Belas Artes

Na acepción común, Belas Artes serían aquelas artes que terían por obxecto expresar a beleza, especialmente a arquitectura, escultura, música, e pintura.

De todos modos, o certo é que ademais da beleza, as chamadas belas artes poden buscar tamén a expresividade, a orixinalidade, impactar ao receptor ou incluso a fealdade (véxanse, por exemplo, os cadros de Francis Bacon). Neste sentido, podemos dicir que o termo quedou algo desfasado (sobre todo tralo auxe das vanguardas no século pasado).

División clásica

Os gregos antigos dividían as artes en superiores e menores, sendo as artes superiores aquelas que permitían gozar as obras por medio dos sentidos superiores, vista e oído, cos que non fai falta entrar en contacto físico co obxecto observado. As Belas Artes eran seis: arquitectura, escultura, pintura, música, declamación e danza. A declamación inclúe a poesía e coa música inclúese o teatro. Esa é a razón pola que o cine é chamado a miúdo, hoxe, a sétima Arte.

As belas artes

Música

Existen distintas definicións de Música:

  • Arte que combina os sons conforme aos principios da melodía, a harmonía e o ritmo.
  • Movemento organizado de sons a través dun espazo de tempo.

Danza

Movementos corporais rítmicos que acompañados xeralmente de música serven como vehículo de comunicación e expresión.

Declamación

Arte consistente no exercicio da retórica e a recitación.

Pintura

  • Arte de plasmar sobre unha superficie motivos de natureza moi diversa, normalmente mediante pigmentos diluídos.
  • Arte de proxectar un debuxo por medio de liñas, puntos e cores.
  • Arte de fixar sobre un obxecto perdurable unha imaxe ou momento.

Escultura

  • Arte de crear formas no espazo, tanto exentas como en relevo.
  • É a arte de tallar, esculpir ou moldear.

Arquitectura

  • Arte ou ciencia de proxectar e construír edificios perdurables no tempo que cumpran unha función e *provoquen pracer estético*. Arte e ciencia de deseñar construcións.
  • Arquitectura é a arte de crear espazos nun lugar xeográfico, un momento histórico, para que a humanidade desenvolva as súas actividades de convivencia social, de entretemento e familiares, cumprindo coa verdade útil mecánico-construtiva, económica e social, que sexa belo e teña carácter (concordancia entre programa e proxecto).

Belas Artes é tamén unha licenciatura universitaria nalgúns países, como Arxentina, España, ou México. En España, esta licenciatura comprende especialidade en conservación e restauración de obras de arte, deseño, fotografía, pintura, debuxo ou gravado (distribuídos en diferentes especialidades).

Amancio Prada

Amancio Prada, nado o 5 de febreiro de 1949 en San Pedro de Devesas (Ponferrada), comarca do Bierzo, é un destacado cantautor español.

Fernando Álvarez de Sotomayor

Fernando Álvarez de Sotomayor Zaragoza, nado en Ferrol o 25 de setembro de 1875 e finado en Madrid o 17 de marzo de 1960, foi un pintor académico galego. Boa parte da súa obra destaca por reflectir diversos aspectos da vida de Galicia con luminosidade e colorido.

Fundación Barrié

A Fundación Pedro Barrié de la Maza é unha fundación patrimonial privada, coa finalidade de promover o desenvolvemento e a cultura en Galicia.

Jaime Ozores de Prado

Jaime Ozores de Prado, marqués de San Martiño de Ombreiro, nado na Coruña o 17 de xullo de 1846 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1922, foi un militar e filántropo galego.

Joaquín Freyre de Andrade y Valverde

Joaquín Freyre de Andrade y Valverde, nado na Coruña o 31 de xullo de 1882 e finado na mesma cidade o 18 de febreiro de 1972, foi membro de numero da Real Academia Galega.

José Luis Garci

José Luis García Muñoz, máis coñecido como José Luis Garci, nado en Madrid o 20 de xaneiro de 1944, é un produtor, crítico, presentador de televisión, autor literario, guionista e director de cine español.

Julio Prieto Nespereira

Julio Prieto Nespereira, nado en Ourense o 7 de decembro de 1896 e finado en Madrid o 5 de agosto de 1991, foi un pintor e gravador galego.

Luis Caruncho

Luis María Caruncho Amat, nado na Coruña o 15 de xaneiro de 1929 e finado en Madrid o 7 de outubro de 2016, foi un escultor, pintor e xestor cultural galego.

Manuel Chamoso Lamas

Manuel Chamoso Lamas, nado na Habana o 16 de maio de 1909 e falecido na Coruña o 24 de abril de 1985, foi un arqueólogo, historiador da arte e escritor galego que dirixiu as escavacións de Iria Flavia e o subsolo da Catedral de Santiago de Compostela.

Maruxa Mallo

Maruxa Mallo, tamén citada como Maruja Mallo, era o pseudónimo de Ana María Gómez González, nada en Viveiro o 5 de xaneiro de 1902 e finada en Madrid o 6 de febreiro de 1995, foi unha pintora surrealista galega.

Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España, é o órgano de Goberno da Administración Xeral do Estado, encargado da administración e conservación dos organismos educativos públicos de España, así como de distribuír os Presupostos Xerais do Estado entre os seus organismos. O MEC tamén é o encargado de fomentar a ciencia e os organismos que nela se desenvolven. Na actualidade, o cargo de ministro correspóndelle a Íñigo Méndez de Vigo (2015-2018), do Partido Popular.

Museo Provincial de Pontevedra

O Museo Provincial de Pontevedra foi fundado pola Deputación de Pontevedra o 30 de decembro de 1927. Está rexido por un padroádego, sendo a Deputación Provincial de Pontevedra o seu titular. Dispón de cinco edificios históricos e un sexto de nova construción, con salas de exposición permanente e temporais. Os fondos do museo son pluridisciplinares, clasificados en salas de belas artes, arqueoloxía, etnografía e artes aplicadas. O edificio fundacional, o Castro Monteagudo, localízase na rúa Pasantería en Pontevedra.

Foi distinguido en 1996 coa Medalla de Ouro de Galicia.

Museo de Belas Artes da Coruña

O Museo de Belas Artes da Coruña, de titularidade autonómica, é unha edificación moderna que se asenta no antigo convento das Capuchinas.

Pedro Almodóvar

Pedro Almodóvar Caballero, nado en Calzada de Calatrava (Cidade Real) o 24 de setembro de 1949, é un director de cinema e guionista manchego, un dos principais referentes do cinema español a nivel internacional.

Real Academia Galega de Belas Artes

A Real Academia Galega de Belas Artes "Nosa Señora do Rosario", con sede na Coruña, é unha das trece creadas en España por Real Decreto de 31 de outubro de 1849, daquela coa denominación de Academia Provincial de Bellas Artes.

En 1898 pasou a celebrar as súas sesións no palacio do Real Consulado do Mar, e en 1913 instalouse definitivamente nel, onde actualmente ten a súa sede oficial corporativa. En 1938 dito palacio destinouse para Museo Provincial de Belas Artes e sede da Real Academia de Belas Artes.

A Real Academia Galega de Belas Artes depende da Xunta de Galicia e está constituída por catro categorías de Académicos: numerarios, correspondentes, honorarios e supernumerarios.

A Academia está composta na actualidade por sete seccións: Pintura e Gravado, Escultura, Arquitectura, Música, Arqueoloxía e Museoloxía, Artes da Imaxe e Expertos nas Artes. Cada sección pode contar cun número máximo de cinco académicos numerarios.

Celebra sesións ordinarias de forma mensual, e extraordinarias para asuntos de especial relevancia.

Real Academia de Belas Artes de San Fernando

A Real Academia de Belas Artes de San Fernando (Real Academia Española de Bellas Artes de San Fernando, RABASF) é unha institución integrada no Instituto de España. Foi creada por Real Decreto do 12 de abril de 1752, e súa sede está en en Madrid, España.

Roberto Verino

Manuel Roberto Mariño Fernández, nado en Verín o 3 de maio de 1945, é un deseñador de moda galego, máis coñecido como Roberto Verino.

Teatre Lliure

O Teatre Lliure é un teatro de Barcelona, considerado como un dos máis prestixiosos de España. Creado en 1976, no barrio de Gràcia, por un grupo de profesionais procedentes do teatro independente barcelonés, destacou pola súa aposta polo teatro de texto en catalán, a relectura dos clásicos e a súa aposta polo teatro contemporáneo. O Teatre Lliure non só é un espazo de exhibición, senón que é unha sociedade cooperativa que produce montaxes propias, moitos das cales foron exportadas a outras cidades europeas e americanas. Na súa sala alternou o teatro, dende o principio, coa música e a danza.

Xosé López Calo

José López Calo, nado en Nebra, no concello de Porto do Son o 4 de febreiro de 1922, é un sacerdote católico xesuíta e musicólogo galego. Salientan os seus estudos sobre a música do Códice Calixtino e é membro correspondente da Real Academia Galega dende 1967 .

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.