Belize

Belize[2] é un pequeno país en América Central, ribeirego do mar Caribe, que linda con México ao norte e Guatemala ao oeste e ao sur. Está separada de Honduras polo golfo do mesmo nome ao leste, cunha distancia de 75 quilómetros no punto máis próximo entre as dúas nacións. Belize era anteriormente coñecida como Honduras Británica e o nome coloquial procede da Cidade de Belize (Belize City) e do río Belize. Cidade de Belize é a cidade máis grande do país, o porto principal e a súa antiga capital.

Coordenadas: 17°4′N 88°42′O / 17.067, -88.700

Belize
Bandeira de Belize
Escudo de Belize
BandeiraEscudo
BLZ orthographic
Lema: Sub umbra floreo
(Galego: «Baixo a sombra eu florezo»)
Himno: Land of the Free
Capital
 • Poboación
Belmopán
13 400 (2005)
Cidade máis poboadaCidade de Belize
Linguas oficiaisInglés
Forma de gobernoDemocracia parlamentaria
Raíña Isabel II
Colville Young
Dean Barrow
Independencia do Reino Unido21 de setembro de 1981
SuperficiePosto 151º
 • Total22 966 km²
 • % auga0,7
Fronteiras516 km
Costas386 km
PoboaciónPosto 170º
 • Total (2008 est.[1])320 000 hab.
 • Densidade13 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 166º
 • Total (2008)2 399 millóns US$[1]
 • per cápita7 635 US$
MoedaDólar (BZD)
IDH (2003)0,753 (91º) – medio
XentilicioBelizense
Fuso horarioUTC-6
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.bz
Prefixo telefónico+501
Prefixo radiofónicoV3A-V3Z
Código ISO084 / BLZ / BZ
Membro de: ONU, Commonwealth, OEA, CARICOM

Etimoloxía

Algúns supoñen que a palabra "Belize" ten unha remota etimoloxía maia, outros atribúen o topónimo á importancia que cobrou no territorio un filibustero británico de apelido Wallis, o máis corroborable é que os mapas españois chamaban á zona A Baliza ou Baliza, moi probablemente por existir varias nas costas onde abundan os arrecifes e escollos.

Xeografía

O norte de Belize consiste principalmente de chairas costeiras planas e pantanosas, densamente forestadas nalgúns lugares. Cara ao sur atópase a cadea montañosa baixa das Montañas Maya, das cales o punto máis alto en Belize é o Pico Vitoria a 1120 metros de altura. Belize atópase situada entre os ríos Hondo e Sarstoon, co río de Belize fluíndo no centro do país. Ao longo de toda a costa caribeña atópanse arrecifes de coral. Belize é o fogar da barreira de coral máis longa do hemisferio occidental e o segundo máis longo no mundo logo da gran barreira de coral.

O clima local é tropical e normalmente moi cálido e húmido. A tempada chuviosa dura desde maio ata novembro durante a cal perigos naturais como furacáns e inundacións son comúns.

Historia

Belize foi parte do Imperio Maia que se estendía do sur de México ata Guatemala.

Os primeiros europeos que ingresaron no que hoxe é Belize foron españois, seguidos de leñadores ingleses. Estes chegaron no ano 1638. Xa no ano 1524 este territorio formaba parte do reino de Guatemala como parte da provincia da Verapaz, os piratas lograron penetrar nas selvas, enfrontándose aos indíxenas guatemaltecos que habitaban esas terras.

Aparte destes leñadores, piratas adoitaban parar nas illas e a costa do país. Foron eles quen introduciron africanos nesa rexión, como escravos. Os piratas ingleses e os escravos que traían, usaban as costas de Belize como base para posteriormente asaltar barcos españois. En 1821, ano da independencia da América central, o territorio pasou xuridicamente á soberania das Provincias Unidas de Centro América pero na práctica Inglaterra ostentaba a soberanía. No ano 1670 o Tratado de Madrid puxo un alto á piratería, e os piratas, xa coñecidos como Baymen, dedicáronse a novos oficios. Guatemala asinou un tratado con Inglaterra para a cesión destes territorios, tratado irrespetado por Inglaterra que quedou sen efecto coa independencia de Belize. Guatemala recoñeceu a independencia en 1923 pero aínda considera partes de Belize como territorio propio.

En 1840 a rexión chegou a ser colonia inglesa e denominouse Honduras Británica ("British Honduras").

O 21 de setembro de 1981 consumouse a independencia de Belize por parte de Reino Unido.

Política

Belize forma parte da Commonwealth de Nacións e a súa xefa de Estado é a raíña Isabel II, que está representada en Belize por un gobernador xeral.

Os primeiros grupos políticos en Belize comezaron en 1950 cando foi creado o PUP (People United Party). Este tiña como líderes a George Cadle Price, Leigh Richardson, e Phillip S.W. Goldson, homes que serían recoñecidos como líderes da independencia e heroes nacionais.

Hoxe os dous partidos políticos maioritarios son o PUP e o UDP (United Democratic Party). O UDP está no goberno dende as eleccións de 2008. O Primeiro Ministro do país é Dean Barrow.

Organización político-administrativa

BelizeNumbered
Mapa de Belize cos distritos numerados

Belize está dividido en seis distritos:

  1. Distrito de Belize
  2. Distrito de Cayo
  3. Distrito de Corozal
  4. Distrito de Orange Walk
  5. Distrito de Stann Creek
  6. Distrito de Toledo

Economía

Artigo principal: Economía de Belize.

Exportacións: domésticas, azucre, produtos de xardinería, mollos concentrados de laranxa e toronja, produtos do mar, bananos e reexportaciones.

Importacións: A principios da década dos oitenta, as exportacións anuais ascendían a 28,6 millóns de dólares e o custo das importacións a 545,3 millóns.

Industria: As grandes manufacturas elaboran alimentos, produtos da madeira e confección. O desenvolvemento turístico do país é moi recente e esta fundamentalmente baseado na beleza incomparable das súas costas, practicamente virxes e no feito de formar parte do circuíto maya menos coñecido, pero non por isto de menor interese arqueolóxico e turístico. Podemos citar O Caracol, Lamanai, Altún Ha, Cahal Pech, Xunantunich etc.

Agricultura: O principal recurso económico é a agricultura, aínda que só unha pequena parte do territorio é cultivable.

Transporte: Unha rede de estradas de 3000 km enlaza os grandes centros urbanos, pero algunhas áreas quedan inaccesibles. A Cidade de Belize conta cun aeroporto internacional.

Demografía

Belize-demography
Evolución da poboación entre 1961 e 2003.

O inglés é a lingua oficial de Belize (o país foi unha colonia británica). Pero a maioría dos belicenses utiliza o español, a lingua materna dos mestizos e inmigrantes centroamericanos. Estímase o número de falantes entre un 40% e o 45% do total.

Mirando cara ao autóctono, a maioría dos belizenses utilizan un idioma crioulo máis familiar, influído polo español e inglés, que é un piyin belicense. Outras minorías lingüísticas do país confórmanas o garífuna e o holandés-alemán.

Idiomas en Belize (acorde ao Censo do 2000) Idioma Falantes maternos Porcentaxe Usuarios actuais Porcentaxe
Alemán 6783 (3,3%) 6624 (3,2%)
Chinés 1607 (0,8%) 1529 (0,7%)
Crioulo 67 527 (32,9%) 75 822 (37,0%)
Español 94 422 (46,0%) 88 121 (43,0%)
Inglés 7946 (3,9%) 11 551 (5,6%)
Garífuna 6929 (3,4%) 4071 (2,0%)
Hindi 280 (0,1%) 193 (0,1%)
Maia Kekchi 10 142 (4,9%) 9314 (4,5%)
Maia Mopán 6909 (3,4%) 6093 (3,0%)
Maia Iucateco 1176 (0,6%) 613 (0,3%)
Outros / sen resposta 1402 (0,7%) 1192 (0,6%)

Segundo o censo realizado en 2003, Belize presenta un 46,4% de habitantes mestizos (descendentes de fillos de Maias e Europeos), un 27,7% de descendentes de africanos negros e mulatos (descendentes de fillos de africanos negros e europeos), un 10% de indíxenas maias e un 6,4% formado polos chamados garífunas (descendentes de fillos de africanos negros e maias), o 7,8% da poboación constitúeno a xente branca de ascendencia británica e española.

O que resta da poboación confórmano pequenas comunidades europeas, hindús, estadounidenses, chinesas e doutras nacionalidades do Extremo Oriente.

Cultura

Belize-elcastillo
O Castelo de Xunantunich.

Os maias construíron impresionantes templos seguindo o movemento dos corpos celestes. Aínda que tecnicamente tratásese dunha cultura da Idade de Pedra, tamén desenvolveron sofisticados sistemas matemáticos e astronómicos ademais de calendarios para medir o tempo. Os españois edificaron sobrias igrexas de pedra, pero a arquitectura moderna baséase no estilo británico caribeño.

O idioma oficial de Belize é o inglés, pero os crioulos (o grupo étnico máis nutrido) falan xunto a este o seu propio dialecto. O español é a lingua máis utilizada no Norte e nalgúns pobos occidentais. Así mesmo existen minorías que se expresan en maia, chinés, alemán mennonita, libanés, árabe, hindi e garífuna (o idioma dos garinagu do distrito de Stann Creek).

A maioría da poboación profesa o catolicismo, e a influencia británica achegou unha considerable e variada congregación protestante, incluíndo mennonitas alemáns e suízos. A práctica maia do catolicismo caracterízase por unha fusión de xamanismo-animismo e rituais cristiáns.

Belize non desenvolveu nunca unha verdadeira cociña nacional. A súa gastronomía inspirouse na británica, estadounidense, mexicana e caribeña. Os seus ingredientes básicos son o arroz e as fabas, consumidos a miúdo con polo, porco, tenreira, peixe ou verdura; o leite de coco e os plátanos fritos engaden aos pratos un sabor xenuinamente tropical. As receitas exóticas tradicionais inclúen a carne de armadillo, veado e paca frita, un roedor de cor pardo similar a un coelliño de indias.

Deporte

Nas tres participacións de Belize nos Xogos Olímpicos o país non logrou ningunha medalla.

A Selección de fútbol de Belize é controlada polo Federación de Fútbol, pertencente á CONCACAF.

Notas

  1. 1,0 1,1 "Belize". Fundo Monetário Internacional. Consultado o 2008-10-09.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para belizense.
.bz

.bz é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Belize.

América Central

América Central ( pronunciación ), tamén chamada Centroamérica, é unha rexión que se atopa no extremo sur de América do Norte e que ás veces é definido como un subcontinente de América. Esta rexión limita con México polo norte, Colombia polo sueste, o mar Caribe polo leste e o océano Pacífico polo oeste e o sur. América Central componse de sete países: Belize, Costa Rica, O Salvador, Guatemala, Honduras, Nicaragua e Panamá. A poboación combinada de América Central estímase entre 41 739 000 (estimacións de 2009) e 42 688 190 (estimacións de 2012).América Central forma parte do punto quente de biodiversidade de Mesoamérica, que se estende dende o norte de Guatemala até o centro de Panamá. Por mor da presenza de diversas fallas xeolóxicas activas e do arco volcánico centroamericano, existe unha grande actividade sísmica na rexión, como erupcións volcánicas e terremotos, que resultaron en mortes, feridos e danos á propiedade.

Na era precolombiana, América Central estaba habitada por pobos indíxenas de Mesoamérica no norte e no oeste e por pobos do istmo colombiano no sur e no leste. Despois das viaxes da expedición de Cristovo Colón a América, España comezou a colonizar América. Dende 1609 até 1821, a maioría dos territorios de América Central (agás os dos futuros Belize e Panamá, e incluíndo o moderno estado mexicano de Chiapas) estaban gobernados polo vicerreinado de Nova España dende Cidade de México como Capitanía Xeneral of Guatemala. O 24 de agosto de 1821, o vicerrei español Juan O'Donojú asinou os Tratados de Córdoba, que estabeleceron a independencia de Nova España respecto de España. O 15 de setembro de 1821, promulgouse a Acta de Independencia de América Central para anunciar a separación de América Central do Imperio Español e prever o estabelecemento dun novo estado de América Central. Algunhas das provincias de Nova España na rexión de América Central (como as que se converterían en Guatemala, Honduras, O Salvador, Nicaragua e Costa Rica) foron anexionadas ó Primeiro Imperio Mexicano; porén, en 1823 separáronse de México para formar a República Federal de América Central, que durou até o ano 1838.

En 1838, Nicaragua, Honduras, Costa Rica e Guatemala convertéronse nos primeiros estados de América Central en ser independentes, seguidos por O Salvador en 1841, Panamá en 1903 e Belize en 1981.

Bandeira de Belize

A bandeira de Belize foi adoptada o 21 de setembro de 1981, tras conseguir a independencia do Reino Unido. Está composta por un pano azul marcado por dúas franxas vermellas nas beiras superiores, e no centro un disco branco no que está inscrito o escudo de Belize.

A cor azul representa ó Partido Unido. As franxas vermellas, ó partido opositor e as cincuenta follas, a subida ó poder do PUP.

Esta bandeira remóntase a 1950 cando o territorio de Honduras Británica, no seu proceso de independencia, adoptou unha bandeira moi semellante á actual, pero carente das franxas vermellas.

Belmopán

Belmopán (oficialmente en inglés Belmopan), é a capital do país centroamericano de Belize. Cunha poboación estimada de 14 590 habitantes en 2006, é unha das capitais de estado máis pequenas do mundo.

Departamento de El Petén

El Petén é o máis extenso dos 22 departamentos de Guatemala. A súa capital é a cidade de Flores, que dista aproximadamente 488 km da Cidade de Guatemala.

Limita polo norte e oeste con México, polo sur cos departamentos de Izabal e Alta Verapaz e polo leste con Belize.

Iberoamérica

Chámaselle Iberoamérica ós países de América que formaron parte dos imperios español e portugués. Está conformado por Brasil xunto con tódolos países de Hispanoamérica. Estes territorios comprenden case a totalidade do continente americano (de onde habería que exceptuar Canadá, EEUU, Belize, Suriname e a Güiana francesa) e inclúen tamén Cuba, a República Dominicana e Porto Rico.

Isabel II do Reino Unido

Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu.

Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.

Asumiu os seus títulos despois da morte do seu pai, o rei Xurxo VI o 6 de febreiro de 1952. É filla de Elizabeth Bowes-Lyon, irmá de Patrick, 15º conde de Strathmore.

Lingua castelá

O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.

Lingua garífuna

O garífuna é unha lingua arauaca falada polo pobo garífuna que habita na zona oeste da costa norte de América Central. Malia ser unha lingua da familia arauaca é atípica por falarse fóra da área lingüística arauaca, que está limitada ó norte de América do Sur, polo cal ten moitos préstamos das linguas caribes e das linguas europeas, produto das guerras, da migración e da colonización.

Outrora, a lingua estivo confinada nas illas de San Vicente e Dominica, mais os seus falantes, os garífunas, foron deportados masivamente polos británicos en 1797 á costa norte de Honduras, dende onde o pobo e a lingua se estenderon ó longo da costa dende Nicaragua até Guatemala e Belize.

Lingua maia iucateca

O maia iucateco (màaya t'àan; lit. "fala maia") ou iucateco é unha lingua maia falada na península do Iucatán e no norte de Belize. Para os seus falantes, o nome da lingua é sinxelamente maia. O identificador "iucateca" é unha etiqueta lingüística empregada para distinguila doutras linguas maias (como o k'iche' e o itza'). Por ese motivo, o emprego do termo maia iucateca é unha nomenclatura científica.Nos estados mexicanos do Iucatán, algunhas partes de Campeche, Tabasco, Chiapas e Quintana Roo, o maia é a primeira lingua de moitas persoas, con máis de 800 000 falantes. Tamén hai uns 6 000 falantes en Belize.

Lingua mopán

O mopán (ou maia mopán) é unha lingua que pertence á póla iucateca de linguas maias. É falada polo pobo mopán que vive no departamento de Petén, en Guatemala, e nos Montes Maias de Belize. Existen entre tres mil e catro mil falantes de mopán en Guatemala, e entre seis mil e oito mil en Belize.As outras linguas iucatecas son o maia iucateca, o lacandón e o itza'. O mopán comezou a diferenciarse das outras linguas iucatecas hai uns mil anos, polo menos.

Lingua q'eqchi'

O q'eqchi' (tamén escrito kekchi, k'ekchi' ou kekchí) é unha lingua maia falada pola comunidade q'eqchi' de Guatemala e Belize.

Linguas iucatecas

As linguas iucatecas son unha póla da familia de linguas maias de México, Belize e Guatemala.

Linguas maias

As linguas maias forman unha familia lingüística falada en Mesoamérica e norte de Centroamérica. As linguas maias son faladas por preto de 6 millóns de indíxenas maias, principalmente en Guatemala, México, Belize e Honduras. En 1996, Guatemala recoñeceu formalmente 21 linguas maias por nome, e México recoñeceu oito máis.A familia maia é unha das mellores documentadas e máis estudadas das linguas americanas. As linguas maias modernas descenden do protomaia, unha lingua que se pensa que foi falada hai 5.000 e que foi parcialmente reconstruída usando o método comparativo. A lingua protomaia diversificou en seis pólas lingüísticas diferentes: a huasteca, quicheana, a iucateca, a q’anjob’al, a mameana e a ch'ol-tzeltal.

As linguas maias forman parte da área lingüística mesoamericana, unha zona de converxencia creada a través de séculos de interacción entre os pobos de Centroamérica. Tódalas linguas maias presentan os trazos diagnósticos básicos da súa área lingüística. Por exemplo, todas empregan substantivos relacionais no canto de preposicións para indicar relacións espaciais. Tamén posúen trazos gramaticais e tipolóxicos que os diferencian doutras linguas de Centroamérica, como o uso da ergatividade no tratamento gramático dos verbos, os seus suxeitos e obxectos, categorías flexivas específicas nos verbos e unha clase gramatical especial de "posicións" que é característica das linguas maias.

Durante a era precolombiana da historia de mesoamérica, algunhas linguas maias foron escritas na escrita hierolóxica maia. O seu uso foi particularmente estendido durante o período clásico da civilización maia (c. 250–900 AD). O corpus supervivente componse de 10.000 inscricións coñecidas en edificios, monumentos, poemas e códices, combinada coa rica literatura poscolonial maia escrita en alfabeto latino.

Mar Caribe

O mar Caribe é un mar tropical situado entre as costas orientais de América central e as setentrionais de América do Sur. Tamén é chamado mar das Antillas por seren estas illas os seus límites polo norte (Grandes Antillas) e polo leste (Pequenas Antillas de Barlovento). Ao noroeste comunica co golfo de México a través da canle do Iucatán, e co Océano Atlántico polas numerosas canles que se abren entre a grilanda que forman as Antillas. Ten unha área aproximada de 2 754 000 km² e alberga máis de 7 000 illas, illotes e arrecifes, moitos dos cales son moi pequenos e están deshabitados, que conforman a chamada rexión do Caribe. As illas cobren aproximadamente 235 688 km²; sendo Cuba a máis grande de todas.O seu fondo elévase na parte media formando un gran relevo desde as costas de Honduras e Nicaragua ata a illa de Xamaica. As maiores profundidades acádanse ao NO deste promontorio submarino, sendo o punto máis profundo a fosa das Illas Caimán, entre Cuba e Xamaica, con 7 686 metros de profundidade. O resto do mar Caribe ten unha profundidade máis uniforme que raramente supera os 5 500 metros. A profundidade media é de 2 200 metros.Tódolos países da zona -especialmente os das illas- son coñecidos como Caribe. Os principais países e territorios caribeños son:

En América Central: México (península do Iucatán), Belize, Guatemala, Honduras, Costa Rica e Panamá.

En América do Sur: Colombia (Rexión Caribe) e Venezuela.

Grandes Antillas: Cuba, Xamaica, Haití e a República Dominicana na illa da Española e Porto Rico.

Pequenas Antillas: Illas Virxes, divididas en británicas e estadounidenses, Antiga e Barbuda, Saint Kitts e Nevis, Guadalupe (departamento francés de ultramar), Dominica, Martinica (departamento francés de ultramar), Santa Lucía, Barbados, San Vicente e as Granadinas, Granada, Trinidad e Tobago, e as holandesas de Aruba, Curaçao e Bonaire (as dúas últimas forman parte das Antillas Neerlandesas).

México

México (nome oficial: Estados Unidos Mexicanos) é un país localizado maioritaria ou totalmente en América do Norte (dependendo de onde se trace o límite con América Central, ora na fronteira mexicana, ora no istmo de Tehuantepec).

Limitado ao norte polos Estados Unidos de América, ao leste polo golfo de México e polo mar Caribe, a través dos cales se acerca a Cuba, ao sur por Guatemala e máis Belize, e ao oeste polo océano Pacífico. Alén do territorio continental e illas adxacentes á costa, México inclúe tamén as Illas Revillagigedo, localizadas no océano Pacífico, a máis de 400 km a sur do cabo San Lucas, na Baixa California.

Pobos indíxenas de América

Os pobos indíxenas de América, tamén chamados amerindios, indios ou nativos americanos son os nomes dados ós habitantes das Américas antes da chegada dos europeos, e os seus descendentes actuais. A hipótese máis aceptada para a súa orixe é que os primeiros habitantes da América viñeran de Asia atravesando a pé o estreito de Bering.

Malia que algúns pobos indíxenas de América eran tradicionalmente cazadores recolectores, especialmente na bacía do río Amazonas, aínda quedan moitos grupos que practican a acuicultura e a agricultura. O impacto da súa dotación agrícola no resto mundo é unha testemuña do seu traballo na remodelación e no cultivo da flora autóctona das Américas. Malia que algunhas sociedades teñen unha forte dependencia da agricultura, outras practicaron unha mestura de agricultura, caza e recolección. Nalgunhas rexións, os pobos indíxenas crearon arquitecturas monumentais, cidades organizadas a grande escala, sociedades de xefatura, estados e imperios.

Moitas partes de América seguen habitadas por pobos indíxenas e algúns países contan con poboacións especialmente significativas, como Belize, Bolivia, o Canadá, Chile, Ecuador, Groenlandia, Guatemala, Güiana, México, Panamá e o Perú. Existen arredor de mil linguas indíxenas diferentes faladas en América. Algunhas, como o quechua, o aimará, o guaraní, as linguas maias e o náhuatl contan os seus falantes en millóns. Moitos pobos manteñen prácticas e trazos culturais indíxenas en diferentes graos, incluíndo a relixión, a organización social e as prácticas de subsistencia. Como moitas culturas, algunhas evolucionaron para incorporar aspectos tradicionais pero tamén atenden ás necesidades modernas. Algúns pobos indíxenas aínda viven relativamente illados da cultura occidental e uns poucos son pobos non contactados.

Pobos maias

Os pobos maias son un grupo de pobos indíxenas de Mesoamérica. Habitan no sur de México, Guatemala, Belize, O Salvador e Honduras. O termo "maia" é unha designación colectiva que inclúe a pobos da mesma área que comparten algún grao de herdanza cultural e lingüística ; porén, abrangue poboacións con características distintivas, poboacións, sociedades e grupos étnicos que teñen as súas propias tradicións, culturas e identidade histórica.

A poboación precolombiana maia era de arredor de oito millóns de persoas. Arredor de sete millóns de maias vivían nesta área a comezos do século XXI. As poboacións de Guatemala, o sur de México e a península do Iucatán, Belize, O Salvador e o oeste de Honduras conseguiron manter en grande medida a súa herdanza cultural. Algunhas poboacións están bastante integradas dentro da maioría mestiza castelanizada das nacións nas que residen, mentres que outras manteñen un estilo de vida máis tradicional, mantendo algunha das linguas maias como primeira lingua.

A meirande poboación contemporánea de maias habita en Guatemala, Belize, e as partes occidentais de Honduras e O Salvador, así como en partes dos estados mexicanos do Iucatán, Campeche, Quintana Roo, Tabasco e Chiapas.

Xaguar

O xaguar (Panthera onca) é un felino carnívoro do xénero Panthera e a única das catro especies actuais deste xénero que se atopa en América. Tamén é o maior felino de América e o terceiro do mundo, despois do tigre e do león. A súa distribución actual esténdese desde o norte de México e gran parte de Centroamérica até o Perú, Paraguai e o norte da Arxentina. Exceptuando algunhas poboacións en Arizona (suroeste de Tucson), esta especie xa foi practicamente extirpada nos Estados Unidos desde principios da década de 1900.

Países
Territorios dependentes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.