Beleza

A beleza[1], definida como o conxunto de características dunha persoa, animal, lugar, obxecto ou idea que proporcionan unha experiencia de percepción de pracer ou satisfacción, é unha noción abstracta vinculada a numerosos aspectos da existencia humana. Este concepto é estudado principalmente pola disciplina filosófica da estética, mais esténdese, se ben en distintos graos, noutros terreos tal que a historia, a socioloxía ou a psicoloxía.

A experiencia da "beleza" a miúdo implica unha interpretación dalgunha entidade que está en equilibrio e harmonía coa natureza , o que pode conducir a sentimentos de atracción e benestar emocional. Debido a que esta pode ser unha experiencia subxectiva, a miúdo dise que "a beleza está no ollo do espectador.[2]

Hai probas de que a percepción da beleza determínase evolutivamente, que as cousas, os aspectos da xente e as paisaxes consideradas fermosos atópanse típicamente en situacións que poidan dar unha maior supervivencia dos xenes da percepción humana.[3][4]

Así mesmo, trátase dun concepto variábel segundo a época e a sociedade e mesmo dentro dunha mesma sociedade os cánones de beleza non teñen por que seren forzosamente os mesmos, mudando dun a outro individuo sen maior problema. Especial relevancia cobra o concepto de beleza dentro das artes, onde, ao igual que no resto de disciplinas, tamén foi mudando a súa concepción co correr do tempo.

Canaletto (II) 006
A cidade de Venecia nunha pintura de Canaletto, considerada, un exemplo de beleza segundo os cánones pictóricos imperantes

Etimoloxía

En grego clásico "belo" chamábase κάλλος, kallos e o adxectivo era καλός, kalos. En cambio, na koiné grega era ὡραῖος, hōraios,[5] que desde o punto de vista etimolóxico provén da palabra ὥρα, hora, xa que a beleza estaba relacionada co momento de chegar a madurar o froito, ou da sazón da terra. Considerábase, por este motivo, como unha condición para posuír a beleza que unha persoa non quixese aparentar nada menos que a idade cronolóxica que tivese.[6]

Historia

A beleza foi obxecto de culto desde que xurdiu o Homo sapiens. Naquel tempo xa empezaban a decorar as súas covas, creaban pequenos artefactos que simplemente servíanlles para decorar e non tiñan outro fin útil.

Da antigüidade clásica atópanse datos máis concluíntes sobre a beleza, así como estudos e reflexións sobre a mesma. Naquel tempo a beleza constituía unha calidade que facía que algo nos parecese fermosa. A esta calidade díxoselle harmonía. Tamén apareceron os primeiros canons de beleza que indicaban cales tiñan que ser as proporcións idóneas para que un corpo se vise belo. En xeral, a beleza percibíase desde un punto de vista obxectivo. A beleza é unha das ideas fundamentais de Platón na xerarquía ontolóxica, pois realizou unha abstracción do concepto e considerou a beleza unha idea, de existencia independente á das cousas belas. Segundo a concepción platónica, a beleza no mundo é visible por todos; no entanto, dita beleza é tan só unha manifestación da beleza verdadeira, que reside na alma e á que só poderemos acceder se penetramos no seu coñecemento. Consecuentemente, a beleza terreal é a materialización da beleza como idea, e toda idea pode converterse en beleza terreal por medio da súa representación.[7]

Da Vinci Vitruve Luc Viatour
Proporcións ideais do corpo humano esquematizadas no Home de Vitruvio, de Leonardo da Vinci.

O canon sobre as proporcións humanas máis antigo que se coñece atopouse nas pirámides de Menfis cara ao 3000 a.C.. Desde entón houbo varios canons coñecidos: o dos faraóns, o de Policleto de Argos, o de Tolomeo (90 - 160 d. C.), o de Vitruvio (século I a. C.), o de Durero (1471 - 1528), o do home de Vitruvio de Leonardo da Vinci (1452 - 1519), e, máis recentemente o de Adolf Zeising e o de Le Corbusier (1887 - 1965 ).

Esta percepción da beleza seguiuse mantendo na idade media. Como consecuencia do auxe do cristianismo daquela época, a beleza dependía da intervención de Deus. De modo que, se se consideraba bela algo, é porque fora unha creación divina. Seguindo as teses platónicas, había unha equivalencia entre o belo e o ben.

A beleza material era externa, física ou sensible. Esta calidade múrchase co tempo. En cambio, a beleza espiritual non se murcha co tempo, senón que permanecía no interior do individuo. Son calidades como a bondade, o amor, a simpatía etc. Co paso do tempo chegou outra nova etapa na historia da beleza, o Renacemento. Moitos autores están de acordo en que o concepto de beleza volveu ser o da antigüidade clásica, porque se empezaron a tomar valores daquela época que xa se perderon na Idade Media. Un destes valores foi a concepción máis naturalista da beleza, que serviu de inspiración aos artistas da época.

Na modernidade desaparece esta visión obxectiva da beleza e empézase subxectivizar. No século XVIII xa se percibe a beleza de algo non por como é o obxecto por si mesmo, senón polo que este esperta na persoa. Esta concepción tíñana moi clara os empiristas e ilustrados da época.

Con Alexander Gottlieb Baumgarten xorde a teoría específica da estética que analiza conceptos co gusto persoal, ou facultade que permite xulgar algo como belo. O gusto relaciónase coa intuición e non só coa razón (Benedetto Croce), aínda que parte de xuízos argumentados que buscan a máxima xeneralización posible.

Orixe da beleza

Podería remontarse á propia existencia do home como unha das súas cualidades mentais. A beleza atópase en traballos de filósofos gregos, como Pitágoras, a partir do período presocrático. A escola pitagórica observou unha forte conexión entre as matemáticas e a beleza. En particular, decatáronse que os obxectos que posuían simetría son máis vistosos. A arquitectura grega clásica está baseada nesta imaxe de simetría e proporción. A investigación moderna tamén suxire que as persoas cuns trazos faciais máis simétricos e que teñen as proporcións máis equilibradas, son máis atractivas.

A beleza, xeralmente, estivo asociada co ben. Do mesmo xeito, o atributo contrario á beleza é a fealdade e a miúdo se asocia coa maldade. As meigas, por exemplo, acotío son representadas con trazos físicos desagradables e personalidades maliciosas. Este contraste personificouse en historias clásicas como A bela dormente. Do mesmo xeito, Johann Wolfgang von Goethe, na súa obra Les afinitats electives (1809), manifesta que a beleza é "un convidado que sempre é benvido". Goethe declarou que a "beleza humana" actúa con moita máis forza sobre os sentidos interiores que sobre os externos, de forma que o que a contempla está exento do mal e séntese en harmonía con ela e co mundo.

A simetría é importante porque dá a impresión que a persoa puido medrar con saúde, sen defectos visibles. Na percepción da xente bela danse certas concordancias: ollos grandes e pel clara, por exemplo, son considerados fermosos tanto en homes como en mulleres de moitas culturas. Algúns investigadores suxeriron que trazos neonatais son intrinsecamente atractivos. A xuventude en xeral asóciase coa beleza.

Hai pistas que fan intuír un rostro belo no desenvolvemento infantil, e que as normas de atractivo son semellantes en culturas diferentes. A media, a simetría, e o dimorfismo sexual poden ter unha base evolutiva para determinar a beleza. As metanálises da investigación empírica indican que os trazos son atractivos tanto en caras masculinas como femininas e a través dunha variedade de culturas. O atractivo facial pode ser unha adaptación para a escolla de compañeiro porque a simetría e a ausencia de defectos sinalan os aspectos importantes de calidade de compañeiro, como a saúde. É posible que estas preferencias sexan simplemente instintos.

Os artistas gregos e romanos tamén tiñan o stándar de beleza masculina na civilización occidental. O romano ideal definiuse como alto, muscular, de pernas longas, coa testa con cabelo groso, unha alta e ampla fronte, un sinal de intelixencia, ollos amplos, un fociño forte e perfil perfecto, boca pequena, e un bico pronunciado. Esta combinación de factores produciría unha mirada de bela masculinidade. Coas excepcións do peso e os estilos da moda, as normas de beleza son bastante constantes no tempo.

Clases de beleza

Dentro da primeira clasificación podemos atopar dúas clases de beleza, a que provocan os obxectos naturais, ou beleza natural e a que nos suscitan as creacións artificiais, ou beleza artística.

Ó longo da historia, a relación entre ámbolos tipos de beleza foi irregular, xa que a beleza artística pasou de ter unha relación de dependencia coa beleza natural, a independizarse dela, a medida que avanzaba o curso da historia.

Kant distingue dous tipos de beleza:

  • Beleza libre: é a que se percibe sen que se saiba nada do obxecto a contemplar. É unha beleza pura, non sen ten ningún tipo de idea que nos faga cuestionar a súa beleza.
  • Beleza adherente: é a que depende do concepto que se teña sobre o obxecto que se analiza.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para beleza.
  2. Gary Martin (2007). The Phrase Finder, ed. "Beauty is in the eye of the beholder". Arquivado dende o orixinal o 30/11/2007. Consultado o 16/11/2014.
  3. The Oxford Handbook for Aesthetics
  4. Denis Dutton: A Darwinian theory of beauty | Video on TED.com
  5. Matthew 23:27, Acts 3:10, Flavius Josephus, 12.65
  6. Euripides, Alcestis 515.
  7. O Banquete, de Platón,

Véxase tamén

Bibliografía

  • Langlois, J.H.; Roggman, L. (1990). Attractive faces are only average (PDF). Psychological Science (en inglés). pp. 115–121. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de outubro de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2015.
  • Symons, Donald (1995). "Beauty is in the Eye of the Beholder. The Evolutioanry Psychology of Human Female Attractiveness". En University of Chicago Press. Sexual Nature, Sexual Culture (en inglés). pp. 80–120.
Afrodita

Afrodita é a deusa grega do amor e da beleza. Nacida da escuma do mar de Chipre, segundo Hesíodo, ó ser fecundado polos xenitais do Ceo/Urano, botados polo seu fillo Crono/Saturno despois de castralo.

Durante o xuízo de Paris, nada puido a maxestade da deusa Hera nin a belicosidade de Atenea fronte á súa sedutora beleza, e Paris concedeulle a mazá de ouro como premio á fermosura. Foi a protectora de Paris e de Troia, e logo do heroe latino Eneas, o fillo de Anquises e fundador simbólico de Roma. É tamén a fecundidade na natureza vexetal e animal. O seu fillo é Eros -o latino Cupido- caprichoso frecheiro de dous dardos: un para os amores felices, e o outro para os desgrazados.

Os seus poderes eran inmensos: protexía aos esposos, fecundaba os fogares, estaba presente nos partos, simbolizaba a paixón desenfreada, incitaba aos mortais a toda clase de voluptuosidades e vicios.

A illa de Citeres era o centro do seu culto.

Afrodita tiña o seu propio festival, as Afrodisias, celebradas en toda Grecia, pero sobre todo en Atenas e Corinto.

O seu equivalente romano era Venus, Ishtar en Mesopotamia, Ashtart en Fenicia, Turan en Etruria.

Por mor da súa fermosura, Zeus temía que puidese ser causa de violencia entre os deuses, polo que a casou con Hefesto, pero a infelicidade do seu matrimonio causou que buscase compañía noutros deuses, especialmenteAres, pero tamén Adonis, Anquises e moitos outros.

Arquitectura

O termo arquitectura (en latín architectura, do grego ἀρχιτέκτων ; ἀρχι: "xefe" e τέκτων: "construtor, carpinteiro") pode ter os seguintes significados:

A arte e ciencia do deseño e da construción de edificios e outras estruturas físicas.

A actividade dun arquitecto, cando a arquitectura signifique ofrecer ou vender servizos profesionais ligados ao deseño e construción dun edificio -ou a un grupo de edificios, así como o espazo que os rodea- que ten como principal obxectivo o uso e ocupación humana.

Un termo xeral para referirmos aos edificios e outras estruturas físicas.

Un estilo e método de deseño e construción de edificios e outras estruturas físicas.Unha definición máis ampla pode comprender toda a actividade do deseño, dende o macronivel do deseño urbano e paisaxismo, até o micronivel dos detalles construtivos e o deseño do mobles. A arquitectura enténdese tanto como o proceso en si mesmo, coma o produto ao que se chega a través do planeamento, deseño e construción da forma, espazo e ambiente que reflicten consideracións funcionais, técnicas, sociais e estéticas. Require da manipulación creativa e da cordinación do material a usar; así como da súa tecnoloxía, luz e sombra. A arquitectura engloba tamén algúns aspectos pragmáticos da creación dos edificios e estruturas, incluíndo a programación e control da execución, a medición e estimación dos custos, e a administración do proceso edificatorio. A través desa documentación producida polos arquitectos, especialmente planos, debuxos e especificacións técnicas, a arquitectura define a estrutura creada e/a personalidade do edificio ou sistema que foi ou vai ser construído.

As obras de arquitectura son percebidas en moitas ocasións como símbolos culturais e políticos, así como obras de arte. Algunhas civilizacións históricas, como a Antiga Grecia ou o pobo Inca, son idendificadas con frecuencia cos seus logros arquitectónicos.

A palabra arquitectura refírese tamén en moitas ocasións á actividade do deseño de calquera outro sistema, non tendo que estar necesariamente relacionado con mundo da edificación. O termo pode atoparse con grande facilidade no mundo da tecnoloxía da información ou da enxeñaría informática.

Arte

A arte (do latín ars, artis, a través do seu acusativo singular artem) é entendida xeralmente como calquera actividade ou produto realizado polo ser humano cunha finalidade estética ou comunicativa, a través do que se expresan ideas, emocións ou, en xeral, unha visión do mundo, mediante diversos recursos, como as plásticos, lingüísticos, sonoros ou mixtos. A arte é un compoñente da cultura, reflectindo na súa concepción os substratos económicos e sociais, e a transmisión de ideas e valores, inherentes a calquera cultura humana ó longo do espazo e do tempo. Adoita considerarse que coa aparición do Homo sapiens a arte tivo en principio unha función ritual, máxica ou relixiosa, pero esa función cambiou coa evolución do ser humano, adquirindo un compoñente estético e unha función social, pedagóxica, mercantil ou simplemente ornamental. A arte é unha actividade exclusiva do ser humano.

A noción de arte continúa hoxe en día suxeita a profundas polémicas, posto que a súa definición está aberta a múltiples interpretacións, que varían segundo a cultura, a época, o movemento, ou a sociedade para a cal o termo ten un determinado sentido. O vocábulo arte ten unha extensa acepción, podendo designar calquera actividade humana feita con xeito e dedicación, ou calquera conxunto de regras necesarias para desenvolver de forma óptima unha actividade: fálase así de arte culinaria, arte médica, artes marciais, artes de arrastre na pesca etc. Nese sentido, arte é sinónimo de capacidade, habilidade, talento, experiencia. Porén, máis comunmente adoita ser considerada a arte como unha actividade creadora do ser humano, pola que produce unha serie de obxectos (obras de arte) que son singulares, e cuxa finalidade é principalmente estética. Nese contexto, arte sería a xeneralización dun concepto expresado desde antano como “belas artes”, actualmente algo en desuso e reducido a ámbitos académicos e administrativos. De igual forma, o emprego da palabra arte para designar a realización doutras actividades veu sendo substituído por termos como técnica ou oficio. Neste artigo trátase de arte entendida como un medio de expresión humana de carácter creativo.

Balder

Na mitoloxía nórdica, Balder (tamén Baldr ou Baldur) era o deus da inocencia, da xuventude, da beleza, da pureza e da paz. Era o segundo fillo de Odín e Frigg, casou con Nanna e con ela tivo a Forseti. Balder coñécese sobre todo polo mito que arrodea á súa morte.

Cando naceu Balder, a súa mai Frigg, temerosa pola seguridade do seu fillo, fixo xurar a todos os animais e plantas, ao lume, á auga e a todos os metais que non danarían o seu fillo. Aínda así, a Balder advertíuselle da súa propia morte por medio de soños, pero non foi quen de descifralos. Por este motivo, o seu pai Odín, montado no seu cabalo Sleipnir, baixou a Hel, e Garm interpúxose. Porén, Odín conseguiu evitalo e chegou onda á porta do poente, dixo unhas palabras máxicas para espertar a Hela, e pese ás súas queixas, Odín obrigouna a descifrar o soño de seu fillo. Malia iso, Hela empregou palabras escuras.

Balder, créndose invulnerable a todo, ideou un xogo no que os deuses debían guindar, sobre el, cantos obxectos daniños quixeran, sabendo que nada lle podían facer. Loki, coa forma dunha velliña, conseguiu saber que Frigg, considerando ao visgo demasiado novo, eximiuno do xuramento. Loki deulle unha ponla de visgo ao irmán cego de Balder, Höder, para que participara no xogo e lla guidara. Cando lla botou, Balder caeu morto, o resto dos deuses quedaron mudos, sen poder vingarse por ser o lugar sagrado. Os deuses colleron o cadáver e levárono ao mar, e na súa nave fixeron a pira.

A morte de Balder é un tema recorrente nas tradicións escandinavas e a orixe mítica do funeral viquingo.

Barroco

O Barroco é un movemento cultural e artístico que tivo lugar principalmente durante o século XVII. O termo provén do francés baroque, de barocco, figura de siloxismo que os renacentistas aplicaban aos razoamentos absurdos, cruzado co portugués barroco, perla irregular ou, por extensión, xoia falsa.A cultura barroca nace dunha situación histórica concreta, que é a crise económica e social que as monarquías absolutistas e a Contrarreforma non puideron ocultar. Por esa razón, o home desa época refuxiouse nos avances da ciencia e na expresión artística e literaria. O Barroco caracterízase tanto polo esplendor artístico e cultural como pola decadencia social e económica.

O Barroco é unha reacción fronte ao manierismo, movemento elitista, complicado e intelectual e, en xeral, á orde estética renacentista, de beleza equilibrada e razoable. O Barroco non cifra o seu ideal na proporción bela, máis ben procura a realidade cotiá, con frecuencia tratada con extrema crueza. Á vez mostra gusto polo aparatoso e monumental, empregado como instrumento propagandístico tanto da monarquía como da Igrexa católica.

Baviera

Baviera (en alemán Bayern e en bávaro Boarn) ou, na súa designación oficial, Estado Libre da Baviera (Freistaat Bayern dende que deixou de ser un reino en novembro de 1918), é o meirande en superficie dos 16 estados federais (Länder) da Alemaña. Localizado no extremo sueste do país, ten unha área de 70 553 km² e 12 millóns de habitantes que cultivan as tradicións coma en ningunha outra parte da Alemaña. A súa capital é Múnic.

Ata a década de 1950 predominaba en Baviera a agricultura como principal fonte económica. Aínda hoxe, a rexión prealpina e outras partes do territorio bávaro dependen da agricultura e da silvicultura. A partir de mediados do século pasado, transformouse nun moderno estado industrial e de prestación de servizos. Baviera converteuse, asemade, no primeiro centro da tecnoloxía avanzada na Alemaña. Cómpre salienta-la tecnoloxía da información e comunicación, biotecnoloxía, tecnoloxía xenética e técnica medicinal. Por outra banda, o estado debe o seu grande atractivo turístico á rica herdanza histórico-cultural, así como á beleza das paisaxes. Por exemplo, a beleza dos Alpes, co cume máis alto da Alemaña -o Zugspitze (2.962 metros)-, a rexión pre-alpina ten grandes lagos como o Chiemsee e mailo Königssee, o Parque Nacional da Foresta Bávara (Bayerischer Wald), os bosques Fränkische Alb, Fichtelgebirge Steigerwald etc.

Existe gran cantidade de parques urbanos –como o de Schönbusch en Aschaffenburg, o Hofgarten en Ansbach ou o Xardín Inglés (Englischer Garten) en Múnic- amais de castelos e pazos. Cómpre salienta-los erixidos na época de Ludwig II: Lindenhof, Neuschwanstein e Herrenschiemsee.

O traxe típico, o Jäger, vístese na actualidade durante a celebración das festividades populares, como a festa anual da cervexa, a Oktoberfest, en Múnic, que goza de sona internacional, e que é elaborada segundo a Lei da pureza de 1516. O lúpulo co que se produce é cultivado no propio estado.

A capital, Múnic, un centro significativo da ciencia e da investigación, conta cunha das meirandes bibliotecas de Europa, a Biblioteca Estatal Bávara, con máis de 6 millóns de volumes. Así mesmo localizánse na capital bávara o Instituto Max Planck de Física do Plasma, o Deutsches Museum, a maior colección mundial da historia das ciencias naturais e da técnica, alén de numerosas edificacións históricas e museos de arte. A antiga división de Baviera era en tres zonas tradicionalmente ben definidas: Suevia, Franconia e A Vella Baviera.

Belas Artes

Na acepción común, Belas Artes serían aquelas artes que terían por obxecto expresar a beleza, especialmente a arquitectura, escultura, música, e pintura.

De todos modos, o certo é que ademais da beleza, as chamadas belas artes poden buscar tamén a expresividade, a orixinalidade, impactar ao receptor ou incluso a fealdade (véxanse, por exemplo, os cadros de Francis Bacon). Neste sentido, podemos dicir que o termo quedou algo desfasado (sobre todo tralo auxe das vanguardas no século pasado).

Corvera de Toranzo

Corvera de Toranzo é un concello español de Cantabria, pertencente á comarca dos Valles Pasiegos. Tiña unha poboación de 2080 habitantes en 2015.

Limita ao norte co municipio de Puente Viesgo, ao sur con Luena, ao leste con Santiurde de Toranzo e ao oeste con Arenas de Iguña, Anievas e San Felices de Buelna.

Os grandes atractivos de Corvera de Toranzo son o seu patrimonio natural e artístico. No primeiro caso destacan a ribeira do río Pas e os montes Cildá e Espina del Gallego, escenarios das Guerras Cántabras, ademais dos numerosos conxuntos arbóreos de gran beleza que o poboan.

En canto ao patrimonio artístico, sobresae a arquitectura civil e en concreto os casaróns e palacios blasonados, como os das familias Ceballos, Ruiz de Bustamante, Ruiz de Villegas e por outra banda destaca a torre de Agüero, en San Vicente de Toranzo e a Casona Azul, considerada hotel-palacio por Cultura.

Estética

A e

stética é a rama da filosofía interesada pola arte e a beleza en xeral. A palabra deriva das voces gregas αἰσθητική (aisthetikê) «sensación, percepción», de αἴσθησις (aisthesis) «sensación, sensibilidade», e -ικά (ica) «relativo a».

Aínda que o interese polo artístico e a reflexión acerca del son tan antigos coma o ser humano, como disciplina filosófica ten unha orixe recente (s. XVIII), sendo o nome elixido por Baumgarten na súa obra de 1750. Outros autores denominárona caloloxía, de kalos (belo).

A estética é a ciencia que estuda e investiga a orixe sistemática do sentimento puro e a súa manifestación, que é a arte, segundo Kant na súa Crítica do xuízo. Pódese dicir que é a ciencia que reflexiona sobre os problemas da arte.

Juan Ramón Jiménez

Juan Ramón Jiménez Mantecón, nado en Moguer (provincia de Huelva) o 23 de decembro de 1881 e finado en San Xoán (Porto Rico) o 29 de maio de 1958, foi un poeta español, gañador do Premio Nobel de Literatura en 1956, mentres permanecía no exilio desde a súa segunda patria, Porto Rico (onde tamén viviron exiliados outras renomeadas figuras peninsulares, tales como Pau Casals e Francisco Ayala.

Modelo (moda)

Un modelo (do francés medieval modèle//aew), é unha persoa que é empregada para promocionar ou anunciar publicitariamente produtos (principalmente relacionados coa roupa e a moda) ou para servir como obxecto visual para artistas que están a crear obras de arte.

Na actividade do modelo é posible distinguir dúas grandes categorías:

Os modelos de pasarela (asociados a presentar pezas de deseñadores de moda).

Os modelos de fotografía (vencellados á publicidade de produtos e ás artes visuais e de deseño).Cada unha destas categorías require dun perfil específico. As oportunidades son moito máis amplas para as persoas que queren ser modelo de fotografía publicitaria. As características máis elevadas para unha modelo establécense no campo dos desfiles de moda, no que non só é preciso ter beleza, figura e altura , senón tamén unha serie de coñecementos específicos para os que existen mesmo escolas especializadas.

Natureza

A natureza inclúe todo aquilo que existe no universo, o que non é artificial ou imaxinado. Nun senso máis amplo, equivale ao conxunto do cosmos, do universo existente, e iso abrangue dende as partículas subatómicas ata os obxectos astronómicos, incluíndo a Terra, os seres vivos e os procesos que se relacionan.

O termo "natureza" fai referencia aos fenómenos do mundo físico, e tamén á vida en xeral. En xeral non inclúe aos obxectos artificiais nin á intervención humana, a non ser que se empregue un cualificativo que faga referencia. Nun senso máis restrinxido, adóitase empregar o termo para referirse ao ambiente[Cómpre referencia].

Os doce traballos de Hércules

Heracles (máis coñecido polo seu nome romano Hércules) é o nome dun heroe mitolóxico grego. O seu pai era Zeus quen, abraiado pola beleza de Alcmena, a muller de Anfitrión de Tebas, adquiriu a forma do seu esposo para enganala. Froito desa relación naceu Heracles.

A súa forza física sería a a súa característica física máis prezada, demostrada xa desde pequeno ao afogar dúas serpes no berce. Cando acadou a idade adulta matou ao León de Citerón e vestiuse coas súas peles.

Venceu aos minios que gravaban aos tebanos cun pesado tributo, o que lle asegurou a simpatía dos seus veciños, quen lle ofreceron como recompensa a princesa Méxera coa que casou. Cando a princesa lle deu tres fillos, Hera, a esposa de Zeus que non esquecía ningunha ofensa, volveuno tolo temporalmente. Heracles, entón, matou a súa muller e fillos coas súas propias mans. Coa dor por estes asasinatos acudiu ao seu primo Euristeo quen lle encargou os doce traballos como penitencia.

Parque nacional

Un parque nacional é, no marco lexislativo español, un espazo natural declarado como parque por estar pouco transformado pola explotación ou pola ocupación humana e que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúe uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos, co cal a súa conservación merece unha atención preferente. Poden ser marítimos ou terrestres, e encontrarse na montaña, no mar, no deserto ou en calquera outro espazo definido xeograficamente.

O único parque nacional galego é o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

O termo de parque nacional pode ser unha figura legal similar noutros estados para a conservación de espazos naturais.

Parque natural

Un parque natural é, no marco lexislativo galego, un espazo natural declarado como parque por estar pouco transformado pola explotación ou pola ocupación humana e que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúe uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos, co cal a súa conservación merece unha atención preferente. Poden ser marítimos ou terrestres, e encontrarse na montaña, no mar, no deserto ou en calquera outro espazo definido xeograficamente.

Sant Celoni

Sant Celoni é un municipio español de Cataluña, pertencente á provincia de Barcelona. Forma parte da comarca do Vallès Oriental e é a poboación principal da comarca natural ou subcomarca do Baix Montseny.

Atópase a medio camiño entre Barcelona e Xirona, no eixo de comunicacións (estrada, autoestrada e ferrocarril) que comunica Barcelona coa Francia a través de la Jonquera, ao pé do Montseny e do Montnegre, espazos de gran riqueza e beleza paisaxística e na conca do río Tordera.

Tossa de Mar

Tossa de Mar é un concello catalán da comarca da Selva, na provincia de Xirona, chamado sinxelamente Tossa até 1985. Forma parte da coñecida como Selva Marítima, a carón das comarcas do Baix Empordà e o Gironès, limita cos concellos de Lloret de Mar, Vidreres, Caldes de Malavella, Llagostera e Santa Cristina d'Aro. Tossa de Mar é unha das poboacións senlleiras da Costa Brava. A beleza das súas praias e bosques e do seu patrimonio histórico e cultural, fan deste concello un punto de referencia para o turismo da comarca.

Vanadio

O vanadio é un elemento químico de número atómico 23 situado no grupo 5 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é V. É un metal dúctil, brando e pouco abundante. Atópase en distintos minerais e emprégase principalmente nalgunhas aliaxes. O nome procede da deusa da beleza Vanadis na mitoloxía escandinava.

Villaquilambre

Villaquilambre é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 18.023 habitantes (INE 2011).

Artisticamente destacan a Vila Romana da localidade de Navatejera, con restos dun asentamento agrario romano satélite da Legio VII, e bellos mosaicos. Tamén cabe destacar a beleza da ermida de Villaquilambre entre outras construcións relixiosas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.