Bemil, Caldas de Reis

Santa María de Bemil é unha parroquia do concello de Caldas de Reis. Segundo o INE en 2010 tiña 842 habitantes (428 mulleres e 414 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 944 habitantes. Ten tres aldeas: Follente, Outeiro e Paradela. Nos últimos anos configurouse un novo núcleo de poboación próximo á área industrial das Veigas de Almorzar.

Bemil
Igrexa de Bemil, Caldas de Reis
Igrexa de Santa María de Bemil.
ConcelloCaldas de Reis
Poboación800 hab. (2017)
Entidades de poboación6

Patrimonio

Conta cunha capela dedicada a San Lourenzo no lugar de Outeiro e outra no lugar de Paradela. A Igrexa de Santa María de Bemil foi construída a finais do século XII, aínda que do estilo románico só conserva a antiga fábrica medieval, a ábsida, o rosetón da fachada occidental e un treito do muro sur.

Festas e romarías

Na igrexa parroquial consérvanse as reliquias de San Xusto, na honra ao cal se celebra unha popular romaría o último domingo de agosto. Outra festa moi populosa é a dedicada á Virxe das Dores (fin de semana arredor do 15 de setembro) en Follente, que ten dous días festivos: o primeiro coa tradicional verbena e o segundo cunha misa e procesión campestre e unha comida de confraternidade con varios centos de veciños.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Bemil, Caldas de Reis.
DSCN0173

Fachada da Igrexa románica de Santa María de Bemil de finais do século XII.

Iglesia de Santa Maria de Bemil

Ábsida da igrexa de Santa María de Bemil.

Interior da igrexa de Santa María de Bemil, Caldas de Reis

Interior da igrexa de Santa María de Bemil.

Asdores

Procesión de Follente (Bemil) coa imaxe da Virxe das Dores previa ao tradicional xantar de confraternidade.

Lugares e parroquias

Parroquias de Caldas de Reis

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Cruz celta

A cruz celta é unha cruz cun anel que a rodea por detrás da intersección. É característica do cristianismo irlandés celta. Aparece tamén representada noutras zonas de Europa como Francia (en Normandía e na Bretaña principalmente) ou Galicia.

Galería de imaxes de ábsidas románicas de Galicia

Ábsidas románicas de Galicia.

Hipólito de Sa

Hipólito de Sá Bravo, nado en Pontevedra o 30 de xaneiro de 1907 e finado en Vigo o 16 de agosto de 2001, foi un escritor e historiador galego. É coñecido tamén polas súas actividades de profesor, investigador e músico.

Igrexa de Santa María de Bemil

A igrexa de Santa María de Bemil é o templo parroquial de Bemil (Caldas de Reis), de estilo románico do século XII.

José Rey González

José Rey González, nado en Bemil (Caldas de Reis) o 21 de agosto de 1874 e finado en Vigo o 21 de marzo de 1957, foi un mestre e poeta galego.

O Nadal na cultura popular galega

As festas do Nadal en Galicia comparten rituais coa mesma festividade de Nadal noutros lugares, aínda que se poden destacar algunhas peculiaridades. Comprenden diferentes celebracións entre os días 24 de decembro e o 6 de xaneiro e teñen como eixo a conmemoración do nacemento de Xesús, malia que os etnógrafos concordan en que as verdadeiras raíces son moi anteriores e están relacionadas co solsticio de inverno sobre as que houbo unha superposición relixiosa .

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.