Batalla de Uclés

Ao longo da historia existiron tres grandes batallas en Uclés (actual provincia de Cuenca):

1108

O ano 1108 foi un ano bisesto, que comezou en mércores, segundo o Calendario Xuliano.

Afonso VI de León

Afonso VI, nado contra 1040, e finado entre o 29 de xuño e o 1 de xullo de 1109, foi un nobre do Reino de León.

Era fillo de Fernando I de Castela, o Magno, (1035-1065) e de Sancha I de Galicia, e foi rei de León desde o 27 de decembro de 1065, e de Galicia e de Castela a partir do 6 de outubro de 1072.Así, a partir de 1072 intitulouse rex Adefonsus in Castella et in Legione et in Gallecia (rei Afonso en Castela, en León e en Galicia) ou simplemente en tota Gallecie (toda Galicia). Despois da conquista de Toledo en 1085 autoproclamouse Victoriosissimo rege in Toleto, et in Hispania et Gallecia (Vitoriosísmo rei de Toledo, e de Hispania e Galicia). O papa Urbano II, personaxe perfectamente informado, dirixíuselle nunha carta de 1088 como Regi Ildefonso Gallitia e, na primeira metade do século XII, as crónicas anglo-normandas de Guillerme de Malmesbury titulárono Gallicae Regie mentres a Historia Ecclesiástica de Orderico Vital denominouno rex Galliciae.Os historiadores alcumárono como O Bravo.

Constanza de Borgoña

Constanza de Borgoña, nada o 8 de maio de 1046 e finada o ano 1093, foi unha nobre borgoñoa, que foi raíña consorte de León e de Castela polo seu matrimonio con Afonso VI de León.

Era filla do duque Roberto I de Borgoña e de Hélie de Samur, e tía dos duques Hugo I e Eudes I de Borgoña. Era neta do rei Roberto II de Francia, segundo monarca francés da dinastía dos Capetos.

Foi a nai de Urraca de León, quen sucedeu ao seu pai, Afonso VI, no trono castelán-leonés.

Década de 1100

A década de 1100 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1100 e remata o 31 de decembro de 1109.

Historia de España

Malia que non se pode falar de historia de España como tal até a fundación do estado español, este artigo refírese á historia dos territorios que ocupa actualmente.

Jorge Manrique

Jorge Manrique, nado en Paredes de Nava, Palencia, cara ao ano 1440 e finado en Castillo de Garcimuñoz, Cuenca, no 1479, foi un poeta español. Debe a súa sona ao poema Coplas por la muerte de su padre.

Raimundo de Borgoña

Raimundo de Borgoña, tamén coñecido como Reimundo de Borgoña, nado en Besançon cara a 1070 e finado en Grajal de Campos no 24 de maio de 1107, foi un nobre do Condado de Borgoña, fillo do conde Guillerme I e irmán do papa Calisto II.

No ano 1087 acudiu á península ibérica, xunto con outros nobres franceses, para deter o avance dos exércitos almorábides, vencedores das forzas cristiáns na batalla de Zalaca. Durante a súa estadía foi concertada unha alianza política que incluía o seu casamento coa infanta Urraca, filla e herdeira do rei Afonso VI, o que o colocou no primeiro posto da liña sucesoria. O rei Afonso confioulle dúas importantes tarefas, o goberno dun Reino de Galicia no que se tiña desencadeado recentemente unha revolta nobiliar que ameazaba coa secesión do territorio, e a defensa das terras fronteirizas cos reinos musulmáns, en especial da recentemente anexionada taifa de Toledo.

Froito dos seus esponsais con Urraca naceron dous fillos, a infanta-raíña Sancha Raimúndez e o futuro emperador Afonso VII, primeiro rei da chamada dinastía de Borgoña nos reinos de Galicia, León e Castela.

Reino de Galicia

O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.

Consolidada Compostela como capital do reino desde o século XI, a separación de Portugal (1128) e a individualización dos reinos de Castela e León tras o ano 1065, delimitaron o seu territorio practicamente ó actual. Mantivo unha soberanía política plena —compartindo rei co reino de León— ata o ano 1230 cando o rei castelán Fernando III usurpou o trono poñendo temporalmente o reino baixo control da coroa de Castela.

Os conflitos sucesorios e as tentativas de independencia mediante entronizacións de reis non casteláns como Xoán de Borgoña (1296), Fernando I de Portugal (1369) ou Xoán de Gante (1386) permitíronlle gozar de soberanía fáctica ata que en 1486 os Reis Católicos someteron o reino polas armas. Desde entón o reino estivo subxugado á coroa de Castela (1486-1715) e posteriormente á coroa de España (1715-1833), adquirindo a súa Xunta Suprema (1808-1812) amplas liberdades ó ser o único reino peninsular libre de ocupación napoleónica, pouco antes de ser disolto por María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias en 1833.

Sancho Afónsez

Sancho Afónsez, nado contra 1093 e falecido na batalla de Uclés o 30 de maio de 1108), foi un infante herdeiro dos reinos de Galicia, León e Castela.

Era fillo de Afonso VI de León e da súa concubina a mora Zaida quen, despois de ser bautizada, tomou o nome cristián de Isabel, Helysabeth nas crónicas da época. Zaida era era nora de Al-Mu'tamid, rei da Taifa de Sevilla, xa que estaba casada con Fath al-Mamun (fillo de Al-Mu'tamid), que era gobernador de Córdoba cando a tomaron os almorábides o 27 de marzo de 1091.

Zaida de Sevilla

Zaida de Sevilla ou, simplemente, Zaida (en árabe: زائدة ), nada contra 1063 e finada en 1101, foi unha princesa musulmá de Al-Andalus, nora de al-Mu'tamid.

Foi concubina de Afonso VI, con quen tivo ao infante Sancho Afónsez, morto sendo moi novo na batalla de Uclés (1108).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.