Beatriz Mato

Beatriz Mato Otero, nada en Barakaldo en 1965, é unha política galega do PPdeG.

Beatriz Mato Otero
Beatriz Mato

Precedido por Carlos Negreira

Datos persoais
Nacemento 1965
Barakaldo
Partido Partido Popular
Residencia A Coruña
Twitter @BeaMato_Coruna

Traxectoria

Fixo a carreira de Enxeñaría industrial, con especialidade en Organización Empresarial, pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Bilbao. Obtivo o máster de Dirección e Administración de Empresas da Escola de Negocios MBA, homologada pola Universidade da Coruña.

En 1989, como técnica de sistemas da multinacional IBM, iniciou a súa traxectoria profesional no sector privado. En 1994 pasa a formar parte do Igape, no que, a partir de 2000 exerceu como delegada da oficina territorial na Coruña.

A nivel político, foi delegada de Pesca na Coruña en 2002 e voceira de Traballo do PPdeG en 2005. Foi elixida parlamentaria pola provincia da Coruña nas eleccións autonómicas de 2005. Volveu ser elixida parlamentaria nas autonómicas de 2009. Coa chegada dos populares ao goberno da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo desígnaa como nova conselleira de Traballo e Benestar. En outubro de 2015, pola remodelación do Goberno, foi nomeada conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio[1].

En 2018 abandonou o seu cargo de conselleira para optar á alcaldía da Coruña en detrimento da líder local Rosa Gallego.[2][3]

Predecesor:
Ricardo Varela
 Escudo de Galicia.svg
Conselleira de Traballo e Benestar
 
2009 - 2015
Sucesor:
-
Predecesor:
Ethel Vázquez
 Escudo de Galicia.svg
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
 
2015 - 2018
Sucesor:
Ángeles Vázquez Mejuto

Notas

  1. Núñez Feijoo destitúe a Rocío Mosquera nunha ampla reestruturación do seu Goberno, artigo en Praza Pública, 4 de outubro de 2015.
  2. "Mato e Rey Varela abandonan Política Social sen aprobar o decreto da RISGA, que acumula un atraso de 4 anos". Praza Pública. Consultado o 2018-10-04.
  3. "Beatriz Mato será candidata do PP na Coruña coa intención recuperar o goberno local para o seu partido". Galicia Confidencial. Consultado o 2018-10-04.
Beatriz

Beatriz (βeaˈtɾiθ ou βeaˈtɾis) é un nome propio feminino galego de orixe latina (Benedictrix ou Beatrix) que significa ‘benaventurada’, ‘portadora de ledicia ou de beatitude’ ou viaxeira.

A forma galega é coincidente coa española e portuguésa (pronunciada: βiɐˈtɾiʒ). A forma francesa é Béatrice, en inglés e italiano é Beatrice.Bea é a forma curta (hipocorístico) en galego.

Consellaría

Denomínase consellaría ou consellería a cada unha das carteiras en que se dividen os gobernos das comunidades autónomas de España, incluídas as da Xunta de Galicia. Trátase do equivalente aos ministerios na repartición por funcións dos órganos de goberno estatais. A cabeceira dunha consellaría é rexida por un responsábel máximo, que se coñece como conselleiro. Así mesmo, a dependencia ou sede de cada consellaría recibe a mesma denominación.

Consellería de Traballo e Benestar

A consellería de Traballo e Benestar é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias en promoción do emprego, formación profesional e servizos sociais, o que inclúe dende garderías ata a asistencia a persoas dependentes ou a inmigración. A súa titular actual é Beatriz Mato.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2005

O 19 de xuño de 2005 celebráronse as sétimas eleccións ao Parlamento de Galicia. Tras elas, despois de dezaseis anos de goberno de Manuel Fraga, estableceuse un bipartito entre PSdeG-PSOE e o BNG.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009

As eleccións autonómicas de Galicia de 2009 foron as oitavas eleccións ao Parlamento de Galicia. Nestas eleccións parlamentarias foron convocados ás urnas 2 646 872 galegos, dos cales 335.452 (12,7%) residen no estranxeiro.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012

As eleccións autonómicas de Galicia de 2012 foron as novenas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celébranse a falta de medio ano para o remate da lexislatura.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016

As eleccións autonómicas de Galicia de 2016 foron as décimas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celebráronse o 25 de setembro de 2016, data en que se fan catro anos desde a celebración dos comicios anteriores.

Eleccións municipais de 2019 en Galicia

As eleccións municipais de 2019 celebráronse o 26 de maio de 2019 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 313 corporacións municipais, unha menos ca nos comicios precedentes, logo da fusión de Cerdedo-Cotobade, así como as catro deputacións provinciais. Ademais, en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Eleccións municipais de 2019 na Coruña

As eleccións municipais de 2019 celebráronse na Coruña o domingo 26 de maio, de acordo co Real Decreto de convocación das eleccións locais en España disposto o 1 de abril de 2019 e publicado no Boletín Oficial do Estado o 2 de abril. Foron elixidos os 27 membros do Concello da Coruña, a través dun sistema proporcional (método d'Hondt), con listas pechadas e unha barreira electoral do 5 %.

Festa do melindre de Melide

A Festa do melindre e da repostaría tradicional é unha festa gastronómica organizada no concello de Melide, co obxecto de homenaxear a repostaría tradicional da vila. Ten lugar o segundo domingo de maio. En 2013 foi declarada Festa de interese turístico de Galicia.

Inés Rey

Inés Rey García, nada na Coruña o 11 de xullo de 1982, é unha avogada e política galega militante do PSdeG. Dende o 15 de xuño de 2019 é a alcaldesa da Coruña, sendo a primeira muller na democracia que ostenta ese cargo.

Otero

O apelido Otero pode referirse a:

Luis Otero Pimentel, militar e escritor galego cruceño (1834 - 1920);

Agustina Otero Iglesias, actriz e bailarina valguesa máis coñecida como A Bela Otero (1868 - 1965);

Ramón López Otero, escritor e párroco guitiricense (1875 - 1951);

Reveriano Soutullo Otero, músico ponteareán (1884 - 1932);

Ramón Otero Pedrayo, escritor e político ourensán (1888 - 1976);

Ernestina Otero, profesora redondelá (1890 - 1956);

Luis Otero Sánchez, futbolista pontevedrés (1893 - 1955);

Xosé Otero Otero, xornalista e dramaturgo rianxeiro (1893 - 1984);

Xosé Otero Espasandín, científico e escritor cerdedense (1900 - 1987);

Avelino López Otero, xornalista e escritor ribeirego (1903 - 1936);

Xosé Otero Abeledo, pintor lalinense máis coñecido como Laxeiro (1908 - 1996);

Aníbal Otero, escritor e lingüista ribeirego (1911 - 1974);

Ramón de Valenzuela Otero, escritor e político silledense (1914 - 1980);

Henrique Otero, gaiteiro vigués (1930 - 2013);

Encarna Otero Cepeda, historiadora e política compostelá (n. 1950);

Julia Otero, xornalista monfortina (n. 1959);

Xosé Manuel Millán Otero, escritor e político buenense (n. 1964);

Beatriz Mato Otero,enxeñeira e política galega (n. 1965);

Iris Cochón Otero, teórica e crítica literaria (n. 1968);

Xurxo Otero Bouzas, futbolista nigranés (n. 1969);

José López-Suevos Otero, actor ferrolán máis coñecido como Pepo Suevos (n. 1971);

Antía Otero, poeta estradense (n. 1982);O topónimo Otero pode referirse a:

o concello de Otero, da provincia de Toledo;

Ricardo Varela

Ricardo Jacinto Varela Sánchez, nado en Lugo o 26 de setembro de 1955, é un político galego.

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

Ángeles Vázquez Mejuto

María Ángeles Vázquez Mejuto, nada en Melide o 3 de abril de 1972, é unha política galega do PPdeG. Dende 2015 é a conselleira de Medio Rural .

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.