Beato de Liébana

Beato de Liébana, nado no Ducado de Cantabria en 701 e finado en Liébana cara o ano 798, foi un monxe mozárabe do Mosteiro de San Martiño de Turieno (actualmente Mosteiro de Santo Toribio de Liébana), na comarca de Liébana (Cantabria, España), preto dos Picos de Europa.

En Cantabria, así como en Asturias, existe unha gran devoción por esta figura. Inscrito no santoral católico, a súa festividade celébrase o 19 de febreiro.

Beato de Liébana
Beato de Liébana códice San Andrés
Nacemento730
 Cantabria
Falecemento798
 Santo Toribio de Liébana
NacionalidadeReino de Asturias
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónmonxe e sacerdote

Traxectoria

Beato probablemente naceu e criouse en Liébana, no seo dunha familia pobre. Como confesor da raíña Adosinda, esposa de Silo de Asturias, e como mestre de Alcuíno de York e Eterio de Osma, Beato exerceu unha grande influencia.[1]

Obras

B Facundus 230v
«Son tamén sete reis: cinco caeron, un é, e o outro non chegou aínda. E cando chegue, haberá de durar pouco tempo. E a Besta, que era e xa non é, fai o oitavo, pero é un dos sete; e camiña cara a súa destrución. Os dez cornos que viches son dez reis que non recibiron aínda o reino; pero recibirán coa Besta a potestade real, só por unha hora. Están todos de acordo en entregar á Besta o poder e a potestade que eles teñen. Estes farán a guerra ó Cordeiro, pero o Cordeiro, como é Señor de Señores e Rei de Reis, venceraos en unión cos seus, os chamados e elixidos e fieis». (Apocalipse, 17.10).

A súa obra máis coñecida é o Comentario ó Apocalipse de San Xoán (Commentarium in Apocalypsin), de gran difusión durante a Alta Idade Media, por mor do seu traballo nos eidos da teoloxía, política e xeografía.

De indubidable autoría de Beato é o Apologeticum adversus Elipandum, unha obra en dous volumes, que escribiu con Eterio de Osma, para enfrontarse á herexía adopcionista do arcebispo de Toledo, Elipando.

En troques, discútese a autoría do himno O Dei Verbum, que está formado por frases e conceptos tomados do Comentario para ensalzar e promocionar o padroado de Santiago sobre a Hispania setentrional, necesitada da axuda divina. Poucos anos despois, sería descuberta a tumba do apóstolo en Santiago de Compostela.

Outra obra atribuída ó Beato sen certeza e que se conserva nun manuscrito fragmentario do século X (en Santillana del Mar), é un Liber Homiliarum de uso litúrxico. Son homilías que seguen as lecturas da misa ou o oficio de maitines, de acordo co calendario mozárabe.

Notas

  1. ""St. Beatus of Liébana", Christ in the Desert Monastery". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2014. Consultado o 03 de marzo de 2014.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Divers auteurs, Dictionnaire culturel du Christianisme, Paris 1994, Ed. Cerf / Nathan.
  • André-Marie Gérard, Dictionnaire de la Bible, Paris 1989, Ed. Robert Laffont, coll. Bouquins.
  • Divers auteurs, Grand Atlas de l'Histoire mondiale, Encyclopaedia Universalis et Albin Michel.
  • Danielle Gaborit-Chopin et François Heber-Suffrin, Enluminure et arts précieux autour de l'An Mil, in Christian Heck (sous la direction de), Moyen Âge, Chrétienté et Islam, Paris 1996, Histoire de l'Art Flammarion.
  • Jacques Fontaine, L'Art préroman hispanique, vol. 2: L'Art mozarabe, 1977, Ed. de la Pierre qui Vire, coll. Zodiaque.
  • Henri Stierlin, Le livre de Feu, Genève 1978, Ed. Sigma (Paris, Bibliothèque des Arts).
  • Mireille Mentré, La peinture mozarabe, Paris 1984, Presses universitaires de Paris Sorbonne (version remaniée de la Thèse de Doctorat d'État soutenue par l'auteur en 1981).
Achado do sepulcro do Apóstolo Santiago

O achado do sepulcro do Apóstolo Santiago tivo lugar, segundo a mitoloxía cristiá, en Santiago de Compostela. Segundo o Códice Calixtino, da primeira metade do século XII, os discípulos de Santiago Teodoro e Atanasio trasladaron o seu corpo desde Padrón nun carro tirado por bois até o bosque Libredón (onde hoxe está Santiago de Compostela) no que foi soterrado. O lugar foi esquecido até que, no século X, o ermitán Paio (Pelagius) viu unhas luces que iluminaban o lugar.

Porén, o primeiro texto que fai referencia á predicación de Santiago o Maior é o «Breviario dos Apóstolos», texto do século VI que cita a un lugar denominado «Arca Marmárica» como o seu lugar de descanso definitivo. Isidoro de Sevilla insistiu nesta idea no seu tratado «De ortu et obitu patrium».

Neste «Breviario dos Apóstolos» situábase a predicación do Apóstolo na Gallaecia, no occidente de Hispania, e situaba o enterramento de Santiago en Arca Marmárica. Sábese, porén, polos Feitos dos Apóstolos, que Santiago finara en Xerusalén baixo o mandato de Herodes. Polo tanto tivo que existir unha translación do corpo. O bispo León contaba que se lle presentaron catro discípulos de Santiago dicíndolle que recolleran o corpo do Apóstolo e transportárono nunha nave até chegar a Bisria, confluencia do río Ulla e o Sar, en Galiza. Nunha carta, León exhortaba a cristiandade a acudir aló e pregar porque «Certamente alí xace oculto Santiago». A partir de aí iniciáronse estudos e traballos dirixidos a descubrir o lugar exacto onde estaba soterrado o Apóstolo Xacobe.

Posteriormente, no século VII, empezou a circular por Occidente a idea dunha misión de Santiago en Hispania. Esta idea recolleuse na Península polo tratado «De ortu et obitu Patrum», de Isidoro de Sevilla e en Inglaterra polo bispo Aldhelmo de Sherborne. Varios bispos hispano negábanse daquela a lle conceder ningún crédito a esa hipótese pero ao mesmo tempo empezouse a mencionar a Santiago nas listas de reliquias depositadas nas basílicas con motivo da consagración dos altares. Non foi posible achar indicios históricos do lugar de procedencia de devanditas reliquias mais a inexistencia dun culto sepulcral coñecido durante o século VII e século VIII era a base do éxito da tese do descubrimento milagreiro do sepulcro no século IX.Mentres tanto, empezou un período convulso na península Ibérica xa que no século VIII chegaron os musulmáns á península e a Aquitania. O mundo cristián temía a perigosa influencia islámica e mentres no sur de Al-Andalus algúns eclesiásticos viraban a mirada a Roma, no norte apoiábanse no evanxelizador Santiago. Carlomagno iniciou a súa campaña contra o Islam no Val do Ebro e de acordo con Hadrián I enviou a España o bispo Exila para iniciar unha reforma da igrexa peninsular como a que se estaba a levar a cabo na Carolinxia.O beato de Liébana nos Comentarios á Apocalipse volveu lanzar a teoría da predicación de Santiago en Hispania, tomada do «Breviario dos Apóstolos». Dez anos despois, en 786 redactou a versión definitiva dos «Comentarios á Apocalipse» para facer fronte á crise da Igrexa do seu tempo e trataba de demostrar que se achaba en posesión da «traditio». Incorporou un mapamundi no que a cabeza do Apóstolo Santiago aparecía na denominada Gallaecia, dato que favorecía á igrexa astur galaica. Case ao mesmo tempo apareceu no Reino de Galicia o himno litúrxico «Ou Dei Verbum» atribuído ao beato de Liébana. Nel prégase a Santiago de protexer o rei, ao clero e ao pobo. Invocábaselle como titor de toda a sociedade cristiá do momento.

Adopcionismo

O adopcionismo foi unha doutrina relixiosa segundo a cal Xesús Cristo era un simple ser humano, elevado a unha dignidade semellante á de Deus despois da súa morte, momento no que foi adoptado por Deus. O adopcionismo é propio do pensamento cristián primitivo.

As súas orixes veñen da tradición xudía, no que o mesías era un ser humano elixido por Deus para elevar o pobo xudeu por riba do resto dos pobos, e da tradición grega na que existían heroes elevados á condición divina por medio da apoteose logo de extraordinarias fazañas. O adopcionismo foi condenado nos concilios de Nicea (325) e Calcedonia (381).

Rexurdiu a fins do século VIII na Península Ibérica e na Septimania con Elipando de Toledo e Fiz de Urgell. En 784, o arcebispo Elipando ditou unha profesión de fe durante un concilio celebrado en Sevilla co fin de condenar as doutrinas de Mixecio, que predicaba na Bética. Porén, esta profesión de fe deu lugar a unha controversia que tivo como defensores a Elipando de Toledo e ao bispo Fiz de Urgell e en contra a Beato de Liébana, Alcuíno de York, Bieito de Aniano, Paulino de Aquilea e, especialmente, a Carlomagno, quen utilizou o seu poder para afogar a desviación doutrinal e as súas intencións políticas.

O adopcionismo foi condenado por vez primeira no Concilio de Ratisbona, en 792. Fiz de Urgell foi feito abxurar en Roma despois do concilio. Sucedéronse máis condenas: No 794 no Concilio de Frankfurt, no 797 no Concilio de Cividale, no 798 no Concilio de Roma, sendo papas Hadrián I e León III; Alcuíno de York emprendeu unha campaña amigábel, Teodulfo e Leidrado viaxaron a Urgell en misión. Finalmente, Fiz e Alcuíno enfrontáronse perante a Corte de Aquisgrán en 799 e Fiz renunciou ás ideas adopcionistas, desaparecendo así a herexía, favorecido pola morte de Elipando.

Arte románica

A arte románica foi o estilo artístico predominante na Europa cristiá dende mediados do século XI ata finais do século XII, abarcando tamén parte do XIII. O románico supón a arte cristiá, agrupando as diferentes opcións que se utilizaran na temperá Idade Media (romana, prerrománica, bizantina, xermánica e árabe) e conseguindo formular unha linguaxe específica e coherente aplicada a tódalas manifestacións artísticas. Non foi produto dunha soa nacionalidade ou rexión, senón que xurdiu de forma paulatina e case simultánea en Italia (artista principal: Benedetto Antelami), Francia, Alemaña e España. En cada un destes países xurdiu con características propias, aínda que con suficiente unidade como para ser considerado o primeiro estilo internacional cun ámbito europeo.

Xorde como consecuencia da prosperidade material e da renovación espiritual que inspirou a construción de gran número de igrexas e de edificios relixiosos. As primeiras construcións fixéronse en Lombardía, Borgoña e Normandía. Dende alí difundiuse por toda Europa, debido a:

Expansión das ordes relixiosas (Cluny e Císter) que constrúen mosteiros. Estes son fonte de riqueza e centro cultural e urbano da sociedade.

As peregrinacións (a través do Camiño de Santiago).

Aumento da influencia da Igrexa.Debido ás relacións entre relixiosos e nobres, os reis, nobres, bispos e abades dos mosteiros impulsaron a construción das grandes igrexas e ás veces eran aldeáns os que as custeaban e construían. As obras realizábanas artesáns especializados como arquitectos, canteiros, pintores etc. A arte románica foi sobre todo unha arte relixiosa, que reflectía os valores da nova sociedade feudal, que á vez era guerreira e cristiá.

Manuscrito

Un manuscrito (do latín «manu scriptum», que significa escrito á man) trátase dun documento que contén información escrita á man sobre un soporte flexíbel e manexábel (por exemplo: o papiro, o pergamiño ou o papel), con materias como a tinta dunha pluma, dun bolígrafo ou simplemente o grafito dun lapis. O manuscrito non ten que ser necesariamente antigo; unha carta é un exemplo de manuscrito moderno. Xeralmente, con ese nome faise referencia a escritos realizados pola man de escritores importantes en calquera campo do saber.

Denomínase inscrición ao texto que se grava en pedra, metal ou outro material duro.

Mapamundis antigos

Os mapamundis antigos abarcan as representacións do mundo desde a antigüidade clásica á época dos descubrimentos e o nacemento da xeografía moderna.

Reino de Asturias

O Reino de Asturias ou Reino dos ástures (en latín: Regnum Asturorum) foi fundado no 718 polo nobre visigodo Paio de Asturias. Foi a primeira entidade política cristiá establecida trala invasión musulmá no 718 ou 722. Ese ano, Paio derrotou ao exército Omeia na batalla de Covadonga, o que tradicionalmente se considerou como o comezo da Reconquista. O reino de Asturias foi sucedido polo Reino de León no 925, cando Froila II reunificou os reinos e trasladou a capital a León. O reino de Asturias foi ata a súa partición o último reino bárbaro do período das grandes migracións e considérase como o precedente histórico da Coroa de Castela e do Reino de Portugal.A carencia de fontes historiográficas que aludan a un Reino de Asturias, xunto coa narración mítica da orixe do reino, fai que unha grande parte dos estudosos dubiden da súa mesma existencia. Para esta parte da historiografía non se esta a respectar a literalidade da documentación, a cal fai sempre referencia ao Reino de Galicia.

De feito, algúns dos autores que introduciron e empregaron este termo, recoñecen nas súas obras que o nome de Reino de Asturias non é correcto, pois non é o que figura en crónicas, mapas e diplomas.

Reino de Galicia

O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.

Consolidada Compostela como capital do reino desde o século XI, a separación de Portugal (1128) e a individualización dos reinos de Castela e León tras o ano 1065, delimitaron o seu territorio practicamente ó actual. Mantivo unha soberanía política plena —compartindo rei co reino de León— ata o ano 1230 cando o rei castelán Fernando III usurpou o trono poñendo temporalmente o reino baixo control da coroa de Castela.

Os conflitos sucesorios e as tentativas de independencia mediante entronizacións de reis non casteláns como Xoán de Borgoña (1296), Fernando I de Portugal (1369) ou Xoán de Gante (1386) permitíronlle gozar de soberanía fáctica ata que en 1486 os Reis Católicos someteron o reino polas armas. Desde entón o reino estivo subxugado á coroa de Castela (1486-1715) e posteriormente á coroa de España (1715-1833), adquirindo a súa Xunta Suprema (1808-1812) amplas liberdades ó ser o único reino peninsular libre de ocupación napoleónica, pouco antes de ser disolto por María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias en 1833.

Santiago o Maior

Xacobe (en arameo Yaqob bar Zibhdi, en hebreo עֲקֹב Yahăqōb ben Zebdi e en grego Iάκωβος Iàkovos), máis coñecido como Santiago o Maior, morto en 44, era fillo de Zebedeo e Salomé. Discípulo de Xesús, foi un dos Doce Apóstolos ou principais seguidores de Cristo. Chámaselle o Maior para distinguilo de Santiago o Menor, tamén discípulo de Xesús. Era irmán de san Xoán o Evanxelista.

O nome de Santiago en latín era Iacobus, unha derivación a través do grego do nome hebreo do patriarca Xacob. É a forma do primeiro romance occidental que daría lugar ao galego e que, debido á súa relevancia relixiosa e política, sería adoptado en todas as linguas romances hispanas. Deste xurdirían os nomes de Iago, Xacobe e Xaime, o inglés James e o francés Jacques; e de Sant Iacobus virían Santiago e o portugués Tiago.

Uxío Romero Pose

Uxío Romero Pose, nado en Baio, Zas o 15 de marzo de 1949 e falecido en Madrid o 25 de marzo de 2007, foi un crego católico galego, escritor e bispo auxiliar de Madrid.

Xirona

Xirona (en catalán: Girona, pronunciado [ʒiˈɾonə]) é un concello e cidade do nordeste de Cataluña, capital da comarca do Gironès e da provincia de Xirona. Tiña 96.188 habitantes segundo os datos de 2009.

A cidade de Xirona está sita na confluencia dos ríos Onyar, Güell, Galligants e Ter, a unha altitude de 70 metros, na chaira do mesmo nome. A pouca distancia dos Pireneos e da costa do Mediterráneo, fica nunha posición estratéxica entre La Jonquera, porto de montaña e fronteira con Francia, e a cidade de Barcelona.

Esta situación privilexiada, xa de seu, vese potencializada coa existencia do seu aeroporto, perfectamente ligado ao resto do mundo como segundo aeroporto de Barcelona e importante base de operacións de Ryanair.

Malia ser unha cidade de tradición pausada e tranquila ten dous momentos de festa en que é visitada por persoas vindas de Cataluña toda. Estes son: as feiras de Sant Narcís, patrón da cidade; e Temps de flors, a terceira semana de maio.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.