria é considerado como o "Xigante de África", por mor da súa gran poboación e economía. Con aproximadamente 174 millóns de habitantes, Nixeria é o país máis populoso de África e o décimo sétimo máis poboado do mundo. O país está habitado por máis de 500 grupos étnicos, sendo os tres máis grandes os hausas, os igbos e os yorubas.

Atendendo á relixión, Nixeria está dividida en dúas metades, entre os cristiáns que viven na parte sur e central do país, e os musulmáns, concentrados nas zonas norte e suroeste. Unha minoría da poboación practica as relixións indíxenas de Nixeria.

No 2014, a economía de Nixeria (PIB) converteuse na máis grande de África, valorada en máis de $500 billóns, e superou a Suráfrica para ser a 26ª economía máis grande do mundo. Ademais, a relación da débeda do seu PIB é de só o 11% (8% menos que a relación de 2012). No 2050, as previsións din que Nixeria será unha das 20 principais economías do mundo. As reservas de petróleo do país xogaron un papel moi importante no crecemento da súa riqueza e influencia. Nixeria é considerado como un mercado emerxente polo Banco Mundial e foi identificado como a potencia rexional de África. Tamén é membro do grupo de países "MINT", que son aqueles identificados como os novos "BRIC"s. Tamén está listada como unha economía dos "Vindeiros once", entre os máis grandes do mundo. Nixeria é membro da Commonwealth de Nacións, da Unión Africana, da OPEC e das Nacións Unidas, entre outras organizacións internacionais.

Níxer

Níxer é un país de África do Oeste, situado ao sur de Alxeria e Libia, ao norte de Benín e Nixeria, ao leste de Burkina Faso e Malí, e ao oeste do Chad. A capital é Niamey.

Entre os recursos naturais do Níxer, pódese citar o ouro, o ferro, o carbón, o uranio e mailo petróleo.

Certos animais, coma os elefantes, os leóns e mailas xirafas están en perigo de desaparición en razón da destrución das fragas.

Pobo yoruba

Os yoruba (en yoruba: Ìran Yorùbá) son un grupo étnico níxer-congo do suroeste e o centro norte de Nixeria, así como rexión do sur e o centro de Benín. Xuntas, estas rexións son coñecidas como Yorubalandia. Os yoruba constitúen arredor de 44 millóns de persoas en total. A maioría da poboación reside en Nixeria, onde representan até o 21% da poboación do país, sendo un dos meirandes grupos étnicos de África. A maioría dos yoruba falan a lingua yoruba, que é tonal, e a lingua níxer-congo con maior número de falantes nativos.

Porto Novo

Porto Novo, Porto-Novo ou Portonovo, oficialmente Porto-Novo e tamén coñecido como Hogbonou e Adjacé, é a capital oficial da Benín. É un porto sito nun entrante do golfo da Guinea, na parte suroriental do país. Porto Novo é a segunda cidade máis grande de Benín, detrás de Cotonou, porén supéraa en importancia cultural e política. O transpaís de Porto Novo produce aceite de palma, algodón e kapok. Nos anos 1990 foi descuberto petróleo en augas fóra da costa, produto que se converteu nun importante motor das exportacións.

Río Níxer

O río Níxer é un curso fluvial de África, o terceiro máis grande do continente e o principal da África Occidental, con cerca de 4.000 km de lonxitude e unha conca hidrográfica de 2,2 millóns de km².

Togo

Togo é un país africano. Limitado ao norte con Burkina Faso, ao leste con Benín, ao sur co golfo da Guinea e ao oeste con Ghana. No sur ten unha pequena costa no golfo da Guinea, onde se localiza a súa capital, Lomé.

Togo é unha nación tropical da África subsahariana, moi dependente da agricultura, cun clima que favorece boas colleitas. É unha das nacións máis pequenas de toda África. O idioma oficial é o francés. Fálanse outras moitas linguas, sobre todo as da familia Gbe. O grupo relixioso máis importante é o de crenzas indíxenas, seguido dunha cantidade significante de cristiáns e unha minoría musulmá. Togo é membro das Nacións Unidas, a Unión Africana, a Organización da Conferencia Islámica, a Zona de Paz e Cooperación do Atlántico Sur, a Francofonía e a Comunidade Económica de Estados de África Occidental.

Entre os séculos XI e XVI diversas tribos entraron na rexión de tódalas direccións. Ata o século XVIII a rexión costeira onde se atopa Togo recibiu o nome de Costa dos escravos, debido ao mercado existente por parte dos europeos para a busca de escravos. En 1884 Alemaña declara Togoland como protectorado. Despois da Primeira Guerra Mundial a administración de Togo pasou a mans francesas, das que logrou a independencia en 1960.

En 1967 Gnassingbé Eyadéma liderou un golpe de estado co que se converteu en presidente. No momento da súa morte, no 2005, Eyadéma foi o líder que máis tempo gobernou nun país na historia moderna de África, estando 38 anos no cargo. No mesmo ano o seu fillo Faure Gnassingbé ascendeu á presidencia.

África Occidental

África Occidental é unha rexión xeográfica que abrangue o oeste de África. Adoita incluírse nela os seguintes países:

Benín

Burkina Faso

Camerún

Cabo Verde

Costa do Marfil

Gabón

Gambia

Ghana

Guinea

Guinea-Bissau

Liberia

Mali

Níxer

Nixeria

República do Congo (Congo-Brazzaville)

Senegal

Serra Leoa

TogoChad, e parte do Magreb (Mauritania e Sahara Occidental, pero tamén Marrocos, Tunisia e Alxeria) son, en ocasións, tamén considerados como parte de África occidental.

África occidental é unha área con gran diversidade de paisaxes, biorrexións e culturas. Limita ao oeste e ao sur co Océano Atlántico e ao norte co deserto do Sahara. Ao leste o límite é menos preciso; xeralmente considérase a liña entre o monte Camerún e o lago Chad.

Os límites coloniais transformáronse nos límites de países contemporáneos da rexión. Nalgúns casos estes límites dividen grupos étnicos entre diferentes países.

África subsahariana

África subsahariana é unha rexión xeográfica que abrangue os países do continente africano situados ao sur do deserto do Sáhara e que non forman parte da rexión coñecida como Noráfrica.

Dende o século XIX este territorio empezou a ser coñecido tamén coa expresión África negra por parte dos occidentais, describindo a unha zona habitada por individuos de raza negra e que non fora "descuberto" nin "colonizado" por parte dos europeos. Ese termo caeu en desuso, e foi catalogado como despectivo.

Dende o fin da última idade do xeo, o norte e a zona subsahariana atoparon no deserto do Sáhara unha fronteira natural case insalvable, salvo por pequenos escapes como o río Nilo. O termo subsahariano atopa un sinónimo en "África Tropical", intentando destacar a súa diversidade ecolóxica, aínda que a parte austral conta con un clima totalmente diverso.

África subsahariana é por moitos considerada como a rexión máis pobre do planeta, sufrindo os graves legados do colonialismo, o neocolonialismo, os conflitos étnicos e inestabilidade política. Nesta rexión sitúanse os países menos desenvoltos do planeta, con grandes debilidades estruturais. É tamén esta rexión, principalmente a zona oriental, o berce da especie humana, dende onde se iniciou o poboamento da Terra (probablemente en Etiopía ou Tanzania). Foi durante moitos anos o lugar onde se desenvolveron de maneira extraordinaria, como os imperios do Congo, Nubia, Uagadugu (en Ghana), Malí, Nok, Songhai, Kanem-Bornu, Benín e o Gran Cimbabue.

Países membros da Unión Africana
Países
Países con parte africana
Outros territorios

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.