Bembibre, León

Bembibre é un concello español da provincia de León, na comarca do Bierzo (Castela e León). A súa poboación é de 9929 habitantes (INE 2012).

Coordenadas: 42°36′54″N 6°25′12″O / 42.61500, -6.42000

Bembibre, León
Seal of Bembibre
Bembibre
Vista panorámica de Bembibre.
Localización
PaísEspaña España
Com. AutónomaCastela e León
ProvinciaLeón
ComarcaO Bierzo
Xeografía
Altitude644 msnm
Superficie63,42 km²
Demografía
Poboación9929 hab. (2012)
Densidade156,56 hab./km²
Xentiliciobembibrense
Outros datos
Código postal24300
AlcaldeSilvia Cao Fornís (PSOE)[1]
www.aytobembibre.es

Pedanías

O Concello atópase na localidade de Bembibre, e é a segunda poboación máis importante da comarca do Bierzo, grazas sobre todo á actividade mineira (carbón e ferro).

  • Bembibre (Bimbibre en leonés)
  • San Román de Bembibre (San Román de Bimbibre en leonés)
  • Losada (Llousada en leonés)
  • Arlanza
  • Viñales
  • Santibáñez del Toral (Santibañe de Toral en leonés)
  • San Esteban del Toral
  • Rodanillo (Rodaniellu en leonés)
  • Labaniego (Llabaniegu en leonés)

Historia

Capital da comarca do Val do Boeza, descubríronse castros en toda esta zona, o que demostra que o home habitou estas terras de antigo, aínda que houbo unha repoboación entre os séculos IX e XI orixe das actuais poboacións. A repoboación estivo ligada coa igrexa e a construción dos distintos mosteiros bercianos. O rei leonés Afonso IX impulsou a importancia da vila. O val do río Noceda formou parte do Señorío de Bembibre.

Etimoloxía

O nome procede da lingua galaica Paemeiobris 'o oppidum entre ríos', que foi rebautizada como Interamnium Flavium polos romanos. Os seus habitantes no 15 aC. aparecen como castellani paemeiobrigenses ex xente susarrorum no Bronce de Bembibre recentemente achado na zona. Enrique Gil Carrasco na súa novela O Señor de Bembibre, fala de "a frondosa ribeira de Bembibre", como un dos lugares privilexiados do Bierzo.

Demografía

1996 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008
11.104 11.063 11.050 10.734 10.463 10.486 10.217 9989 10.059 10.092 10.053 10.136
2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008
9587 9348 9394 9139 8924 8980 9019 8977 9040

Patrimonio e lugares de interese

Bembibre Iglesia 2 - 2008-07-18 - JT Curses
Igrexa Parroquial de San Pedro.
  • Igrexa Parroquial de San Pedro, de orixe románica.
  • Santuario (século XIX), onde se garda a imaxe do Ecce Homo, patrón do Bierzo Alto.
  • Museo Etnológico Municipal.
  • Igrexa Parroquial de San Esteban do Toral.
  • Casa Solariega da Familia Rodriguez.
  • Parque solar de interese didáctico.
  • O seu termo municipal está cuberto de piñeiros de repoboación, castañeiros, carballos e chopos nas beiras dos ríos.

Folclore e costumes

No mes de febreiro organízase a famosa Festa do Botelo. É unha gran comida onde se consomen máis de 1 000 botelos. De toda España acoden personaxes famosos das artes, as letras e a política. En 2009 a festa foi declarada de interese turístico nacional.

En xuño ten lugar a Feira do Mercado Medieval.

A mediados de setembro a cidade celebra as súas Festas Patronais, coñecidas como as do Cristo. O seu Santuario e a imaxe do Ecce Homo son moi queridos na zona. Pero é a finais de xuño e cada sete anos, cando se celebra a gran festa. A imaxe do Santo deixa o Santuario e diríxese en procesión escoltado por impresionantes pendóns ata a Igrexa Parroquial de San Pedro, onde permanece nove días. Durante este tempo a Confraría do Santo Ecce Homo paga unha pensión.

A tradición di que un ano, sen determinar, a xente sacou ao Ecce Homo do Santuario en procesión para que chovese. Cousa que ocorreu e desde entón as xentes do Bierzo Alto honran ao Santo sacándoo en procesión cada 7 anos. A próxima vez será o ano 2015.

Na pedanía de San Román de Bembibre festéxase a festa do Carme (16 de xullo), sendo tradición tomar sidra nos seus bares e mesóns.

Gastronomía

O municipio forma parte da zona de produción de seis produtos que sobresaen pola súa calidade: o viño, a mazá reineta, o pemento, o botelo, a chacina e a pera.

Notas

  1. Cebrones, M.Á. (16 de xuño de 2019). "La socialista Silvia Cao se convierte en la primera alcaldesa". Diario de León (en castelán). Consultado o 7 de agosto de 2019.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Joshua Corrales Regueiro

Joshua Corrales Regueiro, coñecido deportivamente como Joshua, nado en Bembibre (León) o 24 de xaneiro de 1990, é un futbolista español. Xoga de dianteiro centro.

Concellos da comarca do Bierzo
100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.