Beade

Beade é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro, un dos máis pequenos en extensión e menos poboados de Galicia. Segundo o IGE en 2016 tiña 427 habitantes (500 en 2012, 557 en 2007, 553 no 2006, 559 no 2005, 578 no 2004, 576 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é beadés.[5]

Coordenadas: 42°19′32″N 8°7′24″O / 42.32556, -8.12333

Beade
Escudo de Beade
Casa consistorial de Beade
Casa consistorial
Situacion Beade
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca do Ribeiro
Poboación404 hab. (2018)
Área6,4 km²
Densidade63,13 hab./km²
Entidades de poboación2 parroquias
Capital do concelloBeade
Política (2019[2])
AlcaldeSenén Pousa Soto (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais en Beade
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes75,20%
Na rede
http://www.beade.es

Demografía

Censo total 427 (2016)
Menores de 15 anos 25 (5.85 %)
Entre 15 e 64 anos 252 (59.01 %)
Maiores de 65 anos 150 (35.13 %)
Evolución da poboación de Beade   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
1738 1225 1250 1204 578 515 500 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Na Idade Media a freguesía de Beade (que abranguía as parroquias de Abelenda (Avión), Beiro, Faramontaos, Muimenta (Carballeda de Avia), Orega, Berán (Leiro) e As Regadas), pertencía á Orde de San Xoán de Xerusalén, que exercía señorío a través dunha encomenda.

A Encomenda de Beade, que chegou a pertencer ao priorado de Castela, era no século XVIII a máis importante de Galiza xunto coa de Quiroga. A súa influencia aumentou nese mesmo século ao absorber a Encomenda de Pazos de Arenteiro, que pertencera á Orde do Temple, incorporando ás súas posesións o propio Pazos de Arenteiro, Albarellos Astureses (Boborás), Cusanca, Dadín, Parada de Labiote e Reádigos (O Irixo).

En 1809, durante a Guerra da Independencia Española a zona foi saqueada polos franceses. En 1823 sufriu outro saqueo, a mans dos realistas contrarios ós liberais desta zona. En xullo de 1836 a parroquia de Beade foi atacada por tropas carlistas baixo as ordes de Guillade e Pobadura, pero a agresión foi repelida coa axuda dos veciños das Regadas e Cenlle.

A mañá do 7 de outubro de 2013, a casa consistorial do Concello de Beade foi obxecto dun atentado que causou graves danos materiais, pero que non causou danos persoais.[6]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Beade.
Calvario de Beade

Calvario de Beade.

Porta, Beade

Porta en Beade.

Parroquias

Algunhas fontes[quen?] asignan a parroquia de San Cristovo de Regodeigón, Ribadavia a Beade, co cal o concello pasaría a ter tres parroquias[7].

Lugares de Beade

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Beade vexa: Lugares de Beade.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Beade". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 42. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  6. "Atentado en Beade". Galicia Hoxe. 7 de outubro de 2013. Consultado o 7 de outubro de 2013.
  7. Ficheiro:Galicia250k Parroquial 400dpi comp9O.png
As Regadas, Beade

San Amaro das Regadas é unha parroquia do concello de Beade, na provincia de Ourense. Segundo o IGE, en 2014 tiña 59 habitantes (29 homes e 30 mulleres) nun único núcleo de poboación.

Banda de música

Unha banda de música é unha agrupación musical composta basicamente por instrumentos de vento e de percusión. Cada vez é máis habitual que se incorporen tamén instrumentos de corda fretada coma violoncellos ou contrabaixos. Á súa fronte sitúase un director/a.

En Galicia existe unha gran tradición de bandas de música, sendo a Banda Artística de Merza a máis antiga da comunidade, que segue en activo. Outras bandas importantes son a banda de música Unión Musical de Valadares, a Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas, a banda de música Municipal de Lalín, a Agrupación Musical do Rosal, a Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo, a Banda Unión de Guláns ou a Banda Escola de Música de Beade entre as bandas populares e a Banda de Música Municipal da Coruña ou a Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela entre as profesionais.

Beade, Abegondo, Abegondo

Beade é un lugar da parroquia de Abegondo no concello coruñés de Abegondo na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 62 habitantes (28 homes e 34 mulleres).

Beade, Augasantas, Rois

Beade é un lugar da parroquia de Augasantas no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 38 habitantes (17 homes e 21 mulleres).

Beade, Beade

Santa María de Beade é unha parroquia do concello de Beade, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2010 tiña 448 habitantes (230 homes e 218 mulleres), 87 menos ca no ano 2000.

Ten unha única entidade de poboación, capital do concello ao que dá nome.

De Beade era natural o Padre Sobreira.

Beade, Vigo

Santo Estevo de Beade é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Bembrive, Castrelos, Matamá, Sárdoma, Valadares e Zamáns e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo André. Ten 8 entidades de poboación, 12 lugares e 5409 veciños (2013).

As súas entidades de poboación son as seguintes: Babio (1210), Balde (355), O Carballo do Pazo (652), A Coutada (671), A Gándara (508), A Pena (368), O Porto (444) e Saa (1293). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): A Balde, As Barallas, O Coto, Dornelas, O Facho, Figueirós, Lombeiro, A Pouleira, As Presas, Quintián, Seixo e A Venda.

Bembrive, Vigo

Santiago de Bembrive (do latín bene vivere que significa 'lugar bo para vivir') é unha entidade local menor e parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Beade, Cabral, Lavadores e Zamáns e pertence ó arciprestado de Vigo-Lavadores.

Comarca do Ribeiro

A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

Ocupa unha superficie de 407,1 km², nos que viven 16.547 habitantes (2017). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

Hospital Álvaro Cunqueiro

O Hospital Álvaro Cunqueiro é un hospital pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, inaugurado no ano 2015 e situado na parroquia de Beade, preto da confluencia coas parroquias de Valadares e Matamá, destinado a atender unha área sanitaria de 600.000 persoas, a maior de Galicia.

Igrexa de Santa María de Castrelos

Igrexa de Santa María de Castrelos é un templo románico do século XIII, sede da parroquia homónima, que pertenceu á Encomenda de Beade da Orde Militar de San Xoán de Malta.

Lavadores, Vigo

Santa Cristina de Lavadores é unha parroquia civil do concello de Vigo.

Entre 1836 e 1941 foi un concello independente composto polas parroquias de Santa Cristina de Lavadores, Beade, Bembrive, Cabral, Candeán e San Paio. En 1941 o Concello foi anexionado ao Concello de Vigo.

Segundo o traballo do filólogo Iván Sestay Martínez, Toponimia do Val do Fragoso 2. Lavadores, a parroquia divídese en oito barrios históricos: O Caride, San Paio, Riomau, Pardavila, A Bouciña, A Bagunda, Sabaxáns e A Gandariña. Estes, á súa vez, subdivídense en 30 lugares históricos ou aldeas.

No ámbito eclesiástico, as parroquias relixiosas de Santiago de Bembribe, Santa Mariña de Cabral, San Cristovo de Candeán, San Paio de Lavadores, Santa Cristina de Lavadores, San Pedro de Sárdoma, Santa Clara de Vigo, Santa Lucía de Vigo e Santa Teresa de Xesús de Vigo pertencen ao Arciprestado de Vigo-Lavadores.

Matamá, Vigo

San Pedro de Matamá é unha parroquia do concello de Vigo. Segundo o IGE en 2013 tiña 3.880 habitantes. Limita coas parroquias de Beade, Castrelos, Coia, Comesaña e Valadares e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo Andrés. Ten 42 entidades de poboación.

O topónimo Matamá é un fitónimo derivado de MATTA (de orixe prerromana) MALA (de orixe latina), referido a un terreo de pouca calidade ou difícil de traballar.

Padre Sobreira

O padre Sobreira, nado como Xoán Sobreira Salgado en Beade en 1745 e finado en Guadalaxara en 1805, foi un monxe beneditino galego que, ademais de compoñer diversos textos sobre a xeografía de Galiza, traballou durante máis de oito anos na idea dun dicionario galego, que había levar o título de Glossario General de la Lengua Gallega. Consideraba vergoñento que o galego carecese del cando todas as outras linguas da Península Ibérica o tiñan. Este dicionario, ao seu ver, sería útil para conservar por escrito o idioma galego.

Ribadavia

Ribadavia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2018 tiña 5.028 habitantes (5.540 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é ribadaviense.

Sárdoma, Vigo

San Pedro de Sárdoma é unha parroquia do concello pontevedrés de Vigo na comarca de Vigo. Limita coas parroquias de Beade, Castrelos, Freixeiro, Lavadores e Vigo Centro e pertence ó arciprestado de Vigo-Lavadores.

Valadares, Vigo

Santo André de Valadares é unha parroquia do concello de Vigo.

Limita coas parroquias de Beade, Comesaña, Coruxo, Matamá e Zamáns e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo Andrés.

Ten 10 entidades de poboación, 11 lugares e 5.361 veciños (2013)

As súas entidades de poboación son as seguintes: As Barrocas (710), O Cañizo (249), O Carregal (685), O Freixo (294), A Gándara (333), A Garrida (1.232), A Igrexa (699), O Portal (677), Seoane (175) e A Sobreira (414).

Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): O Alba, Bertoles, A Costa, O Fabás, O Outeiro, O Outide, A Pinguela, O Prado, San Xoán, A Senra e A Simona.

Xuño

Xuño ou san Xoán é o sexto mes do ano no calendario gregoriano e ten 30 días. O 21 de xuño ten lugar o solsticio de inverno no hemisferio sur e o solsticio de verán no hemisferio norte.

Zamáns, Vigo

San Mamede de Zamáns é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Beade, Bembrive, Valadares, Vincios e Cela. Pertence ó arciprestado de Louriña. Segundo o IGE, no 2013, tiña 834 habitantes (413 homes e 421 mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.