Beariz

Beariz é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 973 persoas (1477 en 2003). Limita cos concellos de Forcarei e A Lama na provincia de Pontevedra e Boborás, O Irixo e Avión na provincia de Ourense. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bearizao[5] ou bearicense.

Coordenadas: 42°27′58″N 8°16′14″O / 42.46611, -8.27056

Beariz
Escudo de Beariz
Casa consistorial de Beariz
Casa consistorial
Situacion Beariz
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca do Carballiño
Poboación973 hab. (2018)
Área56,0 km²
Densidade17,38 hab./km²
Entidades de poboación3 parroquias
Capital do concelloBeariz
Política (2019[2])
AlcaldeManuel Prado López (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 7

Eleccións municipais en Beariz
Uso do galego[4] (2001)
Galegofalantes64,46%
Na rede
www.beariz.org

Poboación

Censo total 973 (2018)
Menores de 15 anos 43 (4,42 %)
Entre 15 e 64 anos 467 (48 %)
Maiores de 65 anos 463 (47.58 %)
Evolución da poboación de Beariz   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
2226 2744 2653 1460 1404 1285 1205 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello limita ao norte co concello de Forcarei (provincia de Pontevedra), ao leste co Irixo e Boborás, ao sur con Avión e ao oeste coa Lama (provincia de Pontevedra). Ten unha altitude media de 610 m, e as súas augas verten no río Avia, afluente do Miño, sendo os seus vales abertos e orientados cara ao sur, con máis horas de Sol. Os seus cumios máis altos son Marcofán (940 m), o alto da Ruza (868 m) e a cima de Santo Domingo (848 m, lindando con Trasdomonte, en Forcarei). Todos eles pertencen á serra do Suído.

Arqueoloxía

Beariz49
Monumento en Beariz

No concello consérvanse máis dunha ducia de mámoas, monumentos neolíticos tamén chamados antas. Destes restos provén o nome do lugar das Antas, lindante co concello do Irixo. Con menos de 20 casas, chegou a formar parte de tres parroquias (Lebozán, O Regueiro e O Regueiro) tres dioceses e tres concellos distintos (Beariz, Boborás e O Irixo).

Da idade de bronce non hai vestixios, pero puido ser moi rica e florecente, dada a cantidade de metal que existe nos montes de Beariz. Da Idade de Ferro salienta o castro de Magros, onde se encontraron restos de cerámica e pedras de moer gran. Da romanización consérvase parte dunha calzada romana e unha ponte sobre o río Verdugo.

Na idade media, Beariz, ao igual que toda a Terra de Montes, foi gobernada polos arcebispos composteláns a través dos Xuíces-Meriños, nomeados por eles, e que tiñan a súa sede e residencia no castro de Montes, en San Miguel de Presqueiras, onde había unha fortaleza e unha torre, das que hoxe só quedan ruínas.

Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.

Na actualidade o concello sofre un proceso de retorno de emigrantes, especialmente de México. Moitos deles regresan con grandes capitais, tratándose este dun dos concellos coa renda per-capita máis alta de Galicia[Cómpre referencia].

Recursos naturais

No concello hai minas de de volframio e estaño, se ben ningunha está activa na actualidade. Durante a Segunda Guerra Mundial, axentes dos dous bandos buscaban non só apropiarse do necesario para a fabricación de pezas de artillería, senón tamén deixar ao outro bando sen esas materias primas. Así, o volframio acadou prezos moi altos, aproveitando moitos comerciantes para cobrar grandes comisións, mudando moita xente o seu oficio polo de mineiro. No concello vendíase como propio volframio obtido nas minas de Silleda, onde os labradores venderan a súa terra.

As minas de estaño deron pé á industria dos fornos de fundición, fornos artesáns que fundían o metal mesturado con pedra recollida nas minas da contorna para elaborar lingotes. Os propietarios mercaban directamente aos mineiros segundo a calidade do material e a forma de pago, pero sempre a un prezo moi superior ao marcado polo goberno.

A explotación das minas foi levaba a cabo non só por compañías, senón tamén por particulares, e nas escombreiras os nenos e mulleres recollían os restos do metal, que unha vez lavado no río achegaba ás familias unha axuda ben importante durante a posguerra.

Beariz na literatura popular

  • Onte á noite fun á ronda,/ pasei a costa das Antas;/ o que rompín de zapatos/ tamén o aforrei de mantas [6].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Beariz.
Centro de Saúde de Beariz

Centro de Saúde de Beariz

Aeródromo de Beariz

Aeródromo de Beariz

Lugares de Beariz

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Beariz vexa: Lugares de Beariz.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Beariz". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 48. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  6. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 121. Xaquín Lorenzo explica que esta Costa das Antas ten que referirse ó lugar das Antas. O caso é que pode ser As Antas de Santa Cruz de Lebozán (Beariz) ou As Antas de San Pedro do Regueiro, parroquia compartida polos concellos de Boborás e do Irixo.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Aeródromo de Beariz

O aeródromo de Beariz é un aeródromo situado na parroquia de San Salvador de Xirazga, no concello ourensán de Beariz. Conta cunha pista de asfalto de 810 metros.

Bautista Álvarez

Bautista Goyel Álvarez Domínguez, nado en Loucia (Las, San Amaro) o 30 de marzo de 1933 e finado en Beariz o 16 de setembro de 2017, foi un político galego de ideoloxía nacionalista.

Baíste, Avión

Santa María de Baíste é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense. Está situada ao noroeste do concello, lindando ao norte co municipio de Beariz (a través do río Doade) e ao oeste coa Lama (provincia de Pontevedra), coa que limita a través da serra do Seixo.

Beariz, Beariz

Santa María de Beariz é unha parroquia do concello de Beariz na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE, en 2016 tiña 602 habitantes, dos cales 275 eran homes e 327 mulleres. Isto supón unha diminución de habitantes con respecto ao ano 2006 cando tiña 801.

Beariz, San Amaro

San Martiño de Beariz é unha parroquia do concello de San Amaro na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 256 habitantes (116 homes e 140 mulleres), o que supón unha diminución relación ao ano 1999 cando tiña 318 habitantes.

No lugar de Ventoselo existe un mosteiro tibetano.

Comarca do Carballiño

A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Daniel Vázquez-Gulías Martínez

Daniel Vázquez-Gulías Martínez, nado en Beariz o 30 de agosto de 1869 e finado na Coruña o 3 de febreiro de 1937, foi un arquitecto galego.

Doade, Xirazga, Beariz

Doade é un lugar da parroquia de Xirazga, no concello de Beariz, na provincia de Ourense. No ano 2008 tiña 122 habitantes (54 homes e 68 mulleres).

Lebozán, Beariz

Santa Cruz de Lebozán é unha parroquia do concello de Beariz na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE, en 2016 tiña 221 habitantes, dos cales 93 eran homes e 128 mulleres. Isto supón unha diminución de habitantes con respecto ao ano 2006 cando tiña 317.

Manuel Prado López

Manuel Prado López, nado en Boborás o 5 de xuño de 1958, é un político galego do Partido Popular de Galicia (PPdeG).

Osmo, Cenlle

San Miguel de Osmo é unha parroquia do concello de Cenlle, que limita ao norte con Anllo, ao leste con Beariz, ao sur con Navío e ao oeste con San Clodio. Segundo o IGE en 2013 tiña 53 habitantes (23 mulleres e 30 homes) o que supón unha diminución respecto ao ano 1999 cando tiña 80 habitantes. O curato é de primeiro ascenso e padroado laical do Conde de Ribadavia.

Serra do Cando

A serra do Cando é unha serra galega pertencente á cordilleira dorsal galega que ten montes a unha altura media de entre 600 e 1.000 metros sobre o nivel do mar. Esténdese polos concellos de Cerdedo-Cotobade, Forcarei, A Lama e Beariz. Está unida á serra do Candán polos montes de Costoia. Nesta serra nacen os ríos Verdugo e Almofrei. É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC).

A vexetación da serra son as xestas, o mato de toxos, breixos e carqueixas. Hai importantes plantacións de piñeiro e eucalipto. Existe un ecosistema de gran valor nos altos da serra, así como nas carballeiras do río Verdugo e os seus afluentes.

Serra do Candán

A serra do Candán é unha serra galega que se estende ao longo dos concellos de Forcarei, Lalín, Silleda, Beariz e O Irixo. Atópase na dorsal galega e é onde nacen os ríos Lérez, o Umia e varios afluentes do Deza. É unha zona especial de conservación (ZEC).

Serra do Suído

A serra do Suído é un sistema montañoso galego, que fai de fronteira entre as provincias de Pontevedra e Ourense. Nesta provincia sitúase nos concellos de Avión e Beariz, e nela nace o río Avia, na de Pontevedra espállase polos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.

Terra de Montes

Para a comarca actual, véxase Comarca de Tabeirós - Terra de Montes

A Terra de Montes era unha comarca histórica galega situada entre as provincias de Pontevedra e Ourense. Pertencían a esta comarca os concellos de Cerdedo e Forcarei na provincia de Pontevedra e Beariz na provincia de Ourense. Ademais destes tres concellos, a comarca estaba integrada tamén pola parroquia de Sabucedo na Estrada, Morillas e Montes en Campo Lameiro, Caroi no antigo concello de Cotobade, A Barcia do Seixo na Lama e Santa María de Zobra no concello de Lalín. Non ten recoñecemento legal ou xurídico.

Xirazga, Beariz

San Salvador de Xirazga é unha parroquia do concello de Beariz na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE, en 2016 tiña 180 habitantes, dos cales 72 eran homes e 108 mulleres. Isto supón unha diminución de habitantes con respecto ao ano 2006 cando tiña 254.

Xulio Francisco Ogando

Xulio Francisco Ogando Vázquez, nado en Beariz o 11 de decembro de 1913 e falecido en Ourense o 1 de abril de 2005, foi un escritor, académico e dirixente galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.