Batalla de Rande

A batalla de Rande foi unha importante batalla naval librada no estreito de Rande e na enseada de San Simón, no interior da ría de Vigo, o 23 de outubro de 1702. Enfrontou ás escuadras das coalicións anglo-holandesa e hispano-francesa, dentro do contexto da guerra de Sucesión española.

Batalla de Rande
Parte de guerra de Sucesión española
Bakhuizen, Battle of Vigo Bay

A batalla de Rande, por Ludolf Backhuysen, pintado cara a 1702.
Data 23 de outubro de 1702
Lugar Ría de Vigo (Galicia Galicia)
Resultado Vitoria anglo-neerlandesa
Belixerantes
Bandera de España 1701-1760.svg España
Royal Standard of the King of France.svg Francia
Flag of Great Britain (1707–1800).svg Inglaterra
Prinsenvlag.svg Provincias Unidas
Líderes
Bandera de España 1701-1760.svg Almirante Manuel de Velasco y Tejada
Royal Standard of the King of France.svg Vicealmirante François Louis de Rousselet
Flag of Great Britain (1707–1800).svg Almirante sir George Rooke
Prinsenvlag.svg Lieutenant-Admiral Philips van Almonde
Forzas en combate
10 790 homes
1.541 canóns

Barcos españois:
3 galeóns de guerra
14 galeóns comerciais
2 pataches
1 barco auxiliar
Barcos franceses:
15 navíos
3 fragatas
1 brulote

23 599 homes
3.115 canóns

Barcos ingleses:
32 navíos
7 brulotes
Barcos holandeses:
10 navíos

Baixas
2.000 mortos
2.000 feridos
Todos os barcos foron capturados,
afundidos ou incendiados
800 mortos
500 feridos

A batalla

A Frota de Indias, composta por 19 buques escoltados por 22 navíos franceses, partira o 11 de xuño desde A Habana cara a Cádiz cun gran cargamento. Á metade de travesía foron informados de que unha poderosa escuadra anglo-holandesa os agardaba no cabo San Vicente, polo que o almirante Manuel de Velasco decide desviarse cara á ría de Vigo, onde entran o 22 de setembro.

20000 Vigo Bay
Ilustración da batalla de Rande en Vinte mil leguas baixo dos mares, de Jules Verne, na edición de Pierre-Jules Hetzel.

O comboi buscou refuxio na enseada de San Simón, e axiña se preparou a defensa ao tempo que se requisaron 1.200 carros do país para transportar as mercadorías cara a Madrid. O paso de Rande foi obstruído por unha barreira de toros, cables e pequenas embarcacións, e foron recrutadas milicias para reforzar os dous pequenos fortes situados aos dous lados do estreito.

O 2 de outubro, mentres os ingleses dirixidos por George Rooke atacaron sen éxito Cádiz, a frota española comeza a desembarcar o seu cargamento en Baiona. O 17 de outubro o capitán Hardy, a bordo do Pembroke, informa a Rooke de que a Frota de Indias se retirara cara ao norte pola costa portuguesa, información recollida polo seu Capelán, e o día 18 convocouse un consello de guerra no buque insignia Royal Sovering no que se decide dirixir a escuadra cara á ría.

O 21 de outubro, o marqués de Châteaurenault, que tiña ao seu cargo a custodia da frota española, decide refuxiarse no fondo da ría, dispoñendo as súas naves para a defensa dos galeóns españois. O día 22 a escuadra anglo-holandesa entra na ría, e fondea pola tarde, baixo o incesante bombardeo do forte de Vigo.

O día 23 o duque de Ormond desembarca en Teis con 2.000 homes, e Churchill fai o mesmo en Domaio co obxectivo de atacar e paralizar o bombardeo dos fortes de Corbeiro e Rande. Silenciados os canóns, comezou o ataque por mar.

A artillería francesa contivo os primeiros ataques, pero Hopson logrou romper a barreira que impedía o paso do estreito a bordo do Torbay, o buque insignia británico, armado con picos. A frota anglo-holandesa logrou así penetrar no fondo da ría, e ante a falta de espazo para as manobras recorreuse á abordaxe. A loita corpo a corpo combinouse co uso de material incendiario, decidíndose a vitoria pola gran diferenza numérica entre as escuadras.

O marqués de Châteaurenault ordenou incendiar os propios barcos cando estaba todo perdido para evitar que caesen nas mans do inimigo. Mentres, Gaspar Antonio de Zúñiga, o príncipe de Barbanzón, capitán xeneral de Galicia, ordenou poñer a salvo o pouco que quedaba por descargar do quinto real, transportándose ata Lugo e dende alí a Segovia.

Morreron uns 2.000 homes do bando hispano-francés e uns 800 do anglo-holandés. Ademais, os franceses perderon os seus mellores buques de guerra, e os españois quedaron sen barcos para a carreira de Indias.

Se ben a batalla foi axiña silenciada en España (en parte polo éxito no balance total da guerra de Sucesión, coa consolidación dos Borbóns no trono), a vitoria de Inglaterra e Holanda acadou enorme difusión en toda Europa. En Londres existe a Vigo Street, en conmemoración da batalla, e Jules Verne falou dos tesouros de Rande na novela Vinte mil leguas baixo dos mares.

O tesouro de Rande

Tense especulado sobre as riquezas que levaban os barcos afundidos, sendo moitas as expedicións que o buscaron. Seguramente a parte máis valiosa do cargamento fora xa transportada a Castela durante o tempo que estivo a frota na ría, pero non se pode descartar que unha parte importante permanecese aínda nas adegas das naves.

A frota vencedora levou un botín de catro millóns de pesos, amais de sete buques de guerra e seis galeóns capturados.

Pegada na numismática galega

ANNA 6 VIGO
Moeda a nome da raíña Ana co topónimo "VIGO" baixo o busto
Battle of Vigo Bay, 1702 MET 15625
Medalla de 1702 conmemorativa da Batalla de Rande

O que si que se coñece é que parte do metal requisado foi trasladado ás Illas Británicas e destinouse á emisión de moedas pola casa da moeda de Londres (daquela dirixida por Isaac Newton), de prata con valores de 1 penique, 6 peniques, 1 xilin, media coroa e unha coroa, e de ouro con valores de media guinea, unha guinea e cinco guineas.[1]

Co gallo de conmemorar esa importante vitoria, nos anversos destas moedas amósase, baixo o busto da raíña Ana, a inscición "VIGO".

Ademais destas moedas, batéronse tamén medallas en ouro, prata e bronce, conmemorativas do suceso. En todos os casos amosan, entre outros motivos, imaxes da ría e do porto de Vigo, e da destrución da frota defensora hispano-francesa.[2]

Notas

  1. Dos monedas de ´Vigo´, adjudicadas por más de un millón de euros en Londres”. En Faro de Vigo. 16 de xaneiro de 2019.
  2. "Emisións da Raíña Ana de Inglaterra". En Pita Fernández, Ricardo Luís (1999). Numismática galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda. Santiago de Compostela. ISBN 84-605-9958-2. Páxinas 173-176.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

23 de outubro

O 23 de outubro é o 296º día do ano do calendario gregoriano (297ºnos anos bisestos). Quedan 69 días para finalizar o ano.

Ana de Gran Bretaña

Ana de Gran Bretaña, nada en Londres o 6 de febreiro de 1665 e finada o 1 de agosto de 1714, foi a raíña de Gran Bretaña e Irlanda de marzo de 1702 ata a súa morte.

Gran Bretaña xurdiu da unión de Inglaterra e de Escocia nun único reino, en maio de 1707. Ana era a segunda filla do rei Xacobe II de Inglaterra, deposto en 1689 pola Revolución Gloriosa. Sucedeu ao xenro, o príncipe Guillerme de Orange, viúvo da súa irmá máis vella María II, sendo a última monarca da Casa de Estuardo. Foi substituída por un curmán afastado, o futuro rei Xurxo I, da Casa de Hannóver.

Baiona

Baiona é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2015 tiña 12.072 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é baionés. Limita cos concellos de Oia, Nigrán, Gondomar e Tomiño, e mais co océano Atlántico.

Centro de Interpretación da Batalla e o Patrimonio Cultural de Rande

O Centro de Interpretación da Batalla e o Patrimonio Cultural de Rande, tamén coñecido como Meirande, é un museo da Batalla de Rande e o patrimonio industrial, localizado no lugar de Rande da parroquia redondelá de Cedeira, no estreito de Rande.

Cobres, Vilaboa

Santo Adrán de Cobres é unha parroquia do concello pontevedrés de Vilaboa. Segundo o INE no 2008 tiña 1.416 habitantes (721 mulleres e 695 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.405 habitantes.

O peirao de Santo Adrán de Cobres é a base dunha importante frota mexilloeira que opera nas bateas da Ría de Vigo.

Domaio, Moaña

San Pedro de Domaio é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Moaña na comarca do Morrazo. Segundo o IGE, en 2014 tiña 2.127 habitantes (1.030 homes e 1.097 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 2.052 habitantes.

Década de 1700

A década de 1700 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1700 e remata o 31 de decembro de 1709.

Estreito de Rande

O estreito de Rande é un estreito mariño galego localizado na ría de Vigo. Separa de xeito natural a enseada de San Simón do resto da ría. Por terra, separa a península do Morrazo da comarca de Vigo. Dende o ano 1978 o estreito está conectado mediante a ponte de Rande, unindo a vila de Moaña coa parroquia redondelá de Cedeira.

O nome do estreito provén do lugar homónimo, na parroquia redondelá.O 23 de outubro de 1702 librouse no seu seo a Batalla de Rande, que enfrontou ás escuadras das coalicións anglo-holandesa e hispano-francesa na Guerra de Sucesión Española.

Fortaleza do Castro

A fortaleza do Castro é un forte ergueito no alto do monte do Castro, na cidade de Vigo. A fortaleza actual data do século XVI, e formaba parte, xunto co Castelo de San Sebastián e as desaparecidas murallas da cidade, dunha rede estratéxica de castelos para a defensa da cidade.

Galería de imaxes de Galicia

Galería de imaxes de Galicia.

George Rooke

Sir George Rooke (Canterbury, 1650; m. 24 de xaneiro de 1709), xefe de escuadra inglés, foi o vencedor na batalla de Rande e o segundo gobernador militar de Xibraltar.

Moaña

Moaña é un concello da provincia de Pontevedra, situado na península que dá nome á comarca do Morrazo. O seu xentilicio é moañés. É un concello pequeno (35,1 km²) que no 2016 tiña unha poboación de 19 458 habitantes, cunha alta densidade de poboación (554,35 hab./km²).

Museo do Mar de Galicia

O Museo do Mar de Galicia é un centro cultural e científico dedicado ao mar, inaugurado en xuño do 2002 situado na Punta do Muíño, na parroquia viguesa de Alcabre. O padroado do museo está composto pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, o Consorcio da Zona Franca de Vigo e o Concello de Vigo.

Nicholas Haddock

Nicholas Haddock (1686-26 de setembro de 1746), foi un almirante da Mariña Real Británica e membro do Parlamento.

Haddock era o segundo fillo do almirante Richard Haddock, e desde pequeno educárono para seguir os pasos de seu pai, ós dezaseis anos serviu como gardamariña con distinción na Batalla de Rande en 1702. Ascendido a tenente serviu no sitio de Barcelona en 1706, e na Batalla de Cabo Passaro en 1718 como o capitán do navío de 70 canóns Grafton. En 1732 nomeárono para comandar The Nore e foi o comandante en xefe da frota británica no Mediterráneo de 1738 a 1742, bloqueando con éxito a costa española, pero non conseguiu un enfrontamento directo coa frota española. Ascendérono a vicealmirante en 1741 e almirante en 1744.

Haddock foi membro do parlamento por Rochester, tradicionalmente reservado a oficiais navais distinguidos, desde 1734 ata a súa morte.

Rande

Co topónimo Rande podemos referirnos a varios lugares de Galicia:

Na provincia da Coruña

Rande, lugar da parroquia de San Salvador de Couzadoiro, no concello de Ortigueira.Na provincia de Pontevedra

O estreito de Rande, na Ría de Vigo.

Rande, lugar da parroquia de Mourentán, no concello de Arbo;

Rande, lugar da parroquia de Perdecanai, no concello de Barro;

Rande, lugar da parroquia de Cedeira, no concello de Redondela.En Portugal

Rande, freguesía de Felgueiras.

Rande, Cedeira, Redondela

Rande é un lugar da parroquia de Cedeira, no concello pontevedrés de Redondela, na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2012 tiña 395 habitantes (198 homes e 197 mulleres).

A aldea dá nome ao estreito de Rande, que forma a enseada de San Simón.

Vigo Street

Vigo Street, orixinalmente Vigo Lane, é unha rúa curta situada no centro de Londres, que leva o seu nome da vitoria naval anglo-holandesa sobre os franceses e españois na batalla de Rande de 1702. Discorre entre Regent Street e o cruzamento de Burlington Gardens e Savile Row.

Vilaboa

Vilaboa (do latín villam bonam, 'vila boa') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2016 tiña 6043 habitantes (2943 homes e 3100 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vilaboés.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.