Begonte

Begonte é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o INE a súa poboación no 2016 era de 3115 habitantes (3413 no 2010, 3587 no 2006, 3616 no 2005, 3682 no 2004, 3684 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é begontés[5] ou begontino.

Coordenadas: 43°8′59.52″N 7°41′10.56″O / 43.1498667, -7.6862667

Begonte
Bandeira de Begonte
---
Escudo de Begonte
Begonte 01-01a
Casa do concello
Situacion Begonte
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Terra Chá
Poboación3.037 hab. (2018)
Área126,8 km²
Densidade23,95 hab./km²
Entidades de poboación19 parroquias
Capital do concelloBegonte
Política (2019 [2][3])
AlcaldeJosé Ulla Rocha (PPdeG)
Concelleiros
PPdeG: 9
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais en Begonte
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes81,66%
Na rede
www.concellodebegonte.es

Xeografía

O Concello de Begonte está formado por 19 parroquias, cun total de 103 entidades de poboación. Atópase ao oeste da provincia de Lugo, a 19 km da capital. Ten unha extensión de 125,4 km², e limita con Guitiriz, Vilalba, Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei e Friol. Pertence ó partido xudicial de Vilalba.

A súa superficie é plana na zona central do concello, como corresponde á comarca na que está enclavado. As zonas altas están situadas ó norte, noroeste e sur. Os puntos máis elevados, nas serras occidentais do Concello, son o Cordal (735 m), e Monterredondo e Pena Cha (600 m).

Seguindo a zona máis baixa do concello, case paralelas ó eixo fluvial dos ríos Parga e Ladra, pasan a autovía A-6 e o ferrocarril Palencia-A Coruña. Así mesmo, pasa polo concello a autovía A-8, que conecta Lugo co norte da península.

Os ríos Parga e Ladra cruzan o concello, xuntándose en Pacios antes de desembocar no río Miño, xa no concello de Outeiro de Rei. A xuntanza do río Támoga co Miño forma a illa de San Roque no punto onde limitan os concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Cospeito. As lagoas do Ollo e Riocaldo, ás que hai que engadir as orixinadas pola extracción de áridos nas inmediacións da de Riocaldo, teñen un excelente futuro cunha dobre vertente: a observación e potenciación da natureza, desde o punto de vista medioambiental e unha racional explotación turística que contemple a súa singularidade.

Begonte está incluído entre os concellos considerados lugares privilexiados da Rede Natura 2000, e así unha zona do seu territorio forma parte do Lugar de importancia comunitaria Parga-Ladra-Támoga, que comprende as ribeiras dos ríos Parga, Ladra, Támoga e Miño, e as lagoas de Riocaldo.

Demografía

Censo total 2014 3179 habitantes
Menores de 15 anos 229 (7,2 %)
Entre 15 e 64 anos 1814 (57,06 %)
Maiores de 65 anos 1136 (35,73 %)
Evolución da poboación de Begonte   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
6541 6335 6963 4753 3682 3322 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Os Baamonde e os Saavedra deron nome a dúas parroquias do concello, aínda que o paso dos séculos fixo desaparecer a casa-fortaleza de Baamonde e o castelo de Saavedra, onde fixo noite Vermudo II cando veu conquistar o castelo de Aguiar, e onde ditou sentenza familiar Afonso V. Os irmandiños intentaron tomalo, pero foron derrotados.

Begonte foi un lugar de paso cara a Castela. En 1773 inaugurouse a estrada Madrid-A Coruña en 1773 en substitución do antigo Camiño Real que desde a ponte de Rábade cruzaba este concello. Tamén pasa polo concello a vía do Norte do camiño de Santiago.

A comezos do século XIX os franceses invadiron a comarca, quedando como testemuña o topónimo de Francés na parroquia de Carral[Cómpre referencia].

O ferrocarril chegou en 1885. Malia que xa en 1874 se solicitara un apeadoiro, non tivo estación de ferrocarril até xuño de 1941.

O Concello de Begonte xorde en 1842, sendo o seu primeiro alcalde Ramón Losada y Montenegro. En 1924, Rábade (que pertencía a Begonte) pasou a ter un goberno autónomo como entidade local menor, conseguindo ser concello en 1925.

Cultura

Toponimia

O nome de Begonte procede (pasando por unha disimilación respecto á tónica) dun antropónimo xermánico na locución [villa(m)] Abogonti e está composto de abo, "home", gunth, "loita" e a terminación do xenitivo latino.

Segundo Manuel Vidán Torreira, debe o seu nome aos lexionarios romanos da tribo dos Vocontii, da conca do río Ródano. Aparece mencionado o ano 666 na Itación de Wamba como Pogonti, nuns documentos de 966 e 971 aparece con Boconti, e en 1137 e 1187 aparece documentado como Bogunti. Segundo Nicandro Ares Vázquez, Vocontii pode tamén significar "Vinte" ou "Os vinte", que podería corresponder aos aproximadamente vinte quilómetros de distancia á capital lucense.

Paulo Martínez Lema remite ao antropónimo UOCONTĬŬS (sendo BOCONTĬŬS unha variante gráfica), no seu xenitivo nunha construción do tipo (UĪLLA) UOCONTĪĪ, o cal sería de orixe celta testemuñado en inscricións hispanas, galas e dálmatas.[6]

Patrimonio

Patrimonio arqueolóxico

Hai restos arqueolóxicos do megalitismo (cara ao 3500 a. C.), así como da ocupación romana.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Begonte.
Casa Museo de Víctor Corral

Casa Museo de Víctor Corral

Begonte 01-04c

"Rapaza labrega" (Víctor Corral)

Begonte

Estrada N-VI ao seu paso pola vila

Igrexa San Pedro Begonte, Begonte 2

Igrexa de San Pedro de Begonte

Vista Begonte

Vista de Begonte

Belén electrónico Begonte

Belén electrónico

Placa altimétrica, casa concello Begonte

Placa altimétrica do concello.

Lugares de Begonte

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Begonte vexa: Lugares de Begonte.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Begonte". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 42. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  6. "Nomes de posesor na toponimia do concello de Begonte (Lugo)" (PDF). Instituto da Lingua Galega. Consultado o 20 de xuño do 2016.

Véxase tamén

Bibliografía

Baamonde, Begonte

Santiago de Baamonde é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 329 habitantes (163 homes e 166 mulleres ), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 376 habitantes e 403 en 1999.

Baldomar, Begonte

San Xoán de Baldomar é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal (INE 2016) tiña 61 habitantes (30 homes e 31 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 63 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 63 habitantes, sendo 32 homes e 31 mulleres.

Begonte, Begonte

San Pedro de Begonte é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal (INE 2016) tiña 313 habitantes (147 homes e 166 mulleres), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 365 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 356 habitantes, sendo 170 homes e 186 mulleres.

Bóveda, Begonte

Santalla de Bóveda é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal (INE 2016) tiña 151 habitantes (73 homes e 78 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 181 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 144 habitantes, sendo 69 homes e 75 mulleres.

Carral, Begonte

San Martiño de Carral é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal (INE 2016) tiña 179 habitantes (95 homes e 84 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 218 habitantes.

Damil, Begonte

San Salvador de Damil é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 185 habitantes (98 homes e 87 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 204 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 167 habitantes, sendo 87 homes e 80 mulleres.

Donalbai, Begonte

San Cristovo de Donalbai é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 194 habitantes (101 homes e 93 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 202 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 151 habitantes, sendo 77 homes e 74 mulleres.

Felmil, Begonte

Santiago de Felmil é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 175 habitantes (93 homes e 82 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 177 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 150 habitantes, sendo 79 homes e 71 mulleres.

Gaibor, Begonte

San Xiao de Gaibor é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 254 habitantes (133 mulleres e 121 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 258 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 215 habitantes, sendo 104 homes e 111 mulleres.

Illán, Begonte

Santiago de Illán é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 133 habitantes (67 mulleres e 66 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 128 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 114 habitantes, sendo 56 homes e 58 mulleres.

O Castro, Begonte

Santa María do Castro é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte na comarca da Terra Chá. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 115 habitantes (63 homes e 52 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 135 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 90 habitantes, sendo 42 homes e 48 mulleres.

Saavedra, Begonte

Santa María de Saavedra é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 460 habitantes (230 mulleres e 230 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 473 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 411 habitantes, sendo 208 homes e 203 mulleres.

San Fiz de Cerdeiras, Begonte

San Fiz de Cerdeiras é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal (INE 2016) tiña 113 habitantes (63 homes e 50 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 137 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 119 habitantes, sendo 62 homes e 57 mulleres.

San Martiño de Pacios, Begonte

San Martiño de Pacios é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 273 habitantes (137 homes e 136 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 293 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 212 habitantes, sendo 106 homes e 106 mulleres.

San Vicente de Pena, Begonte

San Vicente de Pena é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 95 habitantes (49 homes e 46 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 105 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 68 habitantes, sendo 27 homes e 41 mulleres.

Santalla de Pena, Begonte

Santalla de Pena é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 151 habitantes (83 homes e 68 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 174 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 127 habitantes, sendo 62 homes e 65 mulleres.

Trobo, Begonte

Santa María de Trobo é unha parroquia do concello de Begonte na comarca da Terra Chá. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 171 habitantes (90 homes e 81 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 182 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 143 habitantes, sendo 80 homes e 63 mulleres.

Uriz, Begonte

Santo Estevo de Uriz é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 92 habitantes (49 homes e 43 mulleres), o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 88 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 86 habitantes, sendo 43 homes e 43 mulleres.

Virís, Begonte

Santa Helena de Virís é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 94 habitantes (47 homes e 47 mulleres), o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 87 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 75 habitantes, sendo 34 homes e 41 mulleres.

As festas patronais son o 18 e 19 de agosto.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.